MADOZ MADOZ X.C.V. (A. C. NÓS) Pascual Madoz, político e publicista, editou entre 1848 e 1850 un "DICCIONARIO GEOGRÁFICO Y ESTADÍSTICO DE ESPAÑA" moi complexo para os medios de entón e moi simple dende unha óptica actual, pero tamén moi valioso para coñecer a historia económica do Estado no s. XIX. Deste diccionario é meritorio extrapolar aqueles poucos datos que ofrece, sen máis ánimo que a comparación no tempo, pois en realidade da pouca marxe para unha análise extensa. Non obstante, convén contextualizar a situación histórica na iniciativa da Deputación de Pontevedra, que viña de confeccionar os "Ayuntamientos" provinciais, sen apenas ter en conta o peso específico das freguesías. Efectivamente, os comisionados da Deputación, valoraron millor a estratexia xeográfica das parroquias, cara a formar axuntamentos que os argumentos históricos, de poboación, ou de economía. Agás en zonas urbáns, estes criterios foron desestimados, predominando a mentalidade centralista sobre a secular entidade da freguesía. Atendendo a configuración da "Planta de Ayuntamientos de la provincia de Pontevedra", publicada pola Deputación, no boletín número 96, do 30 de novembro de 1836, o distrito de Meira podería integrar a Coiro. E Vilaboa a Domaio; ou barallar outras múltiples variacións, coma a pretensión de Cangas de erexirse en cabeza de partido de doce parroquias do Morrazo. Non obstante optaron por considerar a Meira, cabeza de distrito en 1836, das parroquias de Moaña, Tirán, Domaio e a propia Meira. Á final, a freguesía de Moaña, despois de moitos trámites, consegue a capitalidade en 1874 e facer valer o seu nome como a identificación do concello. Hai un dato significativo no Madoz e é que o actual centro urbán da Praia, practicamente non existía; como tampouco existían estradas en condicións para trasladarse a outros núcleos poboacionais. "Los caminos -dende S. Martiño- conducen á Cangas, Pontevedra, Puente Sampayo y otros puntos, están en mal estado". "Cruza por el término -de Domaio- un camino malísimo que conduce de Cangas a Pontevedra". Isto último quería dicir que, era máis doado ir a Pontevedra por Cangas e Bueu, que atravesar polos montes de Vilaboa. Ou polo menos para o transporte de mercadorías. Dentro das comunicacións, o citado diccionario, vai dar unhas distancias valoradas en leguas, un tanto contradictorias pero xustificables debido a escasede dos medios técnicos de entón. Velaí un cadro extraído cos datos aportados, tendo en conta que unha legua medía aproximadamente cinco quilómetros e medio. MEIRA PONTEVEDRA SANTIAGO ----- ---------- -------- MEIRA - 3,50 11,50 MOAÑA 0,25 4 14 DOMAIO 0,50 3 13 TIRÁN 0,25 4 12,50 En canto a poboación, convén distinguir a diferencia entre o concepto "veciño" e "alma". O primeiro referíase á cabeza de familia de todos aqueles que vivían con el. E o segundo era para contabilizar un individuo. MEIRA MOAÑA DOMAIO TIRÁN ----- ----- ------ ----- VECIÑOS 292 490 200 66 ALMAS 776 2.200 1.300 400 CASAS 200 490 200 70 Os sistemas de producción eran, máis ou menos, parellos nas catro parroquias con apenas diferencias. En xeral cultivábase millo, centeo, trigo, cebada, liño, cebolas, legumes, patatas, feixóns, viño, castañas, froitas e pasto para o gando vacún, mular, cabalar, bóvido e porcino. Todo isto cumplimentábase coas aves de curral e coa caza de coeños, perdices e lebres. En canto a pesca, o Madoz fala das capturas de varias especies, sardiñas, polbos e ostras. Pero, sobre todo destaca a Tirán como a zona máis rica en congros, pescadillas e corbelos. No capítulo do ensino, sinala unicamente a Domaio e Moaña con escolas de "primeras letras" para nenos de ambos sexos. A de Domaio era frecuentada por 60 ou 80 alumnos; mentras que, a de Moaña alcanzaba os 200. Esta estaba cuberta por unha praza de mestre dotada en 2000 reás, bastante superior ós 860 reás asignados á de Domaio. As freguesías estaban cubertas cada unha, por un cura de provisión ordinaria en concurso, agás Tirán, servida por un sacerdote de entrada e padroado real e eclesiástico. Tamén describe os montes sen apenas árbores, especialmente os de Broullón, Fraga e Hermelo. Mentras os de "San Lorenzo y Gagán combaten los vientos N., S. y O." OS LUGARES DAS PARROQUIAS: Meira. Non os especifica Moaña. "Fraga, Piñeiro, Broullón, Paradela, Carrasqueira, Regadas, Rivalvoura, Fulón, Freija, Bouzafigueira, Marrúa, Outeiro de Sabuceda, Redondo, Pozonegro, Pedroso, Piñeiros, Jalda, Outeiro de la Iglesia, Crucero, Casanova, Sanchelán, Jeira, Miranda, Seara, Quintela, Ladrados, Abelendo, Casal, Ameijoada y el de su nombre." Domaio. "L. de Abelán, Borela, Calbar, Cavido, Carballido, Costa, Paradela, Palmás, Rio do Vazo, Verdeal, Vaqueira, Viso, Viduido y San Lorenzo." Tirán. "Lago de Abelendo, Canizada, Con, Iglesario, Fontaíña, Pedruza y Vilela." (Festas do Carmen 2001)