EVOLUCION HISTORICA DA ADMINISTRACION LOCAL DE MOAÑA Por Xosé C. Villaverde Román CERTAMENTE, PARA PODER FALAR DE MOAÑA COMO CONCELLO COMPRE REMONTARSE 0 ANO 1836, CANDO 0 AXUNTAMENTO DAS CATRO HISTORICAS PARROQUIAS DE SAN XOAN DE TIRAN, SAN MARTINO DE MOAÑA, SANTA OLALLA DE MEIRA E SAN PEDRO DE DOMAIO, CHEGARON A CONSTITUIR 0 DISTRITO DE MEIRA ESTABLECENDO OS MESMOS LINDEIROS MUNICIPAIS QUE CONSERVAMOS ATA AGORA ; POR ISO QUE, TODO TRATAMENTO ANTERIOR 0 1836 DEBERA ENCADRARSE DENTRO DO MARCO XEOGRAFICO DA PENINSULA DO MORRAZO COMO UNIDADE COMARCAL. Tampouco é posible establecer o estado administrativo na sociedade prehistórica, polo descoñecemento profundo das relacións sociales mantidas entre os pobos asentados por esta bisbarra. Mesmamente os autores clásicos omitiron na obra legada, as diferentes divisións xerarquicas cívico-relixiosas na que estaba estructurada a sociedade tribal. É mais, no período castrexo, como o máis documentado, apenas deixaron referencias da composición orgánica. E polos estudos recentes, entresácase unha sociedade basada esencialmente no parentesco familiar (1). Algúns autores contemporáneos, documentándose en Plinio, sitúan o poboado prerromano dos Helenos no Morrazo, extremo éste de difícil verificación. De todos xeitos pouco pode dicirnos administrativamente. Foi durante a colonización romana cando por necesidades de control, explotación e organizacion, Augusto anexiona Galicá á provincia pacificada de Lusitania, entre os anos 27 e 14 antes da nosa era. Esta primeira division pouco durou ó modificarse para ser integrada na provincia Citerior ou Tarraconense. No decorrer dos anos, Roma aproba novas divisións e chegou a constituir a provincia de Gallaecia baixo o mandato do emperador Vespasiano nos anos 67-69 xa da nosa era (2). Tamén se estableceron novas divisións na lexislatura de Tiberio (ano 79) e Caracalla (anos 211-2l7); pero é na reforma de Diocleciano (ano 287) cando Gallecia queda difinida como provincia dividida nos conventos Lucensi (Lugo), Bracarense (Braga) e Asturicense (Astorga)(3). Tanto no Alto como no Baixo Imperio Romano, os lindeiros conventuais galegos confluen no río Verdugo, encadrando ó Morrazo no convento Lucensi; determinación aparentemente contradictoria por entender que parte da súa economía estaba ligada directamente á ruta marítima centralizada en Porto Cale (Portugal), pertencente á xusrisdicción do convento Bracarensi. Ademáis dos paralelismos da cerámica torneada, a localización dun tipo uniforme de febillas atopadas nos xacimentos concentrados entre o Norte de Portugal e os castros de A Tegra (A Guardia), Viso (Soutomaior) o Castro (Vigo) e Montealegre (Domio), delimitan unha área de características comúns, tanto económicas como culturais (4). Pola contra, contamos cos epígrafes gravados nos miliarios localizados a ambas beiras do río Verdugo que van a crarexar o punto divisional dos conventos e de cuia hipótese son partidarios a meirande parte dos historiadores actuales. A tese, fundaméntase en que os miliarios fincados pola banda de Vilaboa e Pontesampaio indican a distancia en pasos a Luco Augusti (Lugo) e os localizados na outra banda, entre Arcade e Tui sinalizan as distancias a Bracara Augusta (Braga) e Tude (Tui) respectivamente (5). Esta división parece perdurar ata o século IV. Non obstante a dependencia do Morrazo ó Imperio Romano témola constatado materialmente na gran abundancia de vestixios atopados nos castros desta zona. O sistema castrexo en simbiose co mundo romano acadou novas formas económicas dando orixe a un dominio-señorío traballado por colonos, xérmolo da fórmula feudal. A difusión e crecemento das vilas cobra pulo desde as primeiras invasións dos suevos, especialmente a partir dos anos 409-411, na que chegan a pactar cos romanos a cesión da parte meridional da península ibérica e norde de Portugal. Despois de superar os primeiros problemas que se dan en toda invasión, a relación cos nativos vese favorecida pola conversión ó catoliscismo dos suevos ; consolidando pouco a pouco estructuras relixioso-administrativas como son a parroquia, sés episcopais e dióceses. Pola singular importancia histórica, convén afondar un pouquiñó na formación da parroquia como entidade fundamental da administración local. Nos primeiros séculos da nosa era, a xerarquización eclesiástica evoluciona a causa do auxe e espallamento do cristianismo partindo dun control territorial denominado diócese, baixo o mandato dun bispo-párroco residente nunha catedral, como único lugar con pila bautismal (parroquia) onde se podía administrar o bautismo de toda a diócese. Evidentemente o privilexio da concesión do bautismo tivo que ser ampliado ás vilas rurais debido o seu crecemento lonxe das catedrais, xa que imposibilitaban o desprazamento hacia as mesmas para recibir o citado bautismo. Simultáneamente á consolidación da parroquia relixiosa toma consistencia a relación cívico-administrativa, así como as características unidades territoriais históricas, económicas e fiscais, principalmente desde o ano 569 cando o rei galaico-suevo Teodomiro suscribe o "Parrochiale Suevum"(6). As parroquias do Morrazo, ó igual que as de toda Galicia, seguían organizadas en clans, castros e vilas, como expresión continuista das etapas anteriores, dotadas dun carácter propio de labrego-mariñeiro desa época, e cuios nomes concretos ignóranse. Non é descartada a hipótese da presencia de Martiño, abade-bispo do mosteiro de Dumio e arcebispo de Braga, por estas terras, reorganizando as feligresías e combatindo as teses doctrinaies de Prisciliano tan arraigadas nese en entón. 0 seu traballo apostólico deixou fonda raigame, non debemos esquecer que 243 parroquias galegas ofrecen tributo a San Martiño e concretamente a de Moaña representa ó mesmo Martiño Dumiense como patrono, cuia imaxe figura gravada no centro do tímpano na porta principal da lgrexa (7). A organización das feligresías suevas está recollida no documento "Parrochiale Suevum" de Martiño Dumiense, que foi aprobado polo rei Theodomiro no II Concilio de Braga celebrado entre os anos 572 e 582. Neste documento aparece o Morrazo integrado na diócese de Iria Flavia, correspondente o convento lucense (8). Este dato xa ven ratificado do concilio de Lugo celebrado entre os anos 564 e 569 (9). Todo o esquema das divisións suevas apenas sofrirá modificacións no seguinte período de dominio visigodo, tal como fica constatado no "Provinciale Visigothicum" (10) 0 carácter labrego das feligresías morracenses, a ausencia dun poder central, a falla dunha nobleza forte e a propia autonomía das vilas, impide ter documentación algunha da Alta Idade Media. Non obstante a pouca documentación témola durante a Baixa Idade Media, a partir do s. XII, cando a Igrexa, constituída en nobleza, disputa o señorío da penínsua do Morrazo. 0 auxe económico dos s. XI e XII vai impulsar o crecemento da poboadón rural e das vilas mariñeiras, producindo cambios radicales no sistema feudal. 0 nacemento do foro como contrato de arrendamento pola cesión de terras é o símbolo máis característico do cambio feudal. Este fenómemno tamén repercute no Morrazo creando intereses apetecibles polas diferentes noblezas, sendo a Sé Compostelana a que mantén a primacía da xurisdicción eclesiástica. Efectivamente, coa edificación da Colexiata de Cangas no s. XVI, nomean a ésta praza como cabeza de xurisdición das feligresías de Darbo, Tirán, Coiro, Domaio, Moaña, Aldán, Bueu, Cela, Santo Tomé de Piñeiro e os cotos de Bon, Meira e outros (11). Algúns dos pleitos habidos por manter o control do señorío e xurisdicción eclesiástica no Morrazo foron perpetuados ata o s. XVIII, sendo os cistercienses e sanxoanistas as ordes relixiosas que máis lle disputaron o señorío temporal á curia compostelana. A influencia cistercense tense localizado en Vilela e Domaio. Así consta nunha Real Provición dada por Enrique II en Sevilla ó día 26 de febreiro de 1376, dirixida ó arcebispo de Santiago para ordenarlle ó Adiantado Maior de Galicia D. Pedro Ruiz Sarmiento que lle dera posesión o abade de Santa María de Oia, D. Gonzalo Soutiño, do chamado coto de Vilella (Vilela) en terra de Morraços (12). Durante o mandato do abade D. Luis Figueruela, entre 1611 e 1674, reafírmase a xurisdición civil e criminal do citado coto de Vilela con todos seus dereitos e vasalaxe, facendo fincapé no dominio propio e directo do mosteiro de Oia ante o intento de apropiación por Maximiliano de Austria, arcebispo de Compostela (13). E tamén durante a prefectura do abade D. Manuel Troncoso (anos 1753-1756) fóronse a recoñecer os terreos do coto de Vilela e Casal de Otero na parroquia de S. Xoan de Tirán e Fondo da Vila na de S. Martiño de Moaña, dacordo coas declaracións dos máis vellos de ambas parroquias, xa que o tempo chegou a borrar e esquecer os lindeiros deste dominio (14). En canto á posesión cisterciense do coto de Domaio, sábese que parte desde ó s. XII ó ampliar seus dominios o mosteiro de Melón (Ourense) que chegaron a ría de Vigo incluindo a zona de Domaio (15). Este coto foi tomado en foro do abade do convento de Santa María de Melón o día 4 de maio de 1563 (16). Outro dos pleitos de dificil solucióin para o arcebispado de Santiago foi a relación dos territorios pertencentes á Orde dos Irmáns Hospitalarios de Xerusalem, coñecidos co nome de Cabaleiros de Malta, dependentes da Encomenda de Beade (Ourense). Estes territorios estaban exentos da xurisdicción espiscopal, por iso eran controlados polos Visitadores Xerais da Encomenda (17). 0 6 de maio de 1495 o Comendador dos Sanxoanistas en Mauritán, otorgou a D. Leonardo Gíl Barragán todo o que a Encomenda posuía no Morrazo, mencionando entre outros, as igrexas de S. Martiño e a de S. Xoán de Tirán. Algúns autores pensan que a posesión tivo lugar con anterioridade basándose en que ambas feligresías, xuntamente con outras, aparecen nun foro de 1391. Posiblemente o foro orixinal é contemporáneo do s. XII (18). Menos importante foi o dominio dos benedictinos que tiveron posesión do que foi primeiro mosteiro e despois priorato de Ermelo, influencia que se acusaba principalmente nos barrios de Abelendo e da Praia de Moaña, de feito as rendas e foros chegáronse a tributar ata o século pasado (19). Gran parte da parroquia de Santa Olalla de Meira correspondeu eclesiásticamente ó mosteiro de S. Xoan de Poio desde o s. XVII en condición de coto. Os pagos de foros perduraron tamén ata o s. XIX. Agás os raros casos comentados, prácticamente as catro feligresías moañesas estaban integradas no arcebispado de Santiago, segundo consta nas memorias do cardenal Jerónimo del Hoyo do ano 1617. Para delimitar os feudos da nobleza civil contamos con lagoas históricas causadas polas contínuas loitas internobiliarias das que cáseque nunca quedaban especificadas as demarcaciéns territoriales; é mais, a zona que nos ocupa quedou relegada das principais disputas debido á pouca poboación e pobreza existente nésta época de liortas; considerando a zona de pouca conflictividade (20). A nobleza civil tamén participou das posesións morracenses en diferentes épocas interpolando, en mais dunha ocasión, os seus intereses coa xerarquía eclesiástica. Como feudos pertencentes á nobleza sabemos que un día ergueuse unha torre fortaleza en Meira de Arrba. As súa orixe é tan escura como a súa destrucción. Existen hipóteses mais ou menos fundadas de ser contemporánea ás guerras irmandiñas do s. XV, pero como están sen confirmar convén non afondar na cuestión. Tampouco pode concretarse si as fortalezas e señorío de Meira e Romai corresponden ós dominios da casa do Rosal, cando Pedro Madruga, conde de Camiña, arrasou o Morrazo no ano 1476 (21). Dentro das concrecións históricas, sábese que as salinas chamadas de San Bartholomé en Meira fóronlle concedidas ó conde de Amarante e Marqués de Valladares, polo rei Carlos II ó día 22-6-1698 (22). A influencia da casa dos Soutomaior detéctase desde os primeiros estadios do feudalismo mantendo unha continuidade nos séculos seguintes. Na "Memoria" de Jerónimo del Hoyo, canónigo con dignidade de cardenal, xa se falaba en 1607 de pagos polos froitos recollidos na parroquia de Tirán a esta casa de Soutomaior e é o mesmo conde quen representa á abadía de S. Xoan e á xustiza de Cangas como gobernante do Coto no ano 1671 (23). Despois de todo, o verdadeiro dominio civil de Moaña témolo na casa-pazo do Rosal, de orixes inconcretos; posiblemente a súa existencia remóntase ó s. XV. Cecais os documentos máis antigos daten de 1525 (24), pero o dato máis significativo está na escritura de compra-venda feita no ano 1572 na que reza, "Venta que fixo Hernán González e María Muñiz, veciños da vila de Redondela a Juan do Balle e Beatriz Balente do lugar do Rosal sito na feligresía de S. Martiño de Moaña..." (25). A casa estivo vinculada ás diferentes familias da nobleza galega, entre as que destacan as de Romai, Deza, Falcón, Rei, Valladares, Silva, Lanzós, Soutomaior e outros de semellante abolengo. 0 seu dominio abarcaba prácticamente toda a parroquia de S. Martiño e zonas extensas das restantes. (Véxase o traballo de Xoán Miguel González Fernández "A casa fidalga do Rosal, Moaña") Para continuar coa etapa precendente á contemporánea é necesario esquematizar a evolución demográfica segundo os datos de varias consultas que se resumen. CENSO DOS ANOS 1607 1798 1787 1824 DOMAIO 38 834 921 690 MOAÑA 120 1384 1598 2093 TIRAN 30 134 148 280 (26) No cadro anterior obsérvase o crecemento da poboadón que obligou a novas formas administrativas impulsadas fundamentalmente desde as cortes de Cádíz, concluindo deste xeito o réximen feudal das xurisdiccións. Neste cambio cobran consistencia os municipios asentándose o principio de eleccións para as autoridades municipales. No ano 1813 a Diputación Unica de Galicia, formada en base ó Antigo Reino de Galicia, delimita como términos municipais a aquelas parroquias que contaban con mais de mil almas ou por xurisdicción xuntando varias aldeas, pero respectando a identidade e lindes das parroquias. 0 proceso municipal foi abolido pola volta do absolutismo, pero deixando un precedente mecánico para formar axuntamentos (27). Aproveitándose do descontrol constitucional, os movementos parroquiais seguían organizándose en axuntamentos ilegais o que obligou a intervir ó comandante militar de Galicia, Marqués de Campo Sagrado, enviando tropas que disolveron os concellos clandestinos e detendo como prisioneiros ós elementos máis representativos das parroquias de Moaña e Domaio o día 13 de Marzal de 1813. Éstes foran instigados polo veciño de Vigo Manuel Gómez, alcuñado 0 Chasco, co obxectivo de segregarse da xurisdicción de Cangas e formar axuntamento propio. Descoñécense as motivacións que tiña 0 Chasco para pretender a formación dun concello independente, xa que logrou fuxir das tropas enviadas na súa procura(28). Dos axuntamentos constituidos ilegalmente temos constancia da formación esporádica dos de Meira, Domaio e probablemente o de Moaña por ser a parroquia máis numerosa do Morrazo. Estas formacións municipais servirían como argumento as devanditas parroquias para reivindicar axuntamentos independentes anos máis tarde. A fallida Primeira Deputación Unica dividiu a provincia de Galicia en 47 partidos, incluindo as catro parroquias que estamos a citar, dentro do partido xudicial de Pontevedra. A mesma distribución foi aprobada pola Xunta de Goberno da II Deputación Unica o día 3-3-1820, pero non puido levarse a cabo ata o Real Decreto do 30-11-1833 que establece os criterios para formar concellos, especialmente a partires do R.D. do 23-7-1835 (29). A Deputación Provincial encargou ós comisionados D. Francisco García Barba, D. Francisco Sancho e D. Ruperto Mateos, os estudos das condicións naturais, xeográficas, etc., para formar axuntamentos o mesmo tempo que outras comisións, presididas polo coronel Fernando Saravia, establecían as bases para as novas organizacións político- administravias que foron dirixidas ó Goberno Civil ó día 30-6-1835. Desta documentación extractamos os pontos fundamentais. a) Toda parroquia deberá nomear un maiordomo pedáneo e éste ós seus celadores con cargogo de algoaciles maiores. b) 500 vecíños como mínimo e 2.000 como máximo serán os topes para formar municipio. c) O número ideal de concelleiros será entre 3 e 7 membros. d) Os maiordomos pedáneos serán rexidores do axuntamento. e) Se o número de rexidores fora maior co dos pedáneos, elixiríanse, entre os viciños, os que falten. E se o dos pedáneos fora superior, serían considerados rexidores supernumerarios sen voto, representando á parroquia de menor vecindario. f) Os electos desempeñarán o seu cargo por dous anos. g) Os axuntamentos renovaranse por metade cada dous anos. h)Nomearase un secretario, un algoacil porteiro e un alcaide carceleiro. (30). Previamente, a través do Real Decreto do 21-4-1834, estableceranse os partidos xudiciais, integrando ó Morrazo no partido de Pontevedra. Esta integración motivou que Cangas presentara reclamación para erixirse en cabeza de partido xudicial con 12 paroquias, dividida en 4 axuntamentos, pero esta reclamación non prosperaría por oposición do alcalde de Pontevedra ó considerar que a nova división sería moi grabosa para a contribución veciñal e os argumentos cangueses carecían de base xurídica para tal reivindicación (31). Nun primeiro traballo presentado polos comisionados encargados da distribución xurídico-administrativa, configuran a Cangas como concello integrando as parroquias de Meira, Domaio, Tirán, Moaña, Coiro, Darbo e Hio. Cangas sería a capital xurídica con alcalde maior, mentres que a Moaña e Meira corresponderíall un tenente alcalde e a Hio, outro. Tampouco prosperaría está división, pois no R.D. 23-7-1835, insertouse unha nova configuración administrativa aparecendo o distrito de Meira por vez primeira e coa mesma formación xeográfica que temos hoxe. 0 distrito de Meira pertencía a xurisdicción de Pontevedra mentres que a formación do concello de Cangas seguía pendente por discrepancias có anterior, mantendo a reivindicación de erixirse en partido xudicial(32). A parroquia de Meira, baándose no Decreto antedito, organizouse en Corporación e elixiu a Francisco Pereira como Alcalde Real Ordinario; a Pedro Santiago como Síndico Xeral e a Benito Iglesias como Subtitulado Maiordomo Pedáneo que, co apoio de máis de 60 veciños, firmaron un escrito dirixido ó Gobernador Civil o 28-10-1835 para formar definitivamente un axuntamento propio (33) opoñéndose deste xeite ás pretensións do xuiz de Cangas que desexaba incorporar a Meira naquel municipio (34). No Boletín Oficial de Pontevedra, nº 96 do mércores 30 de novembro de 1836, publícase a nova planta de axuntamentos de Pontevedra, definindo a Meira como capital do Concello. As bases para elixir o goberno municipal fundamentábanse no principio democrático da proporcionalidade do censo. Así a Meira, con 202 veciños das 726 almas, correspondíalle elixir a dous representantes municipais ; Domaio, con 193 veciños das 559 almas, elixiría dous representantes ; Moaña, con 495 veciños dun total de 1700 habitantes, debería elixir tres representantes ; e a Tirán, cun número menor de 66 veciños dos 276 parroquianos, tamén se lle acreditaban dous representantes. Os elixidos tiñan que distribuirse do seguinte xeito: dous alcaldes, 6 rexidores e 1 procurador síndico. A resolución do Boletín 96 non agradou a ninguén e as reaccións non se fixeron esperar. Os veciños de Meira e de Domaio, encabezados polos representantes elixidos -Domingo Freire e Manuel Nogueira por Meira, Juan Antonio del Río e José Mª del Río por Domaio- recorriron xuntamente á Deputación a de que consideraran provisional a última resolución para prever no futuro a fusión de ambas parroquias nun só concello ó mesmo tempo que pedían para Tirán e Moaña a formación doutro concello. As alegacións presentadas estaban basadas principalmente na elección proporcional dos representantes corporativos, que non chegaron a ter posibilidades de acordo cos veciños de Tirán e Moaña. A desavenencia fundamental viña dada porque Tirán e Moaña sumaban 5 electos, predominando sempre sobre os 4 de Meira e Domaio sen poder facer unha lexislatura consensuada polas discrepancias radicalizadas dese momento. Outro dos argumentos era que no caso de que o 2º alcalde fora de Meira, podería atender as múltiples ocasións que resultaran na zona que divide o río da Fraga pola parte de Meira e Domaio, especialmente casos ursxentes nas estacións de chuva. Esta petición do 27 de nadal de 1836 estaba precedida por outra do 30 de setembro dirixida ó Gobernador Político para que non fixara en Meira a capital do concello de Moaña (35). Antes de publicarse a "Nova Planta dos Axuntamentos" todo parecía favorecer a Moaña como capital municipal por ser a parroquia máis poboada, máis extensa e de maior riqueza, por iso foi grande a decepción causada ó saber que oficialmente concedíaselle a Meira a reivindición. Solidariamente a parroquia de Tirán participa no que consideran un agravio á de San Martiño. Nunha testemuña veciñal de 9-12-1836, Jacobo Martín, Juan de Pazos e Benita Jáuregui, non ocultan a sorpresa de atoparse agregados á parroquia de Meira. Os veciños agraviados congregáronse como "si chegara o estremo de Mirarse dominados por unha forza armada", e gracias que os ánimos foron calmados por individuos de "bon xuízo que coa súa apariencia pasiva contuvo o movemento popular" e presentar recurso ó Congreso do Estado alegando, ademáis das razóns anteriores, outras naturais como que o caudaloso río de Meira que serpara ás dúas parroquias non ten ponte algunha, polo que non poderán ir a Meira nas ocasións máis imperiosas, por iso solicitan constituirse en axuntamento coa capital en Moaña (36) A parroquia de Domaio tampouco foi menos para reivindicar a formación dun concello propio, como consta no escrito de 19-12-1836 encabezado por Juan Davila, José del Río e Tomás de Veiga, facendo referencia ás altas montañas e camiños escabrosos, impracticables para carros e ferraduras que rodean Domaio, imposibilitando o desprazamento fácil para facer xestións fóra da parroquia. No mesmo escrito mencionan que na época constitucional de 1813 constituíranse en axuntamento, sabendo por experiencia das ventaxes que isto producía, motivo máis que suficiente para outorgarlle novamente a formación do concello coa capital en S. Xoan de Palmás (37). Todas as reivindicacións foron respostadas contundentemente polos comisionados encargados de compoñer os axuntamentos de Pontevedra, Francisco García Barba e Ruperto Mateo, sinalando que o río Meira non é obstáculo para traspasalo no verán e no inverno e a distancia de Meira a S. Martiño non superaba os tres cuartos de hora. O de Domaio a Meira levaba unha hora. Pero a razón con máis peso foi que por experiencia coidan máis ventaxoso facer un axuntamento de algunha consideración que moitos pequenos. Tamén entenden que Meira debe ser a capital por estar no punto máis céntrico de todas as parroquias, cousa lóxica a ter en conta as malas comunicacións de entón. Os considerandos anteditos foron tallantes para deixar as cousas como estaban no Boletín 96 do 30-11-1836, coa única variable histórica de trasladar a casa consistorial de Meira para S. Martiño de Moaña. De feito o 6-4-1874 confírmase oficialmente o traslado da casa do concello para S. Martiño a favor do pleito ganado por éstes derradeiros. (38). Outra das variables de pouca importancia histórica foron os intentos frustrados de segregación de Coiro de Cangas no ano 1847 para integrarse no concello de Moaña, e o de Domaio en 1925 para incorporarse ó de Vilaboa pero que éste concello rexeita en Sesión Permanente de 15-7-1925 (39) Respecto da distribución actual, só a igrexa soubo estar á altura das circunstancias ó dividir a Moaña en cinco parroquias nos anos sesenta, mentres que a administración política mentén, incomprensiblemente, as catro históricas parroquias. NOTAS (1) Xosé M. Vázquez Varela. Raíces de Galicia. (2) Casimiro Torres R. "La Galicía Romana". Ed. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña 1.982. Pax. 103- 111. (3) Autores varios. Cántabros Astures y Galaicos. Ed. Ministerio de Cultura, Dirección General de Bellas Artes, Subdireccíón de Arqueología y Etnografia. Pax. 54-61. (4) Otero Pedrayo. Hístoría de Galicia, Tomo III. Akal Editor. Pax. 370. (5) Inscripciones romanas de Galícía. Pax. 15-30. Signatura FE-GAL-J do Museo de Pontevedra. (6) "Parroquía". Gran Enciclopedia Gallega, Sil- verio Cañada Editor. (7) Decir como anécdota que onomástica de Martiño Dumiense debería celebrarse o 20 de Marzal e non o 11 de novembro adicado a S. Martiño de Tours. (8)Casimiro Torres, Galicia Sueva, Ed. Fundación P. Barríé de La Maza. Pax. 275- 281. (9) Hípólito de Sa. Rutas del románico en la provincia de Pontevedra. - Pontevedra. Ed. Caixa Rural de Pontevedra, Pax. 147. (10)C.T.Galícia Sueva,pax.275-281. (11) H. de S. Rutas del románico... Pax. 148. (12) Tomo XXVIII do Museo de Pontevedra, 1974páx. 164 (13) Idem. Páx. 202-203 (14) Idem. Páx. 212 (15) Enciclopedia viva de los pueblos de la Provincia. Fornelos de Montes, Faro del Lunes 14- 1-85. (16) Arquívo Hístóríco Provincíal. Carpeta 2117. Legaxo 59. (17) Hipólito de Sa. El Monacato en Galicía. Ed. Librigal Coruña, 1972 (18) Hípólito de Sa. Cela en Tierras de Morrazo. La Voz de Galícia 19-1-1985. (19) H. de Sa. Rutas... pax. 148. (20) Na tese doutoral de Hilarío Rodríguez sobre o crecemento dá poboacíón do Morrazo -inédito-, dí que no ano 1589 Domaío tiña 18 habitantes, Moaña 16 e Tirán 8. Presumíblemente foran maís, pero non estan contabilizados. Arquivo Grupo Arqueoloxíco do Morrazo. (21) Vigo en su Historia. Ed. Caixa de Aforros Munícípal de Vígo. Pax. 110. (22) Xosé María Alvarez Blazquez. Vigo y sus días. Páx. 256 (23) Museo de Pontevedra tomo XXVIII, 1974. Pax. 202-3. (24) Inventario de Pazos e Torres. Redondela-Morrazo (25) Círcular interna sobre a casa-pazo do Rosal, distribuida entre os socíos da Agrupación NOS. (26) Na tese de Hilarío Rodríguez non fígura Meira por ser coto pertencente a Poio. (27) Partidos Judiciales. Gran Enciclopedia Gallega. (28) Xosé M. Alvarez Blázquez. La ciudad y sus días Ed. Montenegro. Viqo. Pax. 105. (29) G. E. Gallega. Partidos Judiciales. (30) Arquívos Histórico da Díputacíón Províncíal. Dívisión TerrítoriaL Legaxo 92. Expedente 14. (31) Idem. L. 94 Ex. 2. (32) L. 98, Ex. 12. (33) L. 97. Ex 8. (34) L. 95. Ex. 18. (35) L. 97. Ex. 5 (36) L. 97. Ex. 9 (37) L. 97. Ex. 8. (38) Actas da Deputación Provincial en sesión do 6-4-1874. (39) El Pueblo Gallego 2-7-1925 e 15-7-1925. AGRUPACION CULTURAL NOS LETRAS GALEGAS MAIO - 85