|
Desde tempos inmenmoriais e ata a invención na Franza durante o ano de 1.820 do cerramento hermético para caixas de folla de lata con peixe no seu interior, só existían catro procedementos para conservalo: o afumado, o escabechado, o secado e a salgadura. Este último, que era o máis frecuente, consistía en descabezar, eviscerar e limpar a especie máis común, que era a sardiña (e en moita menor escala, outros peixes azuis), ao obxecto de salgalos e almacenalos en recipientes de madeira
|
| |
Antes da aparición do millo, a situación do campo do Morrazo no XVI repartíase así: o 51,3% centeo, 39,3% millo miúdo (mijo en castelán), 5,8% trigo e 3,5% de orxo/cebada. A nova máis antiga que temos da presencia do millo no Morrazo é de 1618. Son os inventarias que amosan a gran rapidez de propagación do millo polas terras da Galicia Atlántica e a súa penetración cara ó interior polos vales fluviais. Ben adaptado ó clima oceánico, desenvólvese perfectamente na Galicia litoral. A súa difusión faise a custa dos restantes grans, pero sobre todo despraza o millo miúdo, ó que lle quitará o nome e expulsará das terra cultivadas. As poucas décadas da súa aparición converteuse no cereal maioritario e, a mediados do XVIII, supera o 90% da superficie da terra sementada, o trigo queda nunhas porcentaxes testemuñais, e o centeo redúcese ó mínimo indispensable para asegurar a elaboración do pan de broa. Os efectos beneficiosos do cultivo do millo foron: uns rendementos superiores ós dos demais cereais, precisa de menos semente por superficie sementada, obrigou a establecer unha rotación de cultivos que fixo innecesario o barbeito, e o gando mantíñase en réxime extensivo no monte, en cortes, estructurándose segundo criterios de maior rendibilidade. Estas melloras capitalizaronse nun aumento da poboación, pero non provocaron un cambio nas estructuras agrarias, que permaneceron practicamente igual. A vide é un cultivo tradicional, fluctuante e especulativo por ser obxecto dunha comercialización importante. O Morrazo non atende a toda a súa demanda e necesitou importar viño do Ribeiro, Val Miñor e de Andalucía. O seu cultivo parte dunha posición alta a principios do XVII e, pouco a pouco, vai perdendo importancia desprazado pola necesidade de cereal na zona, ata que en 1752 só ocupa o 5% da superficie de cultivo. Resultaba un producto caro polos labores que requiría, por iso unha caída de seu prezo provocaba o abandono do seu cultivo |
| |
En termos xerais pódese dicir que a poboación de Moaña mantivo un incremento intercensual ó longo de todo o século XX e que continúa nos inicios de XXI. Non obstante, protagonizou algún descenso episódico, sen moita transcendencia e sen resultar demasiado significativo no conxunto da súa poboación. Os 18.396 habitantes que lle atribúe o padrón municipal de 2004 -máis do triplo da poboación coa que contaba a principios do século pasado- dótano dunha densidade media de poboación de 525'6 habitantes por quilómetro cuadrado, moi superior tanto á provincial (207) coma á autonómica (93). |