C.E.I. DO CON

Enderezo:      Navas de Tolosa, s/n

                        36950 - Moaña

Teléfono:       986 31 20 18

Nome da directora: Ángeles

CARACTERÍSTICAS DO CENTRO

- O centro funciona con xornada única de mañá de 9 a 14 h. Sitúase en Moaña, preto do Peirao, detrás da finca da Marquesa. Funcional e moderno, con grandes ventanais, conta con unha única planta que dispón de seis aulas, unha aula de psicomotricidade e baños nas aulas adaptados ós nenos e nenas, despacho, baño dos mestres e caldeira. O patio de recreo está totalmente valado, hai unha fonte, árbores e xogos infantís (tobogán, cabaliños, casita, cubos e pas, carretillas).

EQUIPAMENTO

- Patio cuberto de 182 m2.

- Patio exterior de 830 m2 con areeiro.

- Zonas axardiñadas.

-Cinco aulas, biblioteca, aula de psicomotricidade de 100 m2, chan de cortiza, longo encerado e gran corticeira que ocupa dúas frontes das aulas, radiadores por tódalas dependencias... Mobiliario suficiente e daptado ás idades dos alumnos e alumnas. Bastante material didáctico e de psicomotricidade. Ordenador na maioría das aulas.

ACTIVIDADES

- Lingua de aprendizaxe castelán, sen esquecer actividades en galego.

- Lingua estranxeira: inglés.

- Informática a partir dos tres anos.

- Outras actividades: saídas culturais, excursións, festivais, conferencias, contacontos (Kalandraka), periódico escolar (trimestral).

- Actividades extraescolares: inglés, patinaxe e xogos e deportes, celebración de festas, como o magosto, o Nadal, o Entroido, celebración de días destacados como o día da Paz, día do Libro, día do Consumidor, día da Árbore, etc.