Economía: 1998



Unha primeira aproximación á realidade económica de Moaña permítenos ver que se basea fundamentalmente no sector pesqueiro e as actividades asociadas a él. Esto ocasiona unha excesiva dependencia que provoca que os problemas do sector; perda de caladoiros internacionais, sobreexplotación e reducción do número de capturas, acaben afectando tamén a tódolos demais sectores.

O sector marisqueiro ten un gran potencial no Concello que na actualidade ésta en parte de desaproveitado debido á escasa profesionalización do sector.

Os sectores construcción e industrial asisten nos últimos anos a unha progresiva recuperación, trala profunda crise que atravesaran a mediados dos 80 polo derrumbamento da construcción naval, pero teñen problemas debido sobre todo á falta de solo, tanto industrial como para edificación de vivendas.

O sector servicios presenta un forte atomismo e ainda non amosa síntomas de recuperación definitiva da crise dos 80 debido quizais á perda de mercado que lles ocasionan as grandes superficies das cidades mais próximas. Moaña presenta unha forte dependencia comercial de Vigo.

O turismo, pola súa banda, non representa na actualidade unha fonte de ingresos relevante para a economía porque so se concentra nos meses de verán e trátase de turismo de baixa calidade. A oferta turistica é escasa e carente de toda organización.

Outro dos problemas do Concello é a falta de infraestructuras adecuadas, tanto de comunicacións, que faciliten as relacións entre Moaña e os restantes concellos do Morrazo, como de saneamento, xa que na actualidade o alcantarillado verque ó mar e os residuos solidos depositan en verquedeiros en moitos casos incontrolados.

O reflexo de tódolos problemas económicos deste concello é a taxa de paro. Moaña posue taxas de paro das máis altas de toda Galicia, sobre todo de paro xuvenil, provocando importantes niveles de emigración, dificultade para fixar a poboación e diversos problemas sociais como a drogadicción e o alcoholismo. Nos últimos anos asistimos a unha paulatina recuperación do mercado de traballo, pero ainda así, o desemprego rexistrado é elevadísimo.

 

 

 

 

  1. O SISTEMA PRODUCTIVO.
    1. POBOACIÓN ACTIVA.
    2. A taxa de actividade xeral é varios puntos máis baixa no Concello de Moaña que a nivel provincial ou autonómico.

      A taxa de actividade masculina é máis alta neste concello que nos ámbitos superiores, pero a taxa femenina é moitisimo máis baixa debido en parte a que no concello non existe apenas subemprego agrícola polo pouco peso que aporta o sector agrícola.

      Esta taxa de actividade femenina moito menor, é a que provoca que a taxa de actividade xeral sexa lixeiramente inferior en Moaña. Co agravante de que mentras nos ámbitos superiores a taxa de actividade femenina aumenta, nos últimos anos en Moaña mantense estancada e incluso disminue lixeiramente, indicativo de que non se está a producir unha axeitada incorporación da muller ó mercado laboral.

      Taxas de Actividade por sexo 1991,1996.

      Taxa Activid.

      Taxa Activid.

      Taxa Activid.

      Taxa Activid.

      Taxa Activid.

      Taxa Activid.

      Homes 91.

      Mulleres 91.

      Xeral 91.

      Homes 96.

      Mulleres 96.

      Xeral 96.

      MOAÑA

      68,16

      28,70

      47,50

      62,9

      28,6

      45,00

      PONTEVEDRA

      68,58

      32,72

      49,65

      61,73

      39,12

      49,87

      GALICIA

      66,36

      33,59

      49,58

      59,97

      38,75

      48,91

      Fonte: INE. Censo de Población 1991. Encuesta de Población Activa 1996

      IGE. Padrón Municipal de Habitantes e Estatística de Poboación 1996.

       

       

    3. SECTORES DE ACTIVIDADE.

En canto á estructura por sectores trátase dunha estructura sectorial un pouco distinta á de Galicia, debido sobre todo ó menor peso que en Moaña ten o sector servicios e ó maior peso relativo do sector industrial.

Aínda así hai que decir que o sector servicios é o que máis poboación ocupa (37,15 %) seguido polo sector industrial (25,15 %), que no concello está fortemente relacionado coa transformación da pesca e a construcción naval . Sen embargo, hai que recordar que Moaña está no ámbito de influencia de Vigo, e moitos dos empregados destes dous sectores, industria e servicios, traballan en industrias e servicios desta cidade, non en empresas radicadas no concello.

O terceiro sector en volumen de ocupación é o primario, pero dentro deste ten unha importancia fundamental a pesca, xa que a agricultura ten escasa presencia no Concello de Moaña, sendo na actualidade un subsector irrelevante.

Está por último o sector da construcción, cun peso superior ó de Pontevedra e Galicia, ocupando ó 12,29% da poboación.

En xeral, podemos decir que o sector fundamental na economía de Moaña é o pesqueiro, tanto polo emprego que xenera o propio sector, como polas actividades asociadas que arrastra na industria e os servicios. A vitalidade histórica da zona no sector industrial asociado á pesca, a concentración da emigración en torno á construcción naval, á pesca ou as plataformas, deron lugar a que, comparativamente, a zona tivese uns niveis de renda altos nas décadas pasadas, producíndose unha fonda crise ecónomica e social coa crise do sector naval na década pasada que se prolonga na actualidade no sector pesqueiro de altura. Todo esto fai que o concello entre nunha etapa de estancamento económico da que aínda non saiu.

Poboación ocupada por subsectores de actividade económica. 1991,1996.

% Sector

% Sector

% Sector

% Sector

% Sector

% Sector

% Sector

% Sector

Primar. 91

Industr. 91

Constr. 91

Serv. 91

Primar. 96

Industr.96

Constr. 96

Serv. 96

MOAÑA

23,78

25,15

13,90

37,15

24,4

26,11

12,29

37,192

PONTEVEDRA

16,72

21,98

13,78

47,51

21,90

19,44

10,00

48,70

GALICIA

23,75

18,26

13,01

44,98

25,82

15,60

10,40

48,20

Fontes: INE. Censo de Población 1991. Encuesta de Población Activa 1996.

IGE. Padrón Municipal de Habitantes e Estatística de Poboación 1996.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1.2.1. SECTOR AGRÍCOLA.

O sector agrícola conta en Moaña cunha superficie agrícola útil de 3.327 hectáreas e unha superficie cultivada de 3.067 hectáreas.

Trátase dun sector de escasa relevancia no concello debido ó descenso de explotacións agrarias nos últimos anos, aínda que se intentaron potenciar na década pasada os cultivos de invernadeiro (pimentos de padrón, tomates, flores,… ).

En relación ás parcelas predomina o minifundismo. A agricultura non é a actividade ecónomica fundamental do municipio senón que está orientada ó autoconsumo actúando como complemento económico.A maior parte da superficie cultivada está adicada a patacas, hortalizas ou forraxe para o gando.

En canto á gandeiría, que dera unha grande sona ó concello ata mediados de século, sobre todo a gandeiría de vacún, na actualidade ten desaparecido case por completo. As gandeirías de vacún e ovino son case inexistentes, existe unha empresa de galiñas poñedoras, e so ten algunha importancia a cría de coellos, actividade para a que existen nove licencias ( datos do I.A.E. de 1998). Os coellos producidos, ademais de comercializarse no concello exportanse a Portugal.

 

Subsector Forestal.

É, tal vez, o subsector con máis futuro dentro do sector agrario,existen en Moaña tres comunidades ou xuntas de montes dedicadas á explotación forestal e a velar polos intereses do monte:

1.- Comunidade de Montes de San Martiño.

2.- Comunidade de Montes de Meira.

3.- Comunidade de Montes de Domaio.

Na superficie arbolada, as especies pedominantes son os pinos e eucaliptos froito da repoboación forestal. Existen tamén aínda que en menor medida bosques de carballos e castaños. En xeral, os bosques de frondosas sufriron nos últimos anos un forte descenso, actualmente son escasos e de reducida dimensión. O principal castañar está situado en Chan da Arquiña.

A producción de madeira basease prácticamente en dúas especies; pino pinaster e eucalipto, trátase de madeira de baixa calidade cuxos aproveitamentos principais son a pasta para celulosa e os taboleiros para a construcción.

Ainda que a porcentaxe de superficie forestal no concello é considerable (40%), unha gran parte desta superficie non está arbolada, trátase de monte aberto ou leñoso que non produce ningún rendemento económico, e sería susceptible dun maior aproveitamento.

 

 

 

 

 

      1. SECTOR PESQUEIRO.
      2. Trátase dun sector fundamental dentro do concello, tanto por poboación ocupada directamente (ocupa en 1.996 a 1114 traballadores, o 22,9% da poboación acupada total.) como polo emprego indirecto que xenera na industria e nos servicios asociados á pesca.

        En Moaña danse tódalas variantes de actividade do sector pesqueiro, pesca de altura, pesca de baixura, marisqueo tanto a pe como a frote, e cultivo de mexilón en bateas.

        Na pesca de altura, aínda que están empregados moitos moañeses, o porto de descarga dos barcos é case sempre o de Vigo. Esta actividade sufre un declive bastante grande nos últimos anos debido ós confictos internacionais sobre augas xurisdiccionais, aumentando o nivel de paro no sector e tamén nos sectores da industria e os servicios asociados.

        Na pesca de baixura, realizada dentro da ría, as especies maioritarias son a nécora, o polvo e o camarón, pero pescan tamén aínda que en menor medida pescadilla, faneca, congro, barbada,… as artes de pesca máis comúns son as nasas e os trasmallos. Comercializan as especies a través das lonxas de Vigo ou Moaña. En Vigo véndese maioritariamente o marisco sobre todo os crustáceos, e en Moaña o polvo. Os seus principais problemas son a disminución de exemplares nas especies, a inadecuación das vedas e o furtivismo. Outro dos grandes problemas da pesca de baixura é que as rendas percibidas polos mariñeiros son escasas, e ainda que cheguen ó salario minimo interprofesional, non son suficientes para garantir o mantemento dunha familia, non ofrecen un futuro alentador ó mariñeiro, onde ademais os ingresos son fortemente estacionais (concentrados no verán e as navidades). Todo isto provoca que maioritariamente traballen no mar, na pesca de baixura, as persoas que non son capaces de acadar outro tipo de emprego.

        O marisqueo a pé é realizado maioritariamente por mulleres, as especies máis recollidas son o berberecho, ameixa fina, ameixa babosa, navalla, bigaro e reló. Na actualidade existen 440 licencias. O número de licencias reduciuse moitísimo nos últimos anos, pero aínda así, o sector está pouco profesionalizado e os resultados da actividade non reportan un sueldo digno ós 440 traballadores. En 1998 o soldo en ptas/ano para cada mariscadora foi de 326.251, cifra que se revela claramente insuficente. O total de ventas en lonxa foi de 94 millóns de pesetas. Sen embargo, existen amplas zonas de praia, nas que non se marisquea e que serían susceptibles de aproveitamento. Neste ámbito, a Patronato Municipal "Beiramar" levou a cabo un curso de formación ocupacional de marisqueo, que incluía un proxecto piloto de sementado de ameixa fina. Os resultados foron excelentes, pero terminado o curso, terminou o proxecto, porque a asociación de mariscadoras non se animou a invertir para seguir sementando a maior escala e converter o proxecto nunha actividade rentable. Existe tamén no concello unha antigua zona marisqueira, na actualidade deteriorada polo lodo que se podería tentar recuperar.

        No marisqueo a frote as especies máis frecuentes son a ameixa babosa, a ameixa rubia e o carneirolo ou burro. Traballan coa vara, arrastre curto.

        En canto ó cultivo en viveiros flotantes, ata agora limitábase ó mexilón cultivado en batea. Existen 3 asociacións de bateeiros que engloban 101 empresas, todas elas adicadas á producción de mexilón. Un dos principais problemas desta producción é a toxina, ou marea vermella, que afecta ó mexilón durante oito meses ó ano nesta ría, e impide a súa comercialización, onde ademais as normas de nivel de toxina son mais esixentes para o mexilón en Galicia que a nivel europeo, pero sin embargo, entra no pais mexilón de fora que non cumpre as nosas normas, desto tradúcese unha competencia inxusta para os nosos bateeiros que ven como se vende no mercado mexilón de fora cuns niveis de toxina ós que a eles non se lles permite vender. Outro gran problema no subsector do mexilón é a imposibilidade de aumentar o número de bateas adicadas a este cultivo na ría debido á degradación dos fondos mariños que producen os residuos do molusco e que ás correntes de auga xa lle costa rexenerar, este problema fai moi difícil acadar incrementos considerables de producción. Sen embargo, neste ano a Asociación de Naseiros Samertolameu vai levar a cabo un proxecto piloto de engorde de polbos en bateas, que de sair adiante, diversificaría o cultivo en frotantes existente no concello.

         

        Flota pesquera. 1997.

        Nº de buques

        T.R.B.

        Nº Lanchas

        T.R.B.

        Pesca desembarcada(Kg.)

        Valor(pts)

        92

        1.373

        93

        99

        354.146

        240.134189

        Fonte: Consellería de pesca, marisqueo e acuicultura. 1998.

        En Moaña existen 3 portos, o de Meira, o de Domaio e o de Moaña. No muelle de Moaña dispoñen de grúa, repostería de gasoil e un taller pero as queixas comúns nos traballadores e empresarios do sector pesqueiro en relación a estes muelles refirense á falta de infraestructuras adecuadas neles, xa que non hai un servicio adecuado de auga doce, pola noite non hai luz suficente, as rampas de descarga son pouco adecuadas, a circulación dos vehículos para carga e descarga é dificultosa e non existen contenedores para o lixo que xenera a actividade pesqueira.

        Recentemente concedéronse unhas casetas para uso dos mariñeiros no muelle de Meira que viñan sendo demandadas dende varios anos atrás.

        En resumen, temos que repetir que o sector pesqueiro-marisqueiro é un pilar fundamental da economía moañesa, fiel reflexo disto é o feito de que a lonxa de Moaña, era no ano 92 a lonxa con maior volumen de contratacións de marisco na Ría de Vigo e unha das principais de Galicia, só superada claramente pola de Noia, en canto ás contratacións de peixe e crustacios a baixa cifra rexistrada na lonxa de Moaña, resposta so ó feito de que os productores prefiren comercializar na lonxa de Vigo, onde acadan mellores precios. (Fonte: Resultados da Campaña marisqueira 91- 92. Consellería de Pesca.)

         

         

         

         

         

         

         

         

         

         

         

         

      3. SECTOR INDUSTRIAL.
      4. No referente á ocupación é o segundo sector en importancia do concello, cunhas 200 empresas e 1.151 traballadores no 1.996 que supoñen o 25% da poboación ocupada total, porcentaxe superior ó de Galicia ou ó provincial. O sector industrial ten máis peso en Moaña que nos ámbitos superiores.

        Dentro deste sector industrial, destacan claramente en Moaña dous tipos de empresas, as relacionadas coa construcción naval e a reparación e mantenemento de buques e as conserveiras de peixe, o cal nos volve a dar unha idea da importancia que ten o mar na economía de Moaña.

        O sector da construcción naval sufriu no Concello unha profunda crise na década dos 80 ( o peche de A.S.C.O.N. a principios dos 80 foi un forte golpe para a economía do concello). Sen embargo, nos últimos anos comenza a notarse unha progresiva recuperión neste subsector da construcción e reparación naval, nesto teñen un papel importante empresas tan grandes como Rodman Polyships pero tamén unha serie de pequenas empresas e talleres que se foron xerando nos 90 en torno ó mar. Ainda así, a taxa de ocupación no sector industrial do Concello de Moaña, segue sendo mais alta do que cabería esperar e iso e demostrativo da importancia dos desprazamentos ó traballo dentro da Área metropolitana de Vigo e en particular á industria naval e a do automóvil ( Citroën ).

        Na construcción naval e reparación e mantenemento de buques destacan dúas empresas polo seu tamaño: Rodman Polyships S.A. con 45 traballadores segundo ó I.A.E. e Montajes Cancelas S.L. con 128 traballadores segundo ó ARDAN.

        En canto a conserveiras, existen catro no concello; Cefamar s.l. ( 20 trab.), Cruz Perez Hermanos S.A. (31 trab.), Fandicosta S.A. (65 trab.) e Pesquerías del Atlántico e Industrias (11 trab.).

        Outro tipo de manufacturas con certa importancia no concello, son as restantes de alimentación, as da madeira e as da confección. Existe unha cooperativa do textil con 16 traballadoras que cosen para o grupo Inditex e Pili Carrera.

        Ó igual que o sector da construcción, o sector industrial vese afectado pola falta de solo a precios adsequibles no concello. O oferta de solo industrial no noso territorio é escasa e moi cara, esto afecta ós pequenos empresarios da zona que teñen verdadeiros problemas para conseguir naves onde montar a súa empresa a precios razoables, pero afecta tamén á capacidade do concello para atraer empresas de fora. Para solucionar estes problemas sería necesaria unha mellora da oferta de solo industrial.

        Na actualidade, as empresas existentes no concello concentranse maioritariamente en dúas zonas, que son o máis parecido que temos ós polígonos, un destes polígonos está na zona de Verdeal e o Latón, en Domaio e o outro está situado na Guía, en Meira. Sen embargo, o espacio restante nestas zonas para a instalación de novas empresas é escaso, e o precio do metro de solo é moi elevado.

         

         

         

         

         

        INDUSTRIA:

        Empresas 1998.

        Subsector

         

        Menos de 10 traballad

        Nº Empresas Nº Traballad

        Mais de 10 traballad

        Nº Empresas Nº Traballad

         

        Extracción e Transformación

        Minerais non enerxéticos………

        Transformados metálicos

        De precisión……………………..

        Construcción naval……………..

        Reparación y mantenimiento

        De buques……………………….

        Manufacturas:

        Alimentación…………………….

        Madera…………………………..

        Textil – Calzado…………………

        Confección………………………

        4

        4

        11

        10

        11

        14

        5

         

        2 68

        1 46

        4 127

        1 16

        TOTAL

        59

        8

        257

        Fonte : IAE 1998.

         

         

         

      5. SECTOR CONSTRUCCIÓN.
      6. O sector da construcción ten un peso similar, en canto a volumen de poboación ocupada, en Moaña que en Galicia ou Pontevedra. Segundo o I.A.E. o municipio conta con 469 licencias en total.

        O ámbito de actuación das empresas é local, estas traballan fundamentalmente dentro do concello e adícanse básicamente á edificación de vivenda. As obras civís de envergadura que se realizan en Moaña son levadas a cabo por empresas de fora, porque as locais non teñen capacidade de inversión suficiente para acometer este tipo de obras.

        As empresas son de pequeño tamaño, cun número de traballadores por empresa moi reducido ( entorno a tres traballadores por empresa) que ademais está suxeto a moitas variacións dependendo da capacidade de negocio en cada momento. Predominan os traballadores masculinos con escasa formación e especialmente novos. Dase ademais unha alta presencia de economía sumerxida, unha grande parte dos peón de albanel que traballan en obra fano sen contrato nen seguro.

        .A finales dos 80 asístese a un declive do dinamismo no sector da construcción. Disminue a construcción de obra nova e fanse sobre todo reformas, debido á escasez de solo urbanizable e ó clima xeral de depresión económica no concello. Un dos maiores problemas deste sector é a norma urbanística do concello, que non se modificou dende o 86 e dase unha grande escasez tanto de solo urbanizable para vivenda como de solo industrial de forma que as empresas infrinxen moitas veces a norma para poder traballar. Este atraso na normativa urbanística afecta moito á edificación de vivenda, porque non existe unha programación de solo edificable para uso residencial.

        A pesar destes problemas coa planificación do solo, o sector da construcción recupera nos últimos anos un forte dinamismo, e está pasando na actualidade por un bo momento. Esta recuperación debese sobre todo á edificación de vivenda nova, neste auxe ten moito que ver a proximidade a Vigo que provoca que moitos dos habitantes desta cidade elixan Moaña, para establecer a segunda vivenda ou incluso a vivenda principal, para despois desplazarse a traballar a Vigo.

         

      7. SECTOR SERVICIOS.

Este é o sector que máis poboación ocupa, cun 37,15 % da poboación ocupada, repartido en 648 empresas.

O sector servicios estructúrase en torno a dous subsectores de actividade principal; comercio e hostelería, que representan en conxunto o 70 % do total de licencias do terciario (datos I.A.E. 1998). Dase unha relativa escasez de servicios avanzados, debido á proximidade de Vigo, do que Moaña depende para este tipo de servicios.

O comercio estructúrase en torno a locales moi pequenos que non chegan a ocupar a duas persoas de media, polo que se pode afirmar que o comercio da área depende en gran medida do pequeno comerciante que atende o seu propio establecemento. Unha porcentaxe do comercio ten carácter ambulante aproveitando a feira semanal local. No concello danse 17,6 licencias comerciales por cada 1000 habitantes, superiores ás 16 da provincia e moito maiores que as 3,1 de España, o cal da unha idea da atomización que sufre o sector.

O comercio ámbulante ten tamén unha certa importancia no concello, existe unha feira semanal local, tódolos mércores, que convoca a xente de tódalas parroquias, de xeito que aínda que en certa medida o comercio ambulante poida competir co establecido, tamén o beneficia, pois da afluencia de xente á feira do mércores beneficiase toda a actividade comercial do centro.

O principal problema do comercio de Moaña é a durísima competencia que lle infringen as grandes superficies instaladas en Vigo, dada a proximidade a esta cidade moita xente de Moaña desprázase a Vigo para comprar.

En canto a servicios avanzados, estes son escasos no concello e neles tamén se depende de Vigo.

Nos servicios sanitarios o concello de Moaña depende de Vigo e Pontevedra e o mesmo sucede coa oferta educativa superior.

No referente á hostelería, a inmensa maioría das licencias están adicadas a cafés e bares. Para pasala noite, existen 3 hostales e un camping. É importante indicar a incidencia das inversións dos emigrantes retornados nesta actividade xa que xenerou a creación dos tres hostales existentes, 30 bares e 4 restaurantes.

O subsector comercial do concello non ten grandes variacións estacionais, notándose so un maior auxe en datas moi concretas como o nadal. O volumen de negocio é bastante constante ó longo de todo o ano e non se dan fortes incrementos nos meses de verán porque o turismo non é moi abundante e é turismo de baixa calidade, que merca pouco no concello. Sen embargo, o subsector da hostelería si ten grandes variacións estacionais porque a pesar de que o turismo non sexa moi abundante, a oferta hosteleira é escasa e mal estructura co cal, nos meses de verán a demanda desborda totalmente a oferta.

Nos últimos anos este todo o sector servicios se veu afectado polo estancamento económico xeral que sufreu o concello, se non hai cartos, a poboación non merca.

SERVICIOS:

Subsector Empresas

Comercio…………….. 307.

Hostelería……………. 147.

Talleres………………. 17.

Transportes…….…….. 9.

Finanzas-Seguros……. 18.

Outros………………... 150.

 

TOTAL……………… 648

Fonte: IAE. 1998.

 

 

1.2.6. A POTENCIALIDADE TURÍSTICA.

Ata a actualidade, o turismo nunca foi unha actividade xeneradora de ingresos importantes para Moaña. O turismo existente non é moi abundante, tratase de turismo de baixa calidade e é totalmente estacional, centrado exclusivamente nos meses de verán. Esta forte estacionalidade provoca que a pesar de que o turismo que chega non sexa moito, a máis escasa aínda infraestructura hosteleira existente resulte insuficiente no verán mentras permanece sen apenas volumen de negocio o resto do ano. Existen incluso bares e restaurantes que so abren nos meses estivais, permanecendo pechados nas outras épocas. Pola contra nos meses de maior auxe a demanda dos turistas desborda a oferta da hostelería e son moitos os moañeses que lles alugan pisos deshabitados ós visitantes pasando esta actividade a engrosar a economía sumerxida. Ademais a marcada estacionalidade provoca que nos meses de maior presión sobre a oferta hosteleira a calidade dos servicios prestados ó visitante disminua moito.

Frente a esta pobre realidade, sería importante e tamén posible, potenciar unha maior afluencia de turismo, así como un turismo de maior calidade, porque o concello de Moaña, ten un patrimonio natural, e histórico-artístico bastante completo.

 

  1. O MERCADO DE TRABALLO.

Dentro do mercado de traballo destaca claramente o grupo dos asalariados que representa un 78,8% do mesmo, seguido moi de lonxe polo grupo dos empresarios sen asalariados, e logo polo dos empresarios.

Comparando esta estructura do mercado de traballo coa de Galicia, constatamos unha maior presencia tanto de asalariados como de empresarios en Moaña, mentras que a porcentaxe de traballadores independentes e as axudas familiares son moito menores neste concello.

Estos datos son indicativos de que a pesar de que o tamaño medio das empresas sexa reducido en Moaña, é ainda mais reducido na media galega. O elevadísimo porcentaxe de asalariados, encontra tamén explicación na xente que estando censada en Moaña vai a traballar na industria e servicios da cidade de Vigo. Esto pon de novo de manifesto a importancia que ten para Moaña o ser zona de influencia de Vigo.

O reducido número de traballadores autónomos, sirvenos tamén como indicativo de que a iniciativa empresarial é baixa, ainda que a capacidade emprendedora é algo que non é facil de cuantificar, dela dependen o número de novas empresas creadas, e en Moña a iniciativa empresarial parece estar pasando por unha fase de estancamento.

POBLACIÓN OCUPADA SEGUNDO A SUA SITUACIÓN PROFESIONAL.

EMPRESARIOS SEN

AXUDAS

EMPRESARIOS

ASALARIADOS

FAMILIARES

ASALARIADOS

OUTROS

MOAÑA

5,11

14,2

0,87

78,78

1,02

GALICIA

4,81

24,37

4,91

64,93

 

    1. CUALIFICACIÓN DOS RECURSOS HUMANOS.
    2. O nivel de instrucción da poboación do concello é bastante precario si se compara co de Pontevedra ou Galicia. O porcentaxe de analfabetos (poboación que non sabe ler nen escribir) é superior en Moaña que nos ámbitos superiores, así como tamén o é o porcentaxe de poboación con titulación inferior a graduado escolar ou sen estudios. No concello existe menos poboación que teña o Graduado escolar, pero sen embargo a porcentaxe de xente que ten bacharelato, FP II ou titulos superiores é moi semellante aquí que nos ámbitos superiores. Esta situación non presenta visos dunha mellora inmediata xa que as porcentaxes de fracaso escolar entre os xovenes son moi altas, moitos deles non rematan sequera a ensinanza obrigatoria.

      POBOACIÓN DE 10 E MAIS ANOS SEGUNDO NIVEL DE ESTUDIOS.

      Non saben ler nen

      escribir

      Titulación inferior a

      Graduado escolar

      Graduado escolar

      Ou equivalente

      Bacharelato, FP II ou titulos

      Equivalentes ou superiores

      MOAÑA

      2;40%

      60,18%

      17,38%

      20,05%

      PONTEVEDRA

      1,50%

      53,33%

      25,12%

      20,05%

      GALICIA

      1,96%

      52,18%

      25,74%

      20,10%

      Fonte: I.G.E. 1996

       

       

    3. O DESEMPREGO.

As tasas de desemprego son moi altas en Moaña, tanto nas súas tasas absolutas, como nas tasas masculina e femenina.

A tasa de paro xeral é sete puntos superior en Moaña que no ámbito galego, co cal o desemprego configúrase como o grande problema deste concello. Por sexos, ó igual que sucede nos ámbitos superiores, a tasa de paro femenina (32,79%) é moi superior á masculina (21,76%), pero ámbas son altísimas.

Por sectores económicos, o sector que máis paro xenera é servicios, seguido so de lonxe polo sector industrial e pola pesca.

É de destacar a elevada cifra de persoas paradas sen emprego anterior, que pon de manifesto a gravedade do paro entre os xovenes. Moaña ten unha das tasas de paro xuvenil máis altas de toda Galicia, cunha tasa de preto do 43% .Este feito provoca migracións de xente nova a lugares como as Illas Canarias para traballar no sector hosteleiro, ademais de problemas de adaptación social asociados á drogodependencia e o alcoholismo.

En canto á evolución do desemprego, aumenta hasta o ano 94, pero a partir de este ano dase un descenso continuado do mesmo, ó igual que sucede nos ámbitos superiores.

 

DESEMPLEO POR SECTORES. 1998.

Paro Total

Agric./ Pesca

Industria

Construc.

Servicios

Sen emprego

1.178

101

269

90

525

193

Fonte: Informe do Paro rexistrado. Xunta de Galicia.

 

 

 

TAXA DE OCUPACIÓN E PARO POR SEXOS. 1996.

TASA OCUPACIÓN

TASA PARO

HOMES

MULLERES

TOTAL

HOMES

MULLERES

TOTAL

MOAÑA

78,23

67,20

74,58

21,76

32,79

25,41

PONTEVEDRA

16,60

28,63

21,56

GALICIA

90,21

81,08

86,44

15,21

23,43

18,60

Fonte : Instituto Galego de Estatística e Instituto nacional de empleo. 1996.

 

 

EVOLUCIÓN DO PARO REXISTRADO. 1991. 1998.

1991

1992

1993

1994

1995

1996

1997

1998

1.725

2.210

2.357

2.504

1.911

1.568

1.352

1.178

Fonte: Galicia en Cifras. Varios anos.