Unha regata é a loita deportiva entre embarcacións que compiten de acordo cunhas regras estipuladas.O remo é parte fundamental como medio de propulsión aplicado a navegación, estando ó servicio dos fins diversos da vida humana, neste caso do deporte.As regatas puideron nacer en calquera das moitas ocasións nas que se atoparon varias embarcacións que se dirixían o mesmo puntoSon escasas as noticias que nos deixaron os chinos e xaponeses da súa actividade co mar, ainda que posúen unha antiquísima tradición mariñeira, foron de feito os primeiros navegantes, antes dos fenicios e os exipcios.
As primeiras testemuñas fiables proceden do antigo Exipto, fai xa máis de catro mil anos, onde os barqueiros do Nilo enfrentábanse nas súas barcas para acadar a honra de formar parte da procesión funeraria do Faraón.Para navegar polo Nilo construían barcas con canas de papiro unidas, principiando a utiliza-la madeira a partir do ano 3000 a. de C. Como áncora usaban unha pesada pedra. Comenzan a utiliza-la vela, primeiro cadrada e logo rectangular.
Foron os fenicios os que máis desenrolaron a arte da construcción naval, os seus coñecementos marítimos e astronómicos permitíronlle alcanzar unha superioridade neste campo. Podémolos considerar como os precursores das mariñas militares da antigüidade