C.E.I.P. DE QUINTELA 

  

Enderezo: Quintela, 72 – A. 

 36950 Moaña 

  

Teléfono: 986 31 12 68 

Fax: 986 31 20 88 

Quintela:  cquintel@inicia.es 

  

Nome do director: 

  

CARACTERÍSTICAS DO CENTRO 

- O colexio de Quintela comezou o seu funcionamento no novo edificio no ano 1983, substituíndo o anterior Grupo Escolar de Quintela de 1912. Consta de dous edificios, un para educación primaria e outro independente para educación infantil. 

 Temos aprobado por tódolos membros da comunidade escolar un Proxecto Educativo e nas súas notas de identidade figuran como características, entre outras, as seguintes: 

 - Estimular os valores propios dunha sociedade democrática, como son: a solidariedade, o respecto, as actitudes de diálogo, a responsabilidade... 

 - Adquisición de hábitos e técnicas de traballo, propoñendo unha educación individualizada, adaptada ás características do alumnado cunha metodoloxía activa para lograr unha aprendizaxe significativa e de calidade, baseada no traballo, no respecto e na tolerancia. 

 - A escola deberá estar vinculada á realidade social e cultural de Galicia sen esquecer a pluralidade cultural española e mundial. 

  

EQUIPAMENTO 

- Novo pavillón de deportes. 

- Patio cuberto con canastras de baloncesto. 

- Pista polideportiva. 

- Zonas verdes e axardiñadas. 

- Zona reservada para xogos de educación infantil. 

- Biblioteca con 4.500 exemplares e servicio de préstamo. 

- Aula de informática para o alumnado, con variedade de programas educativos. 

- Aulas específicas de música, audiovisuais, plástica, inglés e aula de apoio. 

  

ACTIVIDADES 

- Linguas de aprendizaxe. 

- Linguas estranxeiras: inglés (desde os seis anos) e francés. 

- Horario de clases: de 9 a 14 h. 

- Actividades extraescolares: de 16 a 18 horas (informática, futbito, teatro, manualidades, xogos e deportes para pequenos). 

- Participación no Programa Comenius-1 da Unión Europea. 

- Horario de atención do profesorado ás familias tódolos martes pola tarde. 

- Departamento de Orientación Escolar dependente do IES A Paralaia. 

- Profesorado especialista en audición e linguaxe e Pedagoxía Terapéutica. 

- Celebración de festas tradicionais: o magosto, o Entroido, semana das Letras Galegas... 

- Equipo de Normalización Lingüística: edítase unha revista escolar (A Nosa Voz). 

- Saídas e visitas culturais. 

- Está constituída a APA (asociación de pais e nais).