A RECONQUISTA (XENERALIDADES)A RECONQUISTA (XENERALIDADES) Lembremos que a comezos do s. XIX, tanto Francia como a coroa española estaban en guerra contra Inglaterra, mentras o reino de Portugal seguía mantendo alianzas co país saxón. Os galos obtiveron licencia para atravesa-la Meseta coa escusa de invadir Lusitania, pero mais que un tránsito resultou ser un trasvase de tropas, que como se sabe provocou a chamada Guerra da Independencia. Aquel espallamento francés chegou a Galicia nada mais principiar 1809; e así o 18 de xaneiro tomaron A Coruña e ó día seguinte Santiago. Pontevedra foi ocupada o día 21 e Ferrol unha semana despois. Vigo foi a última cidade galega entregada a finais do mes. O exército invasor tomou con relativa facilidade as principais urbes galegas, pouco preparadas e pendentes, maís ben, da belixerancia con Inglaterra. Pero ante un inimigo común, tórnanse as hostilidades en alianzas e os ingleses deciden enviar á Xunta Suprema do Reino de Galicia, axudas económicas, militares e, por suposto, a liberación dos soldados presos no seu poder. A dirección da contraofensiva galega, vaina a asumir a Xunta de Lobeira, substituíndo a anterior Xunta e ordea a constitución de xuntas menores nas vilas, cotos e parroquias para recrutar voluntarios cara a organizar unha guerra de guerrillas para ir minando paseniñamente, a perfecta organización do exército napoleónico. A ofensiva galega iniciouse o 5 de marzo de 1809 en varios frontes, entre eles o encastelamento da garnición francesa da vila de Pontevedra; en tanto que a Xunta de Lobeira enviaba ós oficias Pablo Morillo e Bernardo del Valle a Vigo para intentar a liberación co apoio de duas fragatas inglesas e de tropas portuguesas, baixo o mando do tenente Almeida. O 13 de marzo, o abade de Valadares inica o cerco a cidade olívica e dous dias despois secúndase o exemplo en Tui. Os franceses réndense en Vigo o día 28 e ás poucas horas son embarcados prisioneiros rumbo a Inglaterra. A GUERRA NO MORRAZO A dispersión das entidades rurais galegas foron o principal obstáculo de control dos estranxeiros. De feito parece que só se desplazaban ás vilas pequenas para recabar provisións, material loxístico e avituallamento. Para tales menesteres, un oficial de cabaleiría auxialiado por seis soldados, desembarcaron en Cangas o día 8 de febreiro de 1809 coa finalidade de conseguir sustento para seu exército, ordeando a requisa de forraxe de palla, orxo, cereais e gando. Tamén obrigaron a xuntar douscentos pares de zapatos nun prazo mínimo de tres días. Ante a imposibilidade de cumprir tal requisito, os franceses leváronse a Vigo ós tres zapateiros cangueses. Semellante medida adoptaron os franceses asimilados en Marín que trasladaron a Pontevedras ós zapateiros de Santo Tomé de Piñeiro, Santa María do Campo e Santa María de Ardán. Por suposto, non ía faltar o xuramento de sumisión e obediencia a Xosé Napoleón Primeiro á que foron obrigados as autoridades do Morrazo segundo se desprende do edicto exposto o día 11 de febreiro. Lonxe de intimidar, ese edicto parace que tivo efectos contrarios e os nativos non tardaron en mobilizarse nas milicias, formando "alarmas" ou cordóns de vixiancia e preparados para calquera eventualidade belixerante. Deste xeito o 5 de marzo participan no ataque a Pontevedra, baixo as ordes do ex-corsario e capitán Juan Gago de Marín, onde o exército francés consegue recualos de novo ó monte ó igual que o resto das forzas de Cotobade, Caldevergozo e Pontevedra. O 23 de marzo, a guarnición francesa abandona por segunda vez a capital, debido á presión dun exército recrutado nas xurisdiccións de Quiroga, Baños de Cuntis, Campo, Fraga, Peñaflor, Caldas, Cambados, Vilagarcía, Sanxenxo e tódalas vilas do Morrazo. Exército armado con escopetas, fusís, chuzos, fouces, azadas, paus etc. A desobediencia ás imposicións foráneas ían en aumento, ó mesmo tempo a mobilización autóctona era cada vez mais numerosa, ata o punto de constituirse no reximento autodenominado "Do Morrazo". Pero antes, hai que resalta-la operatividade das xuntas veciñais, as cales chegaron ó límite de provocar ó comandante francés de Vigo para que intentara a ocupación total do Morrazo. Con esa intención o 15 de marzo, nada máis chegar a Vigo era detido José Díaz, patrón da lancha que diariamente facía o traxecto con Cangas. Evidentemente pretendían valerse dese servicio para transportar unidades do exército; pero aconteceu que o citado patrón logrou fuxir con tódala tripulación e avisar das intencións dos foráneos. Ó día seguinte alértase da proximidade sospeitosa dun veleiro rumbo a praia de Rodeira o que motivou o repinicado de campás chamando á mobilización e concentración nos puntos de posibles desembarco entre Rodeira e Tirán. Descoñecemos a intención dos franceses que a final decidiron retornar a Vigo. A verdade era que na periferia de Vigo estábase artellando o asedio a cidade e, o mellor para os franceses residía na súa fortificación. Mentras isto acontecía, as tropas autóctonas pretendían unha maior axuda posible, de xeito que o xuíz sarxento de Bouzas, solicitou do comandante maior do Partido do Morrazo toda colaboración, tanto de persoal como de armamento e do que só poderon recibir 19 libras de pólvora e 259 balas, a causa dos múltiples requerimentos chegados das frontes de Redondela e Pontesampaio que agotaron as existencias. Iso si, deixando na reserva o imprescindible para protexe-la rada comprendida entre Domaio e Barra. Lembrar que na tardiña do 27 de marzo, os sitiadores inician un fogueteo incesante sobre a fortificación viguesa ata que ó mencer do día seguinte, os franceses erguen a bandeira branca de rendición. A BATALLA DE PONTESAMPAIO A División do Miño formada por varios reximentos, entre eles o do "Morrazo" logra a liberación de Tui. Máis tarde, sabedores de que o groso do exército francés saíra o 5 de xuño de Santiago para reconquista-las cidades de Vigo e Tui, a propia División do Miño pasa a ocupa-las pontes de Caldelas e Sampaio. Pero cando os galos chegaron a Sampaio poideron observa que a citada ponte estaba rota a custodiada pola forzas do conde de Noroña, mentras que en Caldelas era Pablo Morillo quen a defendía. Durante os día 7 e 8 de xuño de 1809, o mariscal Ney tentou atravesa-lo Oitavén pero foron rechazados e ó final ordearon retirarse, e ese retroceso foi considerado como a maior derrota francesa en Galicia e resultou ser o principio dunha expulsión definita. Dicir anecdóticamente, que o concello de Moaña, porta no seu escudo unha ponte rota, diseñado polo secretario Benito Conde en 1950, que simboliza una evocación ós fillos da Vila que tomaron parte na batalla de Pontesampaio. O COTO DE MEIRA A pouco de ser tomada a vila de Pontevedra, reincidimos que o Morrazo se organiza entre eles os veciños do coto de Meira, dominio do marquesado de Valadares de Vigo, que por certo nese momento o marqués era un militar destacado en Portugal e peza fundamental para o recoñecemento da Xunta Galega. Un continxente considerable de veciños meiráns participaron no cerco a Pontevedra e unha vez liberada a vila foron a auxiliar con armamento e víveres as tropas que asediaban a Vigo. Reconquistada a cidade, o recén nomeado comandante da praza, D. Bernardo González (Cachamuíña) quixo recoñer publicamente o entusiasmo e valor deste colectivo que decretou favorablemente a constitución da Xunta Municipal do Coto de Meira. O día 2 de abril, baixo o auspicio do xuíz Benito Paz e o seu escribano Manuel Antonio Casal, quedou formada a Xunta Municipal por: D. Ramón Rubiños Mariño -cura párroco-, D. Domingo Pereiro -procurador xeral-, D. Francisco Freire -vocal-, D. Miguel Da Costa -diputado de abastos-, D. Antonio Ríos, D. Luís Da Costa -amo da casa maior diezmera, D. Francisco Nogueira, D. Josef De La Rúa e D. Antonio. Neses momentos, sabíase da saída de Santiago do exército francés cara a retoma-las prazas de Pontevedra e Vigo; mentras as tropas locais agardaban a chegada na ponte de Sampaio e Vigo. Tanto o gobernador de Vigo, coma os señores capitulares da cidade de Santiago e os xefes dos exércitos, non cesaban de enviar escritos solicitando acopio de alimentos, toda clase de útiles e levas de soldados. Primeiramente, a Xunta de Meira dilixenciou o alistamento de soldados sen que se chegara a producir desercións, tal como textúa o xuíz Paz "... Terminante a la recolección de soldados que se han desertado del Exército... se ha practicado en este citado Coto... averiguaciones sin que haya resultado haber concurrido, ni hallarse sujeto alguno de los que en dicha orden comprenda..." O subministro para a manutención do exército aportábanno as casas maiores dos décimos recabados polo Coto, basicamente composto por "... pan cocido, carne en reses, vino, mijo maís y fías o hilos para los hospitales..." sen especificar cantidades. Por outra parte, Luís Da Costa entregoulle a Gabriel Pyñeiro de Aguilar, capitán da Segunda Compañía de Granadeiros Voluntarios da Unión, a cantidade de 10 ferrados de millo e 158 cuartillos de viño por valor de 274 reais de vellón con 28 maravedíes. Tamén contribuíu con "..una corta porción de pan cocido y cuartillos de vino a las tropas que voluntariamente se alojaban en este repetido Coto..." Ó mes seguinte da derrota gala na batalla de Pontesampaio, o reximento de Santiago ordea requisar toda especie de gran, para continua-la ofensiva pero as existencias xa estaban practicamente esgotadas coas entregas feitas ó comandante da División Izquierda del Miño cando custodiaba a ponte de Sampaio, ó Noveno Reximento e as forza viguesas e por todo iso o xuíz certifica que "...en el día no tienen frutos algunos sobrantes de la manutención de sus casas que escasamente le alcanzaron los pocos que tienen para el suministro de ellas y dicho cura párroco añade, que algunos ferrados que le han quedado tampoco le alcanzan para subministrar la limosna que está obligado a dar a los feligreses pobres que mira que están pereciendo con la miseria..." Incluso o mesmo procurador xeral corrobora a inexistencia de cereais, aínda para o sustento dos habitantes do Coto. Tra-la expulsión definitiva dos franceses, a xunta local foi extinguida o 15 de novembro de 1809, e a partir de entón os poderes políticos, económicos e gubernativos recaíron no xuíz da Xustiza Real Ordinaria, D. Benito Paz, a quen debemos o legado deste documento inédito. XOSÉ C. VILLAVERDE ROMÁN A. C. NÓS