ACTA 08/2002
ACTA DE SESIÓN ORDINARIA
DO PLENO DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 27 DE XUÑO DE DE 2002
ORDE DO DÍA:
1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE,
DA ACTA ANTERIOR.
2.- DAR CONTA DAS
RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.
3. TOMA DE POSESIÓN COMO
CONCELLEIRA DO GRUPO POPULAR DE MARÍA SONIA COSTA GONZÁLEZ.
4.-ADOPCIÓN DE ACORDO SOBRE
REORGANIZACIÓN DOS ÓRGANOS COMPLEMENTARIOS NO ORGANIGRAMA MUNICIPAL.
5.- APROBACIÓN, SE
PROCEDE, S/ SINALIZACIÓN DE ALIÑAMENTO NA TRAVESÍA
MONTENEGRO.
6.- ADOPCIÓN DE ACORDOS, SE
PROCEDE, S/ CESIÓN OBRIGATORIA TERREO OCUPACIONAL.
7.- MOCIÓN DO BNG S/ CUARTEL
DA GARDA CIVIL
8.- MOCIÓN DE EdeG-OV S/
OCUPACIÓN TERREO NOVO CONCELLO
9.-MOCIÓN DO BNG S/
ACONDICIONAMENTO DA REDE VIARIA
SECUNDARIA.
10.- MOCIÓN DO PSG-PSOE S/ PLAN MUNICIPAL DE EMERXENCIA.
11.-ROGOS E PREGUNTAS.
CONCELLEIROS:
D. Javier Abal Juncal
D. José Manuel
Cordeiro Portela
D. Alberto Currás
Piñeiro
Dª María C.
Costas Gayo
Dª. María Sonia
Costa González
D. José González
González
Dª. Carmen Sotelo
Pena
Dª. Carmen
Entenza Domínguez
D. José Luis
Leite Fraga
D. Julio Martínez
Rodríguez
D.
Xosé Manuel Millán Otero
D.
Rosendo Moreira Piñeiro
D. Serxio
Regueira Gómez
D. José
E. Santos Leites
Secretario . D.
Felipe Fermoso Valdés
Na
Casa do Concello de Moaña, o 27 de xuño de 2002, reúnense os devanditos señores
baixo a presidencia do Sr. alcalde, D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por
min, o secretario, coa finalidade de realizar o Pleno ordinario da Corporación,
anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.
A Presidencia declara aberta a
sesión ás 20:10 horas.
INCIDENCIAS:
Xustifican a súa ausencia o Sr.
Martínez Couso e Sra. Lorenzo Martínez, e incorpóranse ó acto a Sra. Costa Gayo
ás 20:20 horas durante o debate do punto seis e a Sra. Sotelo Pena ás 20:40
horas durante o debate do punto sete da orde do día.
1.- APROBACIÓN, SE
PROCEDE, DA ACTA ANTERIOR
Apróbase por unanimidade, o Sr. Santos
Leites quere facer constar que na intervención da moción defendida polo BNG,
punto oito, non interveu, polo tanto que non se lle atribúa a frase de que a
dita moción é análoga á presentada por el fai dous anos, sendo rexeitada.
2.- DAR CONTA DAS
RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA
A
Corporación queda ó corrente.
3. TOMA DE POSESIÓN COMO
CONCELLEIRA DO GRUPO POPULAR DE MARÍA SONIA COSTA GONZÁLEZ.
O alcalde exponlle á Corporación Local
que despois dos trámites realizados para a substitución de concelleiro electo,
a Xunta Electoral Central remitíralle ó Concello a credencial de nomeamento a
favor de Dª. María Sonia Costa González, esta debe tomar posesión neste acto.
Seguidamente a Presidencia solicita a
presencia de Dª. María Sonia Costa González e como esta está presente, pregúntalle se se atopa disposta a aceptar o
cargo; contesta afirmativamente, maniféstalle que ha de xurar ou prometer como
requisito indispensable para tomar posesión do seu cargo.
Ante a Presidencia e despois de dar
lectura integra ó texto da promesa conforme establece a Lei xeral electoral, a
Presidencia inviste do cargo de concelleira a Dª. María Sonia Costa González;
quen pasou a ocupar o seu escano correspondente despois de recibir os aplausos
das persoas asistentes.
4.-ADOPCIÓN ACORDO SOBRE
REORGANIZACIÓN DOS ÓRGANOS
COMPLEMENTARIOS NO ORGANIGRAMA MUNICIPAL
A Presidencia dálle conta á Corporación
Local da súa resolución da data 24 de xuño de 2002, na que dispón a nova
constitución do organigrama municipal como consecuencia do falecemento de Dª.
María Martín Alonso que foi substituída por Dª. MARÍA SONIA COSTA GONZÁLEZ.
A dita resolución literalmente di como segue:
Informa o Sr. alcalde a Corporación de
que como consecuencia da vacante xurdida nesta por falecemento de Dª. María
Martín Alonso, faise necesaria a reestructuración do organigrama municipal,
unha vez que toma posesión a substituta Dª. María Sonia Costa González, a credencial da cal foi expedida pola Junta Electoral Central.
Para tal efecto propóñolle ó Pleno da
Corporación Local que a nova reestructuración de órganos complementarios,
delegacións, representantes e outros se efectúe na forma que se especifica nos
anexos, e igualmente solicito a ratificación da presente proposta conforme
dispón o art. 125.C do ROF.
Tenencias da Alcaldía e
orde de substitución do alcalde:
1º Tenente de alcalde: D. ALBERTO CURRÁS PIÑEIRO
2º Tenente de alcalde D. J. MANUEL CORDEIRO PORTELA
3º Tenente de alcalde D. JAVIER ABAL JUNCAL
4º Tenente de alcalde D. JOSÉ GONZÁLEZ GONZÁLEZ
5º Tenente de
alcalde Dª. MARÍA COSTAS GAYO
Nomeamento de tenentes de
alcalde e á vez membros da comisión de Goberno:
ALCALDE PRESIDENTE: D. JAVIER BARREIRO TENORIO (PP)
CONCELLEIROS: D. ALBERTO CURRÁS PIÑEIRO (PP)
D.
J. MANUEL CORDEIRO PORTELA (PP)
D.
JAVIER ABAL JUNCAL (PP)
D.
JOSÉ GONZÁLEZ GONZÁLEZ (PP)
Dª. MARÍA COSTAS GAYO (PP)
COMISIÓNS
INFORMATIVAS
-COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO,
VIVENDA, MEDIO AMBIENTE, OBRAS, TRÁFICO, SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIVIL
Delegado-presidente: D. JAVIER ABAL JUNCAL (PP)
Vocais:
D. JOSÉ GONZÁLEZ GONZÁLEZ (PP)
Sup. Mª Sonia Costa González
D. OSBALDO MARTÍNEZ COUSO
(PP)Sup.Mª Carmen.Costas Gayo
Dª. CARMEN SOTELO PENA (PP) Sup.
Carmen Entenza Domínguez
D. .JOSÉ MANUEL CORDEIRO PORTELA (PP)Sup.Alberto Currás
P. 1 –3 MARTES
D. XOSÉ M. MILLÁN OTERO (BNG)
Sup.Rosendo Moreira Piñeiro
D. SERXIO REGUEIGA
GÓMEZ(BNG)Sup.Isabel Lorenzo Martínez
D. JULIO MARTÍNEZ RODRÍGUEZ
(PSOE) Sup.José Luis Leite Fraga
D. JOSÉ E. SANTOS LEITES (EG-OV)
-COMISIÓN INFORMATIVA DE CONTAS,
FACENDA, PERSOAL, EMPREGO E PADROADO MUNICIPAL BEIRAMAR, INDUSTRIA, COMERCIO E
TURISMO
Delegado-presidente D. JOSÉ M. CORDEIRO PORTELA (PP)
Vocais:
D. ALBERTO CURRÁS PIÑEIRO (PP) Sup. Mª. Sonia Costa Gayo
Dª.CARMEN ENTENZA DOMÍNGUEZ(PP) Sup.José González González
Dª.Mª CARMEN COSTAS GAYO (PP) Supl. Carmen Sotelo Pena
D. OSBALDO MARTÍNEZ COUSO (PP) Supl. Javier Abal Juncal
D.ROSENDO MOREIRA PIÑEIRO (BNG)Sup.María Isabel Lorenzo Martínez 2-4 MARTES
D. XOSÉ M. MILLÁN OTERO
(BNG)Sup. Serxio Regueira Gómez
D. JOSÉ L.LEITE FRAGA (PSOE) Sup.Julio Martínez Rodríguez
D.JOSÉ E. SANTOS LEITES (EG-OV)
-COMISIÓN INFORMATIVA DE SERVICIOS MUNICIPAIS,
ENSINO E RELACIÓNS VECIÑAIS
Delegado-presidente D. JOSÉ GONZÁLEZ GONZÁLEZ (PP)
Vocais:
Dª.CARMEN SOTELO PENA(PP) Supl. José M.Cordeiro Portela
Dª.Mª. SONIA COSTA GONZÁLEZ (PP)Sup. Alberto Currás Piñeiro
Dª.Mª CARMEN COSTAS GAYO (PP) Sup. Osbaldo Martínez Couso
D. JAVIER ABAL JUNCAL (PP) Sup. Carmen Entenza Domínguez
D. SERXIO REGUEIRA GÓMEZ(BNG)Sup. Xosé M.Millán Otero 1-3
MÉRCORES
D. ISABEL LORENZO MARTÍNEZ (BNG) Sup. Rosendo Moreira Piñeiro
D. JOSÉ L. LEITE FRAGA (PSOE) Sup. Julio Martínez Rodríguez
D. JOSÉ E. SANTOS LEITES (EG-OV)
-COMISIÓN
INFORMATIVA DE CULTURA E PATRIMONIO, XUVENTUDE, DEPORTE, SERVICIOS SOCIAIS,
SANIDADE E CONSUMO, MULLER E FAMILIA
Delegado-presidente D. ALBERTO CURRÁS PIÑEIRO (PP)
VOCAIS:
Dª. Mª. SONIA COSTA GONZÁLEZ(PP) Sup. José M.Cordeiro Portela
Dª. Mª CARMEN. COSTAS GAYO (PP) Sup. José
González González
Dª. CARMEN ENTENZA
DOMÍNGUEZ (PP) Sup.Carmen Sotelo Pena
D. JAVIER ABAL JUNCAL (PP) Sup. Osbaldo
Martínez Couso
D. ROSENDO MOREIRA PIÑEIRO (BNG) Sup.Xosé M.
Millán Otero 2
–4 MÉRCORES
Dª.ISABEL LORENZO
MARTÍNEZ(BNG)Sp.Serxio Regueira Gómez
D. JULIO MARTÍNEZ RODRÍGUEZ (PSOE) Sup. José L.
Leite Fraga
D. JOSÉ E. SANTOS LEITES (EG-OV)
D. JOSÉ
GONZÁLEZ GONZÁLEZ (PP)
D. JAVIER
ABAL JUNCAL (PP)
DELEGADOS DA ALCALDÍA:
DELEGADO DE URBANISMO, VIVENDA E MEDIO AMBIENTE
D.
JAVIER ABAL JUNCAL (PP)
DELEGADO DE OBRAS
D. JOSÉ
GONZÁLEZ GONZÁLEZ (PP)
DELEGADO DE
FACENDA
D. JOSÉ MANUEL CORDEIRO PORTELA (PP)
DELEGADO DE EMPREGO E PADROADO MUNICIPAL BEIRAMAR
D.
JOSÉ MANUEL CORDEIRO PORTELA (PP)
DELEGADO DE
CULTURA E PATRIMONIO
D.
ALBERTO CURRÁS PIÑEIRO.(PP)
DELEGADO DE
PERSOAL
D.
ALBERTO CURRÁS PIÑEIRO (PP)
DELEGADO DE
SERVICIOS SOCIAIS
Dª.
MARÍA DEL CARMEN COSTAS GAYO (PP)
DELEGADO DE
SANIDADE E CONSUMO
Dª.
MARÍA DEL CARMEN COSTAS GAYO (PP)
DELEGADO DE
SERVICIOS MUNICIPAIS
D.
JOSÉ GONZÁLEZ GONZÁLEZ (PP)
DELEGADO DE ENSINO
E RELACIÓNS VECIÑAIS
Dª.
CARMEN SOTELO PENA (PP
DELEGADO TRÁFICO,
SEGURIDADE CIDADÁ E PROT.CIVIL
D.
OSBALDO MARTÍNEZ COUSO (PP)
DELEGADO DE
XUVENTUDE
DMª.
SONIA COSTA GONZÁLEZ (PP)
DELEGADO DE DEPORTES
Dª.
Mª. SONIA COSTA GONZÁLEZ (PP)
DELEGADO DE MULLER
E FAMILIA
Dª.
CARMEN ENTENZA DOMÍNGUEZ (PP)
DELEGADO DE
INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO
Dª.
CARMEN ENTENZA DOMÍNGUEZ (PP)
Moaña,
24 de xuño de 2002
O
ALCALDE”
A Corporación, por unanimidade dos
asistentes, acorda:
1.-
Ratificar a resolución nos propios termos en que se atopa redactada.
2.-
Notificarlles ós distintos órganos que se atopen afectados polo contido desta
co obxecto de que tomen posesión os seus membros.
5.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, S/ SINALIZACIÓN DE ALIÑAMENTOS NA TRAVESÍA MONTENEGRO
O alcalde informa a Corporación Local
da existencia de disfuncións entre la delimitación de servidume de protección
marítimo – terrestre e as determinadas nas NNSS; na zona travesía de Montenegro
esquina á avda. da Xunqueira, por iso ordenáralle ó arquitecto municipal que
elaborase un informe coa finalidade exclusiva de regularizar a situación.
O informe emitido polo arquitecto
municipal ó que se acompaña documentación gráfica que é coñecida polos membros
da Corporación, di como segue:
“Número Expte: interno.-Departamento de
Urbanismo.- Asunto. Sinalización de aliñamentos.- Localización: Travesía de
Montenegro esquina Avda. da Xunqueira.
Informe: Tras
el estudio detenido de la documentación presentada por promociones Mucha, S.L y
detectadas disfunciones entre la documentación de delimitación de la
servidumbre de protección del dominio público marítimo terrestre y las
determinaciones de ordenación de las alineaciones en las Normas Subsidiarias de
Planeamento del Municipio de Moaña; y vista la problemática surgida por la
regularización de las alineaciones de la calle Travesía de Montenegro esquina
Avda. de la Junquera, se propone la elaboración de un estudio de detalle para
el reajuste de las alineaciones en las mencionadas calles, de acuerdo con las
determinaciones establecidas al respecto en el art. 30 de la Ley 1/97 de 24 de
marzo, del Suelo de Galicia y art. 65 y 66 del Reglamento de Planeamiento, a
los efectos de ordenar las lineas de edificación según lo señalado en el
croquis adjunto.- Moaña, 18 de junio de 2002.- Alfonso Lage Pérez-Arquitecto
Municipal.”
Igualmente
lese o informe da Comisión de Urbanismo que di:
“Urbanismo
18 de xuño de 2002.- Asunto.- Sinalización de aliñamento.- Proposta: O delegado
dálle conta á comisión do informe do arquitecto municipal de data 18 de xuño de
2002, sobre a sinalización de aliñamento na travesía de Montenegro, esquina
avda. da Xunqueira.
A Comisión queda ó corrente e pronunciarase
no pleno da Corporación.“
O Sr. Millán Otero considera que o
informe técnico é bo, pero, sen embargo, non pode votarse, o PXOG prevé na zona vías de doce metros.
O alcalde entende que para a solución
final e despois do acordo entre afectados ó particular instará o Concello a
aprobación dun estudio de detalle na zona.
VOTACIÓN
E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria e
por unanimidade dos asistentes, acorda:
1.
Aprobar integramente o informe emitido polo arquitecto municipal.
2.
Requirir o particular afectado para que inste ante o Concello a aprobación dun
estudio de detalle.
6.- ADOPCIÓN DE ACORDOS,
SE PROCEDE, S/ CESIÓN OBRIGATORIA TERREO OCUPACIONAL.
O alcalde
di que a presente proposta coincide basicamente e no seu fondo coa moción presentada
por EdeG e por tanto pode refundirse nesta proposta.
Dáse conta dos informes emitidos polo
arquitecto municipal e asesor xurídico do Concello, os que respectivamente din
como segue:
“ Nº. de expediente: interno.-
Departamento de Urbanismo.- Asunto: Obtención de dotaciones locales incluídas
en la unidad de gestión 8.- Emplazamiento: Unidad de Gestión UG-8 Moaña.
Informe: La zona verde objeto del presente
informe está incluida en el ámbito de actuación de la unidad de gestión núm. 8.
En la actualidad la mencionada unidad de gestión está remitida a su
desarrollo mediante el sistema de
compensación.
De acuedo con las determinaciones
sobre régimen urbanísitico del suelo definidas en la ley 1/97 de 24 de marzo,
del suelo de Galicia, y 6/98, de 13 de abril, sobre el régimen del suelo y
valoraciones, las superficies destinadas a sistemas locales de zonas verdes y
espacios libres son de cesión obligatoria, gratuita, libre de cargas y
urbanizadas por parte de la propiedad del suelo.
Para ello se deberá desarrollar el
correspondiente proyecto de compensación, a los efectos de equidistribuir cargas y beneficios. En
cualquer caso, por ser un ambito de propietrio único, no se precisa la
elaboración y aprobación de bases y estatutos, ni de la constitución de la
junta de c
ompensación correspondiente. Cabria, en cualquier caso, la presentación
de un proyecto de reparcelación voluntaria.
En consecuencia, se deberá instar a la
propiedad a que presenten el correspondiente documetno de equidistribución,
estableciendo el plazo que se estime suficente para su elaboración, (2 meses),
ya que los plazos legales para el desarrollo de la unidad de gestión número 8
ya se han cumplido.
En caso, de no presentarse la
documentación solicitada se deberá proceder al cambio de sistema de actuación
por el de cooperación, o bien en su caso, por el de expropiación..- Moaña 25 de
junio de 2002.-Alfonso Lage Pérez-Arquitecto Municipal”
Do asesor xurídico:
“Asesoría Jurídica: 10 de junio de
2002.- Asunto: Ejecutividad del planeamiento. Sistema de compensación de la
UX-8 de las Normas Subsidiarias de Planeamiento. Propietario único
“URBANIZADORA EL ROSAL DE MOAÑA, S.L.”.
Cesión obligatoria y gratuita de suelo dotacional: zona libre de 2.220 m2.
I N F O R M E
I.- ANTECEDENTES
Por convenio urbanistico suscrito el día
23 de septiembre de 1997 entre el Concello y la entidad URBANIZADORA EL
ROSAL DE MOAÑA, S.L.P. se procedio a la
segregración y simultánea cesión de una parcela de terreno de 1.680 m2 de la
finca matriz denominada BARJA O MILINO DE LA RIVERA, propiedad de la citada
mercantil, la cual se sitúa en la UX-8 de las Normas Subsidiarias de
Planeamiento de Moaña, publicadas el día 29 de mayo de 1996
Esta Segregación y cesión al Concello
de Moaña de un terreno de 1.680 m2 de la mencionada finca, se hizo con la finalidad
de que se procediese a construir en ella la Casa del Concello de Moaña.
Como contraprestación a dicha cesión,
el Concello se obligó a realizar una modificación puntual de las Normas de
Planeamiento en lo referente a las provisiones de la UX-8; así, entre lo mas
destacable, resultó que:
1.-
Se sustituye el sistema de expropiación
por el sistema de compensación para la ejecución del Plan respecto del resto de
la parcela matriz, ubicada en la Unidad de Gestión citada.
2.- Se atribuye
una mayor edificabilidad para el resto de la parcela, respecto de la que tenía
en la normativa urbanística municipal en aquel momento.
3.-
Se prevé que una zona libre de 2.200 m2,
que se ubica en el frente del edificio del Concello que se construya.
I
I.- Se trata, pues, en el presente informe sobre cómo se ha de desarrollar
el planeamiento respecto del resto de la parcela matriz “BARJA o MOLINO DE LA
RIVERA”, situada en la UX-8, asi como la cesión al Concello de la zona libre de
2.200 m2 prevista en las Normas Urbanisticas.
a)
Respecto de la ejecución del planeamiento
Se ha previsto el sistema de
compensación para la ejecución del planeamiento, si bien, en este caso, se da
la especificidad de propietario único.
Al existir un propietario único,
no es necesario constituir una Junta de
Compensación ni elaborar el Proyecto de Bases y Estatutaos de dicha Junta de
Compensación en el plazo de tres meses desde la aprobación de la modificación
puntual de la Norma.
Tratándose de propietario único, éste
se ha de limitar a realizar y presentar ante el Concello un Proyecto de
Compensación, cuyo contenido se ha de limitar a expresar la localización de los terrenos afectos a
dotaciones públicas que prevé el Planeamiento, así como la localización de las
parcelas edificables, con señalamiento de aquellas en donde se setúe el
aprovechamiento que corresponda a la Administración Local, conforme el art. 173
de Reglamento de Gestión Urbanística (RG)
Es precisamente la aprobación
definitiva del Proyecto de Compensación la que produce la transmisión al
Concello, en pleno dominio y libre de cargas, de todo los terrenos de cesión
obligatoria, conforme prevé el art. 179 del RG. Entre estos terrenos se
encuentra la zona libre de 2.200 m2-
En tal sentido, el concello ha de
requerir a “URBANIZADORA EL ROSAL DE MOAÑA, S.L”, para que un plazo determinado
a partir del requerimiento (que puede ser de dos o tres meses) , proceda a la
presentación del citado Proyecto de Compensación, con la advertencia de que si
así no lo hiciera, se procederá a la sustitución del sistema de compensación
por uno de gestión pública, que puede ser el sistema de cooperación o el de
expropiación; en el presente caso, sería mas correcto el de cooperación.
La sustitución del sistema de
compensación por el de cooperación, que no es más que un sistema de actuación
pública sobre suelo privado y abono privado de los gastos de urbanización, se
divide en dos fases, que en el caso de propietario único se puede reducir a una
sola fase, por eliminación –por así permitirlo el art. 73 del RG- de la fase de
“redistribución dominical” (reparcelación), que seria de fase de ejecución
material de las obras de urbanización, y que la administración habrá de
contratar, llevando a cabo la dirección de las obras.
En el supuesto de que técnicamente
resulte innecesaria la fase de reparcelación, se debe declarar expresamente, ya
que, como consecuencia de dicha declaración, se producirán los efectos del art.
188.3 del R.G.
Tanto por el sistema de compensación
como por el de cooperación el Concello obtiene terrenos dotacionales públicos,
estando previsto, incluso, la ocupación directa, conforme el art. 154 de la Ley
del Suelo 1/97.- José Ramón Vazquez Cueto-Asesor Jurídico.”
INTERVENCIÓNS:
O Sr. Santos Leites atópase de acordo
co exposto polo Sr. alcalde, sempre e cando conste na parte dispositiva do
acordo os dous últimos parágrafos recollidos do informe do técnico municipal. É
imprescindible para os veciños dispor de entrada ó edificio de forma libre sen
que se esgoten os prazos establecidos.
O alcalde recórdalle á oposición que
era tan escéptica fai un ano que non cría chegar a este momento, todo iso
relacionado coa parcela onde se asenta a nova casa do concello.
O Sr. Leite Fraga pídelle ó Sr. alcalde
que non se colgue tantas medallas, posto que o convenio que foi un documento
esencial, o logrou a anterior corporación.
O Sr. Millán Otero quere facer constar
que estes terreos os posúe o Concello de Moaña, gracias ás xestións da anterior
corporación onde o actual grupo de goberno votou en contra. En canto ós cartos
solicitados para finalizar as obras da casa do concello e o seu
acondicionamento interior non figura en ningunha partida do orzamento do actual
exercicio.
Por último, o Sr. alcalde refírese a
anteriores fondos recibidos e que non chegaron onde tiñan que chegar e
asegúralle o Sr. Millán que aqueles fondos que cheguen ó concello sendo el
alcalde, estará moi seguro.
O Sr. Santos Leites recórdalle ó
alcalde que neste tema os deberes que lle teñen encargado a sociedade, non merecen
un aprobado.
A Corporación, en votación ordinaria e
por unanimidade dos asistentes, acordan:
1.-
Requirir a propiedade para que no prazo de dous meses elabore o documento de
equidistribución, toda vez que os prazos legais para o desenvolvemento da
unidade UG-8, xa se cumpriron.
2.-
No caso de non presentarse a documentación referida, substituirase o sistema de
compensación polo de cooperación ou en último extremo por expropiación.
7.- MOCIÓN DO BNG S/
CUARTEL DA GARDA CIVIL
O Sr. Millán Otero despois dunha breve
explicación do contido da moción, le o seu contido que di como segue:
“O edificio que alberga o cuartel da
Garda Civil en Moaña encóntrase desde hai varios anos nunha situación ruinosa.
Neste tempo téñense presentado
distintas solucións que van desde a rehabilitación integral ata o traslado a
unha nova localización, sen que se chegase a tomar ningunha decisión
definitiva. Hai algunhas semanas fíxose pública unha nova proposta, que ata o
momento nunca se barallou, consistente
en derrubar totalmente o inmoble e proceder á edificación na mesma parcela dun
cuartel de nova planta.
O noso Concello ten un carencia notable de
locais para facer fronte á demanda de espacios dotacionais (sala de exposición,
museo etnográfico, Casa da Mocidade, etc.) Por outra parte, o cuartel sitúase
actualmente nunha zona de grande valor natural que o Concello leva anos
intentando rexenerar para que sirva para o ocio dos moañeses. A obtención para
o uso municipal do edificio e a súa parcela permitiría complementar o proxecto
de recuperación da Xunqueira e do río da Fraga.
A anterior corporación iniciou, no seu momento, xestións diante do
Ministerio do Interior e Ministerio de Facenda de cara a conseguir a cesión
dunha parte da parcela para uso municipal. Estas xestións víronse interrompidas
pola intervención da Dirección General de Costas, ó estar os terreos dentro do
dominio público marítimo-terrestre. Como queira que, segundo ten manifestado
reiteradamente o alcalde, existe vontade por parte da Dirección General de
Costas para modificar o deslinde no núcleo urbano de Moaña, consideramos que é
o momento de retomar as xestión entón iniciadas diante das dúas institucións
con dominio sobre a parcela de cara a conseguir que esta reverta ó dominio municipal ou, en última instancia,
sirva para o aproveitamento pleno dos veciños integrándose nos proxectos de
recuperación da Xunqueira e do río da Fraga.
Por outra parte, o proceso de redacción
do Plan Xeral de Ordenación Municipal abre a posibilidade de poñer a
disposición do Ministerio de Interior terreos para a construcción dun novo
cuartel da Garda Civil, se é esta a solución que finalmente se adopta.
Polo exposto, o grupo municipal do BNG
proponlle ó Pleno da Corporación que adopte os seguintes
A CO R D
O S
a) Dirixirse á Subdelegación do Goberno en
Pontevedra para que aclare as súas intencións a respecto das instalacións da
Garda Civil en Moaña.
b) Reiniciar as xestións diante do
Ministerio de Interior e a Dirección General de Costas de cara a conseguir para
o aproveitamento público o edificio e/ou a parcela actualmente ocupada polo
cuartel da garda civil.
c) Prever no Plan Xeral de Ordenación
Municipal a clasificación dotacional de terreos que poidan servir para a
construcción dun novo cuartel. “
INTERVENCIÓNS:
O Sr. Martínez Rodríguez coincide
plenamente coa exposición do Sr. Millán, considera un erro construír o cartel
no mesmo lugar de localización; antes negábase o concello a construccións de uso e servicio municipal e
agora autorízase a construcción do cuartel ó lado de nosas praias. Coincide
tamén coa proposta do alcalde de Cangas, é dicir, na Ameixoada, todo iso por
razóns de seguridade. Cre que no actual solar debería de destinarse a centro de
saúde, auditorio ou outros, concluíndo
que o alcalde debe rectificar a súa postura.
O Sr. Santos Leites tamén coincide coas
exposicións feitas anteriormente, hai que aproveitar este momento e facer unha
boa entrada no pobo de Moaña, do contrario quedará un desfeito con esta construcción
cuartelaria.
O alcalde di que lle alucina a proposta
do BNG sobre o punto C da parte dispositiva solicitada na moción, esto fai dez
anos era algo inconcibible, pero se congratula deste cambio tan radical
observado co BNG. Sabe que a Corporación realizou xestións para reparar o
cuartel, o BNG non o cría e agora pretende levar a obra a outro lugar.
O Sr. Millán Otero reiteralle ó Alcalde
que a linguaxe que ven utilizando nos plenos é o máis propio a utilizar pola
oposición. O alcalde ten falta de criterios e descoñece a realidade, debe
esquecerse de cousas acaecidas fai quince anos e, sen embargo, non valora a
actualidade referíndose que se vai facer na parcela.
Despois de negociar co Ministerio e
obtido fórmulas, non se informa á Corporación, esta autoridade pasará á
historia como o autor das aberracións urbanísticas.
O alcalde reitera que xamais propiciará
que o Cartel da Garda Civil se vaia de Moaña, nin o consentirá, a súa postura é
clara e non utilizará a demagoxia do Sr. Millán .
O Sr. Leite Fraga manifesta que ninguén
pide que se vaia a garda civil de Moaña, pero si que se estudien outras
alternativas viables e que avalen os técnicos.
VOTACIÓN
E ACORDO:
A Corporación, en votación
ordinaria e con seis votos a favor (Srs. Millán Otero, Moreira Piñeiro, e
Regueira Gómez do BNG; Sr. Leite Fraga e Martínez Rodríguez do PSOE; e Santos
Leites de EdeG) e nove en contra (Srs. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro,
Cordeiro Portela, Abal Juncal, Costas Gayo,González González, Sotelo Pena, Costa González e Entenza
Domínguez do PP) acordan rexeitar a moción presentada.
8.- MOCIÓN DE EdeG-OV S/
OCUPACIÓN TERREO NOVO CONCELLO
O Sr. Santos Leites, autor da presente
moción, manifesta que unha vez adoptado o acordo en sentido análogo ó pretendido
na presente moción, cre que non procede a súa lectura, debate e votación.
9.-MOCIÓN DO BNG S/
ACONDICIONAMENTO DA REDE VIARIA
SECUNDARIA.
O Sr. Regueira Gómez lé a moción e di:
“Moción do BNG sobre acondicionamento
da rede viaria secundaria, circunvalacións e accesos á vía rápida.- A
Construcción do corredor de alta capacidade do morrazo vai significar un cambio
transcendental para as comunicación por estrada en toda a comarca especialmente
nos tramos de maior percorrido Aldán-Bueu-Cangas-Rande. Con todo, a execución
desta vía, por si soa, non será suficiente para solucionar os problemas de
tráfico local e vai xerar, de non tomarse as medidas oportunas, unha serie de
problemas engadidos na rede secundaria e de acceso á vía rápida.
O “Estudio informativo sobre a rede viaria do Morrazo”
presentado pola CPTOPV en xullo de 2000 previa unha serie de actuacións
necesarias para acondicionar a C-550, as estradas provinciais e locais e a
construccións das circunvalacións de Moaña e Cangas. Os investimentos
necesarios valorábanse en arredor de 120 millóns de euros, dos que 12 millóns
se destinaban á construcción da variante Pontevedra-Marín; 54 millóns ó
Corredor de Alta Capacidade do Morrazo-Sur e os restantes 54 millóns á
modernización da rede viaria existente.
Sen embargo, os proxectos
dados a coñecer pola Consellería no verán de 2001 limítanse á construcción da
Vía de Alta Capacidade, esquecendo totalmente as demais obras propostas no
“Estudio Informativo”. Por outra parte, o trazado definitivo sobre o que nestes
momentos se está realizando o Proxecto de Execución e os trámites de
expropiación non contemplan a construcción das vías de acceso – enlace de
Meira, por poñer un caso significativo, vai morrer a pistas forestais- nin a
adecuación das estradas provinciais existentes que previsiblemente verán
incrementado o seu tráfico (estrada da Porta do Cego a Coiro; estrada de Couso
á Fraga, estrada de Marín ó Con, etc.)
A xuízo do BNG estas actuación son
imprescindibles para unha mellora real das comunicación na comarca, polo que a
súa planificación e execución deben realizarse de forma simultánea ó corredor
de alta capacidade pois, de non ser
así, os problemas de tráfico no noso Concello, lonxe de solucionarse, poden
verse agravados.
Por estas razóns, coa intención de
que a CPTOPV cumpra os compromisos recollidos no “Estudio Informativo sobre a
rede viaria do Morrazo”, o grupo municipal do BNG propón ó Pleno da Corporación
a adopción dos seguintes
A C
O R D O S
a) Solicitar da CPTOPV a elaboración do
proxecto para a execución da circunvalación de Moaña recollida nas Normas
Subsidiarias de Planeamento Municipal e unha proposta de enlace directo coa Vía
de Alta Capacidade.
b) Solicitar da CPTOPV a elaboración dun
proxecto de acondicionamento e mellora integral da C-550 que contemple
urbanización, reposición do firme, reforzamento da seguridade viaria e dotación
de carril para vehículos lentos nos tramos en que sexa factible.
c) Instar a sinatura dun convenio entre o
Concello de Moaña, a Deputación Provincial de Pontevedra e a CPTOPV para a
adecuación das vías provinciais e locais que serviran de acceso á Vía Rápida
(estrada a Cerradiña-Carballido; Couso- A Fraga e Marín-O Con que contemple
proxectos de ampliación, mellora da seguridade viaria e urbanización segundo os
casos, e estableza os investimentos necesarios e os prazos para a súa
execución. No caso do acceso a Meira,
debería estudiarse unha variante que evite o incremento do tráfico en Meira de Arriba.”
Intervén por telo solicitado e ó amparo
do ROM, D. Víctor Fernández.
Ó alcalde parécelle que este
concelleiro do BNG é novo nestas lides, en varias ocasións aprobouse a súa
petición por unanimidade e a Xunta o ten recollido nos seus presupostos, polo
tanto, róglle ó Sr. Regueira que non sexa tan reiterativo.
O Sr. Regueira Gómez contéstalle ó
alcalde que coñece mellor que el Moaña e as súas necesidades, que o que abunda
non dana e pídelle ó Sr. alcalde que defenda os intereses de Moaña.
O Sr. Leites Fraga cre que non é normal
que se vote en contra desta moción, pois existen antecedentes de votar
favorablemente mocións análogas.
O Sr. Millán Otero fai saber ó Sr.
alcalde que non se aprobou moción análoga; solicita que se redacte o proxecto técnico
que pide que a Xunta e Deputación non se esquezan das consignacións
correspondentes nos seus presupostos, do contrario continuarán presentando esta
moción ata que sexan atendida.
Por último replica o alcalde para
dicirlle que o proxecto da vía rápida
leva implícito o desenvolvemento de melloras, circunvalacións e vías
secundarias, saiba o Sr. Millán que se
vai facer de todas as formas.
A Corporación, en votación ordinaria e
con seis votos a favor (Srs. Millán Otero, Moreira Piñeiro, e Regueira Gómez do
BNG; Sr. Leite Fraga e Martínez Rodríguez do PSOE; e Santos Leites de EdeG) e
nove en contra (Srs. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal
Juncal, Costas Gayo,González González,
Sotelo Pena, Costa González e Entenza Domínguez do PP) acordan rexeitar
a moción presentada.
10.- MOCIÓN DO
PSG-PSOE S/ PLAN MUNICIPAL DE
EMERXENCIA
Informa a Presidencia ó autor da moción
que o regulamento orgánico municipal establece o idioma que se debe utilizar
nesta clase de documentos, que non é
outro que o galego, polo tanto a moción non se pode tratar.
O Sr. Martínez Rodríguez insístelle á
Presidencia para defender a moción en castelán, replícalle o alcalde que se a
redacción do documento está en inglés non é posible a defensa desta en
castelán.
Por último, o Sr. Martínez Rodríguez
manifesta que defenderá a moción no apartado de rogos, accedendo a Presidencia
para que interveña na quenda correspondente.
11.-ROGOS E PREGUNTAS
O Sr. Martínez Rodríguez a través deste
apartado rógalle á Presidencia que se teña en conta o contido da moción que non
puido defender no seu momento, dando unha explicación clara e concisa desta.
O Sr. Santos Leites pensa que o
protagonizado polo representante do PSOE son feitos que xamais deben volver a
reproducirse, pois estes poden ter eco no eido nacional e isto non é agradable
para o noso Concello.
O Sr. Santos Leites pregunta sobre a
resolución do alcalde, se esta existe en relación co valado da beirarrúa na
fachada da casa consistorial.
O Sr. Regueira Gómez pregunta sobre o
acceso a mananciais de regadío na zona do Campo de Golf, que se lles esixa
responsabilidades ós autores destas obstruccións.
E, non sendo outro o obxecto, a
Presidencia dá por rematada a sesión, ás 21:50 horas do día fixado no
encabezamento, de todo o que, como secretario, DOU FE.
O
ALCALDE
O SECRETARIO