ACTA 04/2002
ACTA
DE SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 20 DE MAIO DE 2002
ORDE DO DÍA:
1.-APROBACIÓN, SE
PROCEDE, DA ACTA ANTERIOR.
2.-DAR CONTA DAS
RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.
3.-APROBACIÓN, SE PROCEDE,
DAS CONTAS XERAIS DO
CONCELLO DOS
EXERCICIOS DE 1999 E 2000.
4.-APROBACIÓN, SE PROCEDE,
CONTAS XERAIS DO
PADROADO BEIRAMAR EXERCICIOS 1999-2000.
5.-APROBACIÓN INICIAL, SE
PROCEDE, ORZAMENTO MUNICIPAL
E DO PADROADO BEIRAMAR PARA O EXERCICIO 2002.
6.-APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO
PROXECTO DE COMPENSACIÓN POLÍGONO IV ROSAL - SUR.
7.-APROBACIÓN INICIAL,
SE PROCEDE, PROXECTO DE
URBANIZACIÓN POLÍGONO IV ROSAL – SUR.
8.-APROBACIÓN, SE
PROCEDE, PROXECTO FUNDACIÓN
COMARCAL.
9.-APROBACIÓN, SE
PROCEDE, RECURSO DE
REPOSICIÓN
SOBRE CORRECCIÓN ERROS NAS NORMAS SUBSIDIARIAS.
10.-MOCIÓN EdG S/ SERVICIO CONTRA INCENDIOS.
11.-MOCIÓN DO PSG-PSOE S/ CASTRO DE MONTEALEGRE.
12.-ROGOS E PREGUNTAS.
CONCELLEIROS:
D. Javier Abal Juncal
D. José Manuel
Cordeiro Portela
D. Alberto Currás
Piñeiro
Dna. María C.
Costas Gayo.
D. José González
González.
Dna. María Martín
Alonso
Dna. Carmen
Sotelo Pena
Dna. Carmen
Entenza Domínguez.
D. Osbaldo
Martínez Couso
D. Julio Martínez
Rodríguez
D.
Xosé Manuel Millán Otero.
D.
Rosendo Moreira Piñeiro.
D. Serxio
Regueira Gómez.
Dna. Isabel
Lorenzo Martínez.
D. José
E. Santos Leites.
Secretario . D.
Felipe Fermoso Valdés
Na
casa do concello de Moaña, o 20 de maio de 2002, reúnense os devanditos señores
baixa a presidencia do Sr. alcalde, D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por
min, o secretario, coa finalidade de realizar o Pleno Ordinario da Corporación,
anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.
A Presidencia declara aberta a
sesión ás 20:00 horas.
INCIDENCIAS:
Non asiste e xustifica a súa ausencia
D. José Luis Leite Fraga.
Dna. Carmen Costas Gayo, incorpórase ás
20:15 horas no debate do punto 5 da orde do día.
Auséntase D. Osbaldo Martínez Couso ás
21:30 durante o debate do punto cinco.
Por último, ausentase D. José Manuel
Cordeiro Portela ás 22:15 debatido o punto nove.
1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE,
DA ACTA ANTERIOR
Dáse conta do borrador da Acta
3/2002, do 11 de abril de 2002. Apróbase por unanimidade sen modificacións.
2.-DAR CONTA DAS
RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA
A Corporación queda ó corrente; non
obstante, o portavoz socialista pregunta pola prórroga de contrato dos seis
traballadores da recollida do lixo e como estes non foron subrogados pola
empresa Urbaser, van quedar fixos no Concello ou pasarán á Mancomunidade. O alcalde dille que neste acto dáse conta
exclusivamente das resolucións dictadas, non proceden máis aclaracións.
3.-APROBACIÓN, SE PROCEDE,
DAS CONTAS XERAIS DO
CONCELLO DOS EXERCICIOS DE 1999
E 2000
O alcalde
dá conta dos expedientes dando consta a elaboración das contas xerais do
Concello correspondentes ós exercicios 1999 e 2000, dos cales se emitiu informe
favorable e non se presentaron alegacións. Os ditos expedientes son coñecidos
polos membros da corporación.
VOTACIÓN
E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria e
con nove votos a favor (Srs. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro
Portela, Abal Juncal, González González, Sotelo Pena, Martínez Couso, Martín
Alonso e Entenza Domínguez do PP) cinco en contra (Srs. Millá Otero, Moreira
Piñeiro, Lorenzo Martínez e Regueira Gómez do BNG, e Sr. Santos Leites de Os
Verdes) unha abstención (Sr. Martínez Rodríguez do PSOE) acordan aprobar as
contas xerais do Concello nos exercicios 1999 e 2000.
4.-APROBACIÓN, SE PROCEDE,
CONTAS XERAIS DO
PADROADO BEIRAMAR EXERCICIOS
1999-2000
De igual forma o alcalde dá
conta dos expedientes onde consta a elaboración das contas xerais do padroado
beiramar, exercicios 1999 e 2000, os cales foron informados favorablemente, sen
alegacións.
VOTACIÓN
E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria
e con nove votos a favor (Srs. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro
Portela, Abal Juncal, González González, Sotelo Pena, Martínez Couso, Martín
Alonso e Entenza Domínguez do PP) cinco en contra (Srs. Millá Otero, Moreira
Piñeiro, Lorenzo Martínez e Regueira Gómez do BNG, e Sr. Santos Leites de Os
Verdes) unha abstención (Sr. Martínez Rodríguez do PSOE) acordan aprobar as
contas do Padroado beiramar nos exercicios 1999 e 2000.
5.- APROBACIÓN INICIAL, SE
PROCEDE, DO ORZAMENTO MUNICIPAL E DO PADROADO BEIRAMAR PARA O EXERCICIO 2002
O alcalde
le a memoria que aparece como documento anexo ó orzamento e consta no
expediente.
INTERVENCIÓNS:
O Sr. Millán Otero, en primeiro lugar,
felicita o Sr. alcalde e delegado de Facenda pola presentación deste documento
ó pleno, que por preceptivo legal e recomendacións feitas na auditoría
efectúase con seis meses de atraso. Despois de tanto atraso examinado este, é
exactamente copia do 2001, excepto ingresos e gastos extraordinarios referidos
a Golf-Domaio e Cemiterio, como informa
ó interventor.
Minóranse as transferencias de ingresos
da Xunta e Deputación Provincial, as cales transfiren o mínimo obrigado e en
canto o Estado nada de nada. Redúcese o orzamento en 200 mil euros con respecto
ó anterior.
Resalta a falta de xestión política en
Moaña, non se atendo o proxecto da Casa de Cultura de Meira, nave de servicios,
centro de saúde, etc. e a política de persoal do Concello é desastrosa, como o
ratifica o informe do interventor. Os investimentos redúcese a simples
pavimentacións sen que haxan proxectos ilusionantes.
O Sr. Martínez Rodríguez manifesta que
os orzamentos se debaten desoíndo o informe da auditoría, non traen nada novo,
son copia dos anteriores.
Considera que o tema económico é a base
para crear benestar, debendo existir consenso e realismo na confección deste
documento.
Figuran os mesmos ingresos que no
exercicio 2001, excepto o recadado procedente do Golf-Domaio e cemiterios. Os
recursos propios fixasen en 900 millóns, existen dúbidas sobre a recadación dos
400 millóns restantes, non se cobra impostos de construccións e existen
servicios deficitarios, auga, lixo, etc; non obxecta en modo ningún o informe
do interventor.
En canto a investimento, a política é
desastrosa, non se recadarán máis de 100 millóns da Xunta; 86 millóns da
Deputación, estes por ser obrigados e do Estado cero. Pregunta sobre os
investimentos do Estado na illa de San Bartolomé e resalta que os investimentos
no Morrazo, lévaos integramente Cangas, non existe investimento ningún para a
casa de cultura de Meira, Cuartel da Garda Civil, para a piscina só un millón,
por iso votará en contra do orzamento.
O Sr. Santos Leites dálle un suspenso
ós orzamentos presentados, manifesta que falta aclarar o contido do orzamento
polo seu responsable, neste caso o delegado de Facenda. Mirando a orden do día
desta sesión, o grupo de goberno non merece máis que a censura, a estas alturas
presentase as contas xerais de 1999 e 2000, faltando a liquidación de 2001.
Incúmprense as recomendacións da auditoría, por iso, a incapacidade do grupo de
goberno é manifesta.
As subvencións da Xunta e Deputación
minoranse e o Estado nada de nada; existe un mal trato continuo de todas as
administracións cara a Moaña, o orzamento non recadará máis de 900 millóns, o
que quere dicir que ata os 1300
figurados atópase inflado. Conclusión, hai
unha ausencia de criterios e obxectivos. Os investimentos redúcense a
malas pavimentacións discriminando a barrios como Ameixoada, Broullón e A
Fraga.
Concluída as intervencións, o acalde
cédelle a palabra ó concelleiro de Facenda quen declina a súa intervención, é o
propio alcalde quen lles contesta ós intervenientes anteriores.
O alcalde considera que todo o exposto
pola oposición é máis do mesmo e replícalles de forma conxunta.
Non é válido que este ano como os
anteriores se entregue o orzamento con antelación a este acto, pois parece que
non se informaron do seu contido.
Veñen utilizando de forma ilimitada a
súa demagoxia, as obras importantes claro que se atenderán con investimentos
procedentes da Xunta, Deputación e Estado (piscina, recuperación da illa de San
Bartolomé, beirarrúa de Ramón Cabanillas, Casa de Saúde e cuartel da Garda
Civil) as cales serán atendidas con partidas xenéricas dos ditos organismos,
como ocorreu co selado do vertedoiro, hoxe unha realidade.
O orzamento preséntase nas datas
acostumadas dende fai máis de vinte anos, a excepción do exercicio de 1997.
Este orzamento é equilibrado e visto o informe do interventor, propóñolle á
Corporación a súa aprobación.
No dereito de réplica, intervén o Sr.
Millán Otero e dille ó alcalde que parece estar máis ben na oposición que
gobernando, amosa unha falta total de respecto cara ós seus portavoces, debendo
matizar en cada unha das intervencións. Ninguén cre na xestión do alcalde, todas
as achegas que di non se poden recoller en convenios e pídelle que se fagan as
obras da beirarrúa na C-550 e deixe de selado do vertedoiro que o executa a
Xunta sen discriminación ningunha. Vistos os orzamentos presentados, a
cualificación que merece o alcalde é cero.
O Sr. Martínez Rodríguez manifesta que a crítica da oposición cara ó
alcalde é acertada, asegurando que o alcalde de Cangas é un bo xestor, por
estas verdades o noso alcalde se sae de ton.
O Sr. Santos Leite critica a falta de
investimentos no presuposto e a falta de compromisos por parte doutras
administracións; as contas, despois de presentarse fóra de prazo, entréganselle
á oposición con pouca antelación para o seu estudio e debate. O orzamento
minórase en 25 millóns con respecto ó 2001 e que non crea que existe teoría de
conspiración ningunha.
O alcalde contéstalle ó grupo da
oposición que sobre lixo, vía rápida non se falou sobre estes temas, que se
firmará un protocolo para finalizar a casa do concello e asegura que non se
sente perseguido por ninguén, felicita o delegado de Facenda e o interventor
pola presentación do orzamento de 2002.
VOTACIÓN
E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria e
con nove votos a favor (Srs. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro
Portela, Abal Juncal, Costas Gayo, González González, Sotelo Pena, Martín
Alonso e Entenza Domínguez do PP) seis en contra (Srs. Millán Otero, Moreira
Piñeiro, Lorenzo Martínez e Regueira Gómez do BNG, Sr. Martínez Rodríguez do
PSG-PSOE e Sr. Santos Leites dos OV) e unha abstención (Sr. Osbaldo Martínez),
acordan:
1.-
Aprobar o orzamento xeral do Concello e do Padroado Beiramar de forma inicial
para o exercicio 2002.
2.-
Aprobar os documentos anexos, complementarios e inseparables de ambos os
orzamentos.
3.-
Publicar o dito acordo no BOP para que por prazo de 15 días hábiles se poida
reclamar contra este.
O resumo de conceptos de ingresos e
partidas de gastos confórmanse no resumo xeral que consta no expediente.
6.-APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO
PROXECTO DE
COMPENSACIÓN POLÍGONO IV ROSAL -
SUR.
Por proposta do alcalde, retírase o
asunto da orde do día, pois hai que matizar no seu contido. A Corporación
accede ó solicitado.
7.-APROBACIÓN INICIAL,
SE PROCEDE, DO PROXECTO DE URBANIZACIÓN
POLÍGONO IV ROSAL – SUR
Consúltase sobre a posible vinculación
deste acordo co asunto retirado anteriormente da orde do día, o secretario
manifesta que non existe vinculación ningunha.
Seguidamente, lense os informes
emitidos polo arquitecto municipal e secretario xeral do Concello que,
respectivamente, din como segue;
“Asunto: Proyecto de urbanización de la
4º etapa del Plan Parcial “Rosal Sur”.
Emplazamiento: Plan Parcial “Rosal
Sur”-Moaña.
Promotor: Junta de compensación nº 4
Informe:
Se informa favorablemente el
expediente en cuestión por ajustarse a las determinacións establecidas al
respecto en las NN.SS de Planeamiento del Municipio de Moaña, asi como al Plan
Parcial “Rosal Sur”
Nota:
Las licencias de primera ocupación de las edificaciones que se ejecuten dentro
del ámbito de la etapa en cuestión quedarán vinculadas a la recepción
definitiva de la urbanización por parte del Ayuntamiento de Moaña.
Moaña,
14 de maio de 2002
Alfonso
Lage Pérez.-Arquitecto Municipal”.
INFORME DE SECRETARÍA
“ASUNTO:APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE
URBANIZACIÓN
En cumprimento do disposto no art. 54
do Real Decreto 781/86, do 18 de abril, a instancia do Sr. alcalde, emítese
informe con base nos seguintes
A N T E C E D E N T E S
1.- D. José Luis
Álvarez Souto, promotor do Plan Parcial Rosal Sur, elaborou o proxecto de
urbanización no súa IV FASE que desenvolve o dito plan parcial .
2.-
O proxecto presentado consta de informe favorable emitido polo arquitecto
municipal, tanto en relación coas obras que comprende e o seu detalle, como os
documentos e o seu contido.
3.-
Sobre a legalidade aplicable e en cumprimento do ordenado, emítese o seguinte
I
N F O R M E:
Primeiro.-
Lexislación aplicable: art. 31 e 44.3, da Lei 1/97, do 24 de marzo, do solo de
Galicia e art. 67 a 70 e 141 do Regulamento de planeamento.
Segundo.-
Os proxectos de urbanización son instrumento de execución de plans parciais, o
presente executa a IV Fase – Plan Parcial Sur- e contén as determinacións
esixidas.
Terceiro.- Aprobado
inicialmente, sometérase a información pública polo termo dun mes, mediante
publicación de anuncios no DOG, diario de maior difusión da provincia e lugares
de costume, co obxecto de oír alegacións que se recollerán previa aprobación
definitiva.
CONCLUSIÓN.- Dos antecedentes e consideracións expostas, cabe dicir que o proxecto de urbanización Rosal-Sur IV Fase cumpre a legalidade vixente, deberá tramitarse na forma descrita neste informe.
É canto debo informar, non obstante, o Pleno decidirá.
Moaña, 8 de maio de 2002
O SECRETARIO”
VOTACIÓN
E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria e
por unanimidade dos asistentes, acorda aprobar inicialmente o proxecto de
urbanización IV fase do Plan Parcial Rosal Sur e que se dean os trámites
oportunos.
8.-APROBACIÓN, SE
PROCEDE, DO PROXECTO FUNDACIÓN COMARCAL
Dá conta da proposta o portavoz do
grupo municipal de PP, Alberto Currás Piñeiro, así como dun resumo das
actuacións a levar a efecto para aprobar o proxecto de fundación comarcal, os
datos do cal constan en poder dos grupos municipais referidos á achega
económica do Concello de Moaña para financiamento dos programas PRODE II e
ACADER por importe de 136.969,56 euros así como o repartimento da dita
cantidade nas anualidades de 2002 a 2008 ambas inclusive.
INTERVENCIÓNS:
O Sr. Santos Leites pide que no momento da discusión exista
diálogo.
O Sr. Martínez Rodríguez di que vai en
contra deste proxecto porque entra dentro da filosofía da Xunta, sendo negativo
para Moaña.
Para lograr unanimidade interveñen
membros da corporación con propostas que ó final son aceptadas polo Sr.
Martínez Rodríguez.
VOTACIÓN
E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria e
por unanimidade, acordan aprobar o proxecto PRODE II e ACADER, a teor do
seguinte acordo:
1.-O Concello de Moaña comprométese a
realizar unha achega económica ó financiamento dos programas de desenvolvemento
rural PRODER II ou AGADER no ámbito territorial da entidade Fundación para o
desenvolvemento da Comarca do Morrazo da que é membro participante, por un
importe de 136.969,56 euros, que figurará nos seus orzamentos anuais”.
2.-
Que no mesmo acordo establécese o repartimento da citada cantidade por
anualidades durante o período de duración da execución dos programas de desenvolvemento
rural PRODER II e EGADER, de tal xeito que no cadro que segue se precisa a anualización da participación
citada:
ANO
2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
EUROS 6.848,49
20.545,43 27.399,91 27.393,91 27.393,91 13.696,96 13.696,96
9.-APROBACIÓN, SE
PROCEDE, RECURSO DE
REPOSICIÓN SOBRE CORRECCIÓN DE ERROS NAS NORMAS SUBSIDIARIAS.
Dáse conta do escrito formulado por D.
Manuel Pousada Carballo, mediante o que recorre en reposición contra acordo
adoptado polo Pleno da Corporación do día 7 de febreiro de 2002 “corrección
erros na Unidade de Xestión 5 das NN.SS.
A parte dispositiva do dito acordo di:
“tramitarase de acordo co disposto no art. 42.1 de Lei 1/97, do 24 de marzo, do
solo de Galicia e no seu lugar se indique que a rectificación de error se
publicará no DOG e BOP, notificando acordo os interesados é a CPTOPV.
Igualmente dáse conta de informe
emitido polo asesor xurídico en data 23
de abril de 2002, quen manifesta que o expediente en cuestión ha de tramitarse
conforme o determina o art. 105.2 da Lei 30/92, do 26 de novembro.
Visto canto antecede, a Corporación, en
votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:
1.-
Anular parcialmente o acordo plenario do 7 de febreiro de 2002 no referente á
U.G. 5 de Moaña, por non ser necesario
someter a tramitación da corrección de erros ó provisto no art. 42.1 da Lei
1/97, do solo de Galicia.
2.-
Tramitar a dita corrección de erros materiais, conforme dispón o art. 105. 2 da
Lei 30/92, do 26 de novembro.
3.-Seguir
os trámites propostos naquel informe.
10.-MOCIÓN EdG S/ SERVICIO CONTRA INCENDIOS
Le a moción o Sr. Euloxio Santos Leites
que di:
“MOCIÓN: SERVICIO
CONTRAINCENDIOS COMARCAL.- Euloxio Santos Leites, concelleiro de Esquerda de
Galicia, introduce para que se debata no Pleno da Corporación de Moaña a
seguinte MOCIÓN:
O pasado
día 30 de maio do ano 2000, reuniuse a asemblea de todos/as os/as
concelleiros/as dos concellos que integran o consorcio para o servicio contraincendios
e salvamento da comarca do Morrazo, coa finalidade de aprobar provisionalmente
o borrador de estatutos do dito consorcio, a finalidade do cal segundo reza na
introducción destes “é a de dar resposta eficaz dos servicios de emerxencia
ante calquera circunstancia que poida supor un perigo para a vida das persoas
ou os seus bens…
Neste acto foi aprobado o dito borrador
de estatutos co cal se daba o
pistoletazo de saída para a creación deste importante servicio. Posteriormente,
con data 20 de xullo do ano 2000 a comisión xestora remitiu a Consellería de
Xustiza copia do expediente tramitado para a constitución do consorcio.
Transcorrido en exceso o prazo legal, no mes de novembro, o presidente da
comisión xestora (naquel momento, o Sr. Sotelo Villar, alcalde de Cangas)
diríxese ás corporacións de Bueu, Cangas e Moaña así como á Deputación de
Pontevedra para que no prazo de dous meses os plenos dos concellos aproben
definitivamente os estatutos.
No caso concreto do Concello de Moaña
os ditos estatutos foron aprobados polo Pleno da Corporación do día 30 de
novembro do ano 2000, e dende esta data ata hoxe (ano e medio) non tivemos
coñecemento ningún máis sobre estes, nin sobre a creación do parque de
bombeiros, nin sobre a dotación del.
Como queira que as competencias da
loita contra o lume, tal e como din os estatutos, son da Comunidade Autónoma, e
considerando que este é un servicio esencial para a comarca, pois nestes
momentos estase ó albur da dispoñibilidade dos bombeiros de Vigo ou Pontevedra
para atender os sinistros, que co problema de comunicacións que padecemos pode
provocar que calquera lume se converta en algo irreparable pola tardanza en
acudir destes efectivos, é polo que dende EdeG solicitámoslle ó Pleno da
Corporación a adopción dos seguintes
A
C O R D O S
1.-
Que o alcalde realice as xestións necesarias para interesarse polo punto no que
se atopan os trámites para a creación do consorcio para o servicio
contraincendios e salvamento.
2.-
Instar a Consellería de Xustiza da Xunta de Galicia para que se dean os pasos
necesarios para a creación do dito consorcio e a dotación do parque comarcal de
bombeiros.”
VOTACIÓN
E ACORDO:
A
Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acordan
aprobar a moción transcrita nos seus propios termos.
11.-MOCIÓN DO
PSG-PSOE S/ CASTRO DE MONTEALEGRE
Le a moción o Sr. Martínez Rodríguez
que, transcrita, di:
“Julio Martínez Rodríguez, como
concelleiro do PSOE de Moaña somete á consideración do Pleno a seguinte:
MOCIÓN.- O castro de Montealegre en
Domaio está considerado como un dos principais xacementos arqueolóxicos da
provincia de Pontevedra de orixe prerrománico, chegando incluso algúns
especialistas a considerar que a súa importancia é superior ó xacemento castrexo
de Santa Tegra. Dada a importancia do xacemento, a propia Xunta de Galicia
consideraba en días pasados a posibilidade de facer un túnel para evitar
afectalo polo trazado da vía rápida do
Morrazo, tal e como estaba previsto nun principio. Se a administración
autonómica considera necesario incrementar considerablemente o orzamento desta
infraestructura para facer o túnel e salvar o castro de Montealegre, os
socialistas entendemos que a posibilidade de deleite e coñecemento desta
xacemento debe garantirse para todos os galegos, tal e como recolle a propia
Lei de patrimonio no seu artigo 26 de acceso ó patrimonio cultural de Galicia.
Por todo o manifestado, os socialistas
de Galicia propoñémoslle ó Pleno do Concello de Moaña que adopte o seguinte:
ACORDO:
1.-
Que o Concello de Moaña demande da Consellería de Cultura que realice un
proxecto de musealización sobre o castro de Montealegre en Domaio que contemple
a posta en valor do castro mediante a realización dos estudios e escavacións
que sexan necesarias.
2.-
Que se dote ó castro dun pequeno museo para que poidan ser contemplados pola
cidadanía os achádegos que se vaian atopando.”
A Corporación, en votación ordinaria e
por unanimidade dos asistentes, acorda aprobar a moción transcrita nos seus
propios termos.
O Sr. Millán diríxese a Julio Martínez
e maniféstalle que se fose sincera a súa moción, felicitaríao e pídelle que se
inclúa no punto 1 da parte dispositiva que se contacte cos propietarios e estes
convenien coa Xunta e votará a favor si accede, ó cal contesta afirmativamente.
A Corporación, en votación ordinaria e
por unanimidade dos asistentes, acordan aprobar nos seus propios termos a
moción presentada.
12.-ROGOS E PREGUNTAS
O Sr. Santos Leites preguntalle ó Sr.
alcalde sobre os vertidos incontrolados no río da Fraga e o Sr. alcalde
contesta que non ten constancia de tales vertidos e que unha vez entre en
funcionamento a EDAR, tomaranse medidas drásticas contra a empresa que efectúe
tales vertidos.
E, non sendo outro o obxecto, a
Presidencia dá por rematada a sesión, ás 22:25 horas do día fixado no
encabezamento, de todo o que, como secretario, DOU FE.
O ALCALDE O SECRETARIO