2.3.1. Regulación dos núcleos de poboación.
2.3.1.1 Identificación e definición.
2.3.1.2. Clasificación urbanística dos núcleos rurais.
2.3.1.3. Indicadores para modificación da clasificación urbanística nos núcleos rurais.
2.3.2.1. Sistema portuario.
2.3.2.2. Sistema viario. Rede de estradas e outras vías.
2.3.2.3. Sistema de equipamentos e dotacións.
2.3.2.4. Sistema de parques, espacios libres públicos e xardíns.
2.3.3. Normas xerais de protección.
2.3.3.1. Enerxía eléctrica.
2.3.3.2. Polución das augas e protección das canles.
2.3.3.3. Protección da ambientación natural e da paisaxe.
2.3.3.4. Normas de protección de bens culturais e naturais.
2.3.4. Normas de planeamento. Regulación da edificación.
2.3.4.1. Ordenanzas reguladoras das zonas do solo urbano.
2.3.4.1.1. Ordenanza 1 de edificación agrupada en núcleos rurais tradicionais.
2.3.4.1.2. Ordenanza 2 de edificación unifamiliar.
2.3.4.1.3. Ordenanza 3 de media intensidade.
2.3.4.1.4. Ordenanza 4 de cuarteirón.
2.3.4.1.5. Ordenanza 5 industrial.
2.3.4.1.6. Ordenanza 6 de solo urbano de conservación da estructura edificatoria con vinculación á parcela existente.
2.3.4.1.7. Ordenacións singulares. Unidades de xestión.
2. UG-2. Domaio II.
3. UG-3. O Latón I.
4. UG-4. Rúa Daniel Castelao I.
5. UG-5. Meira.
6. UG-6. A Xunqueira I.
7. UG.7. A Xunqueira II.
8. UG.8. A Seara.
9. UG.9. Rúa das Barxas.
10. UG.10. Rúa Ramón Cabanillas.
12. UG.12. Quintela.
13. UG.13. Bouza-Navas de Tolosa.
2.3.4.2.1. Solo apto para a urbanización do Rodal II. A-1.
2.3.4.2.2. Solo apto para a urbanización da xunqueira I. A-2.
2.3.4.2.3. Solo apto para a urbanización de Abelendo. A-3.
2.3.4.2.4. Solo apto para a urbanización da Xunqueira II. A-4.
2.3.4.2.5. Solo apto para a urbanización de Meira. A-5.
2.3.4.2.6. Solo apto para a urbanización de Domaio. A-6.
2.3.4.2.7. Solo apto para a urbanización do Latón. A-7.
2.3.4.2.8. Solo apto para a urbanización da Pandiña. A 8.
2.3.4.2.9. Solo apto para a urbanización de Quintela. A-9.
2.3.4.2.10. Solo apto para a urbanización industrias de Canteira do Latón. A-10.
2.3.4.2.11. Solo apto para a urbanización industrial de Paxonas. PP-I. A-11.
2.3.4.3. Normas urbanísticas para o desenvolvemento de plans especiais.
2.3.4.3.1. Plan especial de acondicionamento e protección do tramo de costa de Tirán. PE-1.
2.3.4.3.2. Plan especial de ordenación e equipamento da Xunqueira. PE-2.
2.3.4.3.3. Plan especial de ordenación e equipamento do recheo de Meira. PE-3.
2.3.4.3.4. Plan especial de acondicionamento recreativo do Latón. PE-4.
2.3.4.3.5. Plan especial de ordenación da fachada costeira de Domaio. PE-5.
2.3.5.3.6. Plan especial de acondicionamento e rehabilitación da illa de San Bartolomeu. PE-6.
2.3.5.3.7. Plan especial de reforma interior de Quintela. PERI-1.
2.3.5.3.8. Plans especiais de reforma interior e/ou mellora do medio dos núcleos rurais.
2.3.4.4. Ordenanzas reguladoras das zonas de solo non urbanizable.
2.3.4.4.1. Normas reguladoras e definidoras da formación de núcleo de poboación.
2.3.4.4.2. Normas reguladores do carácter e condición rural da edificación.
2.3.4.4.3. Ordenanza 7 do solo non urbanizable dos núcleos rurais tradicionais.
2.3.4.4.4. Ordenanza 8 de réxime normal do solo non urbanizable.
2.3.4.4.5. Ordenanza 9 de protección de zonas forestais, agrestes e áreas prominentes de valor paisaxístico.
2.3.4.4.7. Ordenanza 11 de conservación de canles e ribeiras.
2.3.4.4.8. Ordenanza 12 de conservación e protección de costas e praias.
2.3.4.4.9. Ordenanza 13 de protección de xacementos arqueolóxicos e castros.
2.3.4.4.10. Ordenanza 14 de protección do espacio natural do Morrazo.
2.3.4.4.11. Ordenanza 15 de solo non urbanizable do campo de golf de Domaio.
2.3.5. Réxime transitorio.
2.3.5.1. Parcela fóra de aliñación
2.3.5.2. Edificación fóra de aliñación.
2.3.5.3. Edificación fóra de ordenación.
2.3.1. Regulación dos núcleos de poboación.
b) A urbanización de Golf Domaio en solo apto para a urbanización.
c) Tódolos núcleos tradicionais identificados e delimitados como tales nas Normas subsidiarias, comprendendo os solos urbano e/ou non urbanizable de núcleos rurais.
3. A teor do establecido nos art. 14 e ss. LSG, os núcleos de poboación identificados no Concello de Moaña tipifícanse nas categorías de núcleos urbanos, núcleos de nova creación e núcleos rurais parroquiais existentes.
Son núcleos urbanos:
O agregado urbano Moaña-Meira.
O núcleo de Domaio.
É núcleo de nova creación o previsto na urbanización de Golf Domaio.
Son núcleos rurais parroquiais de carácter tradicional, constituídos en ocasións por agrupación de varias entidades, os seguintes:
Parroquia de Domaio.
- Carballido.
- Verdeal.
- Viduido.
Parroquia de Meira.
- A Moureira.
- Couso-O Pombal-Reibón.
Parroquia do Carme.
- A Fraga.
- Paradela.
- O Piñeiro-Verducedo.
- A Marrúa-Redondo-Sabaceda.
Parroquia de S. Martiño.
- Ameixoada.
- Broullón.
- Os Piñeiros.
- Xalde.
- Abelendo-O Casal-O Cruceiro.
Parroquia de Tirán.
- O Con.
- Igrexario-Vilela.
2. El número de parcelas consolidadas con edificación principal será maior ou igual que os 2/3 do número total de parcelas edificables do núcleo.
Para que proceda a modificación haberá de cumprirse necesariamente a condición número 2.
2. Densidade de vivenda no núcleo, maior de 6 viv/Ha.
3. Número de licencias concedidas e executadas ou en execución desde a aplicación das Normas subsidiarias, maior de 1/2 do número de vivendas no núcleo na aprobación das normas.
4. Detección de problemas sanitarios con riscos de contaminación de augas superficiais, mananciais, pozos ou augas subterráneas.
2. Dentro da zona de servicio só se permiten os usos de almacéns e oficinas afectos á explotación portuaria, así como os industriais, de abastecemento e equipamento relacionados coa actividade portuaria de conformidade coa lexislación vixente.
3. As regulacións de carácter urbanístico, edificación e análogas estableceranse mediante os oportunos plans de utilización dos espacios portuarios, e Plans especiais de ordenación portuaria, de conformidade co establecido na lexislación vixente específica na materia.
VÍAS TIPO I: A estrada C-550, a variante de Moaña, a estrada local PO-3130 O Con-Marín.
Constitúen o sistema xeral viario a Autopista A-9 e as vías tipo I.
LIÑA DE CERRAMENTO.
A liña de cerramento queda fixada nas seguintes distancias:
- Para vías tipo I e II situaranse a 8 m. do eixe da calzada, excepto para vías tipo II de competencia municipal que se situarán a 6 m. do eixe da vía pública.
- Para vías tipo III os cerramentos situaranse a 4 m. do eixe da calzada.
- Para vías de tipo I e II situaranse a 15,50 m. do eixe da calzada, excepto para vías tipo II de competencia municipal que se situarán a 13,50 m. do eixe da calzada.
Poderán, mediante as oportunas autorizacións administrativas dos organismos competenciais extramunicipais das vías I e II, minora-las distancias nos tramos de chan non urbanizable tendentes á mellora dos núcleos delimitados.
Estas distancias terán a consideración de aliñacións e defínense nos Planos de ordenación e, se é o caso, nas ordenanzas correspondentes.
Para os efectos de tramitación dos tramos urbanos de estrada e das travesías consideraranse estas normas no seu conxunto como "proxecto de delimitación dos tramos de estrada comprendidos en zona urbana" para as estradas a titularidade das cales corresponde ó concello.
2. Exceptúanse da condición de dominio público do solo as instalacións que teñan un uso docente, sanitario-asistencial, sociocultural e relixioso na modalidade de lugares de culto, promovidas por entidades e fundacións acollidas á lexislación de beneficencia, por cooperativas, polas institucións relixiosas e por entidades sen ánimo de lucro o funcionamento e características das cales, así como o control das súas actividades estean previstos en leis especiais.
3. Admítense os seguintes usos e instalacións:
a) Docente. Centros docentes para a educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, ensinanza profesional, ensinanza técnica e superior con instalacións anexas deportivas e culturais.
b) Deportivo. Instalacións destinadas á práctica do deporte e anexos de servicio. Edificacións para espectadores. Aparcamentos.
c) Asistencial-sanitario. Centros dedicados a dispensarios, ambulatorios, residencias de anciáns, clínicas, centros hospitalarios e similares.
d) Sociocultural. Bibliotecas, centros sociais e culturais, museos, auditorios, salas de cultura, salas de reunións, de exposicións, de interese público e comunitario, así como anexos ós servicios deportivos ligados ó uso.
e) Relixiosos. Templos e casas parroquiais.
f) Público-administrativo. Centros ou edificios para servicios da administración pública, seguridade, bombeiros, concesionarios de servicios públicos, etc.
g) Cemiterios.
En Planos de ordenación sinálase o destino previsto para cada parcela de equipamento. No relativo ós usos asistencial-sanitario, sociocultural e público-administrativo a referencia en planos relativa a un deles é tan só indicativa e non excluínte da posibilidade dos outros usos ocupando a totalidade ou parte da edificación.
4. Os equipamentos e dotacións regularanse polo tipo de ordenación da zona onde se encadran e manterán condicións de composición urbanística acordes coa mesma, procurando respectar e mante-las aliñacións do seu cuarteirón e colindantes. Non obstante, adaptaranse ás condicións de edificación, estándares e programas correspondentes á súa lexislación especifica.
Os equipamentos existentes consideraranse, en todo caso, dentro de ordenación.
1. Comprende os espacios destinados a zonas verdes e espacios libres públicos. Serán de uso público e non edificable destinados a parques ou, cando foran de extensión inferior a 5.000 m2 con destino a xardíns para xogo de nenos, recreo dos cidadáns e mellora do ornato público dos núcleos principais.
2. Estes solos deberán urbanizarse con arboredo, xardinería, sendas, elementos ornamentais, etc. e outros elementos accesorios sen que estes últimos ocupen máis do 5% da súa superficie. Cando a súa extensión e características o permitan admitirán instalacións descubertas para a práctica deportiva ou edificios culturais sen que a súa superficie rebase o 10% do seu ámbito. Estas instalacións ou construccións serán públicas e non limitarán ou interferirán o normal uso do parque ou xardín nin a súa calidade vexetal, nin as vistas. A altura máxima de calquera tipo de edificación será de 10 m.
2.3.3.1. Enerxía Eléctrica.
SERVIDUME.
Queda prohibida a plantación de árbores e a construcción de edificios e instalacións industriais na proxección e proximidades das liñas eléctricas a menor distancia da establecida no Regulamento de liñas de alta tensión de 28 de novembro de 1968.
Nas liñas aéreas para o cómputo destas distancias terase en conta a situación máis desfavorable que poida alcanza-la liña en relación cos elementos de que se trate.
Non poderán autorizarse novas actividades insalubres ou nocivas que pola súa situación o vertido de augas residuais poña en perigo as condicións de potabilidade de augas destinadas ó abastecemento de auga se non cumpren as condicións sinaladas pola Lei 29/1985, de 2 de agosto de augas e o regulamento do dominio público hidráulico que desenvolve os títulos preliminares I, IV, V, II e VII da dita lei.
As explotacións mineiras ou calquera outras cualificadas como nocivas deberán estar dotadas de dispositivos de depuración para eliminar das súas augas residuais os elementos prexudiciais para as actividades primarias, a riqueza piscícola e as industrias situadas augas abaixo ou na proximidade do lugar no que se efectúe o vertido segundo o disposto na Lexislación de augas, Decreto 2414 de 30 de novembro de 1961 de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, regulamentos e demais disposicións concordantes.
PROTECCIÓN DAS CANLES EN RELACIÓN COA EDIFICACIÓN.
Co fin de preservar da ocupación edificatoria as ribeiras, as marxes e as zonas colindantes das canles co fin de garanti-lo establecemento das servidumes de uso público sinaladas na Lei de augas e o seu Regulamento do dominio público hidráulico, así como a conservación e protección das condicións naturais dos ríos e dos terreos húmidos colindantes, fíxanse as zonas de servidume de 5 m. de anchura para uso público e as de Policía de 100 metros onde quedará prohibido a edificación permanente en calquera dos seus tipos, así como a modificación dos elementos naturais, vexetais ou do réxime de auga e os vertidos e recheos sen autorización e informe previo do organismo competente.
Nas canles onde existan zonas naturais pantanosas, xuncais, gándaras e calquera outro elemento que forme parte do sistema húmido, se considerará incorporado á canle e a banda de protección medirase desde a liña de contacto destas zonas cos terreos agrícolas colindantes.
Mais alá desta regulación xenérica, o plan ordena unha especial protección mediante a ordenanza 11 do solo non urbanizable, e a súa incorporación ó Catálogo de bens naturais e paisaxísticos de acordo co art. 13.1. LSG.
Esta protección ten distintos aspectos que comprenden desde a conservación da natureza virxe, en determinadas zonas, ata a protección da paisaxe, compatibilizándoa coa explotación racional e limitada dos recursos.
O territorio declarado espacio natural, rexerase polo disposto na lexislación vixente. O resto do territorio aterase á normativa seguinte:
Para toda actuación (trazado de infraestructuras territoriais, repoboacións forestais, explotacións mineiras, grandes industrias, etc.) que se prevexa pode altera-lo equilibrio ecolóxico, a paisaxe natural ou introduza cambios importantes na xeomorfoloxía, se esixirá a presentación dun estudio de impacto sobre o medio natural.
Ribadas e terrapléns.- Naqueles lugares en que por causas da topografía do terreo e do trazado viario fose necesario a creación de ribadas ou terrapléns deberán ser trazados de forma tal que se integren harmonicamente na paisaxe.
SILOS PARA CEREAIS E DEPÓSITO DE AUGA.
CERRAMENTO E VALADO DE TERREOS.
No solo non urbanizable, non se permitirán cerramentos de terreos que superasen a altura de 1,20 metros con elementos de fábrica ou opacos en xeral. Por encima de dita altura só se permitirá o cerramento con elementos vexetais e/ou teas metálicas.
ITINERARIOS PAISAXÍSTICOS.
Non se define ningún aspecto normativo na presente alínea. Debe aceptarse como corpo normativa a utilización coherente da aplicación conceptual do distintos preceptos vertidos no distintos parágrafos xa determinados nas presentes normas; conceptos de composición, estético-constructivos, de preservación do medio para as actividades extractivas e da adecuada cohesión entre o uso e a tipoloxía dentro do medio natural e urbano.
Constitúen bens suxeitos a protección urbanística de acordo coas determinacións da presente norma:
b) Os xacementos arqueolóxicos e castros.
c) Os cruceiros, pontes e demais elementos construídos de interese cultural.
d) As zonas de solo non urbanizable suxeitas a protección especial: de costas e praias, de espacios agroforestais, de canles e ribeiras, do espacio natural do Morrazo, de itinerarios paisaxísticos.
e) Os conxuntos de arboredo de singular interese paisaxístico ou ambiental.
f) Calquera outro que por aplicación da lexislación vixente a por iniciativa da Administración competente ou do concello se determine.
Cando implique a substitución inevitable dalgún elemento non estructural, a reparación será o máis fiel posible ás condiciones orixinais.
c) Consolidación: son aquelas obras encamiñadas á conservación e mantemento que impliquen substitución parcial ou total dalgún elemento estructural con achega de elementos novos con deseño ou natureza material diferente ós substituídos pero respectando a organización espacial integramente, así como a tipoloxía estructural e a composición exterior da envolvente do edificio (fachadas e cubertas).
d) Rehabilitación: son aquelas obras encamiñadas a mellorar e adecua-las condicións de habitabilidade e que impliquen unha redistribución da organización espacial conservando as características estructurais e a composición exterior da envolvente do edificio (fachadas e cubertas).
e) Reestructuración: son aquelas obras encamiñadas a unha renovación incluso dos elementos estructurais que impliquen variacións do tipo de estructura, podendo incluí-la demolición dos elementos estructurais, ou en grao máximo, o baleirado do edificio conservando as fachadas existentes para o exterior, interior e patios e a liña e tipo de cuberta.
f) Adición de plantas: son aquelas obras encamiñadas a aumenta-lo número de plantas do edificio mantendo ou non a tipoloxía estructural. Asimilable á reestructuración en canto ó grao de conservación e tolerancia. As condicións en que se pode realiza-la adición se especifican no grao de protección correspondente. Só neste caso, a cuberta do edificio non se considerará protexida.
g) Ampliación: son aquelas obras encamiñadas ó incremento do edificio sen aumenta-lo número de plantas.
Os edificios e conxuntos catalogados polo seu interese histórico-artístico, arquitectónico-urbanístico e ambiental serán obxecto de protección de acordo coa ordenación específica da zona onde se sitúen, coa lexislación vixente e coas seguintes determinacións, clasificando a súa protección en: integral e non integral de acordo co catálogo anexo final das presentes normas.
Obras permitidas. Con carácter xeral autorizaranse as obras de restauración total ou parcial e de conservación.
No caso de que nun edificio catalogado e obxecto de protección integral se pretendese efectuar algunha obra clasificable como de consolidación ou rehabilitación, a súa necesidade e oportunidade haberá de xustificarse na memoria do proxecto que acompaña á solicitude de licencia, e o concello poderá denegar dita licencia se considerase que é posible e conveniente un maior grao de protección e conservación. Neste caso, se non existe conformidade do solicitante, o concello poderá solicitar dictame pericial ou administrativo de facultativos ou organismos competentes.
Explicitamente quedan prohibidas as obras de reestructuración e derruba parcial ou total. Igualmente as de rehabilitación que supoñan un cambio tipolóxico. Coidarase expresamente da conservación daqueles elementos definidores da tipoloxía de que se trate (acceso, circulacións, escaleiras, zona de servicio, etc.) e aqueles outros da estructura e/ou ornamentais (muros de carga, forxados, cuberta, artesoados, escudos, etc.) que son parte sobresaínte na caracterización do obxecto que hai que protexer e conservar.
Documentación para solicitude de licencia.
C A solicitude de licencia de restauración, ademais dos documentos esixidos nas ordenanzas municipais deberá ser acompañada da documentación detallada seguinte:
- Evolución do edificio e do contorno inmediato que poidan xustifica-las solucións adoptadas.
- Levantamento a escala 1/100 do edificio na súa situación actual (plantas, alzados exteriores ou interiores, seccións, etc.) e das edificacións auxiliares e complementarias, así como as ampliacións de escala necesarias de detalles característicos. Levantamento da parcela onde se atopa, a escala non menor de 1/500 indicando a situación relativa dos edificios principal e auxiliar e especificando os cultivos, manchas de arboredo, xardinería, etc.
- Descrición con documentación fotográfica do edificio e dos elementos relevantes que o singularizan, e montaxe das solucións adoptadas tanto das propias edificacións como da xardinería e contorna.
- Memoria xustificativa da oportunidade da obra que se vai realizar, así como dos efectos sobre os usos e usuarios actuais, e sobre os elementos obxecto de protección.
- Proxecto detallado das obras que se van realizar especificando con claridade as zonas e elementos afectados.
Obras permitidas. Con carácter xeral autorizaranse obras de restauración, conservación, reestructuración, consolidación e rehabilitación.
Explicitamente quedan prohibidos os derrubamentos parciais ou totais que afecten á envolvente do edificio, a modificación dos ocos ou a apertura doutros novos e aqueles cambios en dita envolvente que modifiquen a composición xeral.
Aproveitamentos permitidos. En xeral o correspondente ó tipo de solo onde está situada a parcela e/ou edificación protexida.
Documentación para solicitude de licencia. Nos edificios con protección non integral, as solicitudes de licencia de reestructuración e/ou adición de plantas ou incremento de volume, incluirán preceptivamente, ademais dos documentos esixidos nas ordenanzas municipais, a documentación detallada seguinte:
- Descrición fotográfica pormenorizada do estado actual do edificio e dos elementos máis característicos.
- Alzado fotográfico do tramo de rúa ou camiño onde estea situado o edificio, incluíndo a fachada oposta.
- Proxecto detallado das obras que se van realizar especificando con claridade as zonas e elementos afectados.
Nos edificios situados no medio rural presentarase levantamento da parcela onde se sitúa a escala non menor de 1/500 indicando a situación relativa dos edificios principal e auxiliares e especificando os cultivos, manchas de arboredo, xardinería, etc.
Nestas zonas quedan prohibidas tódalas operacións que impliquen variacións das condicións existentes na área delimitada (movementos de terras, edificación, urbanización, etc.), cando o xacemento estea descuberto e localizado. Neste caso de que non exista xacemento localizado, pero si razóns que permiten supoñe-la súa existencia (restos enterrados ou ocultos) calquera operación que implique variación nas condicións existentes, se supeditará ós resultados da investigación previa dos posibles restos.
Nos xacementos que estean ou chegaran a estar declarados polo organismo competente, non se poderá realizar operación ningunha sen a súa autorización previa e baixo inspección do mesmo.
Fóra das áreas catalogadas, en calquera terreo en que aparecera un xacemento ou indicios razoables da súa existencia, a Corporación ordenará a inmediata paralización das obras que estiveran realizando e dará conta o organismo competente da Xunta de Galicia para que adopte as medidas de protección legalmente establecidas.
Obras permitidas. Con carácter xeral autorizaranse exclusivamente as obras de restauración total ou parcial e de conservación.
Para a solicitude de licencia de ditas obras, ós documentos esixidos nas ordenanzas municipais, achegarase aquela da documentación esixida por estas normas para os edificios obxecto de protección integral, que sexa de aplicación ás especiais características do elemento de que se trate.
b) Para este fin as zonas de respecto que se determinen se realizarán de acordo coa ordenación contida polas normas. Así mesmo procurarase que os graos de protección esixibles por declaracións monumentais e de carácter histórico-artístico sexan coherentes coas determinacións das normas.
c) As administracións competentes en materia de protección de bens e espacios naturais protexidos polas normas velarán pola observancia das determinacións contidas nestas e asesorarán ó concello cando este o demande.
2.3.4.1. Ordenanzas reguladoras nas zonas do solo urbano.
Son as definidas nos Planos de ordenación correspondentes, no seu defecto, sobre a distancia maior resultante de situa-la edificación a 4,0 m. do eixe da vía ou na aliñación actual. Non obstante, poderán autorizarse excepcionalmente distancias menores en liñas de áreas compactas cando no espacio dos 4,0 m. quedasen outras edificacións fóra de aliñación se se permite unha sección viaria de 5,0 metros. En todo caso, para as vías tipo I e II esta aliñación establécese en 11,75 e 8,00 m. desde o eixe da calzada.
C Liña de edificación exterior.
Non se considerarán fóra de ordenación as edificacións anteriores ás presentes normas que dispoñendo maiores recuamentos cumpra o resto de parámetros da presente ordenanza.
O correspondente ó recuamento posterior da edificación.
Excepcionalmente se permitirá parcelas inferiores á mínima aquí establecida nos casos seguintes:
Exímese para a tipoloxía arrimada.
Exímese para as edificacións das parcelas flanqueadas por edificacións existente e as de áreas compactas.
A ocupación máxima da parcela será do 50%.
Permítese a ocupación do 70% en parcelas inferiores á mínima que estean flanqueadas por edificacións existentes e as de áreas compactas, requiríndose que a liña de edificación interior da edificación principal se sitúe a 14 metros.
A rasante da edificación principal situada sobre a aliñación oficial será a rasante da vía, a rasante do terreo sería a referencia das edificacións auxiliares e opcionalmente das principais situadas en "itinerarios paisaxísticos".
A edificación sempre será exenta.
O cercado de cerramento de parcela non superará 0,5 m. de elementos opacos debendo ser o resto, ata unha altura máxima de 1,5 m., de materiais non opacos (teas metálicas ou equivalente) ou elementos vexetais non tupidos.
As determinacións que alomenos contemplarán estes plans especiais serán:
- Completamento da urbanización e grao desta con previsión das secciones viais (vial, aparcamento, beirarrúa ou zona peonil, arboredo, xardinería, moblaxe urbana, etc.).
- Definición das dotacións en canto ás infraestructuras urbanísticas e a forma de implantación e/ou mellora.
- Completamento dos sistemas de equipamentos e de espacios libres e zonas verdes.
- Ordenación, en función das determinacións anteriores, do aproveitamento edificatorio correspondente ás entidades e que haberá de respecta-las condicións de uso en canto ós prohibidos e de edificabilidade e de altura máxima en canto ó volume.
Vías tipo II: 8,00 m. medidos desde o eixe da calzada.
Vías tipo III: 6,00 m. medidos desde o eixe da calzada.
Cando coa aliñación xenericamente establecida, en ausencia de definición en planos, quedase fóra de liña algunha edificación que cumprise o resto dos parámetros desta ordenanza, poderá autorizarse completamentos de edificabilidade pendente de consumir sempre que quede garantido un paso libre entre dita edificación e a que exista ó lado oposto da vía de 16, 12 e 8 m. respectivamente para as vías tipo I, II e III.
Con carácter xeral establécese unha parcela mínima de 250 m2. Para a promoción de vivendas familiares en edificación agrupada en fileira, a parcela mínima será o múltiplo de 250 m2 por vivenda.
Excepcionalmente se permitirá parcelas inferiores á mínima aquí establecida nos casos seguintes:
Exímese de superficie e/ou fronte mínimo para as tipoloxías exenta e arrimada en tramos consolidados.
Exímese da superficie mínima da parcela para vivenda familiar situada entre colindantes edificados con anterioridade á aprobación deste documento, no procedente de segregacións posteriores.
A ocupación máxima da parcela será do 50%.
A rasante de edificación situada sobre a aliñación oficial será a rasante da vía, en posición libre sobre a banda edificable a rasante será a do terreo.
Para os aproveitamentos baixo cuberta autorízanse os usos de vivenda, locais de almacenamento e similares.
Os semisotos non computables en unha altura inferiores á vivenda familiar unicamente terá usos complementarios da mesma: garaxes, bodegas, etc.
A edificación sempre será exenta.
O recuamento mínimo ós lindeiros, salvo as edificacións que coroen baixo a rasante da vía, será de 3,5 metros.
O cercado de cerramento de parcela non excederá 0,5 m. de elementos opacos debendo se-lo resto, ata unha altura máxima de 1,50 m. de materiais non opacos (teas metálicas ou equivalente) ou elementos vexetais non tupidos.
b) A liña de edificación interior en planta baixa prolongada, non representada nos Planos de ordenación, limita a máxima profundidade edificable do baixo e as súas plantas inferiores en 20 metros.
C Fronte mínimo de parcela.
Será de 8 metros. Exceptúanse os terreos edificables que non poden cumprir tal condición por atoparse flanqueados por edificacións existentes e as frontes das edificacións suxeitas a renovación, adición ou reconstrucción.
Para edificacións en esquina con alturas máximas desiguais a senllas rúas, estas poderán igualarse ata un límite determinado por unha paralela a 20 metros á liña de edificación exterior sobre a que se edifica máis alto.
Autorízanse aproveitamentos edificatorios uso vivenda por encima da altura máxima, ben formando parte das vivendas da última planta, ás que estarán unidas mediante escaleira interior, ben independentes, cando tódolos usos do inmoble dispoñan de aparcamentos no mesmo.
O número de plantas que se definen nos Planos de ordenación, regulándose como alturas máximas de 10,05 m. para baixo e 2 plantas, 12,95 m. para baixo e 3 plantas e 15,85 m. para baixo e catro plantas.
Para edificacións en esquina con alturas máximas desiguais a senllas rúas, estas poderán igualarse ata un límite determinado por unha paralela a 20 metros á liña de edificación exterior sobre a que se edifica máis alto.
C Espacios libres privados edificables en patios de cuarteirón.
Poderase prolonga-lo baixo e as súas plantas inferiores.
. Liña de edificación exterior. En xeral coincide coa aliñación. Non obstante o concello poderá autorizar recuamentos respecto da aliñación cando estes supoñan unha mellora notable das condicións locais da vía ou dean lugar á creación de espacios abertos que, repercutindo nunha mellora das condicións resolvan en si mesmos os problemas presentados (medianeiras ó descuberto, etc.).
. Ocupación máxima de parcela. Será do 70%. Nas industrias existentes toleraranse as ocupacións maiores, existentes no momento da aprobación destas normas.
. Altura da edificación. Non poderán supera-los 8,00 metros medidos ata o arrinque da cuberta. Esta non poderá posuír elementos que superen en máis de 3 metros a altura máxima permitida. Aqueles elementos técnicos da instalación que non teñan cabida na altura máxima permitida, e que superen necesariamente a cuberta, esixirán autorización previa do concello. Neste caso os elementos que superen a altura máxima permitida, haberán de separarse dos lindeiros da parcela nunha distancia non inferior a 1/2 da súa altura total. Exceptúanse desta condición as chemineas e conductos de fumos.
Esta adscripción ó persoal de vixilancia estará inscrita no Rexistro da propiedade vinculándose exclusivamente á actividade industrial. A vivenda terá unha edificabilidade absoluta de 120 M2, a altura máxima da edificación non excederá de 6,5 m. non se permitirán outros usos.
As vivendas que existan no momento da aprobación deste documento e non incluíbles no grupo anterior, poderanse conservar, restaurar, consolidar, rehabilitar ou reestructurar, podendo incluso autorizarse a súa reedificación sempre que se garantan as condicións que para o uso vivenda se establecen neste documento nos capítulos de "Normas de edificación".
Non se autorizará a vivenda colectiva.
. Industrial: en categoría 10, 20 e 30 sen limitación de superficie. En categoría 40, exclusivamente para industrias de transformación de productos mariños e de construcción e reparación de buques, así mesmo sen limitación de superficie.
En calquera caso rexerá o establecido no Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas e a súa correspondente instrucción.
. Garaxe-aparcamento e servicios do automóbil. En categorías la, 2a e 3a ligadas á actividade principal industrial.
En categoría 50 con ou sen relación coa actividade industrial.
. Oficinas: permitidas en calquera das súas categorías e situacións, ligadas á actividade industrial.
En caso de edificios non protexidos explicitamente se aplicarán as correspondentes á protección non integral.
Aplícase esta ordenanza ós ámbitos das unidades de xestión determinadas nos Planos de ordenación. Estas unidades, en desenvolvemento da ordenación prevista nos Planos de ordenación, requirirán da previa tramitación dun Estudio de Detalle cos obxectivos, parámetros e condicións de ordenación que se determinan.
Nas unidades de xestión nas que se prevexan novos usos e construccións en terreos afectados pola servidume de 20 m. de protección da costa, os estudios de detalle antes definidos terán o alcance e contido establecido na Disposición transitoria novena do Regulamento da Lei de costas.
Parámetros:
Superficie total: 7.600 m2
Edificabilidade: 0,88 m2/m2
Dotacións públicas: zonas verdes: 4.000 m2
Altura máxima:baixo e 2 plantas (10 m.).
Nas restantes determinacións rexerá o establecido para as ordenanzas 3 e 4 de solo urbano.
O proxecto de delimitación da presente Unidade de xestión poderá propoñe-la súa división noutras de menor extensión, sempre que se garanta o equitativo reparto de cargas e beneficios.
Parámetros:
Superficie total: 8.000 m2
Edificabilidade: 0,88 m2/m2
Dotacións públicas: zonas verdes: 4.000 m2
Altura máxima: baixo e 2 plantas (10 m.).
Nas restantes determinacións rexerá o establecido para as ordenanzas 3 e 4 do solo urbano.
O proxecto de delimitación da presente Unidade de xestión poderá propone-la súa división noutras de menor extensión sempre que se garanta o equitativo reparto de cargas e beneficios.
Parámetros:
Superficie total: 3.400 m2
Edificabilidade: 0,55 m2/m2
Dotacións públicas:
Multiuso: 600 m2.
Total: 1.400 m2.
Nas restantes determinacións rexerá o establecido para a ordenanza 2 do solo urbano, coa excepción referente á parcela mínima.
Parámetros:
Superficie total: 5.800 m2
Edificabilidade: 1,265 m2/m2
Dotacións públicas: zona verde: 1.392 m2
Altura máxima: baixo e dúas plantas (9,70 metros).
Nas restantes determinacións rexerá o disposto na ordenanza 4 do solo urbano, cun fondo máximo de edificación en planta vivenda de 14 metros.
Parámetros:
Superficie total: 5.200 m2
Edificabilidade: 1,43 m2/m2
Dotacións públicas: zona libre: 600 m2
Altura máxima: baixo e dúas plantas (9,70 m.)
6. UG-6. A XUNQUEIRA I.
Parámetros:
Superficie total: 4.400 m2
Edificabilidade: 1,265 m2/m2
Altura máxima: baixo e tres plantas (12,60 m.).
Dotacións públicas: zona libre: 2.500 m2
Determinase un fondo máximo de edificación de 14 metros en planta vivenda, rexendo nas restantes determinacións o establecido para a ordenanza 4 do solo urbano.
Parámetros:
Superficie total: 5.600 m2
Edificabilidade: 1,43 m2/m2
Dotacións públicas: zona libre: 3.000 m2
Altura máxima: baixo e dúas plantas (9,70 metros).
Nas restantes determinacións estarase ó disposto na ordenanza 3 de solo urbano.
Parámetros:
Superficie total: 9.200 m2
Edificabilidade: 1,2 m2/m2
Dotacións públicas:
Zona libre: 2.800 m2
Nas restantes determinacións rexerá o disposto na ordenanza 4 de solo urbano.
Parámetros:
Superficie total: 6.800 m2
Edificabilidade: 1,1 m2/m2
Datacións públicas: zona verde: 1.450 m2
Parámetros:
Superficie total: 3.000 m2
Edificabilidade: 1,43 m2/m2
Dotacións públicas: Zona verde: 240 m2
Total: 460 m2
Nas restantes determinacións rexerá o disposto na ordenanza 4 de solo urbano cun fondo máximo de edificación en planta vivenda de 14 metros.
Parámetros:
Superficie total: 2.800 m2
Edificabilidade: 1,1 m2/m2
Dotacións públicas: Asistencial: 1.580 m2
Parámetros:
Superficie total: 10.400 m2
Edificabilidade: 0,55 m2/m2
Dotacións públicas:
Docente: 180 m2
Total: 4.980 m2
Nas restantes determinacións rexerá o disposto na ordenanza 2 de solo urbano.
Parámetros:
Superficie total: 4.000 m2
Edificabilidade: 1,43 m2/m2
Dotacións públicas:
Multiuso: 700 m2
Nas restantes determinacións rexerá o disposto nas ordenanzas 3 e 4 do solo urbano, cun fondo máximo de 14 metros en plantas vivenda.
A superficie clasificada divídese para os efectos da ordenación nas seguintes áreas aptas para a urbanización:
A-2. A XUNQUEIRA.
A-3. ABELENDO.
A-4. A XUNQUEIRA II.
A-5. MEIRA.
A-6. DOMAIO.
A-7. O LATÓN.
A-8. A PANDIÑA.
A-9. QUINTELA.
A-11. PPI PAXONAS.
Para os efectos da súa xestión e de acordo co establecido no artigo 78 da LS cada un destes ámbitos terá a consideración de Área de reparto. Os plans parciais establecerán os prazos para a súa urbanización e cumprimento de deberes de cesión e equidistribución, así como os prazos para a solicitude de licencias de edificación e de iniciación e finalización das obras de edificación.
Para o desenvolvemento dos plans parciais correspondentes establécense as seguintes determinacións:
2.3.4.2.1. Solo apto para a urbanización do Rosal II. A-1.
Para o desenvolvemento do dito solo establécese un único sector de planeamento que comprende a totalidade da superficie.
. O Plan parcial axustarase segundo o establecido no art. 83 e concordantes da Lei do solo, así como polos arts. 43 e ss. do Regulamento de planeamento da citada lei.
. As reservas de solo para dotacións estableceranse de acordo co indicado no art. 48.4. do Regulamento de planeamento da Lei do solo, así como polas condicións particulares deste parágrafo.
. Uso principal:
Residencial: vivenda colectiva ou unifamiliar e hoteleiro, cunha intensidade máxima de 30 vivendas/Ha., sobre o total do sector excluídos sistemas xerais adscritos. Cada praza hoteleira computará como 0,2 vivendas.
. Outros usos compatibles permitidos:
Comercial.
Oficinas.
Salas de reunión.
Sanitario.
Asistencial.
Educativo e docente.
Socio-cultural.
Relixioso.
Deportivo.
Recreativo.
Espectáculos.
Servicios públicos.
Industria compatible con vivenda.
Garaxe-aparcamento e servicios do automóbil.
Os restantes non especificados.
El Plan parcial preverá dentro deste área, as necesarias dotacións de equipamento comunitario debendo cumbri-los módulos mínimos do anexo ó Regulamento de planeamento, agrupados nas unidades que o mesmo establece, en particular as dotacións escolares proporanse en contigüidade coas xa existentes para os efectos de alcanzar unidades maiores.
Os trazados de redes e galerías de servicios determinaranse do modo establecido no art. 53 do Regulamento de planeamento.
Para o desenvolvemento do dito solo establécese un único sector de planeamento que comprende a totalidade da superficie.
- Delimitación.
. O Plan parcial axustarase ó establecido no art. 83 e concordantes da Lei do solo, así como polos arts. 43 e ss. do Regulamento de planeamento da citada lei.
. As reservas de solo para dotación estableceranse de acordo co indicado no art. 48.4. do Regulamento de planeamento da Lei do solo, así como polas condicións particulares deste parágrafo.
. A tipoloxía de ordenación será libre, se ben haberá de ter en conta as características do solo urbano contiguo, procurando resolve-la zona de contacto con propostas que harmonicen coas características da ordenación do solo urbano e que contribúa ó completamento dos tecidos. Como criterio da ordenación procurarase grada-las intensidades en sentido decrecente cara ós contactos cos solos de menor intensidade e non entorpecendo as visuais desde o novo sistema viario.
. Uso principal:
Residencial: vivenda colectiva ou unifamiliar e hoteleiro, con unha intensidade máxima de 70 vivendas/Ha., sobre o total do sector excluídos sistemas xerais adscritos. Cada praza hoteleira computará como 0,2 vivendas.
. Outros usos compatibles permitidos:
Comercial.
Oficinas.
Salas de reunión.
Sanitario.
Asistencial.
Educativo e docente.
Socio-cultural.
Relixioso.
Deportivo.
Recreativo.
Espectáculos.
Servicios públicos.
Garaxe-aparcamento e servicios do automóbil.
. Usos prohibidos:
Os restantes non especificados.
O Plan parcial preverá dentro deste sector, as necesarias dotacións de equipamento comunitario debendo cubri-los módulos mínimos do anexo ó Regulamento de planeamento, agrupados nas unidades que o mesmo establece, en particular parte das dotacións se proporán en contacto cos solos de menor intensidade para os efectos de minora-lo impacto sobre áreas colindantes.
Os trazados de redes e galerías de servicios determinaranse do modo establecido no art. 53 do Regulamento de planeamento.
Para o desenvolvemento do dito solo establécese un único sector de planeamento que comprende a totalidade da superficie.
- Delimitación.
. O Plan parcial axustarase ó establecido no art. 83 e concordantes da Lei do solo, así como polos arts. 43 e ss. do Regulamento de planeamento da citada lei.
. As reservas de solo para dotacións estableceranse de acordo co establecido no art. 48.4. do Regulamento de planeamento da Lei do solo, así como polas condicións particulares deste parágrafo.
. A tipoloxía de ordenación será libre, se ben haberá de ter en conta as características do solo urbano contiguo, procurando resolve-la zona de contacto con propostas que harmonicen coas características da ordenación do solo urbano e que contribúan ó completamento dos tecidos.
. Outros usos compatibles permitidos:
Comercial.
Oficinas.
Salas de reunión.
Sanitario.
Asistencial.
Educativo e docente.
Socio-cultural.
Relixioso.
Deportivo.
Recreativo.
Espectáculos.
Servicios públicos.
. Usos prohibidos:
Os restantes non especificados.
O Plan parcial preverá dentro deste sector, as necesarias dotacións de equipamento comunitario debendo cubri-los módulos mínimos do anexo ó Regulamento de planeamento, agrupados nas unidades que o mesmo establece.
Os trazados de redes e galerías de servicios determinaranse do modo establecido no art. 53 do Regulamento de planeamento.
Para o desenvolvemento do dito solo establécese un único sector de planeamento que comprende a totalidade da superficie.
. O Plan parcial adaptarase ó establecido no art. 83 e concordantes da Lei do solo, así como polos arts. 43 e ss. do Regulamento de planeamento da citada lei.
. As reservas de solo para dotacións estableceranse de acordo co indicado no art. 48.4. do Regulamento de planeamento da Lei do solo, así como polas condicións particulares desta alínea.