Etnografía e folclore

A poza da Moura (Lendas de Moaña)

 

 

En tempos remotos viviu no lugar unha fermosa xoven, muller de cabelos longos e loiros que se peiteaba cun peite de ouro. Polo serán sumerxiase na poza e emerxia ó día seguinte para sentarse na laxe e cantaba unhas melodiosas cantigas. Polo mediodía asollaba o millo recollido que se convertía en ouro. Certo día cando os mozos baixaban cos rebaños, unha cabra acercouse para comer o millo. A moura p ra espantar ó animal tiroulle o peite de ouro, que o recolleu o zagal. A moza correu tras del para recuperalo, cousa que non foi capaz. Logo díxo-lle, "anda rapaz, que levas peite para os teus fillos, netos bisnetos e tataranetos. Houbo outro mozo que prendado da moura prometeulle o que fora para desencantara. A moura seica lle dixo: -Se queres desencantarme debes ser valente, e vexas o que vexas ou oias o que oias, non te asustes. Quédate e axúdame. Así o fixo, pero o rapaz, nas primeiras probas, ó ver rodando hacia él unhas rodas de muiño, asustouse e fuxiu, evitando asi o densencanto. (Estas lendas están recollidas dunha recomposición, feita por Celia Sanjorge, no Faro de Vigo, do 19/1/1985 que aparte da súa interpretación, presenta valores etnográficos válidos)

 
O entroido en Moaña
 
As comparsas eran, sen dúbida, elementos importantísimos dentro da festa. Nos primeiros trinta e seis anos do século XX, houbo en Moaña moitísimas comparsas. Por non haber constancia escrita de todas elas, só se poden reflexar as máis significativas das recopiladas. Todas as comparsas tiñan o seu director e ás veces encargaban as músicas a compositores moañeses ou de Cangas como foi o caso de Chaplín ou Tenreiro. Tamén tiñan o costume de nomear madriña, normalmente á filla dunha casa forte, íanlle cantar á súa casa e ela correspondía cunha boa merenda en agradecemento á comparsa. Valgan estes exemplos das comparsas máis representativas e das que temos noticias: Os Cazadores, Os Labregos, Os Mariñeiros-Náufragos, Os Villanos, Los Duendes, Os Curiosos, Os Contrarrilleiros, Os Gatos, Os Reflectores, Os Verdadeiros Humoristas, Los Jóvenes Libertarios, Los Deportistas, A dos Apaches, Os Trovadores, Os Limpiabotas.
 
O derradeiro carpinteiro de ribeira
 
Vicente Ferradás, naceu no 1952 na parroquia de Domaio. Cando contaba trece anos, comezou a traballar no taller de ribeira de Lemos e Ríos, situado en Punta Fondón, na mesma parroquia. Dende aquela non deixou o taller, cando os anteriores propietarios se xubilaron el fíxose cargo do arrendo e da concesión, disto xa vai camiño dos trinta anos. Unha vez que señor Laxe se xubilou en 1991 e Victorio o de Meira dende hai un ano aproximadamente, Vicente é na actualidade o único carpinteiro de ribeira en activo
 

 

 

ETNOGRAFÍA
 
O entroido hoxe
As festas
.
COLABORACIÓNS
.
Pingueiras da emigración
O derradeiro carpinteiro
O arte de curar coas mans
O baile de Lestón
Os camiños
Pepe de Jarocas: fotógrafo
A costureira
Sr. Marcial de Santeiros
A Inquisición no Morrazo
Os muíños de auga (I)
Os muíños de auga (II)
O artesán dos canastros
Recordos da nosa feira
A romaría do Remeirás
 
 

 

Web aloxada por Registros en la Red © 1999-2008 Biblioteca Pública Municipal. Concello de Moaña. 36950. Moaña (Pontevedra) Galicia.