ACTA 06/2002

 

 

 

ACTA DE SESIÓN EXTRAORDINARIA-URXENTE DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 25 DE MAIO  DE 2002

 

 

ORDE DO DÍA:

 

1.- MOCIÓN DOS COMPOÑENTES DA CORPORACIÓN LOCAL SOBRE DESAPARICIÓN TRÁXICA DA SÚA COMPAÑEIRA Dna. MARÍA MARTÍN ALONSO.

 

 

ASISTENTES:

 

Sr. alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO

 

CONCELLEIROS:

 

D. Javier Abal Juncal

D. José Manuel Cordeiro Portela

D. Alberto Currás Piñeiro

Dna. María C. Costas Gayo.

D. José González González.

Dna. Carmen Sotelo Pena

Dna. Carmen Entenza Domínguez.

D. Osbaldo Martínez Couso

D. José Luis Leite Fraga.

D. Julio Martínez Rodríguez

D.Xosé Manuel Millán Otero.

D-Rosendo Moreira Piñeiro.

D.Serxio Regueira Gómez.

Dna. Isabel Lorenzo Martínez.

D.    José E. Santos Leites.

    Secretario . D. Felipe Fermoso Valdés

 

Na casa do concello de Moaña, o 25 de maio de 2002, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. alcalde, D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario, coa finalidade de realizar o Pleno Extraordinario-urxente da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 13:30 horas, en primeira convocatoria.

 

           A presidencia declara aberta a sesión ás 13:30.

 

 

1.- MOCIÓN DOS COMPOÑENTES DA CORPORACIÓN LOCAL SOBRE DESAPARICIÓN TRÁXICA DA SÚA COMPAÑEIRA Dna. MARÍA MARTÍN ALONSO.

 

       O alcalde exponlle á Corporación que o obxecto deste Pleno Extraordinario con carácter de urxencia, non é outro que ler e aprobar, se procede, a moción presentada por todos os seus membros como consecuencia da tráxica desaparición da nosa compañeira MARÍA MARTÍN ALONSO.

 

         Agradece as innumerables mostras de condolencia recibidas desde institucións, partidos políticos, colectivos e veciños, os cales acompañaron a familia nos actos de inhumación dos restos da nosa compañeira que tivo lugar hai unhas horas.

 

         A moción di literalmente como segue:

        

Ante a tráxica noticia recibida por esta Alcaldía no día de onte, comunicándome o falecemento da nosa querida compañeira de Corporación, María Martín Alonso, teño que manifestar que deixoume sumido na máis profunda dor, pois era algo que non podía esperar.

 

É dolorosa a desaparición de calquera ser querido, amigo ou compañeiro de traballo, pero máis aínda tratándose dunha persoa alegre, simpática, en plena xuventude e con moitas ganas de traballar nas obrigas que adquiriu na súa vida privada ou pública. Creo que estes valores humanos adornaban a nosa querida compañeira María, hoxe desaparecida en tráxicas circunstancias.

 

Polo manifestado e como merecedora dunha última homenaxe da Corporación local de Moaña da que formaba parte,

 

PROPOÑOLLES ás compañeiras e ós compañeiros de Corporación, aquí presentes, que fagan súa a presente moción, adoptando os seguintes

 

ACORDOS:

 

1º) Decretar 3 días de loito oficial no termo municipal, deberá ondear a media hasta, as bandeiras en todos os edificios públicos.

 

2º) Transmitirlles a nosa máis sentida condolencia e pésame ós pais, Don Miguel e dona Perfecta,  así como ós seus achegados.

 

3º) Invitar as honras fúnebres que se realizarán no seu recordo o próximo luns, día 27 ás 18:00 horas, na igrexa parroquial do Carmen, as compañeiras e compañeiros de Corporación, funcionarios e demais traballadores do Concello, e veciños en xeral.

 

         Finalizada a lectura desta moción a cargo do primeiro tenente de alcalde, D. Alberto Currás Piñeiro, solicítaselles ós asistentes que garden un minuto de silencio en recordo da compañeira falecida, concluíndo o acto con un cálido e prolongado aplauso.

 

         E, non sendo outro o obxecto, a Presidencia dá por rematada a sesión, ás 13:50 horas do día fixado no encabezamento, de todo o que, como secretario, DOU FE.

 

         O ALCALDE                                       O SECRETARIO