|
C.E.I.P.
DA GUÍA
Enderezo: Isamil,
222 A
36955
Moaña Teléfono/fax: 986
31 41 73 Nome
do director: Montserrat CARACTERÍSTICAS
DO CENTRO -
Foi creado no curso 90-91. Está situado no lugar da Guía,
preto do mar, rodeado de espacios verdes e con amplas vista sobre a ría. No
noso proxecto educativo, figuran os principios de identidade do centro.
Pretendemos que a educación potencie crear os valores propios dunha
sociedade democrática, mediante un clima de respecto, autodisciplina,
coeducación e integración social e educativa de tódolos
seus membros. Foméntanse
as relación as relacións de alumnos, titores, e pais mediante
xuntanzas e entrevistas semanais. EQUIPAMENTO
-
Superficie do centro: 540 m2. -
Superficie de patios, zonas verdes e xardín: 1.500 m2. -
Ten aulas amplas, unha biblioteca con máis de 4.000 exemplares,
sala de audiovisuais e laboratorio, sala de informática ben equipada
con variedade de programas educativos e acceso á rede Internet,
aula de música e psicomotricidade, aula de plástica, ximnasio,
patio cuberto, pista polideportiva e ampla zona axardiñada.
|
ACTIVIDADES
-
Centro con xornada única. -
Servicio de autobuses. -
Linguas de aprendizaxe: galego e castelán. -
Linguas estranxeiras: inglés (a partir dos catro anos) e francés.
-
Educación musical a partir dos tres anos.
-
Servicio de Orientación e Atención Psicopedagóxica
ó alumno, compartido co IES As Barxas.
-
Educación Física a partir dos tres anos.
-
Actividades extraescolares para o alumnado: cerámica, música
(guitarra), debuxo e pintura, aeróbic, manualidades, futbiño,
cociña e xogos psicomotrices para os máis pequenos.
-
Actividades para pais-nais:
-
Aeróbic, ximnasia de mantemento, cociña e informática. -
Escola de pais con charlas periódicas, impartidas por persoas cualificadas
(médicos, psicólogos...). -
Participación no programa Comenius con países da Unión
Europea. -
Programa de Voz Natura de achegamento e valoración do medio ambiente. -
Realización da revista escolar. -
Participación en festas tradicionais, saídas culturais, excursións,
festivais, conferencias, etc. |