| inicio | mapa web

 

 

Roteiro do río da Fraga


 

O río da Fraga ou dos Ladróns, o de maior extensión do concello de Moaña, atravesa de norte a sur as terras deste municipio e conforma a fronteira natural entre as parroquias de Meira e Moaña.

Desde agora, os amantes da natureza e os partidarios dun tempo libre alternativo ó tradicional de sol e praia teñen a posibilidade de practicar o deporte do sendeirismo por unha das zonas de maior riqueza ecolóxica do concello.

 

Aquí podremos admirar un dos mellores bosques caducifolios atlánticos que se conservan en toda a comarca. Trátase dun ecosistema de gran riqueza e extraordinaria beleza, no que o carballo eríxese como a especie arbórea dominante. A pesares do tupido da vexetación e o importante desnivel do terreo, vale a pena aproveitar algún dos desvíos para achegarse ata o cauce, e disfrutar así da flora característica dun típico bosque de ribeira, dentro dun entorno paradisíaco no que as augas fluviais baixan a grande velocidade desde a montaña.

O longo do seu percorrido foron erguéndose numerosos muíños de auga nos que, ademáis de realizárense as lobores de moenda, se desenvolvía a vida social dos veciños do contorno.

 

Desde mediados do século XX case todas estas construccións foron abandonadas polos seus propietarios, e só algúns dos preto de 30 muíños que chegou a haber á beira do río da Fraga resistíu o paso do tempo, mentres a meirande parte esmoreceron paseniño ata a súa práctica desaparición.

O Concello de Moaña comezou a recuperación dos muíños do río e creou ó seu carón un roteiro de sendeirismo de arredor de seis quilómetros de lonxitude debidamente adondicionado e sinalizado. Na parte alta de Moaña, seguindo o camiño dos muíños da Fraga atoparemos o mirador da Fraga, no que ademais de facer un pequeno descanso no camiño, poderemos admirarnos contemplando as fabulosas vistas da parte baixa de Moaña e da ría e da cidade de Vigo.

A través do percorrido por esta agreste zona de Moaña pódese obter unha nova perspectiva dun concello no que non todo é mar e praia, e o visitante ten a oportunidade de descubrir unha paisaxe tan suxestiva como sorprendente.


 

MÁIS INFORMACIÓN: