Río da Fraga, tamén coñecido polo dos Ladróns,
nace en Xaxán no lugar coñecido como os Gorgollóns. Aparte de ser o máis
longo, tamén é o máis caudaloso, así conta con grandes pozas e unha fermosa
fervenza, a cal é máis recomendable visitar no inverno. Na actualidade
milleiros de persoas recorren cada ano a ruta dos muíños, dende Couso
ata o Beque, amosándonos unha pequena parte das moitas construccións deste
tipo que ten en todo o seu percorrido. Dos seus trinta e un muíños, hoxe
só moen tres.
Nome dos muíños: O da Xalde, O de Souto, O de Pereiro,
O de Novas, O de Coto de Arriba, O de Coto de Abaixo, O do Parrando, O
do Rei, O de Fús, O de Amaro, O do Pereiro, O de Antonio, O da Lagoa,
O Novo, O das Meiriñas, O do Torto, O do Tellado, O de Felipe (segue moendo)
O de Vinanza (segue moendo), O dos Carris, O de Laguiña (segue moendo),
O da Capilla (desfeito nunha gran crecida do río fai anos), O de Sampedro
(segue moendo), O de Cordeiro, O das Casaiñas, O do Caseiro, O de Fus,
O da Buraca, O de Cunchas, O da Graña.
O río do Inferno, nace no lugar de Cruz de Foxo
Noval, preto da Paralaia. A pesares do se pouco caudal conta con un bo
número de muíños, e para que a auga chegue a eles con forza se construíron
unha especie de presas ou canles, feitas polos veciños para conducir a
auga ata os muíños. Así non é estraño que atopemos estas edificacións
a máis de 50 metros de distancia do canle do río. Dos seus vintecinco
muíños, na actualidade, seguen moendo tres
Nome dos muíños: O da Costa (foi aterrado cando se fixo
a estrada Moaña-Marín), O do Inferno, O de Dornas, O de Xestida, O da
Granxol,a O de Ramiro, O Novo, O de Abal, O de Jaroca,s O dos Salgueiriños,
O do Manco, O de Couso, O das Carballas, O das Ubeiras, O da Cudiseira
de Arriba, O da Cudiseira de Abaixo (segue moendo só no inverno), O de
Caní, O do Ferreiro (Segue moendo só no inverno), O do Abado, O de Trigo,
O de Pérez, O de Rouco (segue moendo só no inverno), O do Redondiño, O
de D. Amador, O de D. Amador II.
Río Miñouba, é un dos máis visitados do noso concello,
pois a famosa Poza da Moura é un gran atractivo, así como a súa fervenza
que proxecta unha imaxe impresionante, o mesmo tempo que a natureza xoga
cos muíños. Dos once muíños que ten no seu percorrido, só moe un deles,
o que está máis preto do mar.
Nome dos muíños: O do Pereira, O da Máquina, O de Ventura,
O do Xastre, O de José María, O de Roque, O do Medio. O de Solla, O do
Vaqueiro, O de Ferradás, O de Rial (segue moendo).
Río da Freixa, nace os pés do barrio de San Lorenzo,
non é un río de moito caudal, pero o ser tan costeiro o auga chega os
muíños con forza. O seu paso polo adro de San Benito, fai que neste lugar
se sinta a tranquilidade e o silencio. Os dez muíños con que conta este
río dende fai uns anos que deixaron de moer.
Nome dos muíños: O da Devesa de Arriba, O da Devesa do
Medio, O dos Avisoiros, O de Carregueira de Arriba, O de Carregueira do
Medio, O de Carregueira de Abaixo, O Pumariño, O do Galego, O do Panasco,
O das Means.
Río do Barranco ou do Atranco. Nace no lugar
de Río da Mó, recollendo o seu paso un feixe de pequenos regatos que van
agrandando o seu caudal ata verter o mar no lugar da Porta do Sol. O seu
paso pola Carballeira de Bronlle, calquer día a tardiña se pode escoitar
o canto da auga debaixo dun carballo, é algo único. Conta con cinco muíños
en todo o seu treito dos cales aínda segue moendo un, o máis próximo a
súa desembocadura.
Nome dos muíños: O do Atranco, O do Lameiro, O de Victorio,
O de Amaro, O de Abilleira (segue moendo).
Regato da Xeira ou da Devesa da Seara. Rara
vez se pode mirar como un regato é capaz de levar un caudal de auga aceptable
para que o seu paso chegaran a moer sete muíños. Neste caso, quizais propiciado
polo longo treito que percorre desde os arredores da Xalde ata a Seara,
de alí a súa auga vai canalizada ata o río do Inferno, preto da desembocadura
o mar. Dende fai tempo que non traballa ningún dos seus sete muíños.
Nome dos muíños: O de Sanchilán, O de Vázquez, O da Xeira,
O de Trigo, O de Pereira, O de Pereira II, O de Chindo.
Regato da Meixoada, nace no lugar de Figueirido,
entre San Martiño e a Meixoada, transcorre o longo de todo o val. O único
muíño que conta este barrio está situado na parte baixa, traballou durante
anos, ata que, o caudal do regato baixou considerablemente, a súa auga
mesturase coa de outros regatos que saen o mar no concello de Cangas.
Muíño da Cruxeira,