A INCIDENCIA DA GUERRA DA INDEPENDENCIA NO COTO DE MEIRA Por Xosé Carlos Villaverde Román Benito Conde Quintas, noutrora Secretario de Moaña, propuxo en 1950 a modificación do escudo do Concello en base a dous argumentos históricos. 0 primeiro sería plasmar no escudo unha simbólica fragata "Numancia" para emular a memoria do célebre marino Méndez Núñez. A outra motivación expresouna como unha evocacdn hacia os fillos da Vila que tomaron parte na batalla de Ponte Sampaio contra as tropas francesas. Respecto deste segundo argumento é posible que a ponte rota de Sampaio, elemento do escudo moañés, gane en argumentación gracias a uns manuscritos que conserva a familia Paz de Meira, probablemente descendentes de Benito Paz, xuiz do coto de Meira en 1809. A transcripción destas follas achegará datos interesantes para cubrir unha pequena lagoa ata agora cáse inédita da historia local A INVASIÓN FRANCESA. Antes de continuar, dicir que pretender resumir en vinte liñas a Guerra da Independencia en Galicia e a súa influencia na bisbarra viguesa é pouco menos que imposible, polo que esta folla está enfocada máis ben á difusión sobre a repercusión na zona do Morrazo. Lembremos que a comenzoS do s. XIX, Francia, por unha banda, e a Coroa Española, por outra, estaban en guerra contra Inglaterra, en tanto que Portugal seguía mantendo alianzas co país saxón. Aproveitando a coxuntura belixerante entre estes países, o veciño francés solicítalle a Madrid a correspondente autorización para atravesar o país e invadir Portugal. Pronto se decataron que o trasvase de forzas militares era algo máis que un mero tránsito o que motivou unha reacción dos políticos españois que acabaría por provocar a denominada Guerra da Independencia. As tropas francesas espalláronse con relativa facilidade por toda a Meseta e sen apenas resistencia adentráronse en Galicia a principios de 1809. De feito o 19 de xaneiro tomaron A Coruña e ó día seguinte fan o mesmo con Santiago. Pontevedra era ocupada o día 21 e unha semana despois controlan 0 Ferrol. A finais de xaneiro entran en Vigo. Os franceses coidaron que controlar as principais vilas galegas era o preciso para dominar toda a súa xeografía, sen se decatar das dificultades naturais que representaba a dispersión dos núcleos parroquiais, verdadeiras unidades autónomas baixo as xurisdiccións da igrexa, fidalguía, señoríos e que ó final serían os principais resortes para o levantamento popular. 0 traslado da familia real à Baiona francesa en maio de 1808 foi considerado pola clase política galega coma unha usurpación do poder. Entre mentras as autoridades coruñesas reaccionan nomeando a Fernando VII herdeiro da Coroa e para organizar o apoio a este monarca constituen a Xunta Xeral do Reino de Galicia. 0 marqués de Valladares, dono do coto de Meira e militar destacado en Portugal, tamén se sumou a favor de Fernando VII e ó mesmo tempo manifesta no concello de Vigo o recoñecemento á Xunta galega. Precisamente esta Xunta non só remataría as hostilidades con Inglaterra, senon que, ademáis de acadar a paz, recibíu axuda económica, militar e incluso a liberación dos soldados que tiñan prisioneiros. Pero, a pesares diso, non impediron que os franceses lograran tomar a cidade de Pontevedra con cinco mil homes baixo o mando do xeneral Franceschi. Deles ficaron oitocentos fixos de guarnición ó mando de Medé, quen mantivo unha ocupacion violenta. Ata á praza de Vigo continuou a marcha o xeneral Franceschi, para chegar a invadila o día 31-1-1809 e deixar coma rexidores ó xeneral Limousin e ó coronel Chalot. Durante a invasión as autoridades locais de Vigo poideron manter contactos secretos coas guerrillas da periferia, achegando datos de gran importancia para a estratexia do asedio e posterior liberación da cidade. Por outra banda, a Xunta de Lobeira(Ourense), que substituira nas funcións á Xunta Suprema do Reino de Galicia, ordea a constitución de xuntas menores nas vilas, cotos e parroquias para lograr un tecido de voluntarios que en accións de guerrillas atacaban individualmente, sempre con posibilidades de victoria, para deste xeito, ir minando paseniñamente a perfecta organización do exército francés. 0 mes de marzo sería fatídico para o poderío napoleónico, xa que a pouco de pasar os primeiros días, concretamente o día cinco, aconteceu que as forzas populares nativas encastelaron a garnición francesa de Pontevedra, en tanto que a Xunta de Lobeira decide enviar ós oficiais Pablo Moríllo e Bernardo González del Valle para intentar a liberación de Vigo coa estimable colaboración de dúas fragatas inglesas e as tropas portuguesas comandadas polo tenente Almeida. Sen esquecer a participación das xuntas veciñais. 0 día trece do mesmo mes de marzo o abade de Valladares inicia o cerco a Vígo. Dous días despois secúndase o exemplo na cidade de Tui. Estes asedios non demoraron en ser efectivos e lograr os resultados esperados, así pois, o día vinteoito os franceses réndense en Vigo e ás poucas horas, por vontade propia, desexan embarcar prisioneiros rumbo a Inglaterra. Dalí a pouco tamén abandonan Tui, daquela capital da provincia de seu mesmo nome. Precisamente da liberación de Tui ficaría formada a "División del Miño" a que, coa posterior anexión do "Regimiento de la Unión", non se detería ata lograr a total expulsión dos invasores. A GUERRA NO MORRAZO. A pesares da escasa información extraída da documentación, sabemos que 0 Morrazo non foi alleo ós acontecementos que se estaban a producir e precisamente o día dez de febreiro de 1809 desembarcaron na dársena de Cangas, procedente de Vigo, un oficial de cabaleiría do exército francés auxiliado por seis soldados, e coa finalidade de conseguir o sustento necesario para manter ó propio exército. Para tal menester ordeou a requisa de forraxe de palla, orxo, cereais e gando. Asimesmo obrigaron a xuntar douscentos pares de zapatos no prazo de tres días. Ante a imposibilidade de cumprir o último requisito, as autoridades locais accederon en deixar levar para Vigo ós tres zapateiros que había na vila de Cangas para ficar a disposición do gobernador francés. Semellante medida adoptaron os franceses asimilados en Marín cos zapateiros de Santo Tomé de Piñeiro, Santa María do Campo e Santa María de Ardán; os cales foron levados ata Pontevedra a traballar para seu exército. Durante esa primeira "visita" dos franceses a Cangas, obrigaron ás autoridades a xurar sumisión e obediencia a Xosé Napoléon Primeiro e ó mesmo tempo ordenaron habilitar a vixía do monte Castelo para poder garnecer ós pilotos e mariñeiros auxiliares, que deberían desprazarse a Vigo diariamente. 0 edicto de sumisión foi exposto o día 11 de febreiro de 1809 por tódalas parroquias do Morrazo, o que puido indicir na mobilización dos nativos que en grande parte sairon hacia os montes de Salcedo e Lourizán para defender a Pontevedra. As milicias morracenses formaron "alarmas" , establecendo un cordón de vixiancia e ó mesmo tempo estarían atentos a calquera eventualidade belixerante. 0 cinco de marzo, forzas procedentes de Cotobade, Pontevedra e Caldevergozo, centran un ataque á capital por diferentes puntos, en tanto que as milicias do Morrazo descenden dos montes, onde estaban acampados para avanzar baixo as ordes do ex-corsario e capitán Juan Gago de Marín, auxiliado polo seu segundo Manuel Alarcón. A incursión chegou ata o campo de San Xosé, mentras que pola fonte da Peregrina sáelles ó fronte unha columna de franceses obrigando a un repregue ata Campolongo. Pero o exército francés non detén a súa marcha e forza ós locais a se retirar novamente ós montes entre un fogueteo de armas, que conseguen causar grandes baixas así coma queimarlle as casas de refuxio ós nativos. 0 vintetrés de marzo, a guamición francesa abandona por segunda vez a vila de Pontevedra, presionada polo levantamento do exército formado polas xurisdiccións de Quiroga, Baños de Cuntis, Campo, Fraga, Peñaflor, Caldas, Cambados, Vilagarcía, Sansenxo e tódalas vilas do Morrazo armados con escopetas, fusís, chuzos, fouces, azadas, paus e todo que fora contundente. As forzas desta zona constituíronse no rexímento autodenominado "do Morrazo". Os de Cotobade, Montes, Peñaflor e Caldevergazo organízanse no reximento da Unión, que unidos ós dous batallóns de Lobeira, o batallón de "La Muerte" e o de "Mourentán", formarán a "División del Miño". Esta división lograría continuas victorias no sur de Galicia ata a liberación de Tui. Os franceses eran incapaces de controlar a situación e a desobediencia ía incrementándose, en tanto que as organizacións populares eran cada día máis consistentes. 0 quince de marzo foi detido ó chegar a Vigo José Díaz, patrón da lancha que diariamente facía o traxecto Cangas Vigo. Con esta detención o comandante francés pretendía desprazar ás tropas para a ocupación total do Morrazo. Pero aconteceu que o mencionado patrón logrou fuxir con toda a tripulación deixando ós invasores sen ese medio e ó mesmo tempo permitiulle avisar das intencións francesas. 0 día seguinte divísase na ría un veleiro que levaba rumbo hacia a praia de Rodeira. As campás das igrexas tocaron a mobilización veciñal e pronto se concentrou un exército popular en tódolos puntos de probable desembarco, dende Rodeira ata a igrexa de Tirán. Inseguros das súas posibilidades, os franceses decidiron tomar rumbo a Vigo, en espera de mellores condicións. Na periferia de Vigo, estábase artellando o asedio á cidade. Por tal motivo, o xuiz sarxento de Bouzas, solicita do comandante Maior do Partido do Morrazo, todo tipo de axuda, tanto en armamento coma persoal. Pero a precariedade de recursos fixo imposible contribuir con armas e a pouca xente que quedaba estaba máis ben para atender ós múltiples requedmentos solicitados dende Pontevedra, Redondela e Pontesampaio. Ademais de ter que vixiar a rada comprendida desde Domaio ata Barra. A única contribución entregada foi dezanove libras de pólvora e 259 balas. Dende a tardifia do día 27 os sitiadores da cidade de Vigo inician un fogueo incesante sobre a fortificación ata que ó mencer do día seguinte, os franceses erguen a bandeira branca de rendición. Despois da liberación de Tui, a "Divisón del Miño" pasa a ocupar as pontes de Caldelas e Sampaio, sabedores de que o groso exército francés saíra o cinco de xuño de Santiago, baixo o mandado do mariscal Ney, que pretendía reconquistar Vigo e Tui. Cando chegaron os galos o día 7 de xuño, poideron comprobar que a ponte de Sampaio estaba rota e custodiada polas forzas do Conde de Noroña, mentras Pablo Morillo defendía a zona de Caldelas. Durante os días 7 e 8 tivo lugar a decisiva batalla de Sampaio e na que o mariscal Ney, ante a ímposibilidade de atravesar o Oitavén e debido ás grandes baixas sofridas, ordea retirarse. Esta acción sería considerada coma a maior derrota en Galicia e supuña o principio da expulsión definitiva. O COTO DE MEIRA Probablemente tódalas parroquias moañesas participaron directamente na loita contra os franceses, pero gracias á conservación duns manuscritos inéditos achéganse novos datos á historia local circunscrita á guerra da Independencia. Estes tres folios en poder da familia Paz de Meira, están certificados por Benito Paz, a bon seguro seu devanceiro e por entón xuiz da Xustiza Real Ordinaria de Meira. Daquela Meira era coto agregado á xurisdicción do marquesado de Valladares. A pouco de se introducir as tropas napoleónicas no reino de Galicia, tomaron a vila de Pontevedra o día tres de febreiro de 1809. En consecuencia as alarmas prodigáronse por todas partes facendo un chamamento a organizarse para combater ó inimigo invasor. Os veciños de Meira tamén formaron unha Xunta onde tódolos representantes tiñan voto e, ante o perigo inminente, decidiron sair armados ata as inmediacións de Pontevedra. Alí foron distribuidos polos montes lindantes, ocupando lugares estratéxicos para rexeitar ós franceses, que segundo a testemuña escrita, chegaron a impedirlíe a entrada na histórica Vila. Despois da liberación de Pontevedra desprazáronse cara a Vigo pua xuntarse cos demais atacantes que asediaban a cidade ata lograr a rendición total que a guarnicíón francesa mantiña dentro da fortifícación. 0 entusiasmo e voluntariedade desta xente foron recoñecidos públicamente polo recén nomeado comandante da praza de Vigo D. Bernardo González (Cachamuiña) quen decretou a favor da constitución dunha Xunta Municipal de Meira para o governo e apoio dos naturais, así coma o auxilio ás tropas de Vigo mediante o suministro de víveres. 0 día dous de abril e baixo os auspicios do xuiz Benito Paz e o seu escribano Manuel Antonio Casal, saíu elexida a Xunta Municipal do coto de Meira, quedando formada por : D. Ramón Rubiños y Mariño, cura párroco, D. Domingo Pereiro, procurador xeneral, D. Francisco Freire, vocal. D. Miguel da Costa, diputado de abastos, D. Antonio Ríos, D. Luis da Costa, amo da casa Maior Dezmera. D. Francisco Nogueira. D. Josef de Ia Rúa. D. Josef Díaz e D. Antonio (de apelido ilexible). Tanto o Governador de Vigo coma os Sres. Capitulares da Cidade de Santiago e os xefes do exército non paraban de enviar escritos para solicitar o acopio de alimentos e ademais a requisa dos úteis necesarios para proveer ás tropas que subsistían nos frontes de Vigo e Ponte Sampaio. Antes de nada dilixenciaron a leva de soldados facendo énfase nas posibles desercións. Desercións que en Meira non chegaron a producirse tal como textúa Benito Paz ".. Terminante a la recolección de los soldados que se han desertado del Exército y mas que comprende se ha practicado en los términos de este citado Coto las unas o mas diligencias y averiguaciones sin que haya resultado haber concurrido, ni hallarse en los términos en el sujeto alguno de los que en dicha orden comprenda... " 0 suministro para a manutención do exército era provisionado básicamente entre as casas maiores dezmeras, os dezmos recadados pola parroquia, as rendas pendentes e outros arbitrios que recaían no groso dunha poboación eminentemente campesiña e que no fundamental foron abastecedores de " .. pan cocido, carne en reses, vinos, mijo maíz y fias o hilas para los hospitales... " sen especificar as cantidades. Por outra parte, Luis da Costa, en base ó recadado en 1808, entregou a D. Gabriel Piñeyro de Aguilar, capitán da Segunda Compañía de Granadeiros Voluntarios da Unión, a cantidade de dez ferrados de millo e cento oito cuartillos de viño por un valor de 274 reais de vellón con 28 maravedíes. Así mesmo Luis da Costa Mén contiibuiu con "una corta porción de pan cocido y cuartillos de vino a las tropas que voluntariamente se alojaban en este repetido Coto. " Con data oito de xullo o xuiz de Meira recibe outra orde do Reximento de Santiago para requisar, unha vez máis, toda especie de gran e para iso convoca a tódalas persoas "a quien se pueda considerar en este pueblo algún grano teniendo en razón de la cantidad... " Na xuntanza celebrada o día dez estiveron presentes Domingo Pereiro, procurador Síndico Xeneral, Ramón Rubiños, cura párroco, Manuel Riobó e Joséf Díaz, arredantarios de la Sincura, pertencentes á Universidade de Santiago e Luis da Costa, dono da casa Maior Dezmera. A conclusión xeralizada da reunión foi evidente ante a imposibilidade de seguir cos suministros, xa esgotados coas entregas previas feitas ó Sr. Comandante da "Divisón Izquierda del Miño" que con anterioridade atopábase custodiando a Ponte de Sampaio, á espera do que logo sería a batalla definitiva na expulsión dos franceses. Tamén fixeron fincapé nas doacións ó Noveno (Reximento) e ás forzas viguesas e por todo iso "en el día no tienen frutos algunos sobrantes de la manutención de sus casas que escasamente le alcanzaron los pocos que tienen para el suministro de ellas y dicho cura Párroco añade, que algunos ferrados que le han quedado tampoco le alcanzan para subministrar la limosna que está obligado a dar a los feligreses pobres que mira que están pereciendo con la miseria... " Incluso o propio Procurador Xeneral corrobora a inexistencia de cereais, aínda para o sustento dos habitantes da parroquia. Tra-la expulsión dos franceses, a xunta particular foi extinguida e o quince de novembro de 1809 só rexía o Coto de Meira o xuiz da Xustiza Real Ordinaria, D. Benito Paz, que obstentaba os poderes político, económico e governativo. Xosé C. Villaverde Román. Xullo, 1.994