INICIO

 

OS CRUCEIROS DA PARROQUIA DA NOSA SEÑORA DO CARME DE MOAÑA

12. Cruceiro de Pazó

Este cruceiro está no barrio de Quintela, da parroquia da Nosa Señora do Carme de Moaña, na propiedade dos herdeiros de Pazó, xa finado.

Encol da sua orixe recollemos duas versións:

a) Pazó trouxo este cruceiro para Quintela-Moaña alá polos anos trinta-corenta, procedente de Campolongo-Pontevedra (detrás da anterga estación do ferrocarril, hoxe desaparecida), onde xa estaba.

b) Mandóuno facer ó canteiro Piñeiro de Santiago, alá polos anos trinta.

De calquera xeito, o cruceiro está en Quintela coma motivo ornamental e para substituir outro, moi vello e arruinado, que había ó lado dun camiño que naqueles tempos atravesaba a leira.

Está formado por unha soa escala sobre a que vai a base cúbica coas aristas vivas, varal de fuste cadrado coas aristas chaflanadas, capitel cúbico e cruz exagonal estriada rematada con formas que sobresaen. Na parte anterior está Xesús Crucificado, con tres cravos, brazos non horizontais, pe dereito sobre o esquerdo, xeonllos flexionados, cabeza vertical con pelo, coroa, sen barba e expresión seria. Os pés vése unha irnaxe do Apóstol Santiago, libro nunha man e bágoo noutra. Na parte de atrás, a Virxe co Neno no colo; manto sobre a testa, roupas de abondo e expresión tristeira; o Neno, xa maiorciño, ten pelo e aparenta estar máis contente. Os pés hai a figura de outro apóstol das mesmas cara-terísticas co que se acaba de describir. Está ben conservado.

 

13. Cruceiro de Berducedo

Encóntrase no lugar de Berducedo da parroquia da Nosa Señora do Carme de Moaña, a carón dunha encrucillada, a .poucos metros da carretera de Seara a Piñeiros.

Sobre as escalas ten unha base cúbica de aristas chaflanadas; o varal, de fuste octogonal, leva un capitel de corte xeométrico sinxelo formado por unha serie de molduras separadas por riscos máis ou menos fondos. A cruz é de sección circular; na parte anterior vai Xesucristo, de rasgos brosmos e primitivos, totalmente espido, tres cravos, pe dereito sobre o esquerdo, xeonllos flexionados, brazos horizontais e tesos, cabeza medio caída e moi deteriorada polo paso do tempo, pero entendemos que nunca tivo pelo, coroa nin barba. Na parte posterior, a Virxe María cun brosmo manto que lie cubre a testa; ten espresión morta e riscos tesos.

Está ben conservado tendo en conta o seu moito tempo de asistencia e os escasos coidados que recibe.

 

14. Cruceiro de Montenegro

Está no lugar de Seara da parroquia da Nosa Señora do Carme de Moaña, nunha propiedade de Amador Montenegro.

Carece de escalas. Consta de base cúbica de aristas vivas, varal de fuste cilíndrico liso, capitel cúbico no que se incrustan motivos vexetais. A cruz ten a Xesús Crucificado, de tres cravos, pe dereito sobre o esquerdo, brazos horizontais, xeonllos lixeiramente flexionados, cabeza tesa, con pelo, coroa e, na faciana, expresión seria. En xeral ten riscos toscos e primitivos: todo el está moi teso. Pola parte posterior, a Virxe María con expresión inerte, levando ó Neno no colo; todo con roupas moi floxas e pouco marcadas.

Este cruceiro foi feito por Daniel Fernández Pazos de Tomeza-Pontevedra a petición de Montenegro para adorna-la'finca, coma motivo típicamente galego.

Nun principio púxoo nunha banda da finca que, co tempo, encheríase de árbores e de lama polo que, máis tarde, tivo que trasládalo pra onde está hoxe