ACTA 11/2002

 

ACTA DE SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 26 DE SETEMBRO DE 2002

ORDE DO DÍA:

1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS ACTAS ANTERIORES

2.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA

3.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS FESTAS LOCAIS 2003

4.- RATIFICACIÓN, SE PROCEDE, DO ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO S/ AXUDAS PRESTACIÓNS SERVICIOS SOCIAIS

5.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2002

6.- APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO PROXECTO DE COMPENSACIÓN POLÍGONO IV ROSAL SUR

7.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE NA TRAVESÍA DE MONTENEGRO

8.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE NA UNIDADE DE XESTIÓN V

9.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA PROPOSTA DE ACORDO SOBRE DÉBEDA MUNICIPAL DE AUGAS

10.- MOCIÓN DO PSOE S/ EXECUCIÓN DA VÍA RÁPIDA CON CATRO CARRÍS

11.- MOCIÓN DO BNG S/ INSTALACIÓN DE TELEFONÍA MÓBIL

12.- MOCIÓN DE D. EULOXIO SANTOS LEITES S/ MELLORA E AMPLIACIÓN DE CAPTACIÓN DE AUGAS

13.-MOCIÓN DO BNG S/ SUBIDA PREZOS DE SOGAMA

14- ROGOS E PREGUNTAS

 

ASISTENTES:

Sr. alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO

CONCELLEIROS:

D. Javier Abal Juncal

D. Alberto Currás Piñeiro

Dͺ María C. Costas Gayo.

Dͺ. María Sonia Costa González

D. José González González.

Dͺ. Carmen Sotelo Pena

Dͺ. Carmen Entenza Domínguez

D. Osbaldo Martínez Couso

D. Julio Martínez Rodríguez

D. José Luis Leite Fraga.

D.Xosé Manuel Millán Otero.

Dͺ. Isabel Lorenzo Martínez

D. Rosendo Moreira Piñeiro.

D. Serxio Regueira Gómez.

José E. Santos Leites.

Secretario: D. Felipe Fermoso Valdés

Na casa do concello de Moaña, o 26 de setembro de 2002, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. alcalde, D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario, coa finalidade de realizar o Pleno ordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.

A Presidencia declara aberta a sesión ás 20:00 horas.

INCIDENCIAS:

Desculpa a súa falta de asistencia o concelleiro D. José Manuel Cordeiro Portela e incorpóranse ó acto durante o seu desenvolvemento D. Julio Martínez Rodríguez, Dͺ. María del Carmen Costas Gayo e D. Osbaldo Martínez Couso. Ás 21:15 e debatido o punto núm. 8 retírase o Sr. Leite Fraga.

1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS ACTAS ANTERIORES

Apróbase as actas números 9 e 10/2002, por unanimidade, sen modificacións.

2.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA

Intervén o Sr. Leite Fraga para que se lle aclare a xustificación de gastos que se lle aboan a D. Alberto Currás Piñeiro por viaxes e de idéntica forma as cantidades percibidas polo mesmo concepto por D. José Manuel Cordeiro Portela e contesta o delegado de persoal que existe erro na súa resolución que foi rectificado, por canto á cantidade que ten que percibir o Sr. Cordeiro Portela, a súa xustificación atópase na Secretaría.

3.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS FESTAS LOCAIS 2003

A Presidencia informa a Corporación da recepción do escrito 53587 do 4 de setembro de 2002 que remite a Delegación Provincial da Consellería de Xustiza Interior e Relacións Laborais, mediante o que solicita que se pronuncie o Concello a través de acordo plenario e lle propoña á dita delegación as festas locais para o ano 2003.

A Presidencia propón como as ditas festas as datas que corresponden á Nsa. Sra. do Carme, 16 de xullo e San Martiño, 11 de novembro.

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:

1.- Designar os días 16 de xullo e 11 de novembro como festas locais para o ano 2003.

2.- Remitirlle o certificado do presente acordo á Delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para que conste.

4.- RATIFICACIÓN, SE PROCEDE, DO ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO S/ AXUDAS PRESTACIÓNS SERVICIOS SOCIAIS.

O alcalde informa a Corporación do escrito remitido pola Consellería de Asuntos Sociais, no que requiren a ratificación do acordo da Comisión de Goberno do 17 de xuño de 2002 sobre a solicitude de subvencións por parte do Concello á dita consellería con destino á prestación de servicios sociais no exercicio 2002.

O dito acordo di como segue:

"5.C) SOLICITUDES Á XUNTA DE GALICIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á PRESTACIÓN DE SERVICIOS SOCIAIS

Dáselle conta do INFORME DO SERVICIO SOCIAL DE ATENCIÓN PRIMARIA Á COMISIÓN DE GOBERNO, dada conta a Orde do 4 de abril (DOG nΊ16, do 16 de abril de 2002) pola que se regulan as axudas para mantemento, realización de programas e investimentos, destinadas á prestación de Servicios Sociais polas Corporacións Locais, e vistas as memorias descritivas, proponse dende este departamento:

PRIMEIRO. Solicitarlle á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ó abeiro da orde expresada, as seguintes axudas para Servicios Sociais de Atención Primaria, de conformidade co artigo 1, aptdo. 1 da orde:

Faise constar que o Servicio Social de Atención Primaria se segue a prestar nas mesmas condición que o ano anterior.

SEGUNDO: O Concello comprométese a consignar no seu orzamento as contías correspondentes á súa contribución, da seguinte maneira:

TERCEIRO: En consecuencia, O ORZAMENTO TOTAL por programas e investimentos para Servicios Sociais de Atención Primaria é o seguinte:

  1. PERSOAL.

  1. MANTEMENTO.

  1. AXUDA NO FOGAR.

  1. REALIZACIÓN DE PROGRAMAS.

  1. INVESTIMENTO

Moaña, 15 de maio de 2002

Asdo.: Mar Soage

TRABALLADORA SOCIAL"

 

Intervencións:

O Sr. Santos Leites pregunta se ó ratificar aquel acordo fóra de prazo puideran perderse as subvencións, contéstalle o alcalde que despois de consultas formuladas non existiría problema ningún sempre e cando se envíe o acordo plenario.

O Sr. Millán Otero manifesta que o dito asunto non pasou pola Comisión informativa e aínda que adiante que votará favorablemente a ratificación, roga que no sucesivo todos os procedementos leven a tramitación prescrita.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:

1.- Ratificar nos seus propios termos o acordo adoptado pola Comisión de Goberno na data 17 de xuño de 2002.

2.-Remitirlle o certificado do presente acordo á Consellería de Asuntos Sociais.

5.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, SOBRE A OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2002

Informa o alcalde que a proposta do acordo plenario en relación con este punto será a marcada pola lei e que se cinguirá polo informe emitido polo secretario xeral do Concello, que é coñecido polos membros da Corporación Municipal.

INTERVENCIÓNS:

O Sr. Currás Piñeiro manifesta que mantén o compromiso de sacar adiante as nove prazas vacantes.

O Sr. Santos Leites di que despois de feita a exposición do alcalde neste momento, infórmase das intencións do grupo de goberno, xa que non ten coñecemento diso o Comité de Empresa. Pregunta cal será a oferta definitiva cando das tres propostas anteriores ningunha se levou adiante, hai que ser máis consciente coa seguridade dos traballadores e evitar a súa precariedade. Solicita a dimisión do delegado de persoal.

O Sr. Leite Fraga manifesta que o informe do secretario non debe terse en conta, pois o compromiso do delegado de persoal, con dedicación exclusiva é ofertar as nove prazas vacantes. Esixe a súa dimisión.

O Sr. Millán Otero recorda que o grupo de goberno non realizou oferta de emprego ningún no período do seu mandato; o pasado ano non se ofertou por falta de tempo e os anteriores pola mesma causa, nesta circunstancias o delegado de persoal debe dimitir.

Hai que ofertar as nove prazas comprometidas polo delegado de persoal e neste sentido apoiará e tratará de sacar adiante este compromiso.

O Sr. Currás Piñeiro e debido a forma de expoñer e actuar dos señores Leite e Millán o cal considera un insulto persoal, cre que procedendo das ditas persoas as súas afirmacións as considera un alago.

O Sr. Leite Fraga cre que dicir a verdade non é insultar e ratifica que a xestión do delegado de persoal é totalmente nula; á parte deste asunto, comprometeuse a achegar diversos informes relacionados co persoal e a pesar do tempo transcorrido, estes informes non aparecen, polo tanto, se é culpa dos funcionarios que lle esixan a responsabilidade que lles corresponda. En clara alusión ó interventor municipal.

O alcalde manifesta que a proposta de acordo que se poderá adoptar será conforme ó informe emitido polo secretario xeral do concello que di:

"ASUNTO: Oferta pública de emprego exercicio 2002

 

En cumprimento do disposto no art. 54.1.A do RDL 781/86, do 18 de abril, e solicitado polo Sr. alcalde, o funcionario que subscribe informa sobre os extremos que se precisaran con referencia os seguintes:

ANTECEDENTES

  1. O pleno da Corporación Local na sesión do día 11 de xullo pasado aprobou a través do Orzamento Ordinario o cadro de persoal deste Concello que comprende os postos de traballo reservados a funcionario con habilitación nacional, funcionario de carreira e persoal laboral e eventual, conforme determina o art. 90.2 da Lei 7/85.
  2. No expresado cadro de persoal encóntrase vacantes e dotadas orzamentariamente as seguintes prazas:

Persoal laboral:

Denominación

nΊ postos

Titulación esixida

Observacións

Aparellador

1

Arquitecto técnico

 

Asistente social

1

Diplomatura tra. Social

 

Auxiliar administrat.

benestar social

1

Graudad. escolar ou equivalente

 

Profesores de música

3

Maxisterio música elm.piano

Grado medio vento mad.

Grado medio vento metal

½ xornada

½ xornada

½ xornada

Capataz vías e obras

1

Graduado Escolar

 

Peóns vías e obras

2

Escolaridade

 

O secretario xeral do Concello debe sinalar a lexislación aplicable para adecuar toda actuación e en cumprimento do ordenado polo Sr. alcalde emítese o seguinte

INFORME:

  1. Lexislación aplicable: vén determinada nas seguintes disposicións, art. 91 da Lei 7/85, do 2 de abril; art. 128 do RDL 781/86, do 18 de abril; art. 18 da Lei 30/84, do 2 de agosto; art. 2 do RD 352/86, do 10 de febreiro, en relación co art. 21 da Lei 23/2001, do 27 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 2002.
  2. A aprobación da oferta anual de emprego do persoal e servicio do Concello correspóndelle ó pleno da Corporación ( art. 128.1 do TRLL) axustándose ós criterios fixados na normativa básica estatal que vén determinada no art. 18 da Lei 30/84. Débese publicar dentro dun prazo dun mes da aprobación do seu orzamento a oferta de emprego público para o ano correspondente, na dita oferta deberá conter todas as prazas dotadas orzamentariamente e que se atopen vacantes indicando as que deben de ser obxecto de previsión no correspondente exercicio orzamentario.
  3. Para tal fin a de terse en conta o art. 2 do RD 352/86, do 10 de febreiro, sobre criterios de coordinación de oferta de emprego público para o ano 1986 e sucesivos; así o art. 21 da Lei 23/2001, do 27 de decembro que aproba os Orzamentos xerais do Estado para 2002 limita a convocatoria de prazas de ingreso para o dito exercicio naquelas prazas consideradas absolutamente prioritarias e necesarias e que en todo caso non poden superar o 25% de todas as vacantes.
  4. A oferta pública de emprego deberá publicarse no B.O. do Estado e lugares de costume dentro do primeiro trimestre de cada ano natural e obriga ó Concello a que convoque as probas selectivas de acceso do persoal para as prazas comprendidas na oferta aprobada.

E canto esta Secretaria Xeral debe informar, non obstante, a Corporación Local decidirá.

Moaña, 23 de setembro do 2002

O SECRETARIO"

 

O Sr. Santos Leites pregúntalle ó alcalde qué dúas prazas se van ofertar de acordo co informe e dada a restricción aplicada neste, contéstalle que serán as prazas de capataz e aparellador.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aprobar a oferta pública de emprego conforme á proposta da Alcaldía. O Sr. Currás Piñeiro non entra en votación.

O Sr. Millán Otero aclara e xustifica o sentido da emisión do voto.

 

6.- APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO PROXECTO DE COMPENSACIÓN POLÍGONO IV ROSAL SUR

O Sr. Abal Juncal, delegado de Urbanismo, manifesta que presenta a proposta, unha vez conseguidos os informes esixidos e considerando completo o expediente propón a aprobación definitiva do Proxecto de Compensación do Polígono IV Plan Parcial Rosal Sur.

Os ditos informes din como segue:

Arquitecto:

"Asunto.- Proxecto de compensación polígono IV do Plan Parcial Rosal Sur.- Localización. O Rosal-Moaña.-Promotor: Junta de Compensación Polígono IV Plan Parcial O Rosal Sur.

Informe:

Visto el expediente de proyecto de compensación del polígono IV del Plan Parcial Rosal Sur se informa favorablemente por ajustarse a las determinaciones urbanísticas establecida al respecto en las Normas Subsidiarias de Planeamento del Municipio de Moaña, asi como el Plan Parcial O Rosal Sur, con las seguientes particularidades:

En el proyecto de compensación se propone la localización del aprovechamiento correspondiente al Ayuntamiento de Moaña en parcela proindiviso con la junta de compensación "parcela 40" correspondiéndole el 46,79% de participación..

El aprovechamiento lucrativo asignado por el planeamiento al polígono IV es de 9.344 Ua, de los cuales 934, 4 Ua corresponden al ayuntamiento en razón de las obligaciónes derivadas de la aplicación del régimen urbanístico del suelo urbanizable.

El proyecto de compensación propone, a su vez, la transferencia de parte del aprovechamiento urabanistico correspondiente al Ayuntamiento de Moaña con cargo a los gastos de urbanización.

Se establece una valoración, que deberá entenderse provisional, del aprovechamiento correspondiente al ayuntamiento de 13.620 ptas/m2 edificable.

Las cargas de urbanización correspondientes al ayuntamiento en razón del 10% de aprovechamiento lucrativo será la siguiente:

-Repercusión de gastos de urbanización por unidad de superficie bruta: 6.783,9 ptas/m2.

-Equivalencia de superficie urbanizable con cargo al ayuntamiento: 9.344 m2.

Todo ello supone una cantidad total de 63.388.761 ptas.

El proyecto de compensación propone la transferencia del aprovechamiento por valor de las obligaciones de urbanización (63.388.761 ptas), lo que equivale a una reducción de aprovechamiento de 465.41 m2.

Por tanto la parcela asignada al ayuntamiento de Moaña contiene un aprovechamiento lucrativo de 428,99 m2.

Esta situación solo es compatible con los intereses del ayuntamiento de Moaña en las seguintes condiciones:

-Salida a subasta pública de libre acceso de la parcela proindiviso.

-La transferencia de los 465,41 m2 con cargo a las obligaciones de urbanización del ayuntamiento a razón de 13.620 pta/m2 de aprovechamiento lucrativo tendrá carácter provisional, y se ajustará definitivamente al valor resultante de la referida subasta.

Moaña, 19 de junio de 2002.- Alfonso Lage Pérez.-Arquitecto Municipal."

Interventor:

"Proxecto de compensación polígono IV Plan Parcial Rosal Sur.- Informe de Intervención.- Esta Intervención obxecta a legalidade do proxecto de compensación que prexudica seriamente os intereses municipais segundo o seguinte:

O aproveitamento correspondente ó Concello é do 10% do total do ámbito do polígono, que debe concretarse na décima parte do solo edificable en que sitúan a décima parte da total edificabilidade.

Segundo resulta dos planos incorporados ó proxecto de compensación, a superficie edificable, deducida a de zona de vías e beirarrúas, zona verde, resulta ser de 2.789,84 m2, polo que a superficie da parcela para adxudicar ó Concello de Moaña debe ser de 278 m2 con 98 dm2.

Así mesmo, se no polígono se pode construír 65,408 vivendas na parcela que se lle adxudica ó Concello da superficie mínima antes indicada, deben poderse edificar 6,5 vivendas que en conxunto suporían o 10% da edificabilidade do polígono.

Sen embargo, a parcela que se lle adxudica ó Concello no proxecto de compensación do cal emitimos informe ten unha superficie de 120,71 m2 na que só se poden construír 3,28 vivendas, cunha edificabilidade de 469,03 m2.

No propio proxecto de compensación, apartado 4,5 recoñécese paladinamente que o aproveitamento lucrativo municipal é do 5,132%

O argumento que se utiliza para reducir o dereito municipal consiste en que se compensa coa execución ó Concello dos gastos de urbanización, valorando o m2 edificable segundo o valor establecido para as vivendas de protección oficial.

Esto é absolutamente inasumible polo Concello polos seguintes motivos.

a) A lexislación do solo atribúelle ó Concello un aproveitamento do 10% do total correspondente ó ámbito de xestión de planeamento, e non existe fundamento legal que permita a súa reducción en beneficio de particulares.

b) Non pode compensarse o aproveitamento municipal, xa que iso suporía tanto como vender o aproveitamento obviando o procedemento de poxa que establece a lexislación local para o alleamento de bens inmobles. A compensación só sería posible para as marxes de unidades. Neste caso concreto sería aplicable ó 0,5 das vivendas, a súa correspondente edificabilidade e solo en que situala, deixando o solo lucrativo para adxudicar no correspondente a 6 vivendas e a súa edificabilidade.

c) En todo caso o valor do solo para os efectos da compensación, sempre limitado á marxe indicada. Había de determinarse polo procedemento do valor residual a que se refire a Lei do réxime do solo e Valoración de 1998.

Conclusións:

Entendo que non procede a aprobación definitiva do proxecto de compensación do Polígono IV do Plan Parcial O Rosal Sur tal como se presente e advírtese de que, de aprobarse, se prexudicarían os intereses municipais"

Secretario:

"ASUNTO: Aprobación definitiva do proxecto de compensación polígono IV do Plan Parcial do Rosal Sur.

D. José Luis Álvarez Souto, co domicilio en R. Cabanillas 183, en nome e representación da XUNTA DE COMPENSACIÓN POLÍGONO IV PLAN PARCIAL ROSAL SUR, presenta o proxecto de compensación para a súa aprobación definitiva pola Corporación Local, o dito proxecto foi aprobado inicialmente pola Xunta de Compensación.

O proxecto conta co informe favorable emitido polo arquitecto municipal na data 19/6/02 así como co informe do interventor municipal no que conclúe que de levar a efecto a aprobación definitiva do proxecto de compensación tal como se presenta advirte de que prexudicaría os intereses municipais.

Por canto antecede, esta Secretaría emite o seguinte informe:

1) Lexislación aplicable art. 102 e 103.8 da Lei 1/97, do 24 de xuño, de solo de Galicia.

2) Analizados detidamente tanto o informe do arquitecto municipal como o do interventor así como o documento obxecto de aprobación entendo que as cesións obrigatorias do 10% do aproveitamento lucrativo é o correcto. Elixido o sistema de compensación no informe do técnico municipal, detállanse as cargas da urbanización que lle corresponde ó Concello e para lograr o aproveitamento lucrativo da cesión haberá que acudir ós sistemas de adxudicación propostos.

3) A Corporación Municipal pode proceder á aprobación definitiva ó abeiro do disposto no art. 133.8, coas modalidades previstas no art. 102, ambos da Lei 1/97.

4) O acordo da aprobación definitiva haberá de notificárselles ós interesados e publicalo mediante anuncios no DOG E BOP.

É canto debo informar, non obstante, a Corporación decidirá.

Moaña, 26 de setembro de 2002"

Intervencións:

O Sr. Leite Fraga adianta que votará a favor da proposta e reitera en alusión ó interventor que os informes que se lles encarguen ós técnicos non tarden tanto en emitirse.

O Sr. Millán Otero, o trámite levado a cabo neste expediente hai que cualificalo de penoso, é como se nos ten acostumado. Este expediente leva dando voltas varios meses pendente do informe do interventor municipal, informe que se emite o día de onte cun contido desfavorable. Co informe emitido polo interventor ten dúbidas sobre o acordo que se propón e adianta que se absterá na votación.

O delegado de Urbanismo, Sr. Abal Juncal, considera que cos informes do arquitecto municipal e do secretario do Concello, ambos favorables son suficientes para propoñer a aprobación definitiva; obviando o informe do interventor.

Ó Sr. Santos Leites estráñalle que no día de onte e neste expediente non constase o informe do interventor nin do secretario; aconsella o alcalde esperar e visto claro o asunto decidir, polo que propón a retirada do asunto na orde do día, dado que o informe do interventor é desfavorable. Considera que se se lle solicitou o informe ó interventor, o dito informe terá o seu valor e parece que é demoledor, coa aprobación do proxecto, prexudícanse seriamente os intereses do Concello, por iso, votará en contra.

O Sr. Abal Juncal, se ben o informe do interventor non é favorable considera suficientes os informes do arquitecto e do secretario para aprobar o proxecto de compensación.

O Sr. Leite Fraga formula nova queixa pola tardanza do interventor en emitir o informe solicitado, foron meses, así como outros informes solicitados, non é de recibo esta situación pois os técnicos deben cumprir ordes dos políticos .

O alcalde considera debatido o asunto e polo tanto o somete a votación.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e con nove votos a favor (dos Srs. Barreiro Tenorio, Abal Juncal, Costa González, González González, Sotelo Pena, Entenza Domínguez, Martínez Couso do PP, os Srs. Leite Fraga e Martínez Rodríguez do PSOE); o voto en contra (do Sr. Santos Leites de EdeG-OV) e a abstención dos Srs. Millán Otero, Lorenzo Martínez, Moreira Piñeiro, Regueira Gómez (do BNG). Non entra en votación o Sr. Currás Piñeiro, acordan:

1.- Aprobar definitivamente o proxecto de compensación do Polígono IV do Plan Parcial Rosal Sur.

2.- Publicar no DOG e BOP un anuncio con referencia ó acordo adoptado.

 

7.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE NA TRAVESÍA DE MONTENEGRO

Informa o concelleiro delegado de Urbanismo que se trata dun estudio de detalle promovido de oficio polo Concello para regularizar aliñacións na dita zona e que conta co informe favorable do arquitecto municipal, solicita da corporación o voto favorable da proposta de aprobación inicial do estudio de detalle.

O informe do arquitecto di como segue:

" Tratándose dun estudio de detalle promovido de oficio polo propio Concello, a definición das aliñacións na esquina formadas polas rúas avda. da Xunqueira-Travesía Montenegro-Calexón de Montenegro, o arquitecto municipal emite o seu informe favorable que se recolle na descrición do dito estudio complementado coa documentación gráfica de que consta"

INTERVENCIÓNS

O Sr. Millán Otero manifesta que a pesar de detectar defectos de forma no expediente, votará a favor da proposta.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:

1.- Aprobar inicialmente a proposta de estudio de detalle

2.- Solicitar informes sectoriais se for necesario.

3.- Publicar por termo dun mes este acordo con anuncios no DOG e BOP.

8.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE NA UNIDADE DE XESTIÓN V

O Sr. Abal Juncal exponlle á Corporación os trámites seguidos anteriormente no referente á corrección de erros e modificación da norma na Unidade de Xestión V, que a promotora optara por elaborar o presente estudio de detalle de acordo coas normas subsidiarias vixentes.

Para tal fin solicitárase o informe do arquitecto e do secretario xeral, informes que, literalmente, din como segue:

Arquitecto:

"Asunto: Estudio de Detalle Unidad de Gestión UG-5.- Emplazamiento: Carretera C-550-Moaña.- Promotor: Manuel Pousada Carballo.

Informe: Se informa favorablemente el nuevo proyecto presentado por ajustarse a las determinaciones establecidas al respecto en las NN.SS de Planeamiento del Municipio de Moaña, asi como al art. 30 de la ley 1/97, de 24 de marzo, del suelo de Galicia, y 65 del Reglamento ded Planeamiento.

Deberá remitirse la nueva documentación a la Consellería de Pesca y Asuntos Marítimos a efectos de recabar nuevo informe sectorial.

Cangas, 24 de septiembre de 2002.- Alfonso Lage Pérez.-Arquitecto Municipal"

Secretario:

"ASUNTO: Aprobación inicial de estudio de detalle

D. Manuel Pousada Carballo domiciliado en Moaña presenta a documentación técnica para a tramitación do estudio de detalle na Unidade de Xestión 5 Meira-Moaña; de acordo co proxecto técnico redactado polo arquitecto D. José Díaz de la Iglesia. A dita documentación contén o esixido na Lei l/97, do 24 de marzo, do solo de Galicia, así como o informe favorable emitido polo arquitecto municipal.

Este Secretaría informa sobre a legalidade que hai que aplicar e, en consecuencia, emite o seguinte

INFORME:

1) A Lexislación aplicable contense nos artigos 30 e 34 da Lei 1/97 e artigos 65 e 66 do Regulamento de planeamento.

2) Aprobado inicialmente o estudio de detalle haberá de solicitarse informes sectoriais ante Costas do Estado e da Xunta e

3) Este acordo haberá de publicarse por termo dun mes no DOG E BOP, continuaranse os trámites, se procedese, para aprobar definitivamente o documento.

É canto debe informar, non obstante, o Pleno decidirá.

Moaña, 24 de setembro do 2002

O SECRETARIO,"

O Sr. Santos Leites di que despois da peregrinaxe tido este expediente coa súa aprobación inicial anterior e posteriores actuacións levadas a cabo no expediente de corrección de erros en contra do informe emitido polo secretario xeral do Concello, que propoñía a modificación da norma na zona de actuación. Tendo en conta que o proxecto de estudio de detalle se cingue ás normas subsidiarias vixentes, votará a favor da aprobación inicial.

O Sr. Leite Fraga adianta que votará a favor da proposta e pídelle ó alcalde a configuración de vías con oito metros de ancho.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:

1.- Aprobar inicialmente o estudio de detalle segundo o proxecto técnico presentado.

2.- Solicitar informes sectoriais de atoparse afectado por Costas e Medio Ambiente.

3.- Publicar o presente acordo mediante anuncio no DOG e BOP por termo dun mes para os efectos de alegacións.

 

 

9.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA PROPOSTA DO ACORDO SOBRE A DÉBEDA MUNICIPAL DE AUGAS.

Informa o Alcalde á Corporación Local das vicisitudes sufridas na factura de abastecemento de auga, servicio que abastece o Concello de Vigo a Moaña. Estas facturas xamais se pagaron que para lograr a estabilización do pago enviara un escrito ó Concello de Vigo nos termos seguintes:

"Javier Barreiro Tenorio, Alcalde do Concello de Moaña, en nombre y representación del mismo ante V.I. comparezco y DIGO:

Que en relación con el suministro y abastecimiento público de agua que este ayuntamiento recibe de la compañía adjudicataria de la explotación de servicio del Ayuntamiento de Vigo (Seragua), intereso los particulares siguientes:

1.-Se resuelva el conflicto planteado entre ese Ilmo. Ayuntamiento y el que presido, relativo al precio del m3 de agua, aplicando la solución adoptada ya para otros Ayuntamientos como el de Nigran, es decir, estableciendo el precio del m3 de agua en el equivalente en euros de 23, 4 ptas (veintitres con cuatro pesetas), referido al 31 de diciembre del 2000, con los incrementos posteriores del IPC.

2.- Concretado el precio del m3 de agua, se determina el montante de la deuda del ayuntamiento de Moaña para con el Ayuntamiento de Vigo al 31 de julio de 2002.

3.- El Ayuntamiento se compromete a incluir en el pliego de condiciones del concurso para la adjudicación de la explotación integral del abastecimiento de agua y saneamiento, que la adjudicataria asumirá la obligación de saldar la deuda del Ayuntamiento de Moaña para con el Ayuntamiento de Vigo por razón del suministro de agua en alta, referida al 31 de julio de 2002.

Se compromete el Ayuntamiento a tener saldada la deuda mencionada de manera directa o indirecta antes del 31 de marzo de 2003.

El Ayuntamiento de Moaña se compromete a abonar el importe de la facturación de agua en alta que suministre el Ayuntamiento de Vigo (por la Compañía concesionaria Seragua), en el plazo de los dos meses siguientes a la recepción de la factura correspondiente a los meses de agosto del 2002 y siguientes.

En nombre del Ayuntamiento de Moaña, me comporometo a elevar este compromiso al pleno del Ayuntamiento en la próxima reunión que se celebre a partir de que se reciba la aceptación por el Ayuntamiento de Vigo de los compromisos que se mencionan en este escrito.

Por lo expuesto:

SUPLICO a VI. Que, resuelva conforme a lo interesado en el cuerpo del escrito y proponga al pleno del Ayuntamiento la aceptación del precio del agua propuesto y los compromisos reseñados."

Que o Concello de Vigo, unha vez tratado o dito escrito no Pleno da dita corporación local do día 2 de setembro de 2002, co título de "MODIFICACIÓN DAS TARIFAS DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE E PLAN DE PAGO DO CONCELLO DE MOAÑA", na súa parte dispositiva acórdase "Primeiro.- Acoller favorablemente a solicitude polo Concello de Moaña, mediante escrito de data 2 de agosto de 2002 e, na súa consecuencia, argumentados pola dita corporación, rectificar o contido do punto 1Ί do dispositivo TERCEIRO do acordo Plenario de data 27 de xaneiro de 1998, substituíndo a tarifa prevista para a subministración ó Concello de Moaña (31,27 ptas. m3) pola que se fai figurar no contrato subscrito entre ámbalas rexistrados ata o día 31 de decembro de 2000.

Segundo.-Prestar a súa conformidade ó plan de pagamento para a liquidación das débedas do Concello de Moaña, segundo o seguinte calendario.

-A débeda contraída polo Concello de Moaña por subministración de auga ata o día 31 de xullo de 2002, polo importe de 1.058.146,30 euros será definitivamente cancelada con anterioridade ó día 31 de marzo de 2003.

-Os subministros efectuados a partir do mes de agosto de 2002 serán facturados con periodicidade mensual e aboados polo Concello de Moaña no prazo máximo de 60 días, contados a partir da data da súa notificación.

Terceiro.-Poñer en coñecemento do Concello de Moaña que con efectos do 01.01.2001 procederase automaticamente á revisión de tarifa por subministración de auga, conforme á evolución que experimentou o IPC no ano inmediato anterior, actuándose nesta forma nos seguintes exercicios.

Cuarto.- Manteñen plenamente a súa vixencia as estipulación do contrato subscrito entre o Concello de Moaña e EMAVISA, en canto non se opoñan ou contradigan as modificacións introducidas nos apartados precedentes."

Vistos os antecedentes descritos, esta Presidencia amosouse positiva polo acordo alcanzado co Concello de Vigo; pois de entrada supón un aforro de corenta millón de pesetas e os seus respectivos intereses.

INTERVENCIÓNS:

O Sr. Santos Leites di que a presente proposta de acordo non pasou pola comisión informativa, que carece dos preceptivos informes do secretario e interventor, por iso solicita que se retire da orde do día.

O Sr. Millán Otero fai unha serie de observacións á documentación presentada; non se tratou o asunto en comisión informativa; o expediente atópase incompleto, non só por omisión dos informes do secretario, interventor e comisión informativa, pois o expediente simplemente consta de dous documentos, por iso non vai prestar a súa aprobación á proposta, pois desta forma considera un cheque en branco ó grupo de goberno. A débeda hai que negociala no momento que se proceda á privatización do servicio e esto debe de ser a través de convenio.

O Sr. Martínez Rodríguez adianta o seu voto a favor da proposta, o acordo para adoptar é o mesmo que adoptaron outros concellos e existen garantías para dicir que este é un bo acordo; afórranse corenta millóns e os seus intereses, non existindo outras alternativas máis favorables para Moaña.

O Sr. Santos Leites reitera que se retire da orde do día a presente proposta e solicita tempo suficiente para que se pronuncie a comisión informativa tralo informe do interventor municipal, considerando que estes son os trámites de garantía.

Por último, o alcalde di que a proposta é boa e que os informes de Secretaría, Intervención e comisión informativa se emitirán no seu momento.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e con nove votos a favor (dos Srs. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Costas Gayo, Costa González, González González, Sotelo Pena, Entenza Domínguez e Martínez Couso do PP; Sr. Martínez Rodríguez do PSOE), un voto en contra (do Sr. Santos Leite de EdeG-OV) e catro abstencións (dos Srs. Millán Otero, Lorenzo Martínez, Moreira Piñeiro e Regueira Gómez do BNG) acordan:

1.- Aprobar a proposta do Sr. alcalde dirixida ó Concello de Vigo.

2.- Aceptar en todos os seus termos a parte dispositiva do acordo adoptado polo Concello de Vigo na sesión realizada o día 2 de setembro de 2002 referido á modificación de tarifas de subministración de auga potable e plan de pagos do Concello de Moaña.

Explicación de voto:

O Sr. Milán Otero di que a documentación presentada adoece do prego de condicións necesario para unha privatización.

9 BIS.- RECTIFICACIÓN DE ERROS ARITMÉTICOS NO ORZAMENTO MUNICIPAL NO EXERCICIO 2002.

O alcalde informa do seu decreto do día 25 setembro de 2002 sobre a rectificación de erros no orzamento ordinario do presente exercicio, dictado con base no informe emitido polo interventor municipal que di:

"RECTIFICACIÓN DE ERROS ARITMÉTICOS.- Na suma das consignacións das diversas partidas do capítulo de gastos produciuse un erro aritmético consistente en que o total do capítulo 2 de gastos en bens correntes e servicios cifrouse en 1.014.449,74 euros cando deberían ser 1.020.449,74 euros, é dicir, totalizáronse 6.000 euros menos da realidade da suma, simultaneamente nas partidas do capítulo 4 de transferencias correntes a suma das consignacións totalizouse en 1.161.080,52 euros cando na realidade son 1.155.080, 52 euros, polo que se totalizaron 6.000 euros máis da realidade da suma.

En definitiva, foi un baile de 6.000 euros sumados de menos no capítulo 2 e de máis no capítulo 4 por importe de 6.000 euros.

A rectificación deste erro aritmético pode facerse en calquera momento segundo o artigo 105.02 da Lei de réxime xurídico de administracións públicas e procedemento administrativo común polo que propoño como solución que o Sr. alcalde dicte un decreto para regularizar a situación sen variación do equilibrio orzamentario aprobado polo Pleno do Concello.

Capítulo 2:

Funcional Económico Consignación Modificación Consignación

Inicial Final

1210 22000 12.020 - 4.000 8.020

1210 22603 25.100 - 2.000 23.100

Capítulo 4:

Funcional Económico Consignación Modificación Consignación

Inicial Final

4510 48900 30.050 + 6.000 36.050

Moaña, 25 de setembro de 2002.-O INTERVENTOR"

Como consecuencia do informe emitido polo interventor municipal transcrito anteriormente, esta Alcaldía emite o seguinte decreto:

"DECRETO DA ALCALDÍA.- ORZAMENTO MUNICIPAL: RECTIFICACIÓN DE ERROS ARITMÉTICOS.- Advertido un erro aritmético nas sumas das consignacións orzamentarias dos capítulos 2 e 4 do Estado de Gastos consistentes en : o total do capítulo 2 de gastos en bens correntes e servicios cifrouse en 1.014.449, 74 euros cando debería ser 1.020.449,74 euros, é dicir, totalizáronse 6.000 euros menos da realidade da suma, simultaneamente nas partidas do capítulo 4 de transferencias correntes a suma das consignacións totalizouse en 1.161.080, 52 euros cando na realidade son 1.155.080, 52 euros, polo que se totalizaron 6.000 euros máis da realidade da suma.

Visto o informe do interventor a fin de rectificar o erro, resolvo:

1.- Rectificar as consignacións orzamentarias das partidas dos capítulos 2 e 4 do Estado de Gastos da seguinte maneira:

Capítulo 2:

Funcional Económico Consignación Modificación Consignación

Inicial Final

1210 22000 12.020 - 4.000 8.020

1210 22603 25.100 - 2.000 23.100

Capitulo 4:

Funcional Económico Consignación Modificación Consignación

Inicial Final

4510 48900 30.050 + 6.000 36.050

Moaña, 25 de setembro de 2002.- O ALCALDE."

Solicita da Corporación ó amparo do disposto no art. 88.3 do R.D. 2568/86 a declaración de urxencia do asunto, lográndose a unanimidade dos asistentes.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes acorda ratificar o Decreto da alcaldía de data 25 de setembro de 2002 sobre rectificación de erros aritméticos no orzamento municipal ordinario do exercicio 2002.

10.- MOCIÓN DO PSOE S/ EXECUCIÓN DA VÍA RÁPIDA CON CATRO CARRÍS.

O Sr. Martínez Rodríguez informa detalladamente do contido da moción e pide o apoio unánime desta. A dita moción di como segue:

"José Luis Leite Fraga, como voceiro do grupo municipal socialista no Concello de Moaña, somete á consideración do Pleno a seguinte MOCIÓN:

En xullo de 2000 o conselleiro Cuíña presentou en Moaña o proxecto inicial da vía rápida do Morrazo cun investimento inicial de 8.400 millóns de ptas. Ó igual que as outras vías rápidas construídas en Galicia, a do Morrazo só se construirá nun principio con dous carrís de circulación, un para cada sentido, a pesar de levar xa contemplado un ancho de plataforma de 24 metros, pensado para o desdobramento no futuro en autovía, cun custe calculado pola propia Consellería de 3.400 millóns de ptas. máis. O PSOE de Moaña, sendo conscientes das claras deficiencias constructivas que estaban a presentar as vías rápidas do Salnés e do Barbanza, presentou en setembro de 2000, dentro do prazo legal de alegacións ó proxecto inicial, unha suxestión na que pediamos que se executase a vía rápida do Morrazo con dous carrís por sentido e mediana, argumentando motivos de seguridade así como o elevado volume de tráfico existentes, cuantificado en máis de 20.000 vehículos día que circulan pola C-550 no Morrazo. Hoxe, dous anos despois, e próxima a comezar a construírse a vía rápida do Morrazo, os feitos estannos a dar a razón. Dende 1997 un total de 15 persoas perderon a vida en accidentes no vía rápida do Salnés. Outras 120 resultaron feridas graves nos 111 accidentes que se produciron nesta vía. Os conductores seducidos polo nome de vía rápida, abandonan a A-9 e non acaban de asimilar que saen cara a unha estrada de dous carrís na que se circula a 100 por hora e non cara a unha autovía de catro carrís. Os accidentes frontais que se producen son mortais de necesidade. O último expoñente, o ocorrido o pasado 31 de xullo en Sanxenxo no que perderon a vida 5 persoas. As críticas ó actual modelo de vías rápidas non para de sucederse dende todos os sectores. O xefe de tráfico da Coruña, Gonzalo Ocampo advertiu recentemente da necesidade de acometer urxentemente obras de mellora para incrementar a súa seguridade. A consellería xa reaccionou e anunciou as obras de desdobramento na autovía das Vías Rápidas do Salnés e do Barbanza. Os socialistas preguntámonos se serán necesarias tamén no Morrazo ducias de víctimas para que se acometa o desdobramento. Pensamos que o máis razoable sería aprender dos erros e acometer esta nova vía rápida con catro carrís dende o principio.

Por todo o manifestado, os socialistas de Galicia propoñémoslle ó Pleno do Concello de Moaña que adopte o seguinte

ACORDO:

Que o Concello de Moaña demande da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a execución da vía rápida do Morrazo con catro carrís dende o principio.

Moaña, 9 de setembro de 2002.-Asdo. José Luis Leite Fraga.- Voceiro do PSG-PSOE."

INTERVENCIÓNS:

O Sr. Millán Otero dille ó Sr. Martínez Rodríguez que non só ten o mérito de cambiar de posición o interveniente, senón que tamén o fixo o seu propio partido o PSG-PSOE. No seu momento votou un modelo de autovía polo partido popular e non se tivo en conta; o PSOE cambia agora a súa postura e pide autovía ante esta circunstancia cre que o PP non votará favorablemente a súa moción, prescindindo de que o problemas presentado é outro.

Replica o Sr. Martínez Rodríguez para dicir que queda alucinado polo discurso do BNG, o que pretende o dito partido é só e exclusivamente que non se faga nada.

O Sr. Santos Leites atópase farto de tanto debate sobre a vía rápida, pois é todo estéril, considera que non é a solución para a comarca o proxecto presentado.

O alcalde comparte a preocupación amosada polo PSG-PSOE, pero non é o momento de presentar a moción e solicítalle ó seu autor a retirada da orde do día, o que non é aceptada.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e cun voto a favor (do Sr. Martínez Rodríguez) e trece en contra (dos señores Barreiro Tenorio, Costas Gayo, Currás Piñeiro, González González, Sotelo Pena, Martínez Couso, Costas González e Entenza Domínguez do PP; Millán Otero, Moreira Piñeiro, Lorenzo Martínez e Regueira Gómez do BNG e Sr. Santos Leites do EdeG-OV), acórdase rexeitar a moción presentada.

 

11.- MOCIÓN DO BNG S/ INSTALACIÓN TELEFONÍA MÓBIL.

O Sr. Millán Otero detalla previamente a súa moción e seguidamente dá lectura a esta que literalmente di como segue:

"MOCIÓN DE BNG SOBRE INSTALACIÓN DE TELEFONÍA MÓBIL.- En febreiro do ano 2000 o BNG presentoulle unha moción ó Pleno na que instaba a adopción dunha regulamentación máis estricta para as antenas de telefonía móbil e solicitaba unha moratoria na concesión de licencias en tanto tal regulamentación non entrase en vigor. Os acordos, tomados por unanimidade, foron totalmente ignorados polo grupo de goberno, que seguiu concedendo licencias para estas instalacións en zonas urbanas e con alto potencial de risco para a poboación. Por outra parte, temos a convicción de que as empresas de telefonía que operan en Moaña veñen modificando os reemisores para aumentar a súa potencia sen informar previamente ó Concello nin respectar os termos en que no seu momento obtiveron a licencia municipal.

A actitude permisiva do goberno local de Moaña contrasta negativamente co rigor que teñen amosado nesta materia outros concellos do noso contorno: o Concello de Vigo conta cunha ordenanza de telefonía móbil desde o ano 2000; o Concello de Cangas acaba de aprobar hai poucos meses a súa propia ordenanza e o Concello de Bueu suspendeu a concesión deste tipo de licencias en zonas habitadas. "

A alarma social que provocan as antenas de telefonía móbil vai en aumento, a pesar das continuas campañas institucionais e privadas que se limitan a certificar que se respecta as normativas vixentes, pero non poden amosar a total incomunidade a medio e longo prazo desta tecnoloxía. Nesta situación, a obriga das administracións é actuar de forma preventiva, regulando racionalmente a súa localización e reducindo ó máximo os riscos para os veciños. Tal regulamentación non ten por que impedir de ningún modo o desenvolvemento da rede de telefonía móbil, posto que a instalación nos núcleos urbanos parece responder máis a razóns de beneficio económico inmediato que a argumentos técnicos.

Por todo o exposto e para dar resposta á preocupación veciñal existente, o grupo municipal do BNG insta ó Pleno da Corporación á adopción dos seguintes

ACORDOS:

  1. Proceder a unha revisión de todas as antenas de telefonía móbil do noso concello, solicitando da Consellería de Industria os informes pertinentes e dos servicios técnicos municipais e a elaboración dun informe sobre a adecuación das instalacións ás licencias outorgadas no seu momento.

b) Elaborar de forma inmediata unha ordenanza municipal reguladora deste tipo de instalacións que recolla como mínimo as seguintes limitacións:

-As instalacións de telefonía móbil deberán situarse fóra dos núcleos de poboación e como mínimo a 250 metros de calquera edificación habitada.

-A distancia de seguridade con respecto ós colexios, centros da terceira idade e centros de saúde será de 500 metros.

-Promoveranse as instalacións compartidas entre os diversos servidores de telefonía e o respecto ás condicións estético-ambientais do contorno.

-A concesión futura de novas licencias estará condicionada á adaptación á ordenanza das instalacións xa existentes.

c) En tanto esta ordenanza non entre en vigor, o Concello de Moaña non outorgará ningunha licencia de telefonía nas inmediacións dos núcleos de poboación.

Moaña, 9 de setembro de 2002.- Asdo. Xosé M. Millán Otero.- Portavoz Municipal."

 

O alcalde di que para nada é certo sobre concesión de licencia de telefonía móbil, pois non se concedeu ningunha. En canto á antena de Vilela puxéronse de acordo as partes e de romper a negociación entre estes, comprobarase se a licencia municipal concedida no seu día se adapta á normativa.

A Presidencia proponlle ó BNG que votará a favor a parte dispositiva que contén o punto primeiro da moción, se se retira o resto, o señor Millán non acepta a proposta do alcalde e pide que se vote por parte separada esa parte dispositiva.

VOTACIÓN E ACORDO:

Punto primeiro da petición de acordo na moción, con seis votos a favor (dos Srs. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Lorenzo Martínez e Regueira Gómez do BNG; Sr. Martínez Rodríguez do PSOE e Sr. Santos Leites de EdeG-OV) e oito votos en contra (dos Srs. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Costas Gayo, González González, Sotelo Pena, Martínez Couso, Costa González e Entenza Domínguez do PP), acordan rexeitar este punto.

Punto segundo da petición de acordo na moción con seis votos a favor (dos Srs. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Lorenzo Martínez e Regueira Gómez do BNG; Sr. Martínez Rodríguez do PSOE e Sr. Santos Leites de EdeG-OV) e oito votos en contra (dos Srs. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Costas Gayo, González González, Sotelo Pena, Martínez Couso, Costa González e Entenza Domínguez do PP) acordan rexeitar este punto.

Punto terceiro da petición de acordo na moción: aprobado pola unanimidade dos asistentes.

12.- MOCIÓN DE D. EULOXIO SANTOS LEITES S/ MELLORA E AMPLIACIÓN DE CAPTACIÓN DE AUGAS.

Le a moción o señor Euloxio Santos Leites, e di literalmente como segue:

"Esquerda de Galicia

Moaña

 

 

MOCIÓN SOBRE ABASTECEMENTO DE AUGA.

 

Euloxio Santos Leites, concelleiro de Esquerda de Galicia, propón para o seu debate polo Pleno da Corporación de Moaña, a seguinte

MOCIÓN:

O abastecemento de auga a Moaña realízase a través de dúas vías: mananciais propios e o abastecemento procedente de Vigo mediante a empresa concesionaria SERAGUA dende fai varios anos. Debido á facilidade ofrecida por este segundo subministro foise deixando nos últimos anos de realizar as obras de mellora necesarias nas captacións municipais, algunha das cales incluso se deixaron de utilizar, e moito menos se acometeron novos proxectos para buscar e conseguir novas captacións ou achegas de auga ós depósitos municipais.

Esta situación ata agora non suscitou excesivos problemas, pero neste ano debido a ausencia de chuvias, Vigo realizou restriccións no servicio que afectaron a Moaña, o cal veu a amosar a excesiva dependencia deste subministro (hai que ter en conta que nos últimos anos, a maior parte das ampliacións da rede fixéronse a custa do prezo de Vigo) e polo tanto a escasa capacidade do Concello de Moaña para facer fronte a continxencias debido ó abandono de recursos propios.

Por outra banda, tampouco debe obviarse que o uso do prezo de Vigo encarece notablemente o servicio, pois ó prezo aplicado polo Concello de Vigo débeselle sumar os gastos de mantemento e electricidade dos bombeos para elevar a augas ata o depósito das augas.

Por estas razóns, é polas que se lle propón ó Pleno da Corporación adoptar o seguinte

ACORDO:

Encargar a elaboración, en colaboración con outras Administracións (Aguas de Galicia), dun proxecto de mellora e ampliación das captacións de auga en Moaña coa finalidade de potenciar os recursos propios.

Moaña, 9 de setembro de 2002

Asdo. Euloxio S. Leites

Concelleiro EdeG-OV"

Manifesta o alcalde que sendo aceptable canto se solicita na moción, o seu grupo votará a favor desta.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aprobar a moción transcrita nos seus propios termos.

13.-MOCIÓN DO BNG S/ SUBIDA DE PREZOS DE SOGAMA.

Dá lectura literal o texto da moción D. Rosendo Moreira Piñeiro e di:

"MOCIÓN DO BNG SOBRE A SUBA DE PREZOS DE SOGAMA.- A Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galiza, e o Plano de xestións dos residuos sólidos urbanos de Galiza atribúen a condición de xestión nas operacións do proceso de xestións de residuos á Sociedade Galega de Medio Ambiente SA (SOGAMA). Ao abeiro desas disposicións, unha grande parte dos concellos de Galiza foron adheríndose paulatinamente durante os últimos anos ao modelo de xestión implantado no Plano SOGAMA, por medio da sinatura de convenios que contaron coa aprobación dos Plenos das respectivas corporacións municipais.

Nos citados convenios, establecíase o prezo de tonelada de lixo depositado, especifacando-se que sería revisado e actualizado o 1 de xaneiro de cada ano, segundo as variacións experimentadas no IPC. No pasado mes de xullo a empresa pública SOGAMA decidía, de xeito unilateral, a suba do prezo por tonelada tratada desde 32,80 euros até 41,80 euros con vixencia desde o 1 de xullo, así como unha progresiva actuación de tarifas que situará o prezo do tratamento por tonelada no ano 2005 en 60,25 euros, quere dicir, que as tarifas de SOGAMA atinxirán case o duplo en tres anos, situándose nas máis caras do Estado español.

Esta medida foi simplemente comunicada por escrito aos concellos, sen que estes participasen no proceso de toma de decisión, nin fosen informados en ningún momento dos motivos que levan a unha subida tan substancial das tarifas de xestión dos servizos prestados por SOGAMA . En suma, trátase dun incremento desproporcionado e abusivo, que SOGAMA non se molesta sequera en xustificar.

Perante o anuncio desta suba, produciuse a imediata resposta por parte das alcaldías de moitos concellos, obrigando a intervir ao Goberno galego para paralisar a decisión tomada por SOGAMA.

Nunha xuntanza celebrada en Santiago o 26 de agosto entre representantes do goberno galego, o presidente da FEGAMP e o presidente de SOGAMA, tomáronse como principais acordos aprazar ata xaneiro de 2003 a aplicación do novo canon e a creación de convenios coas Deputacións Provinciais para colaborar cos concellos na pagamento deste servizo, mais sen que se abrise a posibilidade de establecer negociacións para acadar un prezo por tonelada de lixo tratada que puidese ser asumido pola maioría dos concellos galegos. Quere dicir, o único que aceptou SOGAMA nesta xuntanza foi un aprazamento da entrada en vigor do novo canon ata o 1 de xaneiro de 2003, sen dar máis explicacións aos concellos dos motivos da subida.

Esta proposta de incremento desmesurado dos custos de tratamento do lixo por parte de SOGAMA vén a confirmar as denuncias feitas con anterioridade polo BNG sobre o fracaso do proxecto SOGAMA e o Plano de residuos sólidos urbanos implantado pola Xunta de Galicia. Fronte ás afirmacións do Goberno Galego e da empresa FENOSA (socio industrial da Xunta en SOGAMA) de que se trataba da opción máis respectuosa desde o punto de vista ambiental, ademais de presentar vantaxes económicas, os feitos acontecidos desde a aplicación dese Plano demostran a súa falta de certeza. Desde o punto de vista ambiental, SOGAMA insiste na incineración dos residuos urbanos co fin da valorización enerxética destes, sen ter en contra outros principios rectores no tratamento do lixo de maior importancia ecolóxica, como a reducción, reutilización directa o reciclaxe de residuos, a compostaxe, e a proximidade no tratamento, cuxa consideración prioritária no deseño dun modelo de xestión do lixo, ademais de supor un modelo de xestión máis sostible ambientalmente, traduciríase nunha contención de custos. Por exemplo, plans alternativos como o que se está a promover pola Mancomunidade da Barzanza, e que priorizan a reciclaxe e compostaxe, estiman un custo por tonelada que non supera os 30 euros, o mesmo prezo que se previa no Plano de Residuos da Mancomunidade do Morrazo antes de ser paralizado polos actuais gobernos locais.

Por outra banda, este proceder de SOGAMA (que contou coa submisión inicial da Consellería de Meio Ambiente) pón de manifesto a necesidade de replantexar o modelo de tratamento de resíduos sólidos urbanos, pois mostra unha limitación na autonomía dos concellos para participar na xestión do mesmo (incluso se realiza unha revisión de tarifas sen a discusión prévia cos entes locais) e, sobre todo, na elaboración de planos alternativos-ou sequera complementares- pois a maioría dos recursos públicos da Administración autonómica para o tratamento de residuos sólidos destínanse a financiar SOGAMA e non modelos de xestión diferentes que se aparten da valorización enerxética do lixo.

Tamén hai que considerar, na nova avaliación e revisión do Plano SOGAMA, os actuais obxectivos de compostaxe ou recollida selectiva, así como os criterios de proximidade no tratamento que se inclúen no Plano de Residuos Urbanos do Estado 2000-2006, mais ambiciosos que os de SOGAMA, e que orientan a un tratamento da fracción orgánica do lixo de forma prioritaria por procedementos distintos á incineración.

Por todo o anterior o Grupo Municipal do BNG somete á consideración do Pleno a adopción dos seguintes

A C O R DO S:

a) Solicitar da empresa pública SOGAMA a paralización da aplicación do incremento das tarifas, previsto para o 1 de xaneiro de 2003.

b) Solicitar a avaliación e revisión en profundidade do Plano SOGAMA por parte dunha comisión integrada por representantes do Parlamento, do Goberno galego, de SOGAMA e dos concellos implicados.

c) Solicitar da Xunta de Galiza o apoio a aqueles Planos para o tratamento do lixo, alternativos ao de SOGAMA, que se presenten desde os concellos galegos.

d) Instar á Xunta de Goberno da Mancomunidade de Concellos do Morrazo a posta en marcha do Plano de Residuos tal como foi concibido e aprobado en 1998, baixo as permisas da reducción en orixe dos residuos, a selección, a reciclaxe e a compostaxe da fracción orgánica.

Moaña, 13 de setembro de 2002.- Xosé M. Millán Otero.- Portavoz Municipal."

O alcalde manifesta que o grupo de goberno non pode aceptar a moción e polo tanto votará en contra desta.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e con cinco votos a favor (dos Sres. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Lorenzo Martínez e Regueira Gómez do BNG; e Sr. Santos Leites de EdeG-OV) oito en contra (dos señores Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Costas Gayo, Costa González, González González, Sotelo Pena, Entenza Domínguez e Martínez Couso do PP) acordan rexeitar a moción presentada.

  1. ROGOS E PREGUNTAS

O Sr. Martínez Rodríguez pregunta como no último atentado de ETA non se gardaron cinco minutos de silencio, prega que se manteña ese costume no sucesivo en caso de acaecer estes desgraciados feitos.

E, non sendo outro o obxecto, a Presidencia dá por rematada a sesión, ás 22:40 horas do día fixado no encabezamento, de todo o que, como secretario, DOU FE.

O ALCALDE O SECRETARIO