FICHA DIDACTICA. IGREXA DE SAN MARTIÑO.

 

A igrexa de San Martiño de Moaña é unha obra románica do século XII que foi ampliada durante o século XVIII modificando a súa cabeceira para erguer unhas capelas rectangulares con bóvedas de casetón típicas do barroco.

1) Neste plano sinala a parte pertenecente ó período románico e ó barroco:

Planta

Como te darías de conta é na nave principal donde nos atopamos as características do románico. Características que apreciamos millor no exterior: na portada e nos laterais.

2) Sinala as distintas partes da portada románica:

 

Portada

3) ¿Cómo son as arquivoltas e cántas hai?:

4) ¿Cantas figuras componen o tímpano e a quénes representan?

 

Tímpano

5) ¿Están esculpidas detalladamente ou toscamente?

6) ¿A qué se debe este tipo de tallado e cal era a súa función?

7) Na fachada tamen podes apreciar unha cornisa ou aleiro que descansa sobre duas columnas e uns canzorros, éstes, como sabes, teñen a función de contrafortes aparte da función decorativa.

¿Qué tipos de motivos representan?: xeométricos, animais, vexetais, humans.

¿Repítese algún motivo destes?

Busca dous que representen motivos xeométricos, debúxaos e sinala a súa situación.

8) As columnas son, como podes ver, son elementos sustentadores, ademáis nesta fachada teñen unha función decorativa. Fixándote nas distintas partes das columnas: basa, fuste e capitel,

¿Poderías decir si todas son iguais?

¿En qué se diferencian?

¿Correspóndese as columnas do lado dereito que sosteñen as arquivoltas e o aleiro coas do lado esquerdo?

¿En qué se diferencian?

9) Non só nos imos atopar elementos románicos na fachada principal desta igrexa senón que nas outras duas fachadas norte e sur tamén podemos apreciar estes dous elementos, os románicos.

¿Qué diferencias atopas entre a porta sur e a fachada principal?. Describe e diferenciaos.

10) Hai, como observaches, unha inscrición. ¿Había outra nalgún outro lugar da igrexa?. ¿Podías reproducilo?

11) Outros elementos que se reproducen na fachada sur son os canzorros. ¿Repítense os temas da fachada principal?. ¿Cáles son e qué ocupan?

12) Na fachada norte atopamos outra porta con dintel pentagonal, ¿Podías explicar cáles son os temas ornamentais que emprega?

13) Nos canzorros atopas similitude cos vistos anteriormente ?

14) Repítense nesta cornisa algúns temas? ¿seguen algún orde?

15) Podes sinalar agora qué parte da igrexa corresponde ó barroco?

16) Se existisen as ábsides primitivas, ti como cres que serían: semicirculares, cadrados ou pentagonais ?. Debuxa o modelo