O INICIO DAS REGATAS DE TRAÍÑAS EN MOAÑA

UN POUCO DE HISTORIA

No século XVII coa chegada dos cataláns, prodúcese unha importante innovación, tanto na aplicación das artes de pesca coma na manufacturación, elaboración e comercialización da sardiña salgada.

Estas novidades propiciaron conflictos ó contradecirse coas artes tradicionais que utilizaban os mariñeiros da ría, e así no 1765 mariñeiros do Con e Isamil (Meira) atrancaron con pedras os secadoiros de peixe dos cataláns, roubáronlle remos, rizóns, coroas e chumbos, chegando a queirmarlles algunhas lanchas.

A finais do século XIX os asteleiros do cantábrico, principalmente asturianos, espallaron pola costa galega a comercialización das traiñeiras cos seus respectivos aparellos do cerco de "xareta", sendo Moaña un dos principais portos onde tivo maior aceptacion. Parece ser que as primeiras traiñeiras que chegaron tiñan a orixe en Luanco, alá polo ano 1885. Logo o asteleiro de Riobó ubicado na praia de Moaña comezou a construilas sen interrupción.

Este avance no sistema de pesca por caldeo para engada-lo peixe durante o axexo, o que motivou conflictos con algúns portos, como o noso veciño de Cangas que faenaban o xeito con barcos a motor.

As autoridades estatais chegaron a prohibi-lo uso das traiñeiras dentro das rías, conmocionando o gremio dos mariñeiros partidarios do caldeo, manifestándose en Vigo o 4 de novembro de 1902 conseguindo a legalización do uso da arte da traíña nas rías.

A traíña coma arte de cerco, estaba formada por unha ou varias pezas rectangulares de lonxitude variable segundo os caladoiros. Algunhas levan na metade unha malla mais tupida semellante a un cope que reforza o punto no que se atopa a pesca capturada. Nos extremos sosteñen o calón que axuda a mantela estirada.

A forma de pescar coa traíña era a de rodear o banco de peixes -ou parte del- e ó voltar o lugar de partida pecha-lo cerco, halar da xareta polos dous extremos para pecha-la pesca ata que o peixe quede reunido no cope. Se non se fai a présa, o banco de peixe, pode fuxir. Pescaba principalmente xardiña e tamén cabala e xurelo.

OS INICIOS EN MOAÑA

As traíñas non chegaron a desprazar totalmente as outras artes de pesca, xa que os boliches seguiron pescando sardiñas, ata con botes de  2 m. Os mariñeiros antes de sair ó martiñan por costume xuntarse nos casetes dos armadores ou nas tascas onde falaban de todo, porfiaban sobre eles mesmos, sobre os patróns, das formas de pescar, de bogar, de cales eran as mellores embarcacións, etc.

Ás veces eses piques daban lugar a pequenas competicións informáis cando saían para o mar, durante os lances cando unha traiñeira lle gañaba o espacio a outra e sobre todo por se-los primeiros en chegar a Lonxa (Vigo). Apostaban cabazos de viño e caldeiradas gratis para os primeiros en chegar.

Corrían os anos 1912-1913 cando o alcalde coñecido popularmente como José de Serafín, promoveu unha regata, posiblemente para conmemora-la construcción da estrada de abaixo, desde a Seara ata a Gorita (no Vaticano). Os únicos documentos gráficos atopados son as fotografías das traíñas "María" que foi a vencedora da regata e "La Blanca".

Cando chegaba o verán e sobre todo polas festas de San Martiño organizábanse varias regatas coas embarcacións de pesca de 22 remeiros cada unha. Logo coa chegada dos motores, sobre o ano 23, foron desaparecendo.

A ETAPA DE VIGO (1933-1947)

O Real Club Náutico de Vigo fundado en 1906 encargábase de organizar regatas para "amateurs", tendo estas probas unha gran transcendencia dentro da Ria de Vigo. Sobre 1930 un grupo de socios escindidos do Náutico crean o Clube Marítimo de Vigo, consolidando o remo federado para afeccionados e as regatas de traíñas de seis remeiros e timoeiro. Máis tarde pasan a ser de nove.

O Marítimo tivo a idea de organizar probas para os profesionais que se valen do remo como medio de vida e non como deporte. Parece ser que se puxeron en contacto con José González Santomé, home moi coñecido no peira vigués desde moi novo, xa que axudaba o seu pai a transportar mercadorias e viaxeiros nunha lancha de remos, na ruta Meira-Vigo e viceversa. E mol posible que o Sr. González patroneara as traíñas de Moaña.

Na documentación recopilada, a regata máis antiga organizada polo Náutico data de 1933, de acordo co regulamento das Traíñas da Ría de Bilbao e na que tomaron parte as tripulacións de Chapela, Meira, Vigo, Baiona e Ríos, divididas en dúas tandas. O triunfo correspondeulle os mariñeiros de Meira, patroneados por José González, gañando a bandeira da República e cincocentas pesetas en metálico. Nesta regata a tripulación de Tirán non partícipou.

O ano seguinte a organización da regata corre por conta do Náutico e Marítimo baixo o patrocinio do Sindicato de Iniciativas e Propaganda de Vigo. No mes de agosto celébranse as eliminatorias, quedando clasificadas para disputa-la final as traíñas de Meira e Tirán, que superaron a dúas de Espineiro e unha de Chapela. Todo Moaña acudiu masivamente para animar ós seus e a victoria decantouse a favor dos mariñeiros de Tirán patroneados por José González, sendo segunda a tripulación de Meira con Enrique Paz a popa. Nembargante o ano seguinte, é dicir no 1935, sería Meira quen toma a revancha e consegue a derradeira bandeira da República, ante unha entusiasta afección. Logo por causa da guerra de 1936 suspéndense as regatas. As dúas bandeiras da República (1933 e 1935) gañadas polos remeiros de Meira foron doadas a S. D. Samertolameu polo patrón José González.

Rematada a Guerra Civil, reinícianse as regatas baixo consignas de exaltación do réxime franquista. En 1939 a traíña de Espiñeiro imponse na regata que conmemoraba a "Victoria", principiándose unha forte rivalidade entre dita tripulación e as de Moaña, sendo os mariñeiros da Pedreira-Tirán patroneados por Francisco Fernández os que máis destacaron.

A partir do ano 1941 o Marítimo faise con catro traíñas de trece remeiros e timoeíro, dando orixe ás embarcacións actuais en canto ó número de tripulantes. Coa fusión do Náutico Co Marítimo, sae favorecido o Banco Móbil en detrimento das traíñas que case chegan a desaparecer da ría a finais do 48.

No ano 47 houbo un pequeno baixón das tripulacións de Moaña, dividíndose a tripulación da Pedreira, formándose a do Canabal que pertencía a Cangas. Tamén en Meira apareceu outra tripulación que bogaba co nome de "Meira de Arriba". O rival máis directo que tiñan as tripulacións moañesas naquel entón era Redondela.

A ETAPA DA CORUÑA (1949-1976)

No peirao da Coruña víñanse celebrando dende o ano 41 regatas na honra de Franco. Nos primeiros anos as tripulacións formábannas o persoal do exército, da mariña e sindicatos. No ano 47 corre coa organización a obra sindical é foi por aí onde apareceu a representación moañesa na chamada "Copa del Generalísimo" da man de Educación e Descanso de Vigo e baixo o patrocinio da Cofradía de Pescadores de Moaña (Pósito).

As tripulacións de Moana debutan no ano 49 con duas traíñas prestadas, en mol mal estado, acadando Meira 3º posto e Tirán 4º. A evolución positiva nos primeiros anos da década dos 50 é moi evidente, acadando Tirán o 2º posto nos anos 50 e 51. Ó ano seguinte unha tripulación formada por mariñeiros de Meira, Tírán e Moaña patroneados por Cancelas conseguen por vez primeira gaña-la Copa do Generalísimo, sendo unha tripulación de Tirán con Parcero a popa 3ª.

Sen embargo as victorias de máis resonancia histórica déronse no Comezo da decada do 60, coincidindo a celebración dos Campionatos de España coa Coa do Generalísimo. Así a traíña "Virgen de la Peregrina" de Meira, patroneada por Jaime Rúa logra ensinarlle-la popa a sempre temida e favorita Iberia de Sestao cunha avantaxe de 10 segundos. Sería o primeiro Campionato de España gañado por unha traíña galega. A tripulación de Meira estaba formada por: Jaime Rúa Barros, José Fervenza Ríia, Manuel Corbacho Rodríguez, Augusto Leites Arizaga, Francisco Leites Arízaga, Pedro Leites Arizaga, Germán Currás Píñeiro, Secundino González Martínez, Antonio Sánchez rernández, José Luis Rúa Estévez, Francisco Costa Cruz, Joaquín Andrade Álvarez, Benedicto Freire Santomé, José Pérez Freire e como suplente Blas Rodríguez Gayo. A regata disputouse no peirao da Coruñao 10 de setembro de 1960, non percorrído de 4.000 m. Participaron 8 tripulacións co seguinte resultado:

1. Educación e Descanso de Meira-Moaña 14:41.60
2. Educación e Descanso de Sestao 14:51.60
3. Cotradia de Pescadores de P. de 5. Juán 14:51.60
4. Remeros dc Natón de Soto dcl Barco 15:31.00
5. Cofradía de Pescadores de San Amaro 16:02.10
6. Cofradía de Pescadores de Ares 16:12.60
7. Educación e D. de Tirán-Moaña16:23.20
8. C. de Remo F. e Descanso de Ares 18:36.00

Tirán ó ano seguinte acode a Coruña con Armando Iglesias ó mando da "Virgen del Carmen", mantendo unha impresionante pugna cos de Jaime Rúa. A chegada foi de infarto,  Tirán e Meira a tan só 2 segundos. A euforia vivida en todo Moaña foi impresionante: Recepcións, homenaxes, festas e foguetes para celebra-los dous Campionatos de España de Traíñas que posuía Galicia. O resultado da regata disputado tamén un 10 de setembro foi o seguinte:

 

1º Educación e Descanso de Tirán 16:45.40
2º Educación e Descanso de Meira 16:47.50
3º Educación e Descanso de Sestao 17:06.40
4º Cotradía de Pescadores de Meira 17:06.80
5º Remeros del Nalón - Soto del Barco 17:29.60
6º Marina de Guerra de Ferrol 18:11.70
7º Cofradía de Pescadores de Ares 19:19.02

Debido ós extraordinarios éxitos que  estaban acadando as nosas tripulacións, atrévense a regatear fóra de Galicia polas sempre difíciles augas do Cantábrico, patrocinadas por Educación e Descanso e dirixidas polo Sr. Lis. Así Tírán acada o 2º posto en San Sebastián en 1962.

Meira, con Rúa a popa, ó ano seguinte conquista a Copa do Generalísimo na Coruña e o 3º posto no Cto. de España disputado en augas de San Sebastián. O mesmo resultado acadaria en Bermeo (1964) e A Coruña (1965).

A pesar dos excelentes resultados, as tripulacíóns de Meira e Tirán sofren importantes relevos. A emigración, a paulatina desaparición da frota da ardora e a motorización dos botes de pesca reducirán o potencial remeiro. Así a influencia da emigración nos barrios de O Latón e a Pedreira vaise a notar nos resultados dos seguintes anos. Meira pasa do 2º posto acadado no 64 ós terceiros nos anos 65, 66 e 67. Tirán volta a participar no 68 quedando 4ª e 6ª no 69. Meira segue participando quedando 4ª nos anos 73, 74 e 75.

UNHA NOVA ETAPA

En 1976 celébrase a última regata na coruña como homenaxe póstumo a Franco con ausencias de lanchas moañesas, abrindo así unha paréntese ata 1979, ano que rexurdirá con forza a S. D. Samertolameu de Meira dando lugar a unha nova etapa de crecemento e expallamento do remo por toda Galicia. Dous anos máis tarde fúndase o clube de remo S. Xoán de Tirán e ó ano seguinte tamén con domicilio no Con fúndase o C. de R. Nosa Sra. dos Remedios de Tírán. No ano 90 legalizase o Club de Remo Meira que utiliza as mesmas instalacións ca 5. D. Samertolameu. A partir de 1993 aparece a S. D. Tirán da fusión de San Xoán e Nosa Sra. dos Remedios. Isto xa se corresponde coa etapa actual na que se ten dado ampla información nos medios de comunicación, especialmente a raíz de conseguir a S. D. Tirán  3º Campionato de España para Galicia nas augas de Castro Urdiales coa tripulación: Vilariño, Nando, Prego, Paz, Prado, David, Luis, Roberto, Ferral, Costas, Esteban, Tomás, Hermelo e J. Manuel. Como suplentes: Enrique, Víctor, Carro, Iglesias e Isaac.
 

Datos cedidos por:

Xoxé O Villaverde Román
(Asociación Cultural "NOS")