ACTA 02/2002
ACTA DE SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO REALIZADA O DÍA 14 DE MARZO DE 2002
ORDE DO DÍA:
1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA ANTERIOR.
2.-DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA
ALCALDÍA.
3.-RATIFICACIÓN, SE PROCEDE,
S/ O ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO EN RELACIÓN COA PRÓRROGA DE RECURSOS REAIS.
4.-APROBACIÓN, SE PROCEDE,
S/ PROPOSTA DE
DESIGNACIÓN DE
XUÍZ DE PAZ TITULAR DE
MOAÑA.
5.- MOCIÓN DO BNG S/ MARXINACIÓN DE MOAÑA NOS INVESTIMENTOS
DA XUNTA.
6.- MOCIÓN DO PSG
– PSOE S/ CONSTRUCCIÓN DUNHA ESTACIÓN
MARÍTIMA.
7.- MOCIÓN DE EdeG
- OV S/ INTERVENCIÓN EN
VARIAS RÚAS
MUNICIPAIS.
8.- MOCIÓN DO BNG S/CUMPRIMENTO
OBRIGAS URBANÍSTICAS NA A-7
9.- MOCIÓN DO PSG - PSOE S/
ORDENANZA DAS INFRAESTRUCTURAS
DE RADIOCOMUNICACIÓN.
10 ROGOS E PREGUNTAS.
CONCELLEIROS:
D. Javier Abal Juncal
D. José Manuel
Cordeiro Portela
D. Alberto Currás
Piñeiro
Dª María C.
Costas Gayo
D. José González
González
Dª. Carmen Sotelo
Pena
Dª. Carmen
Entenza Domínguez
D. Osbaldo Martínez
Couso
D. Jose Luis
Leite Fraga
D. Julio Martínez
Rodríguez
D.
Xosé Manuel Millán Otero
D.
Rosendo Moreira Piñeiro
D. Serxio
Regueira Gómez
Dª Isabel Lorenzo
Martínez
D. José
E. Santos Leites
Secretario:. D.
Felipe Fermoso Valdés
Na casa do
concello de Moaña, o 14 de marzo de 2002, reúnense os devanditos señores baixa
a presidencia do Sr. alcalde, D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o
secretario coa finalidade de realizar o Pleno Ordinario da Corporación,
anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.
A presidencia declara aberta a sesión ás 20:00 horas.
INCIDENCIAS:
Desculpa a asistencia a este acto a
concelleira María Martín Alonso por propia manifestación do alcalde.
O Sr. Martínez Couso retírase do acto
ás 21:25 horas no momento de comezar a
ler a moción do BNG tratada no punto cinco da orde do día.
1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE,
DA ACTA ANTERIOR.
Dáse conta do borrador da Acta
1/2002, do 7 de febreiro de 2002. Apróbase por unanimidade sen modificacións.
Non obstante, o Sr. Millán Otero
manifesta que no punto 5, moción do PSG-PSOE sobre mellora na nacional C-550,
recóllese como súa intervención a frase “O Sr. Millán Otero pide que se
contacte con veciños propietarios de terreos para a súa cesión, ou noutro caso,
procésase a expropiación dos terreos necesarios” frase que non é atribuíble a
el.
Pregunta o secretario se a referida
frase é atribuíble a calquera outro concelleiro, a resposta é negativa. Ante
esta circunstancia a dita intervención desaparecerá da acta.
2.-DAR CONTA DAS
RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.
INTERVENCIÓNS:
O Sr. Martínez Rodríguez amósalle a
queixa á Presidencia polo número de contratacións de persoal realizadas, en
concreto doce, e máis aínda cando se traballa cun orzamento prorrogado.
O Sr. Leite Fraga invita tanto ó
alcalde como o 1º tenente de alcalde a que dediquen máis tempo ás súas
respectivas áreas que para iso teñen dedicación exclusiva. Sobre contratación
de persoal a través de renovacións de contratos que subsista as mesmas
condicións de xornada.
O Sr. Santos Leites manifesta que se
están contratando a persoas que non figuran nas listas. Algunha ata por
períodos de tres anos, outra non cumpre a rotación de ano e medio, desta forma
non se mantén a legalidade. Esixe que se cubran os postos vacantes a través da
respectiva oferta pública de emprego.
Replica o Sr. alcalde que as listas de
contratación confeccionadas fai dous anos, na actualidade non teñen razón de
ser, e aquel traballador que non logrou contrato en dous anos, ou é mal
traballador ou ten mala sorte. Haberá que facer novas listas, pois as actuais
atópanse desfasadas.
3.-RATIFICACIÓN, SE
PROCEDE, S/ O ACORDO DA COMISIÓN
DE GOBERNO EN RELACIÓN COA
PRÓRROGA DE RECURSOS REAIS.
O alcalde exponlle á Corporación Local
que debido á situación económica que atravesa o Concello, veuse obrigado a
solicitar novamente a prórroga da porcentaxe de retencións que efectúa o Ministerio
de Facenda a este Concello con cargo ós seus recursos locais. Adoptouse na
Comisión de Goberno, na sesión do día 4 de marzo de 2002 e como isto é da
competencia do Pleno, solicita a súa ratificación.
O dito acordo di como segue:
“3.A)
Retención por el estado en la participación de este municipio en los tributos
estatales.
El
porcentaje de retención que se venia practicando por el Estado de la
participación de este municipio en los tributos estatales, era del importe del
25% de los mismos, para afrontar las deudas de este municipio procedentes de
ejercicios cerrados de la Seguridad Social, de la Agencia Estatal Tributaria e
del Instituto Nacional de Empleo.
A pesar del esfuerzo que está
realizando este Ayuntamiento para afrontar el equilibrio presupostario, este
proceso es lento y, dada la magnitud de las obligaciones pendientes, aun
existen dificultades de tesoreria que se vería perjudicada por el incremento
del porcentaje de retención de nuestra participacion en los tributos del
estado. El Ministerio de Hacienda pretende incrementar el porcentaje de
reducción al 50%, salvo que el Ayuntamiento se comprometa a cumplir
puntualmente las nuevas obligaciones contraidas con la Seguridad Social.
En el ejercicio 2001, el Ayuntamiento
de Moaña, pagó puntualmente a la Seguridad Social las cantidades procedentes de
retenciones de cuotas de trabajadores, de la cuota patronal de los trabajadores
laborales eventuales y el primer trimestre de la cuota patronal del resto de
los trabajadores, asi como, 66.000.000.-ptas. de deuda de la Seguridad Social
por cuenta de ejercicios cerrados.
Es preciso, por tanto, interesar de la
Dirección General de Fondos Comunitarios y financiación Territorial, Secretaria
de Estado de Presupuestos y Gastos y del Ministerio de Hacienda, que se
mantenga la retención en el porcentaje del 25% del importe a percibir por el
municipio de Moaña en la participación de los Tributos del Estado durante este
ejercicio 2002.
Por esta razón propongo a la Comisión
de Gobierno se adopte el siguiente acuerdo, a ratificar por el Pleno de la
Corporación Local:
RETENCIÓN POR EL ESTADO EN LA
PARTICIPACIÓN DE ESTE AYUNTAMIENTO EN LOS TRIBUTOS DEL ESTADO: Teniendo en
cuenta el esfuerzo que está realizando el Ayuntamiento de Moaña para recuperar
el equilibrio presupuestario y atendiendo a las necesidades de la tesorería
municipal, se solicita de la Dirección General de Fondos Comunitarios y
Financiación Territorial que se prorrogue para el ejercicio 2002 el porcentaje
del 25% de retención en la participación del municipio de Moaña en los Tributos
del Estado, comprometiendose este Ayuntamiento a cumplir en tiempo y forma
oportunos las obligaciones corrientes en materia tributaria e de Seguridad
Social.
La Comisión
de Gobierno, en votación ordinaria e por unanimidad de los asistentes, acuerda:
1.- Aprobar
la propuesta de la Alcaldía en los términos en que se encuentra
redactada.
2.- Ratificar el presente acuerdo por el Pleno
de la Corporación en la próxima sesión que celebre.
3.- Remitir certificación del presente acuerdo y demás documentación interesada a la Dirección General de Coordinación con las Haciendas Locales.”
INTERVENCIÓNS:
O Sr. Martínez Rodríguez di que está a
favor da comunicación enviada polo Ministerio de Facenda, en canto á
documentación remitida que é incompleta, toda vez que a liquidación do
exercicio do 2001 falta e non se cumpren as directrices marcada na auditoría.
Seguidamente o alcalde le o informe do
interventor municipal que serviu de base ó acordo adoptado.
Reitera o Sr. Martínez Rodríguez que
non lle cabe dúbida de que o informe do interventor ten un bo contido, pero
esixe novamente que se lle remita a documentación necesaria ó Ministerio de
Facenda.
Por último, o Sr. Cordeiro Portela, delegado de Facenda, manifesta que hai tempo para remitir toda a documentación e que o desexable sería non deber nada a ninguén e desta forma non existiría os graves problemas que ten que resolver o actual grupo de goberno.
VOTACIÓN
E ACORDO:
La Corporación, en votación ordinaria y
por unanimidad y mayoría absoluta de los asistentes, acuerda:
1.- Ratificar en sus propios términos el
acuerdo adoptado por la Comisión de Gobierno del Concello, en sesión realizada
el día 4 de marzo de 2002.
2.- Remitir certificación del presente
acuerdo a la Dirección General de Coordinación con las Haciendas Locales
4.-APROBACIÓN, SE
PROCEDE, S/ PROPOSTA
DE DESIGNACIÓN DE
XUÍZ DE PAZ TITULAR DE MOAÑA.
O alcalde dá conta do expediente
tramitado para a designación de xuíz titular de Moaña, incoado a instancia do
Excmo. Sr. presidente do Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia.
Igualmente informa que despois do
trámite de información pública, a través de edictos en lugares de costume e
anuncio no DOG núm. 30 do 11 de febreiro de 2002, e dentro do prazo establecido
na convocatoria, preséntase a única solicitude formulada por D. José Villaverde
Rodríguez, quen reúne os requisitos esixidos na dita convocatoria.
Por iso, a Presidencia proponlle ó Pleno
da Corporación local a designación de D. José Villaverde Rodríguez para ser
elixido xuíz titular polo Tribunal Superior de Xustiza.
A Corporación, en votación ordinaria e
por unanimidade dos asistentes e maioría absoluta, acordan:
1.-
Designar a D. José Villaverde Rodríguez ante o Tribunal Superior de Xustiza
para a súa elección como xuíz titular de Moaña.
2.-
Remitir o certificado do presente acordo ó alto tribunal.
5.- REVOGACIÓN DE ACORDO:
A Presidencia le a proposta de
revogación do acordo adoptado na sesión plenaria realizada o día 7 de febreiro
de 2002, que se refire á corrección de erros na unidade de xestión 5. A dita
proposta di como segue:
“Corrección de erros da unidade de
xestión 5.
A instancia do concelleiro de Urbanismo
propónselle á corporación:
Revogar
o acordo adoptado no punto 3 da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 7
de febreiro de 2002. E propoñer a súa tramitación conforme ó art. 105.2 da Lei
30/92, do 26 de novembro, tal como di no seu informe do 28 de xaneiro do asesor
xurídico do Concello. O que así se propón en Moaña a 14 de marzo de 2002.”
O alcalde solicita a declaración de
urxencia do asunto que hai que tratar, conforme o determina o art. 82.3 do
regulamento de organización. A corporación por unanimidade dos asistentes
declara a urxencia.
INTERVENCIÓNS:
O Sr. Santos Leites solicita un informe
do secretario xeral do Concello, toda vez que non se une o seu informe á
presente proposta.
Seguidamente intervén o secretario
xeral do Concello para manifestar que non emite o seu informe á proposta de
revogación de acordo porque se ratifica no emitido na data 4 de febreiro de
2002 que serviu de base ó acordo que se propón revogar, todo en base e
fundamento á :
1.-
A tramitación levada a cabo en casos análogos.
2.-
En asuntos cun mesmo fondo, tal como, interpretación da norma, cando non existe
correlación entre o articulado e o grafado.
3.-
A antigüidade das normas aprobadas en abril de 1996 aconsella o trámite do art.
41 . 1 da Lei 1/97.
4.
Por último, contestación verbal da consulta formulada ante a Dirección Xeral de
Urbanismo.
En conclusión, ante a discrepancia
xurdida entre os informes emitidos por técnico, asesor xurídico e secretario do
Concello, sería aconsellable solicitar un informe ante a Dirección Xeral de
Urbanismo sobre os trámites que hai que seguir.
Non obstante, xulgo que a Corporación
Local é soberana para revogar o acordo, toda vez que este non creou dereitos
subxectivos.
O Sr. Millán cre que ó existir
discrepancia entre o articulado da norma e o seu grafado, a formula que dá máis
seguridade é o trámite a través do art. 42.1; non se pode invocar 105.2 da Lei
30/92. O informe do asesor xurídico o considera un tanto ambiguo, deixa
constancia da modificación, solicita que se retire o asunto da orde do día e se
aclare debidamente antes de votar.
O Sr. Abal Juncal pensa que a actitude
amosada polo secretario non é a máis correcta e solicita retirar o asunto da
orde do día e seu pase previo pola Comisión Informativa de Urbanismo.
O Sr. Leite Fraga non mira lóxica unha
proposta de revogación de acordo contra o informe do secretario do Concello.
Por último, o alcalde decide retirar a
proposta e cos informes pertinentes, volva na maior brevidade posible ó Pleno.
5.-BIS. MOCIÓN DO BNG S/ A
MARXINACIÓN DE MOAÑA NOS INVESTIMENTOS
Trala lectura da presente moción polo
Sr. Millán Otero, este explica de forma resumida o seu contido, a moción di
como segue:
“Nos últimos anos, Moaña vén padecendo
unha absoluta falta de compromiso investidor por parte da Xunta de Galicia.
Así, segundo datos de todos coñecidos, no ano 2000 as distintas administracións
públicas investiron en Moaña 153 millóns de ptas. (919,548 EUROS), dos cales a
Xunta de Galicia só achegou 66 millóns a través da Consellería de Educación
para a ampliación dos institutos de ensino secundario. Nos orzamentos de 2001,
a Xunta reservou para Moaña 167 millóns (1.000.000 EUROS) destinados na súa
maioría a melloras das instalacións portuarias comprometidas desde o ano 1998.
Por último, nos orzamentos de 2002 esta consignación redúcese nun 40% para
quedar en 599.321 euros.
A situación de marxinación no noso
Concello é ostensible incluso no ámbito comarcal: mentres no resto dos
concellos da comarca se incrementa o investimento, en Moaña redúcese ano tras
ano. Se no ano 2001 representaban as partidas destinadas a Moaña arredor dun
15% do total comarcal, nos orzamentos
de 2002 non chegan nin sequera ó 11%.
Importantes investimentos dotacionais
estanse aprazándose así ano tras ano.
-
As demandas de mellora sanitaria expresadas repetidas veces polos veciños e
aprobadas unanimemente polo Pleno da Corporación de decembro de 1999 seguen sen
incluírse entre as prioridades do SERGAS.
-
A construcción dun novo campo de fútbol tampouco ten respaldo orzamentario, ó
igual que a piscina municipal, a construcción da cal se remite ó ano 2005.
-
Non se consigna partida para a reposición do firme e beirarrúas na C-550 ó seu
paso polo núcleo urbano, valorada segundo promesas do alcalde en 2.500.000
euros, cando figuran nos orzamentos ducias de partidas con cantidades ridículas
para investir noutros tramos das estradas autonómicas.
-
Nin sequera se contemplan investimentos máis reducidos, como o necesario para
dotar a Moaña de atraque para embarcacións menores cando, por poñer dous
exemplos próximos, si existe consignación para facelo en Cangas (49.338 Euros)
e Bueu (59.437 euros)
-
Esquécese de novo as necesidades socioculturais e asistencias (Centro de Día,
Casa da Mocidade, Centro Sociocultural
de Meira, Auditorio, etc.)
A falta de investimentos está a
incrementar os desequilibrios dotacionais cos municipios do contorno,
repercutido na calidade de vida e posibilidades de desenvolvemento económico do
noso Concello. Considerando que é obriga desta Corporación chamar a atención da
Administración Autonómica sobre esta situación inexplicable de abandono e
discriminación, o grupo municipal do BNG proponlle ó Pleno a adopción dos
seguintes
A C O R D O S
A) Trasladarlle á Xunta de Galicia, a través da
Consellería da Presidencia, o malestar da Corporación polo trato que está
recibindo nos sucesivos orzamentos autonómicos.
B)
Solicitar que no trámite de debate e emenda dos orzamentos que está a punto de
iniciarse se inclúan partidas explicitamente destinadas a atender os
compromisos verbais dos distintos organismos (melloras sanitarias e
asistencias, reposición de firme e beirarrúas na C-550, pantalán para embarcacións
menores, etc)
C)
Trasladarlles copia do presente acordo ós grupos parlamentarios para que
promovan e apoien emendas destinadas a corrixir esta situación
discriminatoria.”
INTERVENCIÓNS:
O alcalde comprende o labor da
oposición que non é outra que a de buscar posibles erros na xestión do goberno
municipal, pero non di o Sr. Millán que os orzamentos da Xunta para o exercicio
2002 non se atopan aínda cerrados, por tanto, de marxinar o Concello de Moaña,
nada.
O feito de non existir partidas específicas
nos orzamentos da Xunta non quere dicir que non financie obras para Moaña,
proba evidente diso é que con cargo a partidas xenéricas dos orzamentos da
xunta, financiáronse numerosas obras a relación da cal deu a coñecer mediante
lectura.
O Sr. Millán Otero replícalle ó alcalde
para dicirlle que non comprende que moitas das obras na actual lexislatura e
que acaba de ler debe de agradecerllas á xestión de anteriores corporativos, e
engade que ten perdida a credibilidade do Sr. alcalde.
O Sr. Santos Leite despois de oír ó Sr.
alcalde, felicítao e dá a benvida a tantas partidas xenéricas, pero cre que con
tantos ingresos debería estar enxugado ó deficit existente, pero a realidade é
outra e que coa achega municipal esixible a distintas obras, o déficit continua
disparándose.
O Sr. Leite Fraga felicita ó Sr.
alcalde polas obras que di que se realizaron nesta lexislatura e en especial
pola nova Casa do Concello, pero que non esqueza que as xestións foron da
anterior corporación e haber cómo busca os cen millóns que falta para finalizar
esta obra.
Por último, o alcalde reitera que cando
á manifestado é a pura realidade dos feitos.
VOTACIÓN
E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria e
con sete votos a favor (dos señores Millán Otero, Moreira Piñeiro, Regueira
Gómez e Lorenzo Martínez do BNG; Leite Fraga e Martínez Rodríguez do PSG-PSOE;
e Santos Leites de EdeG-OV) e oito en contra (Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro,
Cordeiro Portela, Abal Juncal, Costas Gayo, González González, Sotelo Pena, e Entenza
Domínguez do PP) acordan rexeitar a moción presentada.
6.- MOCIÓN DO
PSG – PSOE S/ A CONSTRUCCIÓN DUNHA ESTACIÓN MARÍTIMA.
Le a moción o Sr. Martínez Rodríguez
que di como segue:
“José Luis Leite Fraga, como portavoz
do grupo municipal do PSG-PSOE no concello de Moaña presenta a consideración do
Pleno a seguinte,
M
O C I ÓN
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS:
Respecto ó destino final da explanada
gañada ó mar ó final do novo paseo marítimo que fai esquina co peirao de
pasaxeiros de Moaña e para a cal o Partido Popular parece que ten previsto a
instalación dun club náutico, o PSOE considera moito máis prioritario e
necesario para dar servicio a todos os usuarios do transporte marítimo de ría a
instalación nese espacio dunha estación marítima, dotación da cal Moaña é o
único porto de pasaxeiros da ría de Vigo que carece dela, o cal está a
ocasionar que o transporte de ría se estea a prestar nunhas condicións de
precariedade por carecer dun local para que os veciños se resgarden das inclemencias
meteorolóxicas ou para mercar os billetes, os cales se están a despachar nestes
momentos nun quiosco portátil máis propio dun país bananeiro que dun estado da
Unión Europea. Os socialistas recordamos que os orzamentos en vixencia da Xunta
de Galicia recollían unha partida de 40 millóns de pesetas procedentes da
CPTOPV para a construcción dunha estación de autobuses de Moaña, a cal ninguén
pediu e da cal nada sabemos. Para non perder eses cartos pensamos que ben se
poderían destinar á construcción da estación marítima de ría. Incluso cremos
que, dun xeito ben planificado, se
podería facer compatible o uso da estación marítima cun club náutico, tal como
sucede noutros portos.
Por todo o anteriormente exposto,
propóñolle ó Pleno que adopte o seguinte,
A
C O R D O
Que o alcalde demande a Portos de
Galicia a construcción dunha estación marítima para dar servicio a todos os
usuarios do transporte marítimo de ría.”
O alcalde manifesta que toda a zona
require unha actuación integral e unha vez que se redacte o Plan xeral de
ordenación municipal, aclararase moito estas actuacións. A proposta a encontra
ben, pero require o seu estudio en especial en canto a custos. O orzamento
municipal atópase xa pechado e os estudios podaranse facer durante o exercicio 2002.
INTERVENCIÓNS:
O Sr. Santos Leites fai constar que o
contido da presente moción é copia doutra tratada, referíndose a presentada por
el mesmo no mes de xullo do ano 2000, non obstante, manifesta que o que abunda
non dana.
O alcalde cre que querer construír a
estación no lugar que se solicita na moción é moi precipitado e por tanto pide
que se retire.
O Sr. Leite Fraga pídelle ó alcalde que
faga as xestións oportunas ante a Xunta para que se constrúa a estación, e por
tanto non está disposto a retirar a moción.
VOTACIÓN
E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria e
con sete votos a favor (dos señores Millán Otero, Moreira Piñeiro, Regueira
Gómez e Lorenzo Martínez do BNG; Leite Fraga e Martínez Rodríguez do PSG-PSOE;
e Santos Leites de EdeG-OV) e oito en contra (Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro,
Cordeiro Portela, Abal Juncal, Costas Gayo, González González, Sotelo Pena, e
Entenza Domínguez do PP) acordan rexeitar a moción presentada.
7.- MOCIÓN DE
EdeG - OV S/ INTERVENCIÓN EN VARIAS RÚAS
MUNICIPAIS.
Le a moción o sr. Santos Leites, e di
como segue:
“Euloxio Santos Leite,concelleiro de
Esquerda de Galicia, propón para o seu debate polo Pleno da Corporación, a
seguinte
M O C I ÓN
As rúas Rosalía de Castro e as transversais a esta (1ª e 2ª travesía de
Rosalía de Catro) situadas entre o cuartel da Garda Civil e o Colexio de Seara,
ocupan un lugar céntrico na distribución urbana, e contan nas súas inmediacións
cunha serie de dotacións públicas que fan que sexan unhas rúas moi transitadas
tanto por peóns (con abundancia de escolares) como por coches de diverso tamaño
(turismos e buses escolares), Así , son o acceso ós seguintes servicios
-Colexios de Seara e Reibón
-Pavillón da Xunqueira.
-Acceso ó aseo fluvial do río da Fraga.
-Acceso cara a Pozonegro e Verducedo, e
sobre todo non verán, vía de escape alternativo para os coches que así non
cruzan o centro urbano.
En contraste co uso intensivo das citadas
rúas, o estado destas deixa bastante que desexar, así:
-As beirarrúas en moitos tramos son
inexistentes, na avenida principal son estreitas e nun tramo grande están
semiderrubadas sobre unha finca, e están polo tanto inutilizadas para a súa
función.
- A iluminación pública é moi
deficiente, con algún báculo inutilizado por falta de luminaria e outros nunha
situación de perigo pola súa inclinación.
O asfaltado presenta moitas
deficiencias, con fochancas e agravada porque a rúa Rosalía de Castro presenta
un nivel máis baixo que a C-550 provocando a acumulación de auga cando chove,
co conseguinte risco para os rapaces que van cara ós colexios.
Polo exposto, parece evidente que a zona
esixe unha actuación para mellorar as súas condicións, por esta razón EdeG
formílalle ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte
A C
O R D O
Que os servicios técnicos municipais
redacten un proxecto de intervención nas rúas Rosalía de Castro e transversais
a ela, que contemple a mellora de beirarrúas, asfaltado, iluminación e outros
servicios, e que se inclúa a dita obra nalgún dos plans da Deputación ou outras
institucións.”
O alcalde manifesta que toda a zona
require unha actuación integral e unha vez que se redacte o Plan xeral de
ordenación municipal, aclararase moito estas actuacións. A proposta a encontra
ben, pero require o seu estudio en especial en canto a custos. O presuposto
municipal atópase xa pechado e os estudios podaranse facer durante o exercicio
2002.
A Corporación, en votación ordinaria
e con sete votos a favor (dos señores Millán Otero, Moreira Piñeiro, Regueira
Gómez e Lorenzo Martínez do BNG; Leite Fraga e Martínez Rodríguez do PSG-PSOE;
e Santos Leites de EdeG-OV) e oito en contra (Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro,
Cordeiro Portela, Abal Juncal, Costas Gayo, González González, Sotelo Pena, e
Entenza Domínguez do PP) acordan rexeitar a moción presentada.
8.- MOCIÓN DO BNG S/ O CUMPRIMENTO DE OBRIGAS URBANÍSTICAS NA
A-7
Le a moción o Sr. Millán Otero e
solicita da Presidencia que a moción se vote punto por punto nos acordos
solicitados, a moción di como segue:
“MOCIÓN DO BNG SOBRE CUMPRIMENTO DE
OBRIGAS URBANÍSTICAS NA URBANIZACIÓN A-7 DE DOMAIO.- O Pleno da Corporación de
Moaña do 1 de febreiro de 2001 concedeulle, cos únicos votos a favor do PP, á
promotora Residencial Muíños,S.A. un aprazamento da débeda pendente como
compensación económica do aproveitamento urbanístico municipal no Plan Parcial
Golf Domaio, (SAU- A-7) . A débeda, fixada en 161.572.414 ptas. (971.070 euros)
debería facerse efectiva con data 29 de decembro de 2001, establecéndose como
garantía a hipoteca de 37 parcelas nos terreos da nova urbanización. Sen
embargo, dous meses despois de vencido o prazo só se ingresou 76.500.000 ptas.
(459.774 euros), restando polo tanto un total de 85.072.414 (511.296 euros)
Unha vez aprobada a fórmula para a
liquidación da débeda co Concello, a Comisión de Goberno con data 12 de
febreiro de 2001 acordou conceder a Mirón y Agarvi, S.L. licencia para a
construcción de 50 vivendas no sector B da Urbanización A-7. No informe
realizado para a ocasión polo arquitecto municipal establecíase como condicións
necesarias para a concesión de licencias, entre outras:
a) “Xustificar a cesión da parcela de
ubicación do 10% de aproveitamento correspondente ó Concello” (neste caso o
pago da compensación económica).
b) “Que polo estado de realización
das obras de urbanización a administración considere previsible que á
terminación da edificación as parcelas contarán con todos os servicios
urbanísticos para ter a condición de solar. Neste sentido, deberá avalarse a
totalidade das obras de urbanización, tanto interiores ó polígono, como
exteriores de conexión cos sistemas xerais existentes, incluíndo o acondicionamento das zonas verdes
correspondentes ó polígono en cuestión.”
No referido ó segundo dos
condicionantes, non chegou a fixarse un aval suficiente para responder das
obras de urbanización, en especial as referidas á conexións cos sistemas xerais
(rede viaria, servicio municipal de augas e saneamento). As obras de
urbanización realizadas ata o momento limítanse ós movementos de terras
necesarios para a delimitación de
parcelas, incumpríndose polo tanto as obrigas de edificacións e urbanización
simultánea.
Ante este total incumprimento das
obrigas urbanísticas por parte dos promotores da Urbanización A-7 de Domaio,
que coloca nunha situación de risco tanto ó Concello de Moaña como ós posibles
compradores de vivendas na zona, o grupo municipal do BNG proponlle ó Pleno da
Corporación a adopción dos seguintes
A C O R D O S
a) Instar á Comisión de Goberno a
iniciar os trámites para a execución da hipoteca sobre a parte proporcional das
37 parcelas que respondan dos 511.296 euros, mais xuros de mora, que neste
momento debe Residencial Muíños, S.L. ó Concello de Moaña.
b) Solicitar dos promotores a
constitución dun aval suficiente, fixado tralo informe técnico competente para
responder das obras de urbanización simultánea, tanto interiores como
exteriores, do Plan Parcial A-7.
c) Instar á Comisión de Goberno a
que, mentres non se dea cumprimento ás obrigacións urbanísticas contraídas
entre os promotores e o Concello de Moaña, paralice todo o procedemento de
concesión de licencias no ámbito do Plan Parcial A-7 de Domaio.”
INTERVENCIÓNS:
O Sr. Martínez Rodríguez esixe o
ingreso por parte dos promotores das cantidades fixadas en compensación
económica por cesións obrigatorias, e do contrario execute a hipoteca. Cre que
as obrigas que ten establecidas a urbanización non se cumpren, antes de
edificar debe de estar executada a urbanización e os avais pendentes deben
depositarse na súa totalidade, concluíndo que as obrigas urbanísticas que se
establecen deben ser iguais para todos os promotores.
O Sr. Leite Fraga di que o seu grupo se
vai abster na votación e solicita que se cumpra o acordo plenario adoptado no
seu día sobre as obrigas impostas á urbanizadora.
O alcalde manifesta que a Corporación
Local decidiu sacar adiante todo o referente á urbanización e que estes días
liquidarase definitivamente a débeda que ten pendente co Concello, do contrario
executaranse as hipotecas que gravan as parcelas como garantía de pago.
O Sr. Millán Otero manifesta que a
forma de actuar a urbanizadora de Golf-Domaio a marcou o PSOE e hoxe continua
coa mesma política o PP que votou favorablemente o proxecto de compensación
renunciando a todos os dereitos, por iso, o PSOE e responsable da actual
situación. Os acordos pendentes deben
executarse con total seriedade.
O Sr. Leite Fraga insiste en que se
execute o acordo plenario e o seu grupo absterase na votación.
O Sr. Regueira Gómez quere facer constar que o único responsable
de ingresos e gastos no Concello é o propio alcalde, con alusión ás cantidades
que reclaman varios veciños nos baixos da Casa do Concello e quere facer
constar que as cantidades retidas ó Concello non se atopan depositadas no
xulgado.
O Sr. Abal Juncal di que prefire non
andar en polémica, pero coñece perfectamente os problemas existentes, pois o
anterior goberno municipal non fixo nada sobre o que se solicita na moción, na
actualidade, cando menos, logrouse o cobro das cesións obrigatorias a través
dunha compensación económica.
Por último, o alcalde considera que a
moción presentada é moi válida pero dada as circunstancias que concorren na
actualidade, solicita do Sr. portavoz do BNG, a súa retirada, algo que non
acepta.
A Corporación, en votación ordinaria e
con cinco votos a favor (dos señores Millán Otero, Moreira Piñeiro, Regueira
Gómez e Lorenzo Martínez do BNG; e Santos Leites de EdeG-OV), dúas abstencións
(dos señores Leite Fraga e Martínez Rodríguez do PSG-PSOE) e oito en contra
(Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, Costas Gayo,
González González, Sotelo Pena, e Entenza Domínguez do PP) acordan rexeitar a
moción presentada.
9.- MOCIÓN DO PSG - PSOE
S/ ORDENANZA DAS INFRAESTRUCTURAS DE RADIOCOMUNICACIÓN.
O portavoz do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga
manifesta que se atopa disposto a retirar a moción presentada se esta pasa a un
posterior pleno, tralo tratamento por Comisión Informativa. A Presidencia
accede ó solicitado.
10 ROGOS E PREGUNTAS.
As que formula por escrito o portavoz
de EdeG, Sr. Santos Leites que lle son contestadas no acto.
Igualmente foron contestadas as formuladas polos portavoces do BNG e PSOE.
E, non sendo outro o obxecto, a
presidencia dá por rematada a sesión, ás 22:45 horas do día fixado no
encabezamento, de todo o que, como secretario, DOU FE.
O ALCALDE O SECRETARIO