O ACONTECEMENTO IRMANDIÑO, AS LOITAS NOBILIARIAS E A SÚA INFLUENCIA NOS CONCELLOS DE CANGAS E MOAÑA Non hai moito que a Fundación "Pedro Barrié de la Maza, conde de Fenosa", patrocinou a publicación de dous interesantes volumes titulados "Las fortalezas de la Mitra Compostelana y los Irmandiños" que ven a ser unha transcripción ordenada do chamado pleito ou arbitraxe entre os bispos da Sé compostelá Tabera e Fonseca. Feito acontecido no primeiro cuarto do s. XVI. No ano 1525, o prelado Xoan Tabera, sustitúe en Santiago a Alonso de Fonseca, ó ser éste destinado a Toledo e, a quen o primeiro, reclámalle a reedificación dalgunhas fortalezas e casas fortes do Reino de Galicia que foron danadas durante as guerras habidas no mandato do patriarca de Alexandría, Alonso de Fonseca e Acevedo e o sucesor Alonso de Fonseca e Ulloa. 0 arbitraxe deu lugar a unha documentación de incalculable valor histórico, recopilada en dous legaxos que totalizan máis de dous mil folios manuscritos conservados no Arquivo Diocesano de Santiago; o que dá unha enorme dimensión da pacencia e traballo de Anxo Rodríguez en sacar á luz tan importante fonte histórica. A contemporaneidade do castelo de Darbo e da torre de Meira no baixo medievo témola refrexada en documentos illados e a súa existencia ven ser corroborada definitivamente coa publicación deste pleito, achegando datos de grande utilidade para a nosa historia local. Para facer máis completo o presente traballo, optouse por desglosalo en duas partes. Unha primeira pretendendo dar difusión xeralizada do proceso irmandiño, cuxa síntese está baseada fundamentalmente na obra de Isabel Beceiro "La Rebelión Irmandiña (Madrid 1977). E a segunda parte, na que se extrae dos volumes mencionados, os datos da historia local e ordenalos monograficamente. AS GURRAS IRMANDIÑAS Ademais das batallas localistas, provocadas sempre polo abuso de poder dos cabaleiros feudais, vai ter singular importancia o levantamento das xentes comúns das comarcas de Pontedeume, Ferrol e Vilalba, contra da dureza amosada por Nuño Freire de Andrade. Os vilanos, capitaneados por Roi Xordo, derrubáronlle algunhas casas fortes, viñas, hortas para logo extender a acción a comarcas enteiras, como as de Lugo, Mondoñedo ou Santiago. Ditas comarcas foron recuperadas polos mesmos Nuño Freire e o arcebispo de Santiago. A dimensión conquerida nesta revolta de 1431, mereceu a consideración de ser a primeira guerra irmandiña, pero sen chegar a acadar a xeralización de guerra do 1467 na que afectou á práctica totalidade do Reino de Galicia. A pesares das múltiples movilizacións antiseñoriais, a clase nobibaria mantivo a prepotencia de abusos directos e a protección dos "malfechores" que actuaban desde as fortalezas con toda impunidade. Dentro da estructura social do feudalismo, a clase nobiliaría obtiña os ingresos da recaudación das rendas, foros, subforos, dezmos e outros circunstanciais como serían; as behetrías ou pagos dos labregos ó señor, para que os protexeran. A gaudiosa ou tributo dos vasalos polo nacemento dun fillo. A laituosa que era percibida polos señores, en cartos ou cabezas de gando pola morte dun vasalo. As osas, xantares, facendeiras, fogazas eran parte deste sistema tributario; Non obstante a principal recaudación procedía da posesión dos dereítos de xustiza. Esto motivou aos señores feudais a acaparar o maior número de dominios e facer valerlle aos vasalos, tanto o dercito xurisdicional como criminal e así recabar dos mesmos, o groso das riquezas (ben en cartos ou ben en especies). Esta obstinación de poder levou á clase nobiliaria a enfrentarse entre sí para ampliar seus feudos. Entre os anos 1430 e 1460, constátase un crecemento demográfico que acarrexará un incremento das loitas nobiliarias que repercutirán ostensiblemente nos estractos máis baixos da sociedade. Os labregos, vasalos, maríñeiros, igrexas parroquias, abadías, fidalguías, son, en consecuencia, os sectores fustigados pola tiranía señorial. Son moi exemplares as manifestacións testimoniais do interrogatorio Tabera-Fonseca denunciando continuamente os "danos robos e males. Robo de ombres, personas y en sus vienes, robandoles sus bois y bestias y que les forçaban sus mugeres e fijas e que muchos de los dichos danos se azían ansi de las gentes que en sus casas como en la de las fortalezas". Tamén era común mirar declaraci6ns nas que se denunciaba "muchos robos e muertes de ombres e quebrantamientos de caminos e no abía justicia ni quien la ficiera a los vasalos de uns caballeros a otros se prendían, robaban e rescataban y azian muchos males sin que posiera castigo alguno e el que mas tenía, mas valía". Toda-las declaracións son de por sí, un reflexo da situación sofrida por mais de vinte anos de guerra que deron lugar a un incremento considerable das recadacións. A epidemia de 1466 agravaría unha situación caótica, precedida por unhas malas colleitas, fames, pestes, depreciación da moeda etc. Factores todos eles determinantes, para que a poboación tomara partido e formara irmandades co obxecto de defenderse dos atropellos procedentes dos castelos. A organización irmandiña, supostamente legalizada por Enrique IV, toma por nome xenérico o da SANTA IRMANDADE XERAL DO REINO DE GALICIA, e asume as finalidades aprobadas polos delegados en Fuensalida (Toledo) no mes de xaneiro de 1467 que tiñan como obxectivo fundamental a aplicación da xusticia e ben público. Manter o mellor patrimonio real era outro dos puntos que os historiadores entenden como o beneplácito de Enrique IV. De todos xeitos as irmandades galegas aparecen desde a súa constitución vencelladas as irmandades casteláns. As irmandades formadas nas cidades, exténdense polas bisbarras de transcendencia campesiña e mariñeira. Nas parroquias noméase a dous ou tres alcaldes e cadrilleiros ó mando de cada cen homes, organizando unha verdadeira forza militar. 0 movemento popular conta co apoio de amplos estamentos feudais. De feito os principais xefes pertencen ó realengo de segundo orde, destacando entre estes a Alonso dé Lanzós señor de Louriña, cabaleiro da casa dos Andrade e despois de Mariñas. Pedro Osorio, señór de Villalóbos da casa dos Trastámara, linaxe de mais importancia galega, para ser desterrados de Galicia. E Diego de Lemos, señor de Sober e de Amarante. Como se dixo todos eles de inferior categoría o herdar os primoxénítos os títulos nobiliarios. A fidalguía, grupo social da baixa nobleza, conta con pequenas xurisdiccións, maioritaríamente compostas por un casteliño, casa forte e tres ou catro aldeas. A recadación en total apenas cubre as cargas para manter o seu rango e, en moitas ocasións, eran absorbidas e agregados polas familias poderosas. Outro tanto aconteceu co clero, que disputaba as divisións territoriais coa nobleza laica. Sen embargo ó participar economicamente na revolta, o cabido de Santiago mirouse respetado nas institucións eclesiásticas, garantizando a celebración de cultos perante o mandato irmandiño. Agora ben, os castelos do obispado foron derrubados por cumpliren a mesma función que os demais. A oleada de roubos e asaltos que sufriran os mercadeiros nos inseguros camiños e rotas, foi causa para que declinaran a súa participación activa na liorta. De feito considerouse importante a reconstrucción da fortaleza do monte Sagro por estar "en mejor comarca para la defensión... y por donde pasan y bienen para Santiago binos y otros muchos mantenimientos y provisiones". Os artesáns, traballadores gremiais, mariñeiros e outros afectados do sistema, incidiron notablemente na loita. Pero o verdadeiro corpo militar estivo na participación da masa labrega que nada tiña que perder e moito que ganar "En este reino de Galicia la gente común de los pueblos villas y lugares y tierras llanas se ayuntara e andaban juntas en boz de hermandad". Era lóxico, pois, que todas éstas diferentes forzas, axuntáranse en causa común. A partires da primavera de 1467, as irmaíidades entran en guerra, iniciando o conflicto polas cidades para extender a acción por vilas, aldeas, parroquias até afectar practicamente a todo Reino. As operacións militares eran tomadas en segredo. Daí que a Irmandade aceptara o calificativo de Fusquenlla. Cando acordaban o derrocamento dunha fortaleza, pedían previamente a entrega da mesma, e si o dono se resistía, tomábase entón pola forza. Cáse todas as operacións militares eran dirixidas polos tres xefes citados, Osorio, Lanzón e Diego de Lemos, que pola sua condición de nobles cabaleiros eran os máis expertos nas batallas abertas. Esa experiencia, valeu para levar ós irmandiños á victoria temporal sobre a nobleza. Desde 1467 a 1469, a Santa Irmandade en virtude da victoria, constituiu un órgano administrador de xustiza, de tal xeito que "aterrorizaban a los ladrones" e foron a garantía dun dominio sen abusos e carentes de guerras. Aceptaron tributos benignos no favor dos abadengos e casas grandes que participaron na causa. Esta mentalidade medievalista amosa a continuación do sistema sen cambios conxunturais, evitando a supervivencia dos máís febles. Dito sea de paso, só a burguesía sería capaz de trocar as ordes económicas pero nese entón, estaban moi lonxe de conquerilas. Algúns dos señores derrotados escondéronse en refuxios dos vasalos fideles. Outros pocos, marcharon para Castilla por mor da guerra civil entre Enrique IV e o infante Alonso, personaxe que gozaba das maiores simpatías no realengo galego, os cales polas circunstancias máis favorables decidiron fuxir hacia Portugal. No agosto de 1468, Pedro Alvarez, coñecido popularmente por Perálvez ou Pedro Madruga, asume a xefatura do seu linase Soutomaior. 0 carácter belicista levaríao á recuperación das terras propias. Agora ben, cabe destacar a axuda recibida das familias portuguesas a quenes estaba vinculado por matrimonio. As diferentes clases que compuñan a Santa Innandade reventaron en contradicións propias. A pequena nobleza privada de poder non atopou a supremacía irmandiña, mirando con recelo a desobediencia en contra deles. 0 final acabaron por xuntarense cos grandes cabaleiros. Peralvárez de Soutomaior organiza un exército de portugueses e casteláns e pacta co arcebispo de Santiago e Xoan de Pimentel unha contraofensiva. En 1469, dirixe un exército fortemente armado hacia o castro da Franela, donde estaban fortificados os homes do obispado de Tui ós que derrota con facilidade. A súa marcha hacia Santiago é imparable, con apenas resistencia en Pontevedra. En Santiago con Pimentel, vencen a Pedro Osorio. A raiz dos trunfos, a linaxe galega tórnase no seu apoio e en pouco tempo rematan cos reductos irmandiños fortificados na Lanzada. Tomar represalias contra todolos que participaron nas irmandades supoñía o aníquilamento masivo de servos e vasalos. Por iso cando o mítico mariscal Pardo de Cela propúsolle ó conde de Lemos que "ynchiese de vasallos los carballos", éste non dubidou en repostarlle que "no quería porque no se había de mantener de los carballos". Pasada a xeira irmandiña, tornaron as loitas nobiliarias e o rexurdir da opresión social. Situación que se mantería durante os anos seguintes. Coa subida o trono castelán dos Reis Católicos, implantáronse importantes medidas políticas para a "doma o castración do Reino de Galicia' . Noméase a xente fidel nos postos claves para controlar as Irmandades. Por contrapartida atacan ós señores causantes dos desordes, e levan a meirande parte da nobleza para Castilla. Con grande entusiasmo popular foron acollidas tales medidas, en especial por erradicar as loitas internobiliarias e dotar a Galicia dunha Audiencia a onde poder recurrir para frenar os delitos comúns, incrementando así, as liberdades cidadáns. A pesares da diminución da conflictividade social, os problemas económicos non variaron, nin tampouco as condicións de traballo. Non obstante, pola súa banda, os Reis Católicos mantiveron unha monarquía autoritaria, de férreo contralismo de consecuencias imprevisibles para o Reino de Galicia. INCIDENCIA NOS CONCELLOS DE MOAÑA E CANGAS Desde a Idade Media, a Sé do Iria Flavia (preto de Padrón) controlou o Morrazo para ser disputado mais tarde por diferentes ordes monásticas. Hipólito de Sa cita na súa obra "Rutas del Románico en la provincia de Pontevedra", á orde cistercense de Melón (Ourense) como herdeira das terras de Domaio, mentras que ó mosteiro de Sta. María de Oia foille concedida a xurisdicción do coto de Vilela. A orde sanxoanista da encomenda de Beade(Ourense) dominaba as parroquias de Moaña (San Martiño), Hío (San Andrés), Aldán (Sta. María) e a de Tirán (San Xoan). Os bieitos, de menor influencia na zona, gozaron da súa parcela en Ermelo. No s. XII, o arcebispado de Santiago agregou á vila de Cangas a súa xurisdición temporeira. Posiblemente tivera lugar sobre o ano 1184, cando a fortaleza de Darbo pasara á propiedade do arcebispo Xelmírez. Perante o s. XV as casas de Valladares e Soutomaior disputarán á Mitra Compostelana a posesión das terras morracenses; agás algún couto que outro, que por dereitos históricos perpetuaránse noutros dominios. Durante o s. XVI e coincidindo coa construcción da colexiata, a Iglesia de Compostela nomea a Cangas cabeza xurisdiccional das parroquias de Darbo, Tirán, Coiro, Domaio, Moaña, Aldán, Bueu, Cela e Piñeiro. Voltando ó S. XV atopámonos que, para defender a meirande parte do que hoxe son os concellos de Cangas e Moaña, foron erguidas duas fortificacións en senllos montes de ladeiras ásperas e costaneiras. A torre de Meira, localizada no outeiro do mesmo nome, pertenceu a Gregorio de Valladares, señor residente na cidade de Vigo. A outra, a fortaleza de Darbo, propiedade da Sé Compostelana, estivo ubicada no monte Castelo, de ahí o seu nome, e ainda se conservan restos de esquinais e sillares asentados como base de muros ou paredes. De todos xeitos, ambas construccións non foron acondicionadas para habitar permanentemente. Atendendo ás declaracións testimoniais do pleito, a fortaleza de Aravelo ou Darebalo, como chamaban entón a Darbo, presenta versións antagónicas respecto da súa orixe. Mentres uns testigos din que foi levantada antes dos sucesos irmandiños, outros porfían o contrario. Se ben, os primeiros parecen ter razón, non é descartable a existencia doutro castelo en época anterior. Andaban en formación as irmandades cando chegou a vila de Pontevedra un alguacil, que portaba unha vara ou bastón de mando do rei Enrique IV, para pregoar a toma das armas e sair a derrocar, en nome do Rei, as fortalezas dos arredores. Os irmandiños, xa organizados cos seus alcaldes, cadrilleros e diputados parecían estar esperando a chegada do alguacil para actuar. 0 Morrazo, que non era marxinal a cuestión, contribuiu á constitución da Irmandade con alcaldes- diputados representados polo pescador de Cangas, Pedro García e a interesada participación dos fidalgos Vasco e Rui López, irmáns, tamén de Cangas. A Irmandadoe emprendeu a movilización desprazándose a diferentes lugares para destruir as fortalezas meirandes, como as de Lantaño, Soutomaior ou Tui e as menos importantes situadas noutros pontos das cidades e proximidades, entre as que se encadrarían, as de Meira e Darbo. A versión dun testigo do interrogatorio dí que o castelo de Darbo foi deportillado e desmochado, -expresións éstas medievais, hoxe en desuso e que significan respectivamente a apertura dun buraco nos muros do castelo e o derribo da parte superior-. Semellante sorte correu a de Meira que estaba defendida por dúas cercas de pedra. A primeira, a máis longa, desportilláronna por varios sitios, mentres que a segunda foi derrocada de todo. Sen embargo a torre só foi desmochada ata a metade. Derrotados os irmandiños voltaron os cabaleíros e rexurdiron as guerras entre éles, e os que antes eran amigos por causa común, agora tórnanse nemigos para disputar os dominios. Probablemente o conflicto que máis afectou a esta bisbarra foi o mantido entre Alonso II de Fonseca, arcebispo de Compostela, contra Pedro Madruga, por discrepancias sobre uns previlexios que afectaron á vila de Pontevedra. Segundo Perálvarez era posuidor duns xuros do Rei -dereito de propiedade e perpetuidade- de 50.000 maravedíes (moeda usual nese tempo). Dereito negado polo patriarca Fonseca, señor xurisdiccional de Pontevedra. Na defensa da vila de Cangas, o propio Fonseca, facendo caso omiso á oposición veciñal, ordenou a reconstrucción do castelo de Darbo sen costarlle ren. Para tal fin, impuxo a obriga de pagar un real por veciño para financiar ós pedreiros, e un cuarto de vaca en especie. A calidade de construcción do castelo de Darbo, contradícese nas declaracións do pleito. Para uns declarantes o adarve (muro da fortaleza) estaba ben feito, mentras que outros informaban o contrario. No que sí coinciden é na formación de dous ou tres cubos (torreóns circulures) comunicados por unha parede ou muralla de pedra asartada de canto formando tres ou catro camarachóns (espacio valdeiro entre parede e parede). Dentro do castelo había dúas casas terreñas. Unha colmada (cuberta de palla) e outra tellada, ambalas dúas utilizadas como refuxio en vez de vivendas permanentes. Unha canle e un barganzo (cerca de estacas) eran as únicas defensas que contaban dentro da muralla. Rematada a obra, o arcebispo nomeou por merino da fortaleza a Vasco Fernández, que foi a a vivir nela en compañía da súa muller co fin de organizar a defensa contra as hostilidades de Perálvarez de Soutomaior. A guerra entre ambos rematou cun tratado de paz, polo que Vasco Fernández abandonou a fortaleza de Darbo, deixándoa íntacta e coas portas abertas. 0 patriarca, atendendo ós desexos dos vasalos de Cangas, mandou chamar a un vizcaino para deportillar o castelo por catro ou cinco sitios e, co paso do tempo, rematou por derrubarse totalmente. Gregorio de Valladares, víctima mortal de Pedro "Madruga", non chegara a reconstruir a torre de Meira dos danos ocasionados polos irmandíños. Iso non impediu ó de Soutomaior enviar xente ás ordes do merino Juan Fernández para derrumbar até o chan o que quedaba da torre. Isto pudo ter lugar sobre o ano 1476, cando Perálvarez por venganza dun vasalo estimado, arrasou, entre outras, as casas de Aldán e Meira. Segundo o cronista contemporáneo Vasco de Aponte a casa de Meira era unha das máis antigas do reino de Galicia e contaba cunha forza de cen homes. É dificil de verificar si esta casa correspondía a do concello de Moaña ou a outra de máis realengo. Non obstante por proximidade, parece apuntar á torre en cuestión. A subida dos Reis Católicos ó trono castelán, repercutiu tamén no Morrazo, ó nomear a Alvaro, fillo maior de Pedro Madruga, como xefe dos Soutomaior, anulandolle o poder ó propio conde de Camiña. A instauración dos cánones de xustiza, por mandato dos Reis Católicos, permitiu a García Sarmiento "0 Bermello", xenro de Gregorio de Valladares, denunciar o merino Juan Femández de Soutomaior, ante o gobernador e alcaldes maiores do reino de Galicia, na cidade de Santiago. A demanda foi estimada en 700.000 maravedíes de indemnización, pero a sentencia condenou a Juan Femández ó pago de 10.000. Esto significa que a torre estaba desvalorizada no derrocamento final. Por outra parte Juan Femández enviou ó seu criado a cidade de Tui en busca dos 10.000 maravedíes para satisfacer o pago. Parece ser que as demandas tiveron continuidade, recaindo as reclamacións nos herdeiros de Juan Femández, Pedro Losada e Esteban Rodríguez de Cangas. Pola parquedade das declaracións descoñécese si chegaron a indemnizar ós demandantes ou si houbo máis denuncias. Segundo a memoria das "Prospecciones aqueológicas en la Torre de Meira", publicada no boletín Auriense VI (1976), a torre foi ubicada na falda sur do xacemento castrexo de "As Cidades" sobre un pequeno outeiro. A torre ten forma case cuadrada de 5,90 m. por 5,70 de lados exteriores por 3 10 e 3 10 m. de medidas interiores. A diferencia tan considerable ben dada polo espesor de 1, 18 m. das paredes formadas por sillares ben traballados e asentados. 0 promontoiro no que se alza a torre comprende apenas 96 metros cadrados e considérase que o conxunto consta dun patio de armas e a mesma torre, protexidas por unha muralla que bordea o cumio do outeiro. Parece ser que adosadas ás murallas polo interior foron edificadas habitacións serviciales para a torre. A 7,25 m. descubriuse unha segunda muralla paralela a primeira, o que ven a verificar as declaracións testimoniais do pleito Tabera-Fonseca. Xosé C. Villaverde Román DIFUSION CULTURAL DIAS DAS LETRAS GALEGAS MAIO / 86