O ENTROIDO HOXE

 

 

 

O entroido durante o franquismo

Nos primeiros días do franquismo quedaron abolidos os dereitos de reunión e asociación alleas ao Movimento; prohibida a celebración de acontecementos tradicionais que pudieran danar a imaxe do sistema imperante.

Así foron suprimidas as comparsas que xa non puideron ensaiar as cantigas do Nadal, de Aninovo, de Reis, do Antroido, de S. Xosé, e mesmamente as fogueiras de S. Xoán tamén foron suspendidas....Pero sen dúbida a festa máis reprimida foi o Entroido porque nesta celebración podían concurrir circunstancias idóneas para rechazar o réxime victorioso.

Efectivamente, foron varios os motivos que aconsellaron a prohibición, xa que podían rexurdir murgas políticas e críticas ás institucións e persoas do Movimento. Tamén para evitar que, arroupados nos disfraces, afloran resentimentos da fracticida situación existente. A confesionalidade do sistema franquista mírase favorecida pola xerarquía eclesiástica, interesada na desaparición desta festa pagana, que tantas críticas recibiu nos tempos laicos da República.

A pesares de todo, posteriormente, a vontade popular foi incapaz de permitir a total desaparición e esporádicamente aparecen os curruvellos, recuperando un gran auxe nos anos coarenta e cincoenta. Estes curruvellos, motivados pola tradición, reviviron o domingo, luns e martes co único fin de pasalo ben e evitar que foran descubertos, pero carecían do todo senso crítico e de burla. Non había comparsas, nen murgas, nen enterros da sardiña, nen corridas de galos, nen festas, etc.

Durante as décadas dos anos 60 a 70, os curruvellos van esmorecendo paseniñamente até a súa cáseque desaparición. Os concursos das salas de festas e algunha actividade escolar que outra, ficaban como derradeiros vestixios dunha festa tan vella como a humanidade. O franquismo estaba logrando a súa finalidade: Rematar o culto pagano que noutros tempos conquerira gran esplendor e popularidade.

A nova xeira

Despois da morte de Franco iníciase a reforma política coa restauración dos dereitos de reunión e asociación, dando lugar á legalización de múltiples agrupacións que incluían no seu programa a revitalización do Entroido. Este é o caso concreto en Moaña, da Agrupación Cultural, NOS, Grupo de Teatro da CASA DA MOCEDADE e a Comisión de Cultura, da Asociación de Vecinos BREOGAN.

Nos derradeiros anos da década dos 70, apréciase unha maior participación de disfraces na rúa. Os medios de comunicación así o recollen e axudan a crear ambente e difundir a súa recuperación

Era evidente que, a organización do Entroido era unha necesidade apremiante. E así, no ano 1980 a A.C. NOS programa, por vez primeira, a organización dun cross de curruvellos. Para garantizar a participación contouse coa colaboración dun grupo de amigos, que desde facía cinco anos xuntábanse na feira do viño de Rivadavia a facer caralladas e procesións bacanaes. Por tal motivo bautizáronse con nome de "Santa Sede", sendo a primeira comparsa formada desde 1936.

O cross dos curruvellos organízase o domingo de antroido, diante da Praza coa participación de 43 disfraces, así como outros encargados de animar a concurrencia infantil

Mención especial merece a Santa Sede que, disfrazados de curruvellos, durmiron o día anterior nunha tenda á beira da Praza. Erguéronse ó toque de diana e durante os tres días do carnaval adicáronse a patear as parroquias chamando á animación de tal significativa data. No ano 1981, a A.C. NOS e a Casa da Mocedade, acordaron celebrar un concurso infantil de disfraces para o Domingo diante da Praza e, para o martes pola tarde iníciase unha animación protagonizada pola Santa Sede disfrazados de bispos e a escenificación dun sainete cortiño feito polo Grupo de Teatro da C. da Mocedade. Previamente o acto estivo presidido polo pregón do "Alcalde" ambientado polas caretas da C. da Mocidade imitando aos cigarróns de Laza.

Pola súa banda, a AA.VV Breogán organiza o Enterro da Sardiña, tamén destacable por ser o primeiro desde o 36. O acontecemento tivo lugar o domingo de Piñata con saída da Praza para baixar pola Canexa, previa volta a Seara.

Se ben a participación foi reducida, a asistencia de público foi, pola contra masiva; de todo-los xeitos marcouse un feito importante cara a recuperación popular do Entroido.

A programación infantil

Despois de 1981, os concursos infantís de disfraces sucédense a cotío co fin de recaudar fondos para costearse os viaxes "fin de curso". Por outra banda, a A.C. NOS institucionaliza o concurso de disfraces que, polas inestabilidades atmosféricas, optan por celebralo en locales pechados.

A mecánica do concurso é ben sinxela; faise desfilar primeiro aos disfraces individuais e logo ós colectivos. De vez en cando o desfile é animado por algunha comparsa, grupo de teatro ou música ambiental. Para rematar o xurado elixe entre os 200 ou 300 disfraces os que considere máis axeitados, otorgándolles un premio máis simbólico que de valor.

O enterro da Sardiña

Sen embargo o que vai a acadar a maior popularidade é precisamente o Enterro da Sardiña. Durante a Semán as comparsas saen á rúa, recorren barrios, bares, tascas, cantando, bebendo, e vendendo as murgas. O mesmo tempo preparan algo especial para o domingo de Piñata. Mentras tanto, e coa finalidade de recaudar fondos, moitas comparsas desplázanse a concursar en varios concellos da provincia.

O pasado ano 85, houbo a excepción dun "recital de comparsas", celebrado o martes de Antroido. As comparsas, unha a unha, subiron ó palco onde cantaron as murgas correspondentes.

Xeralmente, o Enterro da Sardina mantén a constante de estar presidido por unha corte fúnebre de penitentes, cadaleito co momo dentro, os enterradores, o alcalde e a sardiña de grandes dimensións. Detrás da comitiva seguen o resto dos grupos, comparsas e demáis improivisados que, coas súas cantigas, choros, berros e demáis cachondeos alegran o desfile.

Nos derradeiros enterros obsérvase un auxe de carrozas que dan un colorido espectacular ó desfile. Como tónica xeral lése o discurso crítico do "alcalde" e que, segundo o ano, foi acompañado dalgunha modificación; tales como: lecturas ocasionais, cántico de letanías, murgas e a queima da sardina con tracas e foguetes.

Seguidamente e de forma esquemática narrarase a recomposición de cada enterro coa probabilidade de sufrir algunha variación ou omisión involuntarias por carecer de datos concretos.

O primeiro enterro data de 1981 e participaron unicamente os Enterradores, unha comparsa de Marín (Xarangallo Mangallo) e mentras desfilaban, integráronse de forma imprevista, un grupo de Abelendo que máis tarde chamaríanse Renovación

O incremento das comparsas no ano 1982 é notorio. A comitiva sae da Praza, para seguir pola Seara, Carreteira de Arriba, baixar polo Real e voltar á Praza. Ademáis dos fixos contou coa "Santa Sede", disfrazados de monxes. "As Criadas de Servir", que deron orixe ás "20 en Rosa". E "Renovación" con disfraces diferentes de paiasos, mariñeiros e cabezudos.

No ano seguinte o recorrido foi o máis longo. (Reibón-Ramón Cabanillas-O Con-Praza). As comprarsas acompañantes foron, "Os enterradores que nesta vez portaban unha pancarta alusiva á Fosa Atlántica. "Tinta Femia" ataviados de bufóns. A "Renovación" con seus traxes de escoceses portaban unha góndola cos gondolieri dentro. "A Santa Sede", esta vez disfrazáronse de monxas con cornos. "Os da Taza" con capas e chisteiras. "Os Ruáns" de Coiro tamén ían de escoceses. E as "20 en Rosa" facendo honor ó seu nome.

Desaparecida a AA.VV. Breogán, encárgase de organizar o enterro Nando Boubeta a partir do 1984. Este ano sae de O Con-R.Cabanillas-Seara-Praza. O auxe das comparsas e charangas multiplícase. "A Renovación" de Abelendo ían vestidos de úsares austríacos e tiroleses acompañados dun tren de Walt Disney e un barco vikingo. "Os Moañeses" que destacaban ploa súa calidade musical que tantos premios mereceu, facían gala dun traxe tropical. "As Putifarras" de Meira, representaban unha erótica lívido, na búsqueda do cliente, portando incluso a cama. "Os Calcarrúas" de presidiarios. "Tinta Femia" de samurai. "O mellor de cada casa" coa súa imaxe tétrica. "Os da Taza" co seu traxe característico. E os "20 en Rosa" de paiasos

Foi sen dúbida o ano 1985 cando o Antroido conquire as mayores cotas de espectacularidade, ruidos, animación colorido e participación. Máis de 1.200 disfraces desfilaron ante unha innumerable multitude que abarrotan as carreteiras e rúas de Moaña. Nin que dicir ten que foi favorecido por un día verdadeiramente primaveral. Nesta ocasión, a saida tivo lugar dende as rúas de O Real para seguir por Ramón Cabanillas, Seara e Praza, dacordo cun trazado perfectamente estudado pola Policía Municipal.

A "procesión" contou con novas aportacións verdadeiramente simpáticas, como "Os rapaces da Martinga" disfrazados de ratos ca súa flautista. "Os palleiros" portando unha pancarta adicada a Santa Comparsa. "Os Marcianos" que demostraron un alarde de imaxinación e metamorfizar un elevador de contenedores nun monstruo mecánico. "O Mellor de cada casa", ataviados de míticos unicornios. "Os Parados do Futuro" composto por nenos con fundas reivindicando sucursales de "Choncha" para O Real. "Os que faltaban" imitando aos musulmanes coa carroza semellando unha mezquita. "Tribu Caníbal" con rapaces facendo honor a seu nome. "Estudantes de luto" algo improvisado a última hora. Un colorido "gusano" feito por varios amigos. O Grupo Infantil de Gaitas "Semente Nova" de palleiros. De Vigo viñeron dúas comparsas. Unha chamada "Os Tragarananes" que portaban un sombreiro de copa altísimo e a outra "Os Tarteiras" venerando a San Reagan, o patrono dos misiles e nucleares. Tamén de Hío participou unha comparsa con instrumentos musicais de fabricación caseira. "As primeiras trapaleiras" de Domaio, cunha indumentaria cavernícola e portando unha carroza presidida polo símbolo da cacería, o coello.

En canto aos veteranos apareceron a "Tinta Femia" disfrazados de sinais de tráfico. "Os Calcarrúas" cunha escandalosa e sangrenta indumentaria de futbolista americano. "As 20 en rosa" ou as 20 bruxas fermosas. "As putifarras" que abandoaron as esquinas para gañarse a vida polo mundo de zíngaras coa súa carreta parodiando aos titiriteiros. "A Renovación", nesta vez, dacordo cos tempos que corren imitan aos "colegas" portando tres vagóns tirados por dous cabalos feitos de planchas de madeira. "A Santa Sede" que rompe co seu disfraz característico de relixiosidade para vestirse de bailarinas de danza clásica, "Os Moañeses" dirixidos polo popular Xil Ríos, que coa súa música fan bailar ó público, e "Os da Taza" portando unha gran taza nunha andaina

Ademáis dos organizadores en sí, cabe resaltar a colaboración de organismos e entidades como a Comisión de Cultura do Concello, a Agrupación do Pequeño Comercio e Hostelería, a Policía Municipal e a Sala de Festas de Lestón que fan posible que cada ano o Antroido supere o pasado.

Para falar das murgas, cómpre máis ben facer un libro especialmente monográfico que, polo reducido deste espacio só caben algunhas estrofas como mostras alusivas a cada tema. Son moitos os temas que poden ser utilizados para compoñer as murgas adaptadas a música popular ou de moda. Seguidamente, unha mostra delas clasificadas indistintamente.

DEFINICIÓN DE CADA COMPARSA

Cadaquen faina como lle peta

Chámannos de Santa Sede

non por ser do Vaticano

temos nós tanto de cura

como algúns deles de Santos.

Santa Sede-83.

 

Somos todos de Moaña

os que nunca cantaban

somos os máis novatos

somos os que faltaban.

Os que faltaban-85

E ahora vamos a cantar

o que pasa n'Abelendo

a cousa non che pá broma

que pa tomala en exemplo

fixemos unha comparsa

p'acudir os carnavais

dámoslle cabida a todos

o vellos e os chabales

e aquí nos despedimos

somos os de todos anos

e pedímoslle perdón

si alguén nós lle faltamos.

Renovación-83

 

REINVIDICACIÓN PARROQUIAL

Representa o instinto gregario que afecta máis directamente a cada persoa.

 

O parque infantil da Feira

quedárono de estudiar

haber si nós temos suerte para podelo mirar.

Da Feira o ciminterio

hai que poñer unha cruz

haber si os do alumbrado

deciden poñer a luz.

 

Renovación-85

 

O concello de Moaña

ten a Domaio olvidado.

Co asunto alcantarillado

que non ó dan terminado.

As primeiras Trapaleiras-85

Sae BASURA DEPURADA, ¿Qué?

polo muelle e polo Con, ¡Non!

da gusto mirar a merda, Sí

baixar polo Puntillón."Ja"

Os Da Taza-84