2.1.1. Ámbito de aplicación.
2.1.2. Vixencia.
2.1.3. Revisión.
2.1.4. Relacións coas Normas subsidiarias provinciais.
2.1.5. Natureza e obrigatoriedade.
2.1.6. Desenvolvemento das Normas subsidiarias do planeamento.
2.1.7. Clasificación do solo.
2.1.1. Ámbito de aplicación.
A súa vixencia será indefinida, en tanto non se produza a aprobación dun Plan xeral de ordenación.
b) Se produzan circunstancias imprevisibles no momento de redacción destas normas, que presenten alteracións do modelo territorial.
As referencias á Lei do solo (en diante LS) deben entenderse feitas ó Texto Refundido da lei sobre o Réxime de Solo e Ordenación Urbana aprobado por RDL 1/1992 de 26 de Xuño, e ós regulamentos de planeamentos (RP), xestión e disciplina (RD) que a desenvolven nos aspectos fundamentais. As referencias á Lei de adaptación á do solo a Galicia (en diante LSG) deben entenderse feitas á Lei 11/85 de 22 de agosto do Parlamento de Galicia.
2. Os particulares igual que a Administración quedarán obrigados ó cumprimento das disposicións contidas nestas normas, de tal maneira que calquera actuación ou intervención de carácter provisional ou definitivo sobre o territorio municipal ben sexa a iniciativa pública ou privada deberá axustarse a elas.
O desenvolvemento das presentes Normas subsidiarias corresponderá ó concello e demais administracións urbanísticas no ámbito das súas respectivas competencias, sen prexuízo da actuación dos particulares establecida na Lei do solo e nas presentes normas.
Corresponderá ó concello, demais administracións públicas e empresas concesionarias, no ámbito das súas respectivas competencias e/ou de acordo coas súas atribucións, o desenvolvemento das infraestructuras, servicios e equipamentos.
3. Cando nas zonas de solo urbano se produzan casos de imprecisión ou a necesidade de lixeiras readaptacións nas propostas de aliñacións e rasantes ou de reordenación de volumes dentro dun cuarteirón ou elemento de morfoloxía urbana, de acordo sempre coas determinacións das Normas subsidiarias, redactaranse e tramitaranse estudios de detalle.
2. Desenvolveranse obrigatoriamente mediante plans especiais:
PE-1. Plan especial de acondicionamento e protección do tramo de costa en Tirán.
PE-2. Plan especial de ordenación e equipamento da Xunqueira.
PE-3. Plan especial de ordenación e equipamento do recheo de Meira.
PE-4. Plan especial de acondicionamento recreativo do Latón.
PE-5. Plan especial de ordenación da fachada costeira de Domaio.
PE-6. Plan especial de acondicionamento e rehabilitación da illa de S. Bartolomeu.
PERI-1. Plan especial de reforma interior de Quintela.
3. Os sistemas xerais desenvolveranse mediante plans especiais, salvo que se atopen incorporados ó ámbito de plans parciais ou resulten ordenados pormenorizadamente polas normas subsidiarias.
4. Desenvolveranse obrigatoriamente mediante Estudio de detalle o conxunto das unidades de xestión determinadas neste documento.
2. Os estudios de detalle manterán así mesmo as determinacións das Normas subsidiarias, non podendo introducir, en contra do previsto por elas, alteracións que supoñan maior aproveitamento ou mingua dos espacios públicos.
2. Os límites das unidades de execución determinadas nas Normas subsidiarias haberán de establecerse sobre base cartográfica adecuada, sinalando de acordo coa certificación que debe constar no expediente, a identificación dos terreos segundo os catastros oficiais. Neste acto poderán así mesmo readaptarse os límites de superficie en exceso ou en defecto.
3. Coa delimitación da Unidade de execución levarase a cabo a definición do sistema de actuación. O prazo para a urbanización dos terreos e o cumprimento dos deberes de cesión e equidistribución será de dous anos a partir da aprobación da dita delimitación.
1. Solo urbano.
Ordenanza 2. De edificación unifamiliar.
Ordenanza 3. De media intensidade.
Ordenanza 4. De cuarteirón.
Ordenanza 5. Industrial.
Ordenanza 6. De conservación da estructura edificatoria con vinculación á parcela existente.
Ordenanza 8. De réxime normal do solo non urbanizable.
Ordenanza 9. De protección de zonas forestais, zonas agrestes e áreas predominantes de valor paisaxístico.
Ordenanza 12. De conservación e protección de costas e praias.
Ordenanza 13. De protección de xacementos arqueolóxicos e castros.
Ordenanza 14. De protección do Espacio Natural do Morrazo.
Ordenanza 15. De solo non urbanizable do campo de golf de Domaio.
A-2. A.A.U. A Xunqueira I.
A-3. A.A.U. Abelendo.
A-4. A.A.U. A Xunqueira II.
A-5. A.A.U. Meira.
A-6. A.A.U. Domaio.
A-7. A.A.U. O Latón.
A-8. A.A.U. A Pandiña.
A-9. A.A.U. Quintela.
A-10. A.A.U. Canteira do Latón.
A-11. A.A.U. Paxonas.