Norma urbanística do 96


2.4. NORMAS DE URBANIZACIÓN.

2.4.1. Normas xerais de urbanización.

2.4.2. Vertidos en praias e costas.

2.4.3. Evacuación de augas e abastecemento de forma individual.

2.4.4. Enerxía eléctrica.

2.4.5. Alumeado público.

2.4.6. Plan especial de infraestructuras.

2.4. NORMAS DE URBANIZACIÓN.

2.4.1. Normas xerais de urbanización.
ÁMBITO.

Serán de aplicación obrigatoria para a totalidade das redes de infraestructuras sanitarias e vías urbanas que se executen.

ABASTECEMENTO DE AUGA.

A dotación mínima de auga potable en zonas residenciais será de 250 l/hab. e día e de 0,8 l/seg@Ha. nas industriais.

As conduccións situaranse a unha profundidade mínima de 0,60 m. e irán reforzadas con envolvente de formigón nos cruzamentos de calzadas.

O entubado de auga potable irán sempre a cota superior ás de saneamento. Ó afastamento vertical mínimo entre os ditos tubos será de 0,30 m.

As conexións cos tubos mestres ou aneis principais de distribución desde as distintas edificacións faranse controladas, intercalando redes secundarias que conectarán con aquelas en puntos prefixados.

SANEAMENTO.

Nos puntos baixos das rasantes das rúas, instalaranse sumidoiros sifónicos cando as augas pluviais se conecten á rede de saneamento.

As acometidas á rede de saneamento serán controladas mediante conduccións lonxitudinais ó longo das beirarrúas.

- Non se permitirá ningún vertido directo ó mar ou ás canles públicas.

- As instalacións de depuración deberán complementarse para o seu vertido cun emisario submariño.

AFIRMADO.
O afirmado de rúas estructurarase coas seguintes capas indicativas: rodaxe, base e sub-base.

DISPOSICIÓN DE SERVICIOS.

I. Estradas. Os servicios disporanse por ámbolos dous lados, fóra da calzada.

II. Rúas de nova apertura. As canalizacións de auga e servicios disporanse baixo as beirarrúas. O saneamento poderá desenvolverse polo centro da calzada cando a sección viaria sexa inferior a 8 m.

III. Ampliación de rúas. Se a ampliación dunha rúa afecta de maneira importante á súa composición, trazado e servicios urbanos, se adoptarán os criterios establecidos nas presentes Normas de urbanización para as rúas de nova apertura.

2.4.2. Vertidos en praias e costas. O vertido de augas residuais nas praias e costas en xeral regularase polo disposto na resolución do Ministerio de Obras Públicas de 23 de abril de 1969 e das Ordes Ministeriais de data 25 de febreiro de 1970 e 29 de abril de 1977.

Todo iso sen prexuízo das competencias sobre vertidos de augas residuais ó mar que corresponden á Comunidade Autónoma.

 

2.4.3. Evacuación de augas e abastecemento de forma individual.
En tanto non dispoñan de Plan especial de reforma interior ou mellora do medio, as áreas cualificadas como solo urbano de entidades de poboación, poderán resolve-la evacuación de augas residuais mediante fosas sépticas e mediante pozo ou captación individual o abastecemento, sempre que concorran as seguintes circunstancias: - Que o núcleo rural de que se trate non dispoña de rede de abastecemento de auga e/ou de rede de sumidoiros, nin estea prevista a súa execución mediante proxecto de urbanización ou proxectos de obras ordinarias. - Que non se alcanzasen os niveis previstos para os indicadores a que se refire o art. 19.3. LSG.

 

 

- Que se garantan no proxecto de edificación as condicións técnico-sanitarias das instalacións en relación coa parcela sobre a que se pretende edificar e ó seu contorno, cumprindo en todo caso as normas e estándares técnicos que esixe a lexislación vixente.

- Que o proxecto de edificación prevexa e xustifique suficientemente que a disposición das instalacións do edificio e das instalacións individuais de abastecemento e/ou evacuación e vertido permite as futuras conexións coas redes que se cheguen a implantar na vía pública á que a parcela dea fronte.

En tales casos, a captación de augas para usos domésticos deberá efectuarse nunha zona que non poida resultar contaminada. Será obrigatorio, se as condicións topográficas o permiten que a fosa séptica se sitúe próxima á vía a que dea fronte a edificación. A separación mínima entre a fosa séptica e o punto de captación de auga será de 25 metros.

Nas zonas en que polas súas condicións de densidade residencial, poden crearse problemas de salubridade coa solución individual da evacuación de augas residuais e do abastecemento, o concello formará o Planeamento especial contemplado nas presentes normas.

2.4.4. Enerxía eléctrica. A dotación mínima de enerxía eléctrica para usos domésticos será de 0,6 KW@H por habitante.

As liñas de distribución para o alumeado público serán subterráneas e as correspondentes a uso doméstico poderán ser aéreas ou subterráneas.

2.4.5. Alumeado público. O nivel de iluminación das vías fixarase de acordo coa importancia do seu tráfico. Para estes efectos os estándares de iluminación requiridos para o alumeado público será: - En vías principais (niveis I e II): 10 lux.

- En vías secundarias: 5 lux.

 

2.4.6. Plan especial de infraestructuras. Independentemente de que tódolos viais existentes, previstos neste documento ou que poidan xurdir no seu desenvolvemento posterior (plans parciais, plans especiais, etc.) deben adaptarse ás Normas de urbanización do parágrafo anterior se prevé a necesidade de redactar un Plan especial de infraestructuras que de forma global contemple a resolución integrada do abastecemento de auga e evacuación-depuración-vertido de todo ou parte do termo municipal, en coordinación cos plans e proxectos da COTOP.