|
Monumento de interese histórico artístico, posúe un tímpano románico do s. XII. Son tamén de interese os arredores desta igrexa e adro, as casas tradicionais, algunha delas magnificamente restaurada ou conservada, a Casa da Rectoral, etc. Para acceder, cóllese a estrada Moaña-Marín ata o lugar da Porta do Cego, onde se tomará a desviación que vai a Coiro-Cangas, unha vez nela hai que estar atento ó cruzamento que sinala o lugar de O Cruceiro, entre as casas do lugar de San Martiño. |
|
|
É este un monumento funerario de gran interese arqueolóxico. A mámoa está semisoterrada e pódese ver a súa entrada e interior. No contorno deste monumento hay unha zona de bosque e área de recreo, con castiñeiros, auga e mesas e lugares onde cociñar ó aire libre. Camiño a este lugar non é difícil que atopemos cabalos que se crían ceibes polos arredores, así como diversos tipos de aves. |