INICIO

 

 

 

CRUCEIROS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO

 

 

 

5. Cruceiro da Ameixoada

No límite dos concellos de Moaña e Cangas, entre os lugares da Ameixoada e Xielas, respectivamente, ó lado esquerdo da carretera de Moaña-Cangas por Coiro, segundo se vai cara a esta última, érguese este cruceiro, ó pe do que parte un camino que vai a Vilela-Moaña e a Coiro-Cangas. É unha enorme cruz de pedra de tres metros de altura, asentada sobre unha base prismática, tamén de pedra, coas aristas retoaixadas. Non ten escalas; a columna, de fuste octogonal liso, con capitel xeométrico sinxelo. A cruz, sen imaxes, é de seción cadrada con aristas rebaixadas. Na parte de diante da base pódese ler:

ES PROPIEDAD DE

JOSÉ FEBNAN DEZ

AÑO DE 1893

Houbo un tempo, que non poidemos precisar, esta cruz -aínda hoxe chamada cruz de Pereira, sobre todo pola xente de Xielas-, era de madeira, mandada facer por Xosé Fernández, coma se indica na inscripción, porque o seu fillo librara de ir á "marina". Máis tarde, trocóuse pola actuad de pedra que estaba situada en riba do valo que cerraba a sua finca. Co paso da carretera, enterróu éste e parte da base do cruceiro e, o que hoxe é propietario da finca, fixo un novo muro que deixa fóra dela ó cruceiro. Pro, con todo, aínda hoxe ninguén se esqueceu que sigue sendo pr-piedade dos herdeiros de Xosé Fernández.

Está pouco coidado, a terra tapa parte da base (pra facé-los retratos das inscrcións tivemos que cavar) e o aceite dos farois engrasa o fuste. Só de vez en cando, os propietarios herdeiros, en colaboración cos veciños devotos, límpano e píntano de cores ocres coma está agora.

Cada ano adórnase e reverénciase por mor da procesión de Santo Domingo que, saindo da sua cápela en Coiro, pasa por este cruceiro. Cando hai defunto ou cadavre ha de parar ante o cruceiro cando vai camino do camposanto ó tempo que o señor abade bótalle un responso.

6. Cruceiro de Simón ou de Casal

Chámase tamén cruceiro de Barreiro. Está situado no lugar do Casal, na parte dereita dun camiño que xunta as carreteras de Moaña a Cangas {unha pola costa e outra por Coiro), facendo de marco entre as parroquias de San Martiño e Tiran.

Ten catro pasos de escalas (duas eélas cubertas por terra e maleza), de planta uadrada; base cúbica de bordes superiores chaflanados. Columna de fuste octogonal rematada por un capitel que quer ser dórico sobre o que vai unha cruz sinxela de sección cadrada

Carece de inscricións.

É propiedade dos herdeiros de Simón Pazos Vidal (daquí un dos seus nomes) que conservan os documentos que así o acreditan. O tal Simón, seica o mandóu facer por unha promesa que ninguén nos pudo precisar xa que este cruceiro é moi antigo: dous centos anos aproximadamente.

A xente colócalle farois coma ofrecemento; no varal ten uns aramios pra este fin. Ó paso dos cadavres de camino ó campo santo, compre facer uníha parada diante do cruceiro con lectura dun responso por parte do crego.

Disque en tempos pasados, unhas mulleres queimaban, cada certo tempo, tetos de vaca nunha tella virxe mesturados con algunhas herbas milagreiras pra espantá-las bruxas e os malos espíritus.

 

7. Cruceiro das Angurias (Angustias)

Situado no lugar do Cruceiro (por iso tamén se chama Cristo do Cruceiro), nuhna encrucillada onde se xuntan camiños que veñen desde a Igrexa parroquial de Sam Martiño-Sabaceda-Xalde, do Casal e de Abelendo; a cen metros da Igrexa e a trescentos da carretera Moaña-Coiro-Cangas.

Consta de catro pasos de escalas, de planta exagonal; base circular rebaixada na arista superior para rematar coma se fora cúbica; na cara anterior desta base hai un par de ósos cruzados cunha calavera enriba. A columna é de fuste exagonal liso cunha peana na parte posterior sobre a que vai a figura de San Martiño, de expresión clemente, con roupas de abondo e bágoo. Ten un caipitel con volutas de tipo xónico; entre elas hai cabezas de anxeliños. A cruz, de sección rectangular, posee na cara anterior a Xesús Crucificado, con tres cravos, espido, cabeza caída, barba, pelo e coroa de espinos. Brazos non horizontais, xeonllos flexionados e pe dereito sobre o esquerdo; debaixo, unha calavera. Todo con formas bastante movidas. Na parte posterior represéntase a piedade da Virxe María con Xesús morto nos brazos.

Non ten inscricións. Está moi coidado e limpo. Non se pode precisa-lo ano nin o motivo da súa construccion -aínda que se lle botaron uns trescentos anos- pero sábese que foi feito por un tal Cerviño, canteiro analfabeto de Aldán-Cangas.

Foi restaurado fai seis anos coas aportacións dos vecinos. Pero según algúns, en troques de melloralo, o que se fixo foi mermalle o valor artístico, pois aseguran que as imaxes perderon xa a sua anterga nitidez. Ten uriha reixa de ferro arredor del; dentro déla hai tarros con plantas ó lado de farois que alumean de cotío alimentados polo aceite que os veciños lle botan.

 

8. Cruceiro de Soledade ou de San Martíño

No lugar do Cruceiro, a cincoenta metros da Igrexa parroquial de San Martiño, á dereita da encrucillada dos caminos de Xalda a Casal e de Cruceiro a Sabaceda, érguese este cruceiro.

É unha enorme cruz de pedra toda ela, con capitell e sen escalas. A base é cúbica de aristas chaflanadas, asentándose sobre un penedo "nacido". A columna é de fuste octogonal liso, capitel dórico sinxelo e cruz de sección cadrada lisa; nela pódese ler, somentes cando se pon o sol, a inscrición que segue:

SOLEDADE

 

De eiquí un dos seus nomes.

É de corte semellante ó de Simón (núm. 6) pero, afortunadamente, conserva tódalas súas pezas orixinais. Esta circunstancia fainos pensar -e nesto están os vellos do lugar- que é do tempo daquél e, ó mesmo tempo, moi anterior ó das Angurias.

Está moi ben conservado. A sua altura é de tres metros e medio.

O feito de estar asentado sobre un penedo "natural", fíxonos pensar que a súa orixe debeu ser para santificar aquél coma consecuencia dálgún poder especial que tiña. As averiguacións que fixemos ó respecto nada nos aclararon, xa que dadas a antiquísima existencia, o escaso valor artístico e a proximidade do das Angurias, pasa desapercibido polos veciños.

 

9. Columna

No valado do adro da Igrexia parroquial de San Martiño de Moaña, seguindo o camiño da Xalde, hai unha columna de varal redondo liso e capitel semellante ós de tipo dórico, que en tempos moi pasados foi cruceiro.

Está asentada sobre unha base prismática, con escalas cara ó adro. Carece de inscrcións.

Todo o mundo opina que é do tempo da Igrexa que data do século XII.

 

10. Cruceiro de Pasante ou Sabaceda

No lugar de Sabaceda, na parroquia de San Martiño de Moaña, a poucos metros da carretera de Marín a O Con (alá polo kilómetro cinco aproximadamente), nunha encrucillada de onde parten camiños cara a Xalde e Brouülón, érguese este cruceiro.

Ten seis escalas de pedra que dan a dous frentes, pois pola dereita está arrimado ó valo e pola esquerda non as ten pra non estorbá-lo camino que aínda así queda estreito. A base é cúbica de aristas rebaixadas; o varal, de catro metros de altura, é octogonal liso; o capitel é moi complicado: motivos vexetais, volutas nas esquinas e anxeliños entre elas. A cruz é de sección case circular, quarendo semellar a un madeiro con nós. Na parte de diante ten a Cristo Crucificado, con tres clavos, pe dereito sobre o esquerdo, xeonllos flexionados, costelas e músculos moi riscados. Testa caída con coroa, pelo e barba; expresión moribunda.>Na parte posterior está a Virxe Dolorosa con grandes e frouxos mantos, cabeza cuberta e con coroa, expresión triste, brazos collidos por diante cruzándose os dedos; ten o corazón fóra cunha frecha cravada. Vénselle restos de pintura, pois seguramente estivo pintado algún tempo. Está ben conservado.

Seica é o máis antergo da parroquia e, sen poder cifrá-lo ano en que foi feito, calculámoslle uns trescentos cincuenta anos. Soupemos que o mandóu facer un tal Manoel Euxenio da familia dos Freires de Sabaoeda cunha doble finalidade: cumpli-la promesa que fixera ante un mial que superou e facer perpetuá-la Fe entre os veciños do lugar.

No valado de dereita hai un "peto das ánimas" cunha inscrición superior:

Moita xente bota limosnas nél coma agradecemento por cumplírselle certos desexos ou esperando que se lLe cumplan outros. No varal póñenlle faroIs atados nun aramio ou colgados dun ferro que ten colocado para ese fin. É o cruceiro máis querido e de máis devotos de toda a parroquia; "nunca está apagado", di a xente do lugar. Coa recaudación do peto fánse misas e festas.

 

11. Cruceiro de Salvante ou de Broullón

 

Está situado no lugar de Broullón da parroquia de San Martiño; ten difícil acceso. Pódese chegar a el por un camiño que sae pola esquerda da carretera do Con a Marín (segundo imos cara a esta última) á altura do kilómetro sete aproximadamente, entre os lugares de Sabaceda e Paradela. Érguese nunha encrucillada da que parten camiños que levan ás veigas e devesas do lugar. Vénselle tres escalas polo frente; pola parte posterior, a terra e a maleza chegan ata tapa-la base. Ésta é cadrada con aristas rebaixadas, léndoselle no frente a inscrición :

AÑO DE 1784

O varal é de fuste octogonal liso, con capitel sinxelo semellante os do estilo dórico. A cruz tamén é de sección octogonal. Da a impresión de que está un pouco caído cara ó Este. Ten catro metros e medio de altura.

Está un pouco descoidado e ninguén ten idea de que teña ou tivera en algún tempo algunba creencia relacionada con el.

 

CRUCEIROS DA PARROQUIA DE NOSA SEÑORA DO CARME