XUNTA DE MONTES EN MAN COMUN DE MOAÑA

C.I.F. : 36042802-E

 

 

Plano da Demarcación Territorial do Monte Comunal de Moaña

 

 

 

 

Pasado a ordenador por: Agustín Souto García

 

 

"Moaña é un Paraiso, no que os montes son mimados polos seus veciños coma un tesouro dos máis valiosos, mostra delo este traballo que fai mención ó esforzo dos comuneiros e o traballo realizado por estes.

É para mín unha honra poder pasar este traballo e darlle forma

Agardo que sexa para vos unha fonte de cultura e vos concience en que é moi importante coñecer, querer, mimar, coidar,...... o voso monte, o MONTE DE MOAÑA".

 

 

Agustin Souto Garcia

 

Biodiversidade no Monte da Comunidade de Montes de Moaña.

 

Os montes en Man Común da parroquia de S. Martiño de Moaña, foron devoltos os veciños por resolución do Xurado Provincial o día 25 de Novembro de 1981. Inscritos en rexistros oficiais co Nš: 0648072-A, o día 8 de Outubro de 1993, xunto cos novos estatutos adaptados a Lei 13/1989 do 10 de Outubro de Montes Veciñais en Man Común, e teñen unha superficie de 315 Has.

 

Foi dende sempre un dos temas prioritarios desta comunidade a prevención e loita contra os incendios forestais, boa proba delo son os oito embalses de auga distribuidos estratéxicamente polo noso monte, con unha capacidade en total de aproximadamente 140 Tn continuas, o que facilita enormemente a rápida intervención en calquer punto do noso monte, e incluso das comunidades máis próximas.

 

Conscientes de que soio cos embalses de auga non é suficiente para combatir o lume, os comuneiros fixemos un grande esforzo e unha grande inversión económica, para dotar a nosa comunidade dun equipo completo de loita contra o lume. Como é: un tractor, con tódolos aperos necesarios para a prevención i extinción dos lumes, unha desbrozadora forestal de brazo hidráulico para a limpieza do monte, unha niveladora para a conservación das pistas, un cazo e unha cisterna con 3.000 litros de capacidade con tódolos accesorios necesarios para facer máis doada a labor da extinción dos lumes.

Dende hai moitos anos vimos colaborando co servicio de extinción de incendios forestais da Consellería de Medio Ambiente, e concretamente este ano temos unha patrulla formada por seis persoas , incluidos o conductor do tractor e a cisterna, participamos na extinción de varios lumes na Comarca, e fomos así mesmo requeridos colaborando na loita e extinción do lume fora da propia comarca.

 

Podemos decir o día 30 de setembro de 1998 que na nosa comunidade no que vai de campaña nón arderon nin un só metro de monte. Pensamos que as campañas de sensibilización que levamos facendo dende hai varios anos atrás é fundamental para que todos nos deamos conta do grande perxuicio que nos causa calquera dos incendios por mínimo que sexa este.

Mantemos un convenio coas administracións dende 1987 en 160 Has totalmente poboadas, nas outras 155 Has faise un aproveitamento de esquilme e diversas repoboacións con especies autóctonas, recuperación de antiguas carballeiras, soutos, etc...

 

Temos feitos dous vídeos, un cos grandes incendios que no ano 1995 arrasaron boa parte da Comarca en colaboración coas outras dúas comunidades do Concello de Moaña, sendo televisado en varias ocasións pola televisión de Vigo, e que distribuimos por tódolos colexios e centros culturais en donde foi visto moitas veces, axudando a tomar conciencia a todos dos desastres producidos. O outro vídeo recolle un pouco os traballos que de sempre ven desenrolando esta Comunidade, así como as areas de lecer creadas recentemente, fontes de auga, e lugares curiosos dentro do propio monte, regatos, etc...

 

Segundo tema para nos moi importante é o que podíamos chamar " a cultura do monte" , é decir, tentar de ensinar os máis pequenos da importancia que ten o monte e a necesidade de coidalo entre todos, para a propia supervivencia humán, así impartimos cun técnico forestal charlas en tódolos colexios do Concello de Moaña sobre o monte e a necesidade da súa conservación. Dende hai moitos anos vimos facendo unhas plantacións cos rapaces dos colexios de Moaña en distintos sitios do monte con especies como poden ser: CERDEIRAS en Broullón; CASTAÑOS no monte Queimada e a Xalde; FREIXO no monte Xaxán e Chan das Bolas; CHOPO en varios lugares do monte;CARBALLO AMERICANO no monte da Pena; NOGUEIRA NEGRA na Tioura; PINO OREGON na Fraga e no Monte Xaxán, etc...... Sendo a participación destes nenos/as e os seus profesores extraordinaria.

Dende hai cinco anos vimos facendo unha campaña que chamamos de Nadal, está é, aproveitando os traballos de rareo e poda dos piñeiros convocamos os veciños que queiran poñer nos seus fogares o tradicional pino nunhas determinadas datas pasen polo local da Comunidade a recollelo, e podemos decir que a participación de ano a ano desbordanos, con elo evitamos a tala indistriminada que de sempre se viña facendo nos piñeirais da zona. Como somos conscientes de que estes traballos non é posible facelos durante moitos anos seguidos por falta de materia prima, e vista a demanda que temos, tomamos a decisión de facer un viveiro de Abetos e así poder continuar cunha laboura que nos é moi grata posto que o beneficicio sempre repercute no monte.

Temos publicado un libriño coa única pretensión de acadar unha boa acollida entre os veciños, comuneiros e persoas que se queiran achegar á realidade e o potencial do monte como un mundo no que vale a pena entrar e descubrir todo o que nos ofrece . O título é "Monte Comunal de Moaña", nel recollense un pouco as distintas especies de flora e fauna que viven e se desenrolan neste medio, así coma os distintos regatos que o percorren. Tamén foi distribuido en tódolos colexios e centros culturais para o seu coñecemento.

Outra das actividades da Xunta de Montes de Moaña e a celebración da "Romaría do Leñador", que dende hai cinco anos vimos celebrando. O obxetivo desta festa é a de mostrar, colaborar e recuperar tódalas actividades culturais dos distintos colectivos veciñais, deportivos, etc... Dentro das actividades e deportes de recuperación abondamos na participación de personas no tiro da corda e na corta de troncos, intercalandoos con música de grupos de folclore galego do municipio e o xantar no monte.

 

Por suposto é moi importante o traballo de recuperación do bosque autóctono, e para elo como tódolos anos temos pedida unha subvención para desbroce, rareo e poda dunhas cinco Has. aproximadamente.

 

Dispoñemos de varios viveiros de diferentes árbores, así temos un de Castaños Híbridos cunha producción aproximada de 300 plantas anuais que distribuimos entre os nosos comuneiros.

 

Despois de tódolo exposto agardamos que algún dos premios recaía na nosa Comunidade, xa que nos animaría moito a continuar con estes traballos.

 

 

 

Moaña, a Outubro de mil novencentos noventa e oito

 

 

O Presidente: D. LUIS ENTENZA DOMÍNGUEZ.

O Secretario: D. SANTIAGO SOUTO GARCÍA.