|
Moito se ten escrito e falado sobre a Santa Inquisición, centos de libros, infinidade de artigos e teses doutorais, conferencias e mesas de debate.
No século XVII a Santa Inquisición, levaba a cabo as
máis grandes atrocidades no nome da Igrexa, infinidade de abusos contra
os máis débiles e desfavorecidos. Os seus autores eran xente da Igrexa,
curas, frades, e tamén laicos poderosos, señores donos das terras. A xente
dos pobos chegou a dicir dos inquisidores que eran coma piratas, xa que
actuaban do mesmo xeito, igrexas, mosteiros, conventos e pazos feudais
participaron activamente naquelas atrocidades que lles infrinxían as familias
sacándolles as súas propiedades, tamén tiñan por norma abusar das mulleres
da casa, unha practica esta que estaba moi estendida, para elo montaban
grandes procesos envoltos nunha pantomima onde a persoa xa estaba condenada
antes de comezar. |
||||||
|
Cando comezou o xuízo, Catalina contaba cincuenta anos, a audiencia acudiron vinteún testemuñas de cargo, que foran levados polo miserable comisario. Ían todos sabedores do que tiñan que dicir, pois tamén tiñan medo o poder do inquisidor, por iso lle obedecían. Aseguraron que Catalina era bruxa, feiticeira e que viña xente a xunto dela a pedirlle remedios para curar as doenzas, algún foi máis alá e dixo que a tiña escoitado dicir que renegaba de Deus, dos santos e tamén da Santa Fe. Todo aquelo xa era máis que suficiente para que acabara nunha fogueira, pero aínda seguiron dicindo que preparaba pocións para aparvar a xente ou desfacer matrimonios, unha testemuña atreveuse a dicir que un día a porta da súa casa lle dixo que lle ía a demostrar o seu poder, chamando por un raposo e que o animal baixou do monte cunha campaíña no pescozo, postrándose diante dela. Así deste xeito, foron pasando aquelas falsas testemuñas que seguían afirmando que Catalina voaba, que se convertía nun castrón, e todo canto calquera persoa se poida imaxinar.
O día 29 de xullo foi levada á audiencia acusada, se
lle pediu encarecidamente por última vez que dixera a verdade, xa que
ata alí negábao todo. Catalina Pernas insistiu e dixo que o comisario
delator era o seu inimigo dende facía un tempo, en que lle obrigara a
levarlle a súa filla a casa del, e como non o fixo montou todo este atropelo,
ameazando incluso as testemuñas si non dicían o que el lles ordenou. Non
conforme o tribunal coas súas explicacións, ordenou que padecera tormento,
a infeliz Catalina Pernas durante os tres días seguintes, nos cales, a
crueldade e dureza lle provocaron dores insoportables, seguía dicindo
que era inocente e pedindo misericordia, así como unha segunda oportunidade
as testemuñas para que puideran rectificar a súa declaración. Parece ser
que o último día de tortura as cordelas que lle apertaban e lle daban
voltas os brazos e pernas da muller, xa lle chegaran os ósos, desfalecendo
Catalina varias veces, chegado a un punto no que os torturadores pararon
aquel tremendo suplicio. Entón o tribunal accedeu a segunda petición da
acusada, a das falsas testemuñas, foron chamados de novo a declarar, e
os que dixeron que a acusada renegaba, retractáronse, e foron presos por
iso, outros variaron as declaracións contradicíndose en varias cousas,
chegando a dicir que o problema era que esta muller emborrachábase e baixo
os efectos do alcohol dicía parvadas.
Evidentemente aquel tribunal non ía a condenarse a si
mesmo, nin tampouco o faría contra o comisario, o fin e o cabo, mellor
abandonar á presa e os seus bens, xa que Catalina enferma e coa súa familia
esnaquizada atoparíanse perdidos e humillados de por vida con aquela deshonra
o lombo. O 15 de agosto do mesmo ano, día da Asunción da Virxe, tivo lugar
o veredicto na sala da audiencia, despois da misa no altar do Espírito
Santo, Catalina Pernas, aínda foi novamente humillada verbalmente diante
do numeroso público alí presente, e sen pronunciar sentencia algunha,
como si todo o que a muller sufrira non tivera ningún interese mandárona
marchar en paz. Aquela digna e valorosa nai que tanto sufrimento pasara,
e pasaría quizais ata a súa morte por conservar intacta a honra da súa
filla volveu coa súa familia para a súa casa de Santa María de Cela, aínda
sabendo que xa nada seria igual, quixo pasar o resto da súa vida naquel
lugar que tanto quería.
Luís Chapela Bermúdez |
||||||
![]() |
||||||
|
A Comarca do Morrazo tamén padeceu as atrocidades da Inquisición, así quedou reflectido nos procesos sumarísimos, amañados contra algunhas familias e veciñas, sendo mais coñecidos os que se celebraron en Cangas e Bueu, pero tamén os houbo en Moaña. Todos estes procesos levados a cabo pola Inquisición na súa maioría están recollidos nos famosos Arquivos de Salamanca. No concello de Bueu, as referencias a Inquisición concentrase sobre as tres casas brasonadas da localidade, o Pazo do Casal, o de Castrelo e o de Santa Cruz. Dicir que sobre as dúas ultimas campan en cadanseu escudo as armas do Santo Oficio, así como, no escudo da antiga Torre de Cela: unha cruz adestrada dunha espada e sinistrada dunha palma con ou sen coroa. Tanto o Pazo de Castrelo como o de Santa Cruz aparecen unidos a unha importante personaxe, D. Fernando de la Rúa, que foi abade de Bueu e comisario do Santo Oficio. |
||||||
|
Neste concello, na parroquia de Santa María de Cela, tivo lugar unha cruel e tremenda historia, recollida nos arquivos antes mencionados, provocada por un inquisidor e que agora contamos.
Catalina Pernas e o seu home, Pedro da Ponte, vivían
honradamente na feligresía de Santa María de Cela, ela atendía as labores
do campo e da casa, mentres o seu home oficiaba de zapateiro. Tiñan unha
filla a cal a súa fermosura foi a perdición dos seus pais, cando se encaprichou
dela un comisario do santo oficio. Este comezou a andar detrás da moza
impoñéndolle o seu poder e o medo que se lle tiña o terrible e poderoso
Tribunal da Fe. Non tivo dúbidas o inquisidor en chamar a propia nai,
Catalina, e con alabanzas o primeiro, e ameazas despois, díxolle que tiña
que convencer a súa filla e levarlla ela mesma a súa casa, a tales extremos
chegaba a insolencia dos comisarios e a inmoralidade da xustiza relixiosa. |
||||||
|
Catalina Pernas cabreada resistiuse valorosamente a entregar a honra da súa filla, entón foi presa e acusada por dito comisario a Inquisición de Santiago, culpándoa de delictos de bruxería. Foi separada do seu marido e da súa filla (que quizais sen o amparo da nai caería nos brazos daquel cruel abusador) a mediados de xullo de 1621, a muller é levada a unha cárcere secreta na que queda presa. Como xa era costume o pouco tempo lle foron roubados os seus bens, a súa casa quedou sellada poñéndolle no camiño as cousas que tiña dentro, tamén quedaron no camiño o pobre zapateiro e a súa filla humillados diante de todos, xa que a súa muller fora declarada bruxa. |
||||||