|
| |
Unha vez rematada a descrición das
principais evidencias documentadas durante o desenvolvemento dos traballos, e a modo de síntese dos mesmos, pódese dicir que
o resultados obtidos na escavación amosan dúas zonas do castro con funcionalidade totalmente dispares. Mentres que na ladeira W se identificou un espazo dedicado
como lugar de habitación que foi ocupado durante un período cronolóxico amplo, na ladeira E documentouse unha área "marxinal" relacionada con actividades da vida no castro, pero non de índole habitacional (actividades de cantería, espazo amortizado como vertedoiro...)
A ladeira W amosa un espazo claramente artificializado, que foi ocupado de maneira moi intensa durante séculos, e esta ocupación queda reflectida de diferente forma no resitro arqueolóxico.
O período cronolóxico mellor conservado é o comprendido entre os séculos II a. C. - I a. C. , momentos finais da segunda Idade do Ferro. Deste momento son as cabanas de planta oval que manteñen unha orientación N-S e que se dispoñen de maneira paralela ao muro da terraza. Evidentemente a construción do aterrazado é anterior ao momento de erixir as vivendas, como o amosa o feito de que estas se construísen perfectamente aliñadas con ela ou, como no caso dunha delas, contra o mesmo muro de contención, aproveitando a cara interna da terraza como muro da cabana. [continúa....]
|
|
|
A CASA DE MEIRA
|
| |
"En la feligresía de Santa Eulalia de Meira, en la Península del Morrazo, todavía se levanta la casa-fuerte de Meira, rodeada de sus murallas, en un paraje encantador..." Fr. José S. Crespo Pozo "Heráldica y Genealogía de Galicia". Tomo III
Estas liñas fan referencia á casa solarega da liñaxe dos Meira, da que aínda se conservan os restos da fortaleza.
Por informacións recollidas na obra que leva por título "Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia", escrita probablemente en 1530-35, e da que é autor Vasco de Aponte, primeiro e gran xenealoxista de Galicia, historiador da nobreza galega baixomedieval, sábese que a Casa de Meira tivo prestixio e notabilidade no século XIV |
|
|
| BIBLIOGRAFÍA DE MOAÑA |
| |
Desde a publicación en 1982 do libro divulgativo sobre a nosa prehistoria: "Estudos sobor : mámoa de Chan de Arquiña, Poblado de Montealegre, Inventario de grabados rupestres de Moaña", véñense sucedendo diversas iniciativas editoriais que ofrecen ó lector a posibilidade de achegarse a interesantes traballos de investigación sobre temas locais que abranguen a etnográfica, a socioloxía, a economía e sobre todo, temas relacionados coa nosa historia e prehistoria. Estes derradeiros ( sobre o castro de Montealegre e o poaboado dos Remedios), favorecidos polos traballos de corrección do impacto arqueolóxico do corredor do Morrazo |
|
|
|