|
biblioteca pública de moaña | inicio | mapa web
Primeiro documento coñecido que cita a Sancti Martini de Moania
O
insigne historiador ferrolán D. Isidro Gonzalo Bango Torviso,
presentou a súa tese de doutoramento sobre a "Arquitectura
románica en Pontevedra" o 21 de xuño de 1.976 e no
apartado correspondente á igrexa de San Martín de Moaña cita
textualmente.- "Es tardía la primera mención que conozco de este templo:
una donación de 1.237 al monasterio de Lérez se sitúa < Ó solicitar no Archivo Histórico Nacional de Madrid (sección "Clero", carpeta 1786, nº 19, legajo 1230/6) o documento ó que dito historiador fai mención, o primeiro que nel se salientaba e que, aínda estando escrito en latín, o seu escribano intercala a palabra galega "leyra", Moaña ven citada como "Moania" e menciona os topónimos de "Casal de Sande", "Castro","Canizada", "Cortiña de Freixo", "Lamelas" e "Sabucedo". (este último debe corresponderse co barrio actual de Sabaceda). Tamén
cabe indicar que dito documento refírese a unha doazón do presbítero
de San Martín de Moaña ó abade do mosteiro cisterciense de Santa
María de Armenteira e non ó de Lérez como sinala, sen dúbida
por erro de imprenta o citado historiador Bango Torviso. Igualmente é de destacar o nome do párroco de San Martín de Moaña naquela data, chamado "Fernando Arias" polo feito de que na epigrafía de dedicación da igrexa ós santos: Martiño, Emiliano e Bricio, situada no tímpano da entrada principal, sinálase que a fixo Arias (textualmente: "Arias fecit") o que induce a pensar que un familiar do citado clérigo foi o que fixo ou mandou facer a igrexa románica, aproximadamente cincuenta anos antes. O documento foi traducido do latín óidioma galego polo catedrático da Universidade de Vigo D. Xosé Martinho Montero Santalla coa mediación de Rosa Pena Fernández, do Cruceiro, alumna súa e dice así: No nome de Deus, Fernando Arias presbítero de San Martiño de Moaña (a vós abade Don Sancho) e ao convento de Santa María de Armenteira dou catrocentos soldos que prestei sobre as herdades que delas teño a saber de Alfonso Martínez en Canizada e de Xoán Martínez cabaleiro dito servicial en Cortiña de Freixo e en Lamelas e en Castro e de Sancha Nunes muller de Nuno Pérez dito lobato en Casal de Sande. Dóuvolo na miña vida sano de mente e de corpo, todo canto teño sobre estas herdades por remedio da miña alma e dos meus pais por sempre, para que diso teña o convento unha comida o día de Natal. E douvos dúas (…). Feita esta carta de doazón na era mil douscentos setenta e cinco, no día de San Estebo. Os que foron presentes. Dou tamén na Igrexa de San Martiño de Moaña de unha cuarta, unha séptima integra. E noutra cuarta da mesma Igrexa, a cuarta dunha séptima e todo o que me pertence na mesma Igrexa entre meus irmáns da nosa herencia. Dou tamén a casa de Gómez Gudín sobre a cal dei sesenta e catro soldos e sobre os fiadores Pedro Martínez dito telleiro e seu irmán Xohán Martínez cabaleiro. Dou tamén unha leira en Sande sobre a cal dei sesenta soldos e sete diñeiros a Xohán Nunez dito Picabea (sangrador) e é fiador Fernando Arteiro clérigo. Todas esas cousas dou polos meus vestimentos e por remedio da miña alma. Dou ó convento un moio de pan e un cuarteiro de castañas e seis tegras de trigo, a metade de toda herdade que teño en Sabucedo e de toda a posesión dou a meu irmán Paio Arias. O resto da miña herdade dou (…) . Como foi sin descendencia, o mosteiro de Armenteira teña inmediatamente a herdade del.
Como se pode observar, o documento non está nas mellores condicións, polo que non foi posible traducir algunhas frases e as que se subliñan na traducción, veñen tachadas no mesmo No que se refire á data do citado documento, o día de San Esteban da Era de 1.275, hai que ter en conta que dita Era correspóndese, pasándoa á datación actual, co ano 1.237.
Manuel Eugenio García Barreiro. |
|
Versión orixinal en latín
1237, Decembro, 26
Fernando Árias, presbítero de Sao Martinho de Moanha doa ao mosteiro de Armenteira várias propriedades. (O documento apresénta-se como inacabado ou talvez como provisório: faltam os nomes das testemuñas e do notário, e oferece várias palavras e uma frase inteira anuladas)
[In Dei] nomine. Ego Fernandus Arie, presbyter Sancte Marie de Armentarie do Facta karta donacionis era Mª CCª \ 9 LXXª Vª, in die Sancti Stephani Qui presentes fuerunt:
\10 Do etiam in ecclesia Sancti Martini de Moania de una
quarta Do etiam domum Gomecii Gudini, \13 super quam dedi * LXª III solidos et fuerunt fideiusores Petrus Martini, dictus Telei\14ro, et frater eius Johanes Martini, miles. Do etiam unam leiram in Sandi, super\15 quam dedi Lª solidos et VII denarios Johanni Nuni, dictus Picaavena, et est fideiusor\16 Fernandus Artarius, clericus. Hec omnia do pro vestimentis meis et pro remedio anime\17 mee. Do conventui unum modium de pane et unum quartarium de castaneas
et \18 VI talegas de tritico. Aliam meam hereditatem do fi\20 [...] subsodicta [...] mor\21ta
fuit sine semine, monasterium Armentarie
|