Norma urbanística do 96


DISPOSICIÓN TRANSITORIA 10.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA 20.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA 30.

DISPOSICIÓN FINAL 10.

DISPOSICIÓN FINAL 20.

 

 

DISPOSICIÓN TRANSITORIA 10. PLAN PARCIAL ROSAL SUR.

En relación ó Plan parcial sector do Rosal-Sur (A-3. S-l) as Normas subsidiarias de planeamento municipal alteran as súas determinacións co alcance e contido seguinte:

a. Viario público: haberá de axustarse a ordenación do Plan parcial á disposición do viario principal establecido en Planos de ordenación.

b. Dotacións: as reservas, tanto para dotacións públicas como zonas verdes haberán de dispoñerse agrupadas, evitando a súa atomización.

c. Tipo de ordenación: establécese unha ordenación preferente en cuadra pechada.

d. Edificabilidade: a superficie máxima edificada será o resultado de aplicarlle á superficie bruta do sector unha edificabilidade de 1 m2/m2.

e. Densidade residencial: establécese unha densidade residencial máxima de 70 viv. por hectárea.

f. Aproveitamento tipo: establécese un aproveitamento de 1 m2 do uso característico por cada m2 de superficie da área de reparto. Para estes efectos establécese como uso característico o residencial en planta alta e comercial en planta baixa, e como área de reparto a totalidade do ámbito do sector, tal e como se delimita nos Planos de ordenación.

g. Condicións de uso: mantéñense as condicións de uso.

h. Poligonación: a adaptación do Plan parcial conterá obrigatoriamente a división do sector en máis de un polígono.

i. Prazos de execución: a adaptación do Plan parcial ás determinacións establecidas nesta disposición, establecerá obrigatoriamente a poligonación do sector en máis de un polígono de actuación. Alomenos para un dos polígonos establecerase no prazo de dous anos, contados desde a aprobación definitiva da adaptación do Plan parcial, para a execución dos deberes de urbanización, cesión e equidistribución. O polígono que se estableza como de execución prioritaria haberá de comprender alomenos o 50% da superficie do Plan parcial. A adaptación establecerá os prazos de urbanización e de edificación para a totalidade do sector.

Para a realización destas determinacións haberá de redactarse un documento reformado do Plan parcial. DISPOSICIÓN TRANSITORIA 20. PLAN PARCIAL CHAN POZO NEGRO E PLAN PARCIAL MONTE DO CON.

En relación co Plan parcial de Chan-Pozo Negro as Normas subsidiarias de planeamento municipal manteñen as súas determinacións de ordenación, establecéndose os seguintes prazos para a súa execución: dous anos contados a partir da aprobación definitiva das normas para a execución dos deberes de urbanización, cesión e equidistribución; dous anos contados desde a finalización do prazo anterior para a solicitude de licencias de edificación; e, dos años para a edificación contados desde a concesión de licencias.

En relación co Plan parcial monte do Con as Normas subsidiarias de planeamento municipal opcionalmente, tralo cumprimento das contraprestacións do convenio urbanístico firmado o 26 de outubro de 1994, facultase ós propietarios para a presentación dun documento reformado do Plan parcial que alteraría as súas determinacións co alcance e contido seguintes:

a. A conexión viaria á rede interna de comunicacións co sistema viario de Moaña-Vila producirase a través da avenida de José Costa Alonso.

b. Condición de volume: ordenarase mediante edificacións exentas, encostadas ou en liña de baixo e andar para vivendas familiares ou en bloque aberto para colectivas, a súa altura máxima de edificación non rebasará as tres plantas (baixo e dúas alturas) dispoñéndose a edificación de acordo coas existentes no contorno inmediato, situando os maiores volumes na posición sueste da parcela.

c. Edificabilidade: a superficie máxima edificada será resultado de aplicarlle á superficie bruta do sector unha edificabilidade de 0,8 m2/m2.

d. Condicións de uso. Uso característico: para os efectos de reparto será o residencial.

Uso principal: residencial, o de vivenda familiar, colectiva e hoteleiro cunha intensidade máxima de 35 vivendas por hectárea sobre o total do sector. Cada praza hoteleira computará como 0,2 vivendas. Outros usos compatibles permitidos serán os que definen a Norma para outros plans parciais de idéntica densidade vivendas/Ha.

e. Aproveitamento tipo: o aproveitamento tipo será 0,8 m2 do uso característico por cada m2 da superficie da área de reparto.

f) Prazo de adaptación do plan: un ano a partir da aprobación definitiva da aprobación da revisión da Norma.

g) Obrigas:

. Ampliar e urbaniza-lo camiño de Albariños ata unha anchura total de 12 m. ó longo de toda o terreo.

 

. Urbaniza-lo parque nos terreos xa cedidos segundo o proxecto da escola obradoiro de Moaña, cun presuposto máximo de 5.200.000 pts. e baixo a dirección de técnicos designados polo concello.

. Cesión de unha parcela para equipamento social ou preescolar de 1.500 m2.

. Ampliación do camiño ó lado do Maruxía.

En calquera caso haberán de cumprirse os estándares previstos no anexo do Regulamento de planeamento aprobado polo Real decreto 2159/1978 do 23 de xuño.

 

DISPOSICIÓN TRANSITORIA 30. PLAN PARCIAL GOLF DOMAIO.

En relación co Plan parcial Golf Domaio as Normas subsidiarias de planeamento municipal manteñen as determinacións de ordenación e prazos de execución contemplados no documento aprobado definitivamente.

DISPOSICIÓN FINAL PRIMEIRA.

As determinacións contidas no presente documento non prexulgan as competencias exclusivas, que pola lexislación vixente veñan atribuídas ás distintas administracións sectoriais, tanto de rango autonómico, como estatal ou local.

 

DISPOSICIÓN FINAL SEGUNDA.

En tódalas actuacións na costa terase en especial consideración o que dispoñen os art. 24, 25, 44.6 e a Disposición transitoria cuarta da Lei de costas.