INICIO

 

 

 

CRUCEIROS DA PARROQUIA DE TIRÁN

 

 

1. Cruceiro de Vilela

Está situado no lugar de Vilela da parroquia de Tirán, á dereita da carretera, según imos, de Moaña a Cangas (a tres kilómetros aproximadamente da primeira). Érguese na propiedade de Armando Vaqueiro Montes, residente en México, que o mandou facer, pra ornamenta-la finca, a Daniel Fernández Pazos, de Tomeza, Pontevedra, no ano 1971.

Consta de tres pasos de escalas, de planta cadrada con acceso polos catro lados; enriba está a base cúbica coas aristas superiores rebaixadas e as laterais só pola metade superior. O varal é de fuste octogonal liso,, pero o tercio inferior é cadrado; nel tállase unha peana sobre a que vai a imaxe de Santiago, de pequeno tamaño pero de formas ben definidas. O capitel ten formas vexetais ríxídas, volutas nas catro esquinas, entre elas anxeliños. Na cruz figuran, na parte anterior, Cristo Crucificado coa testa caída e expresión doente; ten coroa de espinos, pelo, pero non ten barba. O corpo tira dos brazos para baixo e fai que non estean horizontais; as pernas flexiónanse polos xeonllos; o pe dereito monta sobre o esquerdo e os tres clavos son notablemente visibles. Na parte posterior, a Virxe co Neno no colo; ten roupas de abondo e manto por riba da cabeza. Presenta un aspecto xeral teso, aínda que os rasgos son de considerable perfección.

Non ten inscricións, e dada a sua corta vida e o motivo da sua construción, non se coñecen costumes ou tradicións que se realicen arredor del. Ómesmo que toda a finca está ben cuidado.

2. Cruceiro dos Remedios

Érguese preto da cápela da Virxe dos Remedios-Tirán. A él pódese chegar desde a carretera de Moaña a Cangas pola costa (a dous kilómetros aproximadamente da primeira), por un camiño, andando uns cincocentos metros.

É un cruceiro sinxelo e ata brosmo. Consta dunha primeira plataforma cadrada sobre a que se asenta outra'circular que semella a roda dun muiño. A columna é octogonal lisa, rematando en cadrada; o capitel é do nráis sinxelo e elemental: un ábaco, e debaixo, algo que quer ser equino (catro superficies planas en forma de trapecio que rematan no fuste). A cruz é de sección cadrada cuns rebaixes nas aristas como único medio de ornamentación. A .altura total do cruceiro é de tres metros aproximadamente. Carece de inscricións.

Esta cruz, a pesares do seu tamaño e escaso valor artístico, ten uniha grande significación sentimental. Seica foi construído por un veciño do lugar que, desexando librar ós seus fíllos do servicio ó rei e tendo conseguido o que se propuña, mandóuno facer coma acción de gracias. Calcúlanselle cen anos de existencia.

Na víspera da festa dos Remedios, a procesión procedente da Igrexa parroquial cara a cápela da Virxe, deténse nel e entónanse certos cánticos relixiosos; ó outro día serve de centro de xiro á procesión que sae da capela polo adro. En ambos días, está ornamentado con flores e, ó seu lado, pónse un altar portátil. Abandonado entre piñeiros e carballos, este cruceiro foi destruído nos tempos da guerra do 1936. O fervor do pobo reconstruíuno coma se amosa na primeira plataforma, capitel e cruz que son de formigón.

3. Cruceiro de Fontes

E

Encóntrase nunha encrucillada de caminos: dous cara ó Casal, dous cara a carretera de Cangas-Moaña (pola costa). Queda desta a uns trescentos metros. É o barrio de Fontes na parroquia de Tiran, Érguese enriba dunha grande plataforma cuadrada de mampostería; dous pasos de escala tamén cadrados e de acceso polos catro puntos; na base cúbica figuran estas inscripcións que nos dan algúns datos encol del:

PHOPIEDAZ Y DEBOCION DE FRANCISCO MARTINEZ ANO DE 1907

O varal é de fuste octogonall liso con remates cadrados; o capitel, tamén cadrado, está formado por duas placas, unha enriba da outra que sobresaen da .columna e entre sí. Sobre el, a cruz, de sección cadrada, á que se arrima a única imaxe deste cruceiro: un Cristo de mármore con tres clavos, xeonllos algo flexionados, pe esquerdo sobre o dereito, brazos non horizontales, cabeza caída con pelo, coroa de espinos e barba. Está encalado, ten un gancho de ferro pra colga-los farois que lle alumean día e noite. Arredor del ten un cinguimento de ferro que lle serve de protección.

Francisco Martínez, natural de Tirán, mandóuno facer porque, atopándose en Buenos Aires moi doente por mor dunha enfermidade que se cría incurable, prometeu costealo. A curación parece ser que non se fixo esperar e él cumpríu o prometido. É punto de atracción de numerosos devotos coma demostran os farois que de cotío aluméanlle. A xente, en intres de dificultade económica, en casos de fortes doenzas, en algún encono xudicial, etc., ofrécese a alumearlle durante un tempo determinado que varía según a trascendencia do favor a alcanzar ou alcanzado xa.

Tamén por este cruceiro pasa a procesión dos Remedios citada no cruceiro anterior {cruceiro dos Remedios), celebrándose parada e ritos da mesma índole ca no caso daquél. Está ben conservado e alcanza unha altura aproximada de tres metros e medio.

4. Cruz do Con

No lugar do Con da parroquia de Tiran, érguese este cruceiro (realmente unha cruz grande de pedra) no lado dereito do camiño -hoxe empedrado- da beira do mar que vai de Moaña ó Con. Está asentada sobre unlha base prismática coas aristas rebaixadas onde se encontran as inscricións que seguen que nos dan unlha idea do por qué da sua existencia:

SE AOCO* JOSÉ RAMÓN GONZALES

HIJO QUE FUE DE ESTA CASA PASANDO

PARA VIGO Y MAS 14 PERSONAS

EL 13 DE NOVIEMBRE DE 1838

ACUÉRDENSE DEBUTOS CON UN

PADRENUESTRO POR SU ALMA

 

SERA AVI

TALICIA

ACUENTA DE

EL TERRENO

Q LE CIRCUNDA

A coluMna é de fuste cadrado na parte de abaixo e octogonal despois, sempre lisa, coa inscrición:

AVE

MAR

IA

O estado de conservación é bó.

Asegúrase que debaixo da cruz están enterrados os afogados no naufragio a que fai referencia a inscrición da base.

 

CRUCEIROS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO