A ORIXE DAS REGATAS A REMO

Unha regata é a loita deportiva entre embarcacións que compiten de acordo cunhas regras estipuladas.

O remo é parte fundamental como medio de propulsión aplicado a navegación, estando ó servicio dos fins diversos da vida humana, neste caso do deporte.

As regatas puideron nacer en calquera das moitas ocasións nas que se atoparon varias embarcacións que se dirixían o mesmo punto.

A traíña LA BLANCA

BREVE CRONOLOXÍA

Son escasas as noticias que nos deixaron os chinos e xaponeses da súa actividade co mar, ainda que posúen unha antiquísima tradición mariñeira, foron de feito os primeiros navegantes, antes dos fenicios e os exipcios.

As primeiras testemuñas fiables proceden do antigo Exipto, fai xa máis de catro mil anos, onde os barqueiros do Nilo enfrentábanse nas súas barcas para acadar a honra de formar parte da procesión funeraria do Faraón.

Para navegar polo Nilo construían barcas con canas de papiro unidas, principiando a utiliza-la madeira a partir do ano 3000 a. de C. Como áncora usaban unha pesada pedra. Comenzan a utiliza-la vela, primeiro cadrada e logo rectangular.

Foron os fenicios os que máis desenrolaron a arte da construcción naval, os seus coñecementos marítimos e astronómicos permitíronlle alcanzar unha superioridade neste campo. Podémolos considerar como os precursores das mariñas militares da antigüidade.
 

AS REGATAS NA ANTIGÜIDADE CLÁSICA

Na antiguidade clásica tamén se celebraban regatas. O poeta latino Virxilio (70 49 a C.) deixouno-la testemuña no libro V da súa ENEIDA.

Foi unha regata entre embarcacións TRIRREMES (Galera con tres ordes de remos do s. VIII antes de C., utilizada por gregos e romanos) que Eneas argallou nos xogos funerarios na honra do seu pai Anquises. Disputouse en Trapani, na costa Oeste da illa de Sicilia. O anuncio da regata dicía:

Praeterea, si nona diem mortalibus almum Aurora extuleril, radiisque retexeril orbem; Prima cita e Teucris ponam certamina classis.

Ademais, se a novena aurora trae os mortais un día apacible e sereno, e viste o orbe cun manto de luz, proporei ós troianos un certámen e un galardon para o máis rápido navío.

Participaron catro embarcacións trirremes iguais, elixidas entre as mellores da frota O campo de regatas, situado perpendicularmente á costa chegaba ata uns cons a flor de auga. Para sinala-la baliza de virada, Eneas colocou unha aciñeira ben visible desde terra, enriba do sombreiro dun con. Foi polo tanto unha regata con boia única, ida e volta. Os incidentes na ceavoga son descritos maxistralmente polo poeta.

Pasaron vinte séculos do relato dos feitos, pero o vigor e a frescura que lle deu Virxilio ós seus imperecedoiros versos, o lelos hoxe fainos revivi-la regata.

Tódolos detalles da regata están minuciosamente descritos: Cartel anunciando a regata; exposición dos premios; o sorteo do lugar de saída das embarcacións; o aliñamento; arrincada e as diversas incidencias que se van producindo no desenrolo da mesma.

Destaca a descripción da loita final entre as dúas primeiras embarcacións que entran no peirao:

Hi, proprium decus et partum indignantur honorem
Ni teneant, vitamque volunt pro laude pacisci;
Hos successu alit: possunt, quia posse videntur.

Os de Cloanto indígnanse da gloria propia e da alcanzada honra, se non a conservan, trocarían a vida polamorte; os outros aléntannos a victoria e poden, porque lles parece que poden.

Unha frase de dous mil anos: "Possunt, quia posse videntur": PODEN, PORQUE LLES PARECE QUE PODEN. Expresa o verdadeiro espirito que debe alentar a todo remeiro nos intres máis duros da regata, cando o cansancio físico vai consumindo a súa resistencia; éste e o intre decisivo no que a vontade debe vencer, o ánimo combativo debe sobrepoñerse a toda consideración e formar a conciencia psicolóxica de "PODER VENCER". Os vinte séculos transcurridos non esgotaron a beleza nin a emoción do relato de Virxilio, e manten viva e perenne a fina interpretación dos momentos psicolóxicos da regata que fai o poeta.
 

EVOLUCIÓN DAS REGATAS

Tendo en conta o concepto actual de regata, o seu carácter deportivo e a súa celebración con motivo dalgunha festividade, sinálase a Italia como orixen das regatas, xa que a palabra regata é de procedencia italiana. Coincidindo coa cerimonia do Bucentauro(977) celebrábanse regatas que percorrían varias canais de Venecia con saída e chegada a praza de San Marcos. Dende Italia pasou a afección ás regatas a Holanda e logo a Inglaterra (1775 no Támesis) participando na primeira regata doce embarcacións de dous remeiros cada unha. A regata máis coñecidadas que se celebran en Inglaterra é a das universidades  de e Cambridge de oudtrigger a oito con timoneiro que se ven disputando desde 1829 tódolos anos o sábado que lle precede o domingo de Pasión. A partires de 1990 a afección as regatas a remo exténdese por todo o mundo: Alemania, Francia, Bélxica, Dinamarca, EE.UU., Arxentina, Chile, Brasil, etc. En España o clube máis antigo é o Náutico de Tarragona (1878) e a F. Española de Remo fúndase no ano 1918.

Podemos afirmar que entre 1850 e 1900 aparecen as regatas de traíñas. Ata 1946 as embarcacións utilizadas eran as mesmas da pesca, pero pouco a pouco os vapores foron afastando ás embarcacións de altura movidas a remos, empezándose a construir as traíñas co único fin da competición.