ACTA 12/2002

ACTA DE SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO REALIZADA O DÍA 31 DE OUTUBRO DE 2002

ORDE DO DÍA:

1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA ANTERIOR.

2.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

3.- MODIFICACIÓN ORDENANZA TENENCIA ANIMAIS DOMÉSTICOS E

SALVAXES EN CATIVIDADE (PERIGOSOS).

4.- PROPOSTAS DE RETENCIÓNS SOBRE RECURSOS LOCAIS 2003

O MINISTERIO DE FACENDA.

5.- ALEGACIÓNS SR. MONTENEGRO S/ ACORDO PLENO 27. 6. 02

SOBRE CESIÓNS OBRIGATORIAS NA UNIDADE DE XESTIÓN 8.

6.- MOCIÓN DO BNG S/ LISTAS DE SANIDADE.

7.- MOCIÓN DO PSOE S/ SOLAR PARA VIVENDAS DE PROTEC. OFICIAL.

8.- MOCIÓN DE EdeG OV, S/ ACORDO CAMIÑO DA BORNA.

9.- ROGOS E PREGUNTAS.

ASISTENTES:

Sr. alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO

CONCELLEIROS:

D. Javier Abal Juncal

D. Alberto Currás Piñeiro

D. José Manuel Cordeiro Portela

Dª María C. Costas Gayo

Dª. María Sonia Costa González

D. José González González

Dª. Carmen Sotelo Pena

Dª. Carmen Entenza Domínguez

D. Osbaldo Martínez Couso

D. Julio Martínez Rodríguez

D. José Luis Leite Fraga

D. Xosé Manuel Millán Otero

Dª. Isabel Lorenzo Martínez

D. Rosendo Moreira Piñeiro

D.Serxio Regueira Gómez

D. José E. Santos Leites

Secretario . D. Felipe Fermoso Valdés

Na casa do concello de Moaña, o 31 de outubro de 2002, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. alcalde, D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario, coa finalidade de realizar o Pleno ordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.

A Presidencia declara aberta a sesión ás 20:10 horas.

INCIDENCIAS:

A Sra. Costas Gayo abandona o acto ás 20:15 horas durante o desenvolvemento do punto de resolucións. Os Sres. Leite Fraga, Martínez Rodríguez e Santos Leites fano ás 21:00 horas despois do debate do punto catro e previa votación deste. Ningún deles se reincorporou.

 

1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA ANTERIOR

O Sr. Millán Otero quere facer constar en acta que a parte dispositiva da súa moción no punto primeiro foi aprobada por unanimidade e se refire a moción sobre instalación de telefonía móbil. Igualmente, no punto 5 "Oferta Pública de Emprego" quere facer constar que non votou a unanimidade. O Sr. Leite Fraga, que non se lle atribúa frase en acordo

e o secretario replícalle que ese foi o contido na súa exposición.

Con estas observacións apróbase a acta por unanimidade.

2.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA

Intervén o Sr. Millán, quen asegura que o alcalde ten a obriga de darlle conta á Corporación Local das resolucións dictadas por este dende a realización do último pleno ata o día da data e cre que unha desas resolucións non consta na carpeta correspondente.

Replícalle o alcalde ó Sr. Millán e di que as resolucións se atopan á disposición dos concelleiros ata a data de convocatoria de cada pleno, as dictadas posteriormente se coñecerán no pleno seguinte.

O Sr. Leite Fraga cre que falta unha resolución que se refire ó novo nomeamento do presidente do Padroado Beiramar e replícalle o delegado de Persoal para dicirlle que nin falta tal resolución nin hai novo presidente do padroado.

O Sr. Leite quere facer constar que o Sr. Currás Piñeiro non é ninguén para facer manifestacións públicas sobre o padroado.

3.-MODIFICACIÓN ORDENANZA TENENCIA ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES EN CATIVIDADE (PERIGOSOS)

Expón o alcalde que a presente proposta é coñecida por todos os membros da Corporación Local que trata de modificar a ordenanza vixente para así adaptala á nova lexislación .

Igualmente dá conta do informe emitido pola Comisión Informativa de Cultura e Servicios Sociais de data 23.10.02 que di:

"A delegada dálle conta á Comisión da modificación da ordenanza de animais domésticos e salvaxes.

A comisión propón levala ó pleno para o seu debate e aprobación se procede. "

Así como o informe do secretario xeral do Concello que di:

"ASUNTO.- Aprobación inicial da ordenanza reguladora.- O alcalde solicítame informe sobre a ordenanza redactada que se refire á tenencia de animais domésticos e salvaxes en catividade e cans potencialmente perigosos.

O Concello de Moaña aprobou e ten vixencia o regulamento de tenencia de animais domésticos e salvaxes en catividade, aprobado definitivamente a partir da data de publicación no BOP da aprobación definitiva (9 de maio de 2001).

Con posterioridade a esa data foi dictado o Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, de RD 287/2002, do 2 de maio, que desenvolve a lei 50/99, do 23 de decembro: isto en prevención dos riscos que puideran vir por falta de control desta clase de animais, riscos que na vida cotiá custaron vidas humanas e numerosas lesións.

Visto canto antecede e examinado o texto da ordenanza, o secretario xeral do Concello emite o seguinte

I N F O R M E

1.- Que o texto desta se axuste na súa totalidade ás disposicións dictadas sobre a materia, tanto á estatal como á autonómica.

2.- O Pleno da Corporación Local deberá aprobar inicialmente o dito texto e informar por termo de 30 días no BOP para os efectos de alegacións.

3.- De formularse algunha, débeas resolver o Pleno da Corporación Local, e do seu resultado deberá aprobarse definitivamente coa publicación do texto da ordenanza no BOP, o texto da cal entrará en vigor o día seguinte da súa publicación.

É canto debo informar, non obstante, a Corporación decidirá.

Moaña, 29 de outubro de 2002

O SECRETARIO"

Intervén no Pleno por telo así solicitado a presidenta da Protectora de Animales, manifesta que o local que posúe non reúne as mínimas condicións necesarias e de pouco vale que se aprobe esta ordenanza se non se dota o local existente dos medios necesarios para o seu mantemento.

O alcalde agradece o labor desenvolvido por Aurelia, pois merece o recoñecemento público pola dedicación e o sacrificio amosado por esta e asegura que o Concello porá da súa parte as axudas necesarias dentro das súas posibilidades económicas .

O Sr. Santos Leites pensa que a proposta é boa, pero a súa adaptación á nova ordenanza requirirá os seus recursos e de non achegalos, a ordenanza non servirá para nada.

O Sr. Millán Otero adianta que tanto este punto como os que se traten na convocatoria da orde do día, o seu grupo vaise abster e solicitan a súa retirada por non atoparse informados previamente polas respectivas comisións informativas. Neste caso non houbo dictame da Comisión e aconséllalle ó alcalde que debe ter o mesmo tacto con persoas, cousas e democracia.

Replica o alcalde e dille que houbo tal comisión na que se emitiu informe sobre o asunto.

O Sr. Millán di que o informe que se achega non se adapta á realidade, polo tanto é nulo o acordo que se adopte. A presidenta da protectora ten moita razón cando di que debeu ser notificada en comisión informativa.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e con doce votos a favor (Sres. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Sotelo Pena, Martínez Couso, Costa González e Entenza Domínguez do PP; Sres. Leite Fraga e Martínez Rodríguez do PSOE e Santos Leites de EdeG-OV) e catro abstencións (Sres. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Lorenzo Martínez e Regueira Gómez do BNG), acordan:

1.- Aprobar provisionalmente a proposta de Modificación da Ordenanza por "TENENCIA DE ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES EN CATIVIDADE.

2.- Publicar o dito acordo no BOP polo prazo de 30 días para os efectos de reclamacións.

3.- De non formularse estas, considerarase aprobada definitivamente a dita proposta, do contrario o Pleno da Corporación resolveraas.

 

4.- PROPOSTAS DE RETENCIÓNS SOBRE OS RECURSOS LOCAIS 2003 O MINISTERIO DE FACENDA.

Expone el Alcalde que presenta propuesta en la forma realizada en ejercicios anteriores con el objeto de solicitar del Ministerio de Hacienda que la retención sobre los Recursos Locales duante el ejercicio 2003 sea del 25% del importe a percibir por este Concello. Pues de lo contrario el porcentaje a retener sería del 50%, algo que haría inviable a la Economía Municipal el cumplimiento de sus fines. Su propuesta al Pleno de la Corporación Local díce como sigue:

 

"PROPUESTA DEL ALCALDE AL PLENO DE LA CORPORACIÓN

Asunto: Retención por el Estado en la participación de este Concello en los Tributos Estatales.- Teniendo en cuenta el esfuerzo que está haciendo este Concello para recuperar el equilibrio presupostario y atendiendo a las necesidades de la Tesorería Municipal, esta Alcaldía en el uso de sus competencias

P R O P O N E:

Que el Pleno de la Corporación preste su aprobación a la solicitud delante de la Dirección General de Fondos Comunitarios y Financiación Territorial de la prórroga para el ejercicio de 2003 del procentaje del 25% de retención en la participación del Concello de Moaña en los Tributos del Estado, comprometéndose este Concello a cumprir en tiempo y forma las obligaciones corrientes en materia tributaria y de Seguridad Social, asi como remitir a esa Dirección General toda la documentación interesada."

INTERVENCIONES

O Sr. Santos Leites manifesta que este é outro dos puntos que non pasou os trámites de comisión informativa; o informe do interventor incorporouse onte ás 13:00 horas e pensa que algún membro da corporación descoñece tal circunstancia e asegura o alcalde coas súas propostas ha de sometersme a lei nas súas obrigas.

O Sr. Millán Otero pídelle ó alcalde que manteña o sentido común e dito isto poida engadir pouco ó exposto polo seu compañeiro Santos Leites. Sempre votou a favor do acordo, non tería inconveniente en facelo hoxe tamén, pero examinado o informe do interventor cheo de defectos e falsidades, non o vai facer.

Se o alcalde perdeu as formas, ó BNG ocórrelle o mesmo; o PP actúa en comisións como verdadeiros títeres, non discuten, non reúne a Xunta de Portavoces nin as comisións informativas, polo tanto debe de retirarse o asunto da orde do día.

O alcalde replícalle ó Sr. Millán e dille que non admite faltarlles desta forma ós concelleiros do grupo de goberno e que el é o único titiriteiro, á vez, trátao de impresentable e asegúralle que os concelleiros delegados gozan de plena autonomía para facer o que lles pareza e que estas manifestacións se deben só e exclusivamente a non reunir a Xunta de Portavoces, o que supón a percepción de contía económica.

O Sr. Leite Fraga di que se non se convoca a Xunta de Portavoces por non aboar as asistencias, o que si está claro é que tanto o alcalde como o tenente de alcalde perciben uns soldos pola súa dedicación exclusiva, á parte dun conxunto de axudas de custo e gastos de viaxes non xustificados e conclúe que o responsable deste desgoberno non é outro que o alcalde e os seus delegados.

O Sr. Martínez Rodríguez manifesta que o espectáculo que se está dando neste acto é calamitoso e fatídico, estase falando de todo menos dos puntos que hai para tratar na orde do día. O presente asunto non pasou por comisión informativa como outros dende fai máis de oito meses. Pregúntalle ó alcalde para qué fixo a viaxe a Madrid para tratar este tema así como outros sen xustificación ningunha.

O Sr. Santos Leites asegura que o alcalde tratou de romper o Pleno e canto se lle diga non servirá para nada. A súa dignidade non a cre ninguén e levarse os cartos sen xustificación ningunha é de delincuentes. Pregúntalle que se cre que a oposición vén a iso proponlle a modificación do ROM e que se eliminen toda clase de pagos. Nosoutros temos os nosos traballos dos que vivimos e vostede vive á conta do Concello.

Replícalle o alcalde invitándoo a que renuncie ás indemnizacións como portavoz do grupo, chamándolle "sinvergonza".

Despois dun cruzamento de acusacións mutuas e agres entre o alcalde e o resto da oposición os señores Leite Fraga, Martínez Rodríguez e Santos Leites deciden abandonar o salón de plenos ás 21:00 horas sen que se incorporasen posteriormente.

VOTACIÓN Y ACUERDO:

La Corporación, en votación ordinaria e con nueve votos a favor (de los Sres. Barreiro Tenorio, Curras Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Sotelo Pena, Martinez Couso, Costa González y Entenza Dominguez del PP) y siete abstenciones (de los Sres. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Lorenzo Martínez y Regueira Gomez do BNG, Sres. Leite Fraga y Martínez Rodríguez do PSOE, e Sr. Santos Leites de EdeG-OV, (estes tres últimos o seu voto ten a consideración de abstención conforme dispón os art. 46.2. d da Lei 7/85 e 100.1 do Rof) acordan:

1.- Ratificar la propuesta de la alcaldía en los propios terminos en que se encuentra redactada.

2.- Remitir Certificación del presente acuerdo y demás documentación interesada a la Dirección General de Coordinación con las Haciendas Territoriales

 

5.- ALEGACIÓNS DO SR. MONTENEGRO S/ ACORDO DO PLENO 27.6.02 SOBRE CESIÓNS OBRIGATORIAS NA UNIDADE DE XESTIÓN 8.

Informa o alcalde á Corporación Local que se formularan alegacións ó acordo adoptado na sesión do día 27 de xuño de 2002, mediante o que se lle requiría á promotora Rosal, S.L. para que no termo de dous meses se elaborase o proxecto de compensación na Unidade de Xestión 8 coas cesións obrigatorias.

Así mesmo dá conta dos informes emitidos polo arquitecto municipal e o secretario xeral do Concello, os cales din respectivamente como segue:

" Nº de expediente: documentación con registro de salida de la Subdelegación de Gobierno de A Coruña 621540000009425.- Departamento de Urbanismo.- Asunto.- Desarrollo urbanístico de la unidad de gestión num. 8.- Emplazamiento: Unidad de gestión num. 8-Moña.- Promotor: Ayuntamiento de Moaña.

INFORME:

Dadas las condicions expuestas en las alegaciones primera y segunda del escrito presentado deberá modificarse el sistema de actuación vinculado a la unidad de getión num. 8 de acuerdo con las determinaciones establecidas al respecto en el art. 125 y 126 de la ley 1/97, de 24 de marzo, del suelo de Galicia.

El desarrollo urbanístico por el sistema de cooperación se llevará a cabo de acuerdo con lo establecido en el art. 139 de la ley 1/97, de 24 de marzo, del suelo de Galicia.

En relación con la alegación cuarte cabe decir se detecta una imprecisión en relación con a edificabilidad aplicable a la unidad de gestión número 8, que será , en cualquier caso, la que regula la modificación puntual aprobada para el ámbito de la referida unidad de gestión "Modificación Puntual de las Normas Subsidiarias de Planeamiento del Municipio de Moaña: Casa Consistorial."

En relación con la cláusula sexta cabe decir que la modificación puntual referida en el párrafo procedente ha sido tramitada de acuedo con las determinaciones establecidas al respecto en la legislación urbanística y procedimiento administrativo, habiendose llevado a cabo las publicaciones pertinentes para su entrada en vigor.

Por todo ello, se propone el cambio del sistema de actuación de la unidad de gestión num. 8 dadas las circunstancias de complejidad concurrentes en relación con la titularidad del suelo , asi como por razones de urgencia y necesidad de obtener las áreas rotacionales señaladas en las NN.SS y su correspondiente urbanización.

Moaña, 3 de septiembre de 2002.

Alfonso Lage Pérez.- Arquitecto Municipal"

 

"INFORME DE SECRETARÍA.- ASUNTO.- Alegacións de D. Amador Montenegro Cabello sobre elaboración do proxecto de compensación na UG8.- O alcalde solicítame informe sobre o escrito formulado por D. Amador Montenegro Cabello, a través do cal formula alegacións nas que solicita que se anule o acordo adoptado polo Pleno da Corporación Local na sesión do día 27 de xuño de 2002, que lle foi notificado en primeiro de agosto na que se lle requiría para que no prazo de dous meses elabore o proxecto de compensación da UG 8.

Alega o Sr. Montenegro Cabello, entre outras, que se notifica exclusivamente ó mesmo, cando a "Urbanizadora El Rosal Moaña, S.L." da que é titular no 50% do seu capital, ten outro propietario polo que é imposible por si só executar o proxecto de compensación, pois o resto é titular do seu irmán D. Juan José Montenegro Cabello, asunto que para determinar a titularidade se encontra sub iudice no Xulgado; alega que non ten licencia de urbanización e construcción a cal solicitará cando considere oportuno pois fai uso da cláusula 7º do convenio asinado, por último considera o requirimento que se lle fai para que no termo de dous meses confeccione o proxecto de compensación, iso, contradí o convenio subscrito coa norma. Fai mención á cesión anticipada e cumprimento por parte do Concello das súas obrigas recollidas no convenio; conclúe que a obra da casa do concello de Moaña non foi terminada nin notificada a aprobación da modificación puntual na Unidade de Xestión 8.

Polo exposto, o secretario xeral do Concello emite o seguinte

I N F O R M E:

Primeiro.- O Concello notificoulle o acordo do 27/6/02 á propiedade, D. Amador Montenegro Cabello que é quen en unión de D. José Montenegro Cabello han de elaborar o proxecto de compensación con independencia do problema que teñan suscitados sobre a súa herdanza, ante o cal o Concello se inhibe.

Segundo.- Non é escusa ningunha por parte da propiedade cando di que "entidade Urbanizadora EL ROSAL DE MOAÑA, S.L", argumenta que a cláusula sétima do convenio establece que a propiedade poderá facer as obras de urbanización e de construcción previa licencia municipal "cando o considere oportuno" pois precisamente o acordo do 27/6/02, leva implícito no requirimento do Concello que a promotora solicite toda clase de licencias, entre elas, a elaboración do proxecto de compensación para a súa aprobación definitiva polo Concello toda vez que se atopa aprobada definitivamente a modificación puntual da UG-8.

Terceiro. O feito de non rematar a obra dentro do termo establecido no convenio, de 5 anos, non implica nin impide o cumprimento das obrigas impostas á promotora. No seu caso dirimiríase a través dun procedemento civil.

Cuarto.- De non ter no seu poder a promotora a resolución firme da aprobación definitiva da modificación puntual UG-8 comunicaráselles de inmediato ós interesados.

CONCLUSIÓNS.- Deben rexeitarse as alegacións formuladas, sen prexuízo de que a administración municipal lle entregue á Urbanizadora do Rosal de Moaña, S.L. a documentación que di carece dela.

É canto debo informar, non obstante, a Corporación decidirá."

 

Na vista do sentido dos ditos informes, a Presidencia proponlle á Corporación que sexan rexeitadas as alegacións presentadas e que se adopte acordo conforme ás súas conclusións.

INTERVENCIÓNS:

O Sr. Millán Otero insiste en que o asunto non pasou por Comisión Informativa e ademais o informe do secretario non se corresponde co do arquitecto municipal. Á petición do Sr. Millán, o secretario aclara que o seu informe, informe xurídico, non pode ser igual ó emitido polo arquitecto municipal que é estrictamente técnico e que ambos neste caso se complementan.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e con nove votos a favor (Srs. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Sotelo Pena, Martínez Couso, Costa González e Entenza Domínguez do PP), e catro abstencións (Sres. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Lorenzo Martínez e Regueira Gómez do BNG) acordan:

1.- Rexeitar as alegacións presentadas pola promotora Rosal, S.L.

2.- Tramitar un novo sistema de compensación (cooperación) conforme o determina o art. 125 e coas formalidades do art. 102 ambos da Lei do solo de Galicia.

3.-Notificarlle o presente acordo á Urbanizadora do Rosal, S.L.

O Sr. Millán Otero manifesta que se abstén posto que non sabe qué proposta se vota.

DECLARACIÓN DE URXENCIA:

Informa o alcalde que a Intervención Municipal solicitoulle a relación de facturas de Correos e Telégrafos polos servicios prestado ó Concello e ó xulgado de paz dos exercicios 1996 a 2000, ambos inclusive e que esixía a súa aprobación e posterior recoñecemento.

Solicita o alcalde a declaración de urxente deste asunto ó amparo no disposto no art. 51 do RDL 781/86 e coas formalidades do art. 47.3 da Lei 7/85, a cal é admitida por unanimidade dos asistentes.

O Sr. Millán Otero manifesta que este asunto debe acordalo a Comisión de Goberno ó que o Sr. alcalde lle replica que é competencia exclusiva do Pleno da Corporación Local.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade da Corporación, acorda:

1.- Aprobar a relación de facturas por importe de 12.124,14 euros.

2.- Recoñecer os ditos créditos dentro do orzamento do exercicio 2002 e declaralos de aboamento.

DECLARACIÓN DE URXENCIA

Informa o delegado de Persoal, Sr. Currás Piñeiro, que como advertira, tratará de sacar adiante a oferta pública de emprego dentro do exercicio 2002 coa totalidade das prazas propostas na sesión do día 26 de setembro de 2002, para este fin haberá de ratificarse o dito acordo.

A Presidencia solicita a declaración de urxencia ó amparo no disposto no art. 51.1 do RDL. 781/86 e coas formalidades do art. 47.3 da Lei 7/85.

O Sr. Millán Otero non comprende como un asunto que se tratou en comisión informativa fai uns quince días, ten que vir ó Pleno por trámite de urxencia, non obstante, votará a favor.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda ratificar o acordo adoptado na sesión do día 26 de setembro de 2002, no sentido de que as prazas para ofertar neste exercicio sexa o número de nove.

6.-MOCIÓN DO BNG S/ LISTAS DE SANIDADE

 

Despois dunha breve introducción, o Sr. Millán Otero le a súa moción que di como segue:

"MOCIÓN DO BNG SOBRE LISTA DE ESPERA NA SANIDADE.- Un dos problemas de atención sanitaria son as longas listas de espera ás que nos somete o SERGAS, tanto para sermos atendidos nas consultas especializadas e nas probas diagnósticas, como nas intervencións cirúrxicas e revisións. Isto ten consecuencias negativas para a saúde, como riscos vitais en determinadas patoloxías, complicacións, molestias innecesarias, situacións de ansiedade, etc.

Para ir da consulta primaria á especializada a cita tarda aproximadamente 3 meses; para realizar unha proba diagnóstica, 4 meses, para dar o resultado da proba, un tempo de catro meses e despois e se precisa intervención cirúrxica hai que agardar uns 6 meses . Total, máis dun ano.

A espera nos centros de especialidades:

-Unha cita en xinecoloxía pode tardar ata 9 ou 18 meses e nalgúns

casos a lista está pechada ata o 2004.

-Medicina interna: 3 meses

-Reumatoloxía: 8 meses

-Traumatoloxía: 4 meses

-Endócrino: 3 meses.

Tempos de espera en cirurxía:

-Traumatoloxía: 12 meses

-Xinecoloxía: 12 meses

-Cardiovascular: máis de 10 meses

-Cirurxía xeral: máis de 11 meses.

A demora para realizar as probas diagnósticas:

-Eco-cardio: 6-9 meses

-Endoscopia: 6 meses

-Eco-xinecoloxía: 5 meses.

Para camuflar a realidade o SERGAS xoga cos pacientes, servíndose de diferentes métodos que os cidadáns non lle debemos tolerar:

-Que chamarán por teléfono ás persoas afectadas, xa que naquel momento a lista está pechada.

-Acudir ao médico cunha cita e non pode ser atendida, xa que ese día o facultativo esta ocupado noutras consultas.

O fin destas manobras é agochar o incumprimento que se está a facer das recomendacións do Consello Interministerial sobre as listas de espera e encubrir as verdadeiras dimensións das listas existentes.

Por outra banda, o incremento das listas de espera é un síntoma que mostra os efectos que conleva a política sanitaria privatizadora emprendida pola Xunta de Galiza. A constante transferencia de recursos e financiamento público cara ao sector privado, favorecendo a extensión dos concertos sanitarios, reduce as posibilidades de maior eficiencia na xestións do SERGAS, que ve diminuídas as dotacións económicas para aumentar medios persoais e materiais e contribuír dese xeito a ofrecer mellores servizos sanitarios aos cidadáns.

É preciso que a sociedade se comprometa na defensa da Sanidade Pública, único modelo sanitario capaz de garantir o dereito á saúde de todas as persoas, e lle esixa ao Goberno galego solución aos problemas da nosa sanidade e unha maior aposta polo carácter público do financiamento e provisión dos servizos sanitarios. Por iso, solicitamos do Pleno da Corporación a adopción dos seguintes

A C O R D O S:

1.- Esixir da Xunta de Galiza:

a) Que se fixen os tempos máximos das listas de espera segundo a patoloxía, tanto para a consulta, probas de diagnose, intervencións cirúrxicas, etc, conforme ao protocolo da Comisión Interministerial e ás recomendacións da OMS.

b) Que adopten as medidas necesarias para que, tanto na Rede Primaria como na Especializada, os usuarios e usuarias poidan solicitar a inclusión inmediata na lista de espera, impedindo a actual desculpa das listas pechadas.

c) Que o paciente sexa incluído na lista de espera de revisión no período que sexa considerado polo especialista.

d) Que baixo ningún concepto se superen os tempos de espera establecidos e que se lle asegure a atención inmediata á persoa que supere o tempo establecido, creándose para ese fin en cada área sanitaria, un Servizo de Control de listas que, en caso de incumprimento, arbitrará as medidas necesarias para que o paciente sexa atendido de xeito inmediato

2.- Dirixir o presente acordo ao Parlamento Galego e a Xunta de Galicia.

El alcalde di que a Xunta non pode facer máis o día de hoxe, que o BNG sexa consecuente e non pida o que non se pode dar, xa que quen ten máis interese en resolver o problema é a propia Xunta.

O Sr. Millán Otero di que canto se manifesta na moción é unha realidade, existen esperas de doce e trece meses e a situación non mellorou nos doce anos de goberno no partido popular; a Xunta se volca na sanidade privada e o alcalde aínda que recoñece o sentido da moción non vai facer nada.

O alcalde insiste en que a Xunta fai todo o que pode e os seus recursos se reparten debidamente entre a sanidade pública e privada.

 

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e con 4 votos a favor (Srs. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Lorenzo Martínez e Regueira Gómez do BNG) e nove en contra (Srs. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Sotelo Pena, Martínez Couso, Costa González e Entenza Domínguez do PP) acordan rexeitar a moción presentada.

7.-MOCIÓN DO PSOE S/ SOLAR PARA VIVENDAS DE PROTEC.OFICIAL

Non se trata a presente moción debido a ausencia de representantes do grupo socialista.

8.- MOCIÓN DE EdeG OV, S/ ACORDO CAMIÑO DA BORNA

Non se trata por ausencia do seu representante.

9.- ROGOS E PREGUNTAS

O Sr. Regueira Gómez pregunta sobre o estudio realizado de antenas móbiles instaladas no municipio e cantas posúen licencia. O alcalde contéstalle que todas as indagacións feitas se atopan á súa disposición.

 

Igualmente pregunta sobre os incumprimentos de execución de obras no Campo de Golf e Urbanización A-7, igualmente lle contesta o alcalde que o existente se atopa á súa disposición.

E, non sendo outro o obxecto, a Presidencia dá por rematada a sesión ás 22:10 horas do día fixado no encabezamento, de todo o que, como secretario, DOU FE.