OS CRUCEIROS
INTRODUCCIÓN
Elementos
Os cruceiros de pedra non son algo exclusivo de Moaña. A Bretaña está inzada deles e Galicia enteira non lle merece pallas. É obrigado, falando de cruceiros, lembrá-la figura de A. R. Castelao que fixo traballos de abondo encol duns e outros, dándoille unhas interpretacións que, aínda hoxe en día, son dignas de ter en conta. Son, porén, moitas e varias as teorías que queren atinar na orixe e significación dos cruceiros. Non queremos entrar en fonduras deste tipo pero, admitindo que en ninguba maneira estamos en posesión de verdade, pensamos que os cruceiros xurden por un cuádruple camino;
1. Coma intento de sustitución de antigás creencias paganas e supersticiosas polas creencias cristianas. Por mor desta idea levantáronse cruceiros {símbolo Cristian por excelencia) ó pe de pedrasfitas, amilladoiros, pedras abaladeiras, etc., que foron motivo de litolatría polos nosos antergos. Tamén se ergueroncruceiros nas encrucilladas e noutros lugares onde era costume que aparecesen "almas do outro mundo", ou que se levaran a cabo encantamentos e bruxerías. Di Xesús Taboada Chivite que "os cruceiros quixeron santifica-los lugares atosigados de esoterismo idolátrico", pero, queda unha pregunta: ¿conseguírono?
2. Pra marca-lo Camiño de Santiago e guiá-los peregrinos que, dende remotos países dirixíanse a Compostela. Este non é o caso de Moaña, pero, en troques, parece que aligunhas pedras referidas anteriormente sinalaban tamén os caminos de certos peregrinaxes obrigados ou voluntarios na sáa relixión primitiva
3. Pola devoción relixiosa, que raia case sempre coa superstición, dalgunha xente que obtivo unha curación difícil, que se librou dun naufraxio ou coma lembranza dalgún mal que compre recordar e ó mesmo tempo evitar que se repita no sucesivo.
4. Nos derradeiros tempos, xurden coma motivo señorial e exclusivamente ornamental.
Compre destaca-la laboura dos canteiros e a sáa maestría coma verdadeiros artistas da pedra e en especial coma artistas dos cruceiros. Para resalta-lo seu valor recollemos un anaco de "Escolma posible" de Castelao: "Xa dixemos que os cruceiros son idea do pobo en pedra, pensamentos saturados de emoción colectiva; pro a estética tradicional dos cruceiros non se deixa arrufiar pola rutina das técnicas populares, porque os nosos canteiros poseen unha sabiduría de séculos, traspasan os valados da vulgar artesanía e van na procura do divino poder da creación; os canteiros galegos dominan instintivamente o seu oficio, pois se adeprenderon reglas pra labraren a pedra, ben pode decirse que as esqueceron de puro sabidas".
Parece que os nosos canteiros foron famosos xa dende tempos do románico e, ata non hai moito, aínda tiñan unha fala propia: a verba dos canteiros. Nacida en Cotobade-Pontevedra, estendeuse por toda Galicia e fóra déla.
Moaña conserva con acougo os moitos e varios restos arqueolóxicos que na súa demarcación deixaron os antepasados. Non poden faltar eiquí os monumentos máis dignos de nota na arte ¡popular galega: os cruceiros. Neles fúndense os mitos, as supersticións e a relixión coa arte, xa sexa en aparencias sinxelas, xa en outras máis rebuscadas e máis técnicas.
Entendemos eiquí por cruceiro toda aquela cruz monumental de pedra, teña ou non imaxes. Abondando neste senso, podemos dicir que nos nosos cruceiros atopamos partes fundamentais e partes, que non sendo adeganas, poden non aparecer coma ocurre en varios dos localizados, é iecir, seren partes non fundamentais. Tarménn hai que contar con adornos coma círculos, caliveras, ósos cruzados, etc., postos na base, capitel, cruz, etc., e que case sempre teñen significación mítico-rélixosa. Botando man das verbas que rixen na fala de Moaña relativas ás partes dos cruceiros, resumímolas do xeito que segue:
|