NIVEIS EDUCATIVOS

 

Ed. Infantil de 3 a 5 anos

Ed. Primaria

Nº total de alumnos-as : 130

Nº total de profesores : 14

 

 

ASPECTOS XERAIS

 

Centro Con xornada única e transporte escolar.

Lingua de aprendizaxe : castelán e galego, segundo sexa a lingua materna.

Idiomas extranxeiros : inglés e francés

Outras actividades : saídas culturais , saídas ó entorno,periodico escolar, teatro,conmemoracións e festas de tradición local.

Actividades extraescolares que se tratan de adaptar cada curso á demanda :futbito, patinase, manualidades, aeróbic, folclore,teatro,

 

 

CARACTERÍSTICAS DO CENTRO

 

Este centro está situado no barrio de Abelendo de Moaña, nunha zona alta e de privilexiadas vistas de Moaña, da ría e da cidade de Vigo. Sérvenlle de marco un entorno rural, verde, espacioso e con vivendas unifamiliares.

Pretendemos que este ambiente agradable que nos rodea se repire tamén no interior. Con esta finalidade tratamos de potencia-los valores que fagan que este  colexio público camiñe hacia unha integración social e educativa dos alumnos-as e tendo como máximo obxectivo a súa formación integral como persoas.