O ESCUDO DO CONCELLO DE MOAÑA

O escudo do concello de Moaña foi aprobado pola corporación municipal desta vila o 17 de xaneiro de 1951. Consta dunha ponte arquitrabada de tres arcos, rota pola parte central, que simboliza a participación dos veciños da vila na batalla de Pontesampaio durante a guerra de Independencia. Na parte superior do escudo represéntase un veleiro como recordo e evocación da fragata "Numancia", nome do barco que mandaba Casto Méndez Nüñez na batalla do Callao; simboliza esta nave tamén a vocación mariñeira da nosa vila. O ramo de loureiro que cerca todo o campo do escudo quere resaltar a victoria sobre os franceses e a valentía do almirante na batalla americana. Na parte superior figura a coroa do marquesado de Méndez Núñez. A corporación de Moaña decidiu encargar o deseño e o gravado do escudo a un delineante do concello de Pontevedra, o artista D. Julio Montero. Este non é o primeiro escudo da vila. Anteriormente existiron outros escudos. Un estaba formado por unha ponte con dúas rampas pero sen follas de loureiro; e outro, a primeira vista constituído por unha cornisa sostida por catro columnas sobre un muro, ou unha inmafronte dun templo clásico sobre base moi alta.