A ROMANIZACIÓN DO MORRAZO A ROMANIZACIÓN DO MORRAZO I) A ROMANIZACIÓN EN GALICIA: XENERALIDADES. Como romanización defínese a colonización de Galicia polo imperialismo romano. Esta conquista fixo cambiar aspectos da vida nos pobos asentados nesta lonxitude, especialmente a partir do século III antes da nosa era (-III). Non obstante aquel dominio, a diferencia doutras comunidades, non chegou a rachar as fondas costumes da cultura castrexa. Pódese falar máis ben, dunha mestura definida como cultura galaico-romana. A pervivencia do habitat castrexo no mundo romano ven dado polo carácter depredador dos invasores. Impulsados dende Roma, interesáballes fundamentalmente o control militar, para garantir a explotación dos recursos básicos da mineiría, agricultura e pesca. Para nada se preocuparon da formación de municipios, nin siquera dun desenvolvemento xurídico-administrativo, tal como aconteceu noutras provincias, onde o esplendor romano alcanzou grandes niveis. Según Bosch Gimpera, a mediados do século -VII, chegaron a Galicia pobos portadores da cultura denominada Wesentel procedentes de zonas centroeuropeas, asociadas á cultura celta. Hoxe en día estase cuestionando o asentamento dos celtas, sen poder demostrar nin negar a súa presencia. Aquelas civilizacións transhumantes conviviron cos nativos, de orixen indo-europeo, segúndo constatan diversos autores. A confluencia das diferentes culturas remataron nun sedentarismo que deron orixen á formación dos castros como unidades poboacionais de economía autárquica e, os cales sábese que chegaron a ter relacións comerciais cos gregos, fenicios, cartaxineses, mongoles etc. Este contacto valeu para difundir a crenza de estaren no "Finis Terrae", rica en recursos naturais. A sona debeu chegar ata Roma; capital en expansión e ávida de riquezas, de tal xeito que non tardou en presentar credenciais por esta zona. CAMPAÑAS. Quinto Servilio Cepión. Ano -139. Sobre ese ano coinciden varios historiadores en referenciar as primeiras incursión romanas dentro do territorio de Gallaecia. Traicionado Viriato, o cónsul Quinto Servilio Cepión, xa non topou forte resistencia para dominar Lusitania. Dende alí dirixe pequenas incursións cara ó norte ata chegar ós límites do río Miño. Parece ser que tales avanzadas foron rexeitadas con certa contundencia polas tribus dos Callacois gañándose a fama de bravos guerreiros. Décimo Xuno Bruto. Anos -137 e -136. As guerrillas ben organizadas do norte impedían a total "pacificación" de Lusitania, co risco de recuperaren o territorio usurpado polos imperialistas. Antes de que tal cousa acontecera, o goberno de Roma decide substituir a Servilio Cipión polo procónsul Décimo Xuno Bruto; ben coñecido pola paixón nas estratexias militares. Paixón demostrada na batalla do Douro, de consecuencias nefastas para os nativos. Dita batalla, tremendamente eloxiada por cronistas latinos, falan de 50.000 callacois mortos, uns 6.000 prisioneiros e tan só 400 supervivintes. Cifras estas, ó parecer esaxeradas. De calquera maneira, os historiadores romanos loaron a estrataxema de Bruto ó mando de 15.000 soldados, e ante a presencia de 60.000 callacois, decide retirarse do campo de batalla. Os indíxenas inician a persecución para caír derrotados nunha hábil operación militar de Bruto, axudado por forzas de Escipión. A victoria valeulle a Bruto a alcuña de "O Galaico" Franqueado o camiño, Bruto avanza hacia o norte atravesando o río Lethes ou Belión (Limia), sen apenas oposición ata alcanzar a beira do rio Miño. Unha vez alí e sen saber exactamente as causas, decide regresar a Lusitania. Algúns historiadores apuntan a posibilidade de ir na axuda de Lépido, familiar seu, en serios apuros, acosado polos vacceos (vascos). Dende entón, os intentos serios de conquistar Gallaecia quedaron en suspenso durante uns corenta anos. E como dixo Casimiro Torres: "Con este bautizo de sangue, nace a historia de Galicia" Publio Craso. Anos -96 a -94. Para verificar a ruta do estaño e asegurarse unha viabilidade rendible, o procónsul Publio Craso, levou a cabo incursións marítimas coa finalidade de recabar a maior información posible para o equipo de César. César. Anos -61 e -60. Durante máis de trinta anos, a conquista de Gallaecia quedou esquecida por mor das loitas internas polo poder de Roma. Mentras tanto os nativos poideron vivir na súa integridade as costumes do habitat castrexo; ata que Xulio César, empeñado polas liortas do poder, decide emprender campañas para saldar a débeda o antes posible. Coa seguridade de atopar as minas de casiterita, en base ós informes favorables de Publio Craso, trasládase a provincia romanizada da Bética. Instálase en Cádiz, e alí consegue do banqueiro e amigo, Lucio Cornelio Balbo, a financiación suficiente para unha expedición con barcos, mariñeiros e toda axuda que precisara. César, parte de Cádiz bordeando a costa, proa ás minas de estaño, ouro e cobre, localizadas illas Cassitérides, situadas ó norte dos pobos Ártabros. -Para uns historiadores, localizado en A Coruña e para outros de ubicación inconcreta-. Ó paso pola costa lusa, dedicouse a saquear as "cidades" ata chegar a Perenna, perto das fronteiras dos callacois, aínda sen colonizar. Fortifícase e prepara unha ofensiva bélica. Efectivamente manda as tropas por terra, liberadas da maquinaria pesada, cargada en naves, e seguindo a pouca distancia a excelente movilidade do exército. Atravesa o Miño, e logo de someter a poboados enteiros, César chega a Brigancio, principal porto comercial do estaño e famosa por posuír un faro altísimo. Enseguida conquista Brigancio, asicomo as zonas mineiras máis importantes. Parece ser que unha vez cuberto as necesidades, o futuro emperador regresa á Bética, non sin antes deixar planificada unha estructura viaria de pontes e estradas en vistas á comercialización dos productos mineiros. Ademáis levantaría campamentos e fortes en puntos estratéxicos nas estradas, de vital importancia cara ó desenvolvemento de posteriores campañas militares. OUTRAS EXPEDICIÓNS MILITARES. Si ben non tiveron tanto efecto propagandístico como as de Xulio César, houbo otras moitas actividades bélicas encamiñadas a sofocar os levantamentos de guerrilleiros, resistentes á escravitude do sistema imperial. Velaí unha clasificación cronolóxica das máis importantes: Ano -43. Campaña de Lépido. Ano -38. Campaña de Domiciano Calvisio. Ano -35. Campaña de Norbano Flaco. Ano -34. Campaña de L. Marco Filipo. Ano -33. Campaña de Claudio Pulcro. Ano -29. Campaña de Statilio Tauro Ano -28. Campaña de Caio Calvisio Sabinio De tódalas as incursións citadas, ningunha acadaría o dominio total destas terras, onde os indíxenas resistían, unha e outra vez, a ofensiva estranxeira. XULIO CÉSAR OCTAVIO AUGUSTO. Ano -29. Sobre o ano -29, en plena propaganda política, Augusto, neto de Xulio César, abre as portas do templo do deus Xano, co propósito de iniciar a definitiva ofensiva para "pacificar" ós pobos resistentes, situados ó norte de Hispania: Astures, Cántabros e Galaicos. Precedido dunha gran parafernalia, César Octavio Augusto parte hacia Gallaecia cun enorme aparato militar, temeroso das dificultades con que se ía atopar. Dificultades coma a dispersión dos castros ou das deficiencias dos camiños; practicamente inacesibles para a maquinaria pesada. Asimesmo, levaba ben estudiado o sistema de guerrillas, fórmula de combate empregado polos callacois que os facían invencibles no seu terreo. Chegado a Gallaecia, Augusto divide o exército en tres columnas, para atacar por tres frontes diferentes e coa finalidade de evitar a recomposicións dos exércitos autóctonos. A columna "Segísima", mandada polo propio Augusto emprende a ruta do monte Vindio (Peña Ubiña) entre Ourense e Zamora. Dende Asturias parte hacia o Vindio outra columna, baixo as órdenes de Lucio Silinio Carisio e a terceira, saíu de Brácara (Braga-Portugal), seguindo o cauce do Miño e ó chegar á confluencia co Sil (Os Peares). Esta divídese en dúas seccións. A de Caio Antistio Vetus que toma rumbo ás partes interiores de Gallaecia para conquistar o monte sagrado de Lucus. A outra sección, de Caio Furnio (ou Firmio) segue o curso do Sil e ó alcanzar o poboado de Bergido, atopouse coa sorpresa dun poboado deserto, cando en realidade agardaban a un exército de callacois preparados para o combate. Pronto souberon da retirada hacia o monte Vindio, co obxetivo de reunirse e fortalecerse cos demais exércitos nativos. Os invasores continuaron a persecución, sometendo unha vez máis, ós pobos que atoparon durante a marcha: San Mamede, Cabeza de Manzaneda, etc. Os galaecos ou callacois transvasan todo contixente dendo o Vindio ó monte Medulio -situado, para varios autores, nas Médulas de Carucedo, na provincia de León. Teoría esta con maior aceptación. Furnio non tardaría en chegar ó Medulio, e unha vez alí, decide sitiar ós callacois cavando unha fosa de 15 millas ó arredor e no lugar de atacar decántase pola táctica do desgaste ata lograr a rendición dos refuxiados. Rendición que non chegou a producirse; pois, ante a imposibilidade de franquear o cerco, os sitiados optaron por facer unha fogueira e despedirse cun triste banquete autoaquilándose entre eles mesmos. Os supervivintes foron presos e condenados a traballar de escravos nas minas. Dominada Gallaecia, Augusto emprende novas campañas contra os astures, cántabros e vacceos (vascos), logrando o sometemento final. As victorias augustinas foron narradas con notable énfase en Roma, ata o punto de consideralo coma o gran conquistador da Hispania, despois de 200 anos das primeiras incursións. II) A PROBLEMÁTICA DO MORRAZO. O estado da arqueoloxía do Morrazo, non é diferente ó resto de Galicia. Presenta graves deficiencias a tódolos niveis: Excavacións, estudos, revisións, proteccións etc. etc. Na realidade este pequeno traballo é un claro expoñente do "avance" arqueolóxico nos últimos vinte anos. Efectivamente, os datos xenéricos aportados nas páxinas seguintes, están recollidos ó inicio da década dos anos oitenta e, hoxe en día, aínda conservan frescura por falta de programas sistemáticos que poideran revisar os estudos. Alá, sobre 1983/84, o Grupo Arqueolóxico García Alén, elaborou un plan quinquenal a desenvolver no Morrazo, porque, precisamente, nesta comarca contamos con todo tipo de xacimentos comprendidos no abano arqueolóxico que vai dende o Paleolítico ata o Medieval. Aquela boa noticia, quedou en augas de borralla, unhas veces pola desidia dos responsables do mundo cultural e outras polos atrancos burocráticos das administracións. E por que non dicilo tamén; pola incapacidade dos políticos que se sucederon nos cargos relevantes, cando tiveron e teñen competencias claras e directas. Os anos pasan, os espacios achícanse, os montes son cada vez máis agredidos, e as iniciativas publicas e privadas van destruíndo máis e máis o patromonio arqueolóxico. Así vemos nacer campos de tiro, naves, urbanizacións, campos de futbol, pistas forestais, plantacións incontroladas, basureiros, campos de golf, urbanizacións... O "progreso" valórase muito máis que o pasado, poñendo en perigo toda unha catalogación, e nestes momentos moito máis, si observamos os últimos trazados dunha vía rápida que afectaban directamente ós castros de Montealegre e As Cidades. III) O MORRAZO PRERROMANO. Os estudos máis consolidados, parten da base de que os castros, corresponden a civilizacións anteriores á invasión romana. Estes atenden a unha comunidade homoxénea, predominada por unha economía de autoconsumo, estructurada socialmente na noción de familias uniliniais. É dicir, casados por liñas de descendencia. A ausencia da riqueza queda reflectida na senxileza dos materiais obtidos nos xacimentos, a pesar de constatarse relacións comerciais externas. No Morrazo, non só se confirma a máxima, de que en cada parroquia atópase un castro, se non que a concentración destes poboados é superior a media galega. De momento a presencia da cultura castrexa, presenta series dificultades para saber con exactitude as datas do seu asentamento (1). Sábese polo poeta romano Rufo Festo Avieno, do s. -VI que na súa obra "Ora Marítima", narra as relacións comerciais dos oestrimnios, -poboadores do Fisterre- coas culturas do Oriente Mediterraneo e Asia Menor, tendo os tartesos como intermediarios. O profesor Bosch Gimpera, calcula a introducción das primeiras tribus nórdicas, centro europeas ou indoeuropeos, sobre os séculos -VII e -V. Incluso chega a concretar sua ubicación entre os montes de Tui e Vigo (2). Pola súa parte, Otero Pedrayo (3) recolle de Plinio, o asentamento dos Elenos, no borde meridional da ría de Vigo. Asimesmo, recorre a Estrabón para localizar a cidade dos Hellenes á altura da capital Pontevedra, segundo a tradición, fundada polos compañeiros de Teucro. De calquera maneira, vestixios daquela cultura apareceron na excavación do castro de Montealegre (4). Concretamente pezas ovaladas de bronce, que Acuña Castroviejo dixo corresponder ó principio da Idade do Ferro, s. -VI (5). Precisamente no Ferro, os castros están dispersados, de forma inversa á concentración dos monumentos megalíticos da zona. Mentras as mámoas ou dólmenes foron construídos nas chans máis elevadas dos montes do Morrazo -Chan da Arquiña, Chan da Cruz, Chan da Armada, Castiñeiras, Ermelo, Pastoriza, etc.- (6); en contra, os castros urbanizánse nas partes máis baixas ou alturas medias, elexindo lugares estratéxicamente favorecidos polas defensas naturais coma os outeiros, acantilados, terrapléns etc. CRONOLOXÍAS DA ROMANIZACIÓN. As poucas referencias escritas que aporta a Historia, están feitas no contexto xeral de Galicia, e cando cadra falar de lugares concretos, convén contrastalos, porque moita daquela toponímia perdeuse no tempo, e polo tanto presenta dificultades de identificación. De aí a cantidade de hipóteses que presenta este período. Concretar pois, nos localismos é algo menos que imposible, se non vai precedido de estudos de rigor e dos resultados exhaustivos das excavacións. Xa comentábamos no prólogo, o interés de Roma sobre a importancia das minas de casiterita para obter estaño, mineral tan apreciado naquel tempo, motivo polo cal temos a presencia de Xulio César sobre os anos -61 e -60, na conquista de Brigancio, pero hai autores actuais que ven a César perseguindo ós herminios, dende Portugal ata Erizana (Baiona) e despois ata as Cies, para finalmente seren sometidos polo exército romano. Outros historiadores, móstranse cautos e non ausumen a descripción anterior sen documentación contrastable. A presencia de Augusto no ano -29, na desembocadura do Miño, está verificada e a partir de entón, pódese fixar diferentes datacións da latinización da comarca. Este madrugar dos romanos, afírmano Losada Diéguez, basándose no resultado da excavación de Montealegre. Caamaño Gesto, tamén corrobora a presencia madrugadora, gracias a un fondo de cerámica (terra sigillata itálica) atopada no castro dos Remedios (Tirán-Moaña). A análise deste fragmento conserva parte da marca dun alfareiro que Caamaño atribue, con probabilidade, a firma de PELEVS CALIDI, ceramista da zona de Arezzo (Italia), o cal gozou de gran auxe no época augústea. De ser correcta esta aportación, sería a primeira vez que se documenta na península Ibérica o selo deste alfareiro (7). Para avalar sua tese, Caamaño Gesto, establece un mapa de similitudes, demostrando dúas vertentes na difusión desta cerámica. Unha costeira, localizada entre O Tegra, Tirán e A Lanzada, con proxección hacia as rías altas. E outra interior, dende o esteiro do Miño ata Ourense. Das aportacións, as máis valiosas, en canto a concreción de datas, váinolas dar os miliarios aparecidos no concello de Vilaboa que fan referencia ás principais vías de comunicación trazadas durante o mandato de Adriano, emperador entre o 117 e 138 da nosa era, etapa intermedia da dominación romana. Os miliarios, columnas cilíndricas de pedra, duns dous metros de altura por un de diámetro, colocábanse a distancia dunha milla -uns mil trescentos metros-, de aí o nome, e cumprían a función indicativa de sinalizar a distancia nas vías romanas. Posteriormente, proliferaron como agradecemento imperial. Precisamente, os epígrafes gravados ós emperadores, vainos dar a información precisa para situarnos no tempo. MILIARIO ANO LUGAR ONDE APARECEU ----------------- ------------ ------------------------ Adriano 134 Salcedo (Vilaboa) Adriano 134 Río Ulló (Vilaboa) Caracalla 214 Arcade (Soutomaior) Maximino e Máximo 238 Ponte do Couto (Vilaboa) Carisio 283 a 285 Ponte da Valga-Figueirido Flavio Severo 305 ou 306 Vilaboa Licinio 311 a 322 Salcedo (Vilaboa) (8). Á vista do cadro anterior, pode comproobarse unha estancia longa e prolongada en varios séculos. Outra das fontes interesantes para situarnos en datas concretas, son os achádegos de moedas, pero a identificación vai aportar unha cronoloxía hipotética, cando menos aproximada, debido á circulación durante moitos anos despois da súa acuñación. Por iso débese valorar máis o contexto onde foron atopadas que os indicativos gravados. No outeiro da Sividá (Marín de Arriba) atopouse unha moeda de bronce, dedicada a Antonino Pío, que nos situa entre os anos 138 e 161. Tamén en Marín, na praia de Portocelo (Mogor), apareceron sobre restos portuarios, varias moedas atribuídas a emperadores de diferentes etapas (9). Moeda mediana de bronce de Claudio I (anos 41 - 54). Moeda mediana de bronce de Adriano (117 - 138). Moeda grande de bronce de Adriano (117 - 138). Moeda grande de bronce de Gordiano Pío (238 - 244). Moeda de bronce de Teodosio I (379 - 395). Sen saír do concello de Marín, seguimos referenciando moedas en lugares indetermidos, dedicadas a Magnencio, ano 350, e a Graciano, anos 367 - 383, ambos emperadores do Baixo Imperio. Sábese doutras moedas localizadas en Ons, Domaio e Meira, pero de representación descoñecida. AS COMUNICACIÓNS. Os viais abertos durante as campañas de Bruto, César e Augusto obedecían, como quedou dito, ó funcionamenteo estratéxico-militar para logo seren ampliadas á exportación dos productos mineiros. Sen embargo, as principais estradas foron construídas a partir de Adriano (117-138) e na época antoniana (138-192), co fin de enlazar as capitales Brácara (Braga), Lucus (Lugo) e Astúrica Augusta (Astorga). Con Severos (193-217), amplíase considerablemente os itinerarios. A parte da mineiría, os colonizadores latinos mantiñan rutas comerciais pola costa, cubrindo grandes distancias entre os portos do Mediterraneo e a costa galega. Pedro Díaz, expuso no II Coloquio Galaico-Minhoto, un inventario de ánforas aparecidas na rada atlántica galaico-lusitano, dedicadas principalmente ó comercio do salgado e líquidos (viños e aceites), dende o século -I. É maís, Pedro elaborou unha carta anfórica da ría de Vigo con restos aparecidos nas Cies, Facho de Donón, Rodeira, Tirán, San Bartolomé, Faro de Domaio, Pontesampaio, A Peneda, A Guía (Vigo), O Castro, Dársena de Vigo, Bouzas, Alcabre, Cabo de Mar, San Andrés e Toralla (10). Das relación marítimas prerromanas, sabemos polo escritor grego Estrabón (ano -65) que Gallaecia, a pesar de ter un terreo ampliamente marítimo, os habitantes só coñecían unha pequena barca de coiro para navegar polas augas tranquilas das rías (11). Basándose nesa narración, Alonso Romero, quixo ver no petroglifo da Borna (linde entre Meira e Domaio), a representación gravadas daqueles barcos. Levado pola idea de demostrar que tales embarcacións primitivas, serviron para navegar por alta mar e manter relacións comerciais coas illas británicas, Alonso Romero emprende a difícil tarefa de reconstruir unha delas, usando as técnicas, presumiblementes primitivas: caderna de bimbias recuberta de coiro de vaca, curtido e engraxado con graxa animal. O resultado foi a sorprendente "A Borna", barco, de fácil control, lixeira, gran flotabilidade, soporta carga dabondo, útil para pescar e apta para desprazamentos longos (12). Retomando ás comunicacións terrestres, hai constancia dunha ruta, procedente de Brácara Augusta (Braga) que ía enlazar con outra, chegada de Porto Cale (Oporto), para logo bordear a costa ata chegar a Brigantium. E dalí seguir camiño de Lucus. Esta vía é identificada como "Per Loca Marítima". Tódolos historiadores coinciden co nome da vía, si ben hai hai discrepancias sobre a exactitude do seu trazado. Ó paso por Redondela e Pontesampaio, a "Per Loca Marítima" ofrece unha variación, atravesando o concello de Vilaboa, nos límites co Morrazo, Salcedo, Figueirido, Ponte da Valga para seguir dirección a Pontevedra, posiblemente, parello ó trazado da estrada Vigo-Pontevedra. De feito cando a construcción desta importante carretera, no ano 1806 e durante as obras do camiño de ferro de 1895, apareceron a maior parte dos miliarios comentados anteriormente, e son a demostración dunha calzada romana (13). É de supoñer que, pertencera a mesma vía, o miliario dedicado a Adriano, descuberto polo frade Martiño Sarmiento en 1762, xusto na división de Salcedo con Lourizán, nunha propiedade e cal foi utilizado como pedra dun lagar (14). Seguindo a orde cronolóxica, destacar que esta vía fora iniciada polo emperador Adriano, ano de 134, para logo ter continuidade con Caracalla, Maximino Máximo, Decio, Flavio Severo, Carisio e Licinio, emperadores todos e encargados de completar as comunicacións de Gallaecia. De feito pódese comprobar o miliario dedicado a Maximino Máximo, representa un agasallo a Quinto Decio Valeriano, legado protector da Hispania Citerior no ano 238, polas obras de restauración de pontes e camiños, durante o poder de Máximo (15). O labor de Quinto Decio aparece perpetuado en varios miliarios do seu protectorado. Os castros do Morrazo, ademais das comunicacións propias, contataron, con toda probabilidade, cunha articulación da "Per Loca Marítima". Álvarez Limeses fixo comentarios sobre os restos dunha vía que atravesaba Bértola, Figueirido e a finca de Salinas (Vilaboa) para introducirse ata Cangas, por Moaña (16). Casimiro Torres, é coincidente de que a "Per Loca Marítima" tivera ramificacións hacia Moaña (17). Non obstante sendas opinións son difíciles de verificar, a pesar dos restos de camiños de cabo Udra ou Dos Adros (Bueu), que atavesaba unha antiga calzada romana (18). Pedro Díaz fala doutro posible vestixio de camiño entre Donón e Hío, ben conservado (19). E hai uns días apareceron en Meiro (Bueu), fragmentos de aras ó longo doutra hipotética calzada. DIVISIÓN ADMINISTRATIVA. Augusto fixo unha división da penísula Ibérica que durou dende o ano -27 ata o -14 e nela considerou unicamente tres provincias: A Bética con capital en Córdoba; a Lusitania coa capital en Emérita Augusta (Mérida) e a Citerior cuxo dominio chegaba ata Cantabria. Gallaecia e Astúrica foron anexionadas dende o principio a Lusitania. Posteriormente integráronse na provincia Citerior ou Tarraconense de capital en Tarrago (Tarragona). Estrabón notifica un reaxuste administrativo baixo o emperador Vespasiano (67-99) quedando constituida a provincia de Gallaecia. "...A parte restante da Hispania está rexida por un legado consular que dispón dun exército considerable, composto por tres lexións que teñen a súas órdenes tres legados, dos que un, con duas lexións garnecen toda rexión do norte do Douro chamada antes Lusitania e agora Gallaecia". Así describía Estrabón esa novidade. A demarcación conventual, ademais de definir unha administración político-xurídica, servía para reclutar e remozar organizacións militares. Ó mesmo tempo cumplían a función de distritos relixiosos e financieiros. Con Tiberio, ano 79, os conventos Astúrica, Brácara e Lucus foron agregados á provincia Citerior. Baixo Caracalla (214-217), preséntase outra remodelación, sen afectar a Gallaecia, e anexionando á Citerior os conventos de León e Cantabria. Na reforma de Diocleciano, ano 287, a provincia de Gallaecia sigue mantendo a mesma demarcación, cos correspondente conventos de Lucus Augusta e Brácara Augusta. Na opinión de varios autores, tanto no Baixo coma no Alto Imperio Romano, a división dos conventos bracariense e lucense, parten da desembocadura do río Oitavén ou Verdugo, en Pontesampaio. Isto significaría integrar ó Morrazo na administración lucense, cando na práctica desenvolvíase máis no contexto xeográfico do bracarense se nos limitamos ás seguintes consideracións: -Uniformidade económica da ría, mantendo unha ruta portuaria centralizada en Porto Cale (Oporto) -Paralelismos da cerámica torneada e das ánforas. -Delimitacion dunha área concreta, determinada por un tipo de fíbula (fibela ou febilla) identificada como "Sabroso e santa Luzia" localizadas nos castros de Sabroso, Montealegre e Belinho de Portugal. Santa Tegra (A Guarda) e Montealegre (Domaio-Moaña) (20). Cabe entender, que os cartógrafos romanos elixiran o río Verdugo para diferenciar a orografía liñal da costa portuguesa, das pronunciadas rías galegas. Esta suposición cobra consistencia gracias á epigrafía do miliario dedicado a Adriano, aparecido como xa dixemos, nun lagar entre Salcedo e Lourizán; pero debido ó seu peso, a procedencia orixinaria non estaría moi distante da posterior utilización. Salvada a aclaración final, convén significar o gravado no miliario coas abreviaturas AL.AVG.M.P. LXXXXV e que os epigrafistas traducen por: A Luco Augusta Milia Passum LXXXXV; noutras palabras "A Lugo noventa e cinco mil pasos". O segundo miliario, tamén dedicado a Adriano, recollido entre Ponte da Valga e Pontesampaio, sinala a dirección de Lugo, sen embargo a distancia quedou ilexible debido ó deterioro da pedra. Na parroquia de Arcade (Soutomaior), outro miliario marca, de forma borrosa pódese ler: Sesenta e seis mil pasos a Brácara Augusta. Isto ven confirmar o Verdugo como o límite entre ambos conventos. En parte, demostrada polo miliario dedicado a Decio que sinala a distancia a Tude (Tui), para encadralo no convento bracarense. A ECONOMÍA Basándose na análise polínica, obtida das excavacións arqueolóxicas, observamos o revelado dunha vexetación semellante a actual. Por outro lado o minucioso inventario nos cuncheiros dos castros, corrobora a existencia dunha fauna, sen apenas contrastes coa contemporanea. Conxugando ambos criterios, é doado aseverar unha climatolóxia como a de hoxe en día. A cultura galaico-romana perpetuou o sistema económico de consolidación sedentaria, de gandeiría e agricultura tradicional, reforzada pola explotación mineira, e na costa con abundantes recursos mariños. Nesa sociedade a muller xogaba un papel predominante na economía doméstica e, según parece, pasaba dous tercios do ano recolleitando landras para facer fariña. Por Estrabón sabemos que o cultivo de cereais estaba relegado a un plano relevante, con predominio do trigo, millo miúdo, complementado coa sementeira de legumes. A chegada dos romanos, supuso un alivio nos labores do campo ó introducir o arado de madeira, útil descoñecido no eido castrexo. Na provisión de carnes, xogábase coa baza importante da gandeiría doméstica, composta fundamentalmente de ovellas, cabras, porcos, vacas, aves e cabalos. Restos destes animais abondan en todos castros. Sirva de exemplo os osos de ovi-cápridos atopados no outeiro da Sividá (Marín) (22) e Donón (23); asicomo os de bos-taurus en Os Remedios (24), demostrándose, unha vez máis, a importancia da domesticación dos bois, vacas ou touros. A caza era outro dos puntos de sostén da economía castrexa, tal como se reflicte nos petroglifos galegos, sobre todo na caza do cervo. Precisamente no Morrazo contamos cunha excelente escea de caza no petroglifo de Pinar do Rei (Cangas), e tamén dunha siluetas de cervo gravadas da Escada (Meira). As tribus asentadas á beiramar contaban ademais coa riqueza que proporciona a pesca e o marisqueo. Pois non hai "cidade" sen depósito de desperdicios, denominados cuncheiros, e que son fontes extraordinarias para o estudo da economía doméstica e hábitos gastronómicos. Nunha relación comparativa entre o castro de Montealegre (Domaio) e o da Peneda (Viso-Redondela), o profesor universitario Vázquez Varela (25), quixo estudiar a extracción de moluscos entre os fluxos intermareais. Neste sentido, tanto Losada Diéguez (26), como Vázquez Varela(27), coinciden nas especies de moluscos, segundo as mostras tomadas en ambos castros. A maior parte das cunchas corresponden ás familias das lapas, caramuxos, ameixas, moelos, croques e ostras. En realidade estes moluscos repítense no resto dos castros, variando un pouco a proporcionalidade, comprobada na Porteliña, Sividá e Mogor en Marín; Donón en Cangas; Os Remedios e Montealegre en Moaña (28). A localización de tanques de salgadouro en punta Igrexiña, próximas as pías de salinas en Nerga (Cangas) (29), supuso un grande descubrimento, non só polo avance técnolóxico, senon tamén polo que iso implica: Conservación do pescado, especialización nas artes de pesca, manufacturación cuidada do peixe e por suposto, un maior desenvolvemento na comercialización dese producto. Precisamente na Igrexiña tamén apareceron restos de ánforas, utilizadas para comercializar sardiñas salgadas. En realidade, o transporte do salgado por esta zona, xa estaba testificado nos xacimentos de Bouzas ou da Lanzada, pero do que non había coñecemento, era dun alfar e forno de ánforas, ata que foi localizado en Bueu, a rentes do actual xacimento da vila romana -da factoría de Alonso-, o único alfar da súa especie en Galicia e o cal foi catalogado entre o s. II e s. III (30) polo especialista Pedro Díaz. Despois do tempo transcurrido, ainda conservan os cuncheiros da Sividá (Marín) e Donón, espiñas de muxo, prago, dourada, morea, maragota, robaliza e outras especies mariñas (31). Respecto da mineiría, non hai coñecemento de xacimentos de minerais no Morrazo, a pesar dos historiadores que intentaron imaxinar as Cassitérides nas rías galegas. Entre eles temos a Luís Monteagudo, quen fala dunha explotación prehistórica e moderna de estaño na illa de Ons (32). Non sabemos si Monteagudo recorreu a Eugenio Larruga (33), quen aseguraba a explotación de estaño nesta illa e que xamais visitou, pero foi quen de observar nas praias próximas do Morrazo, que o fondo da area había outra capa, especie de terra "arenisca" moi parecida ás terras de estaño de Monterrei (Verín). En canto a ubicación das illas Cassitérides comentadas por Ptolomeo e Estrabón; Larruga é partidario de situalas por Sálvora, Arousa, Cortegada, O Grove, Cies, Baixos do Corrubedo e outras. Alvárez Limeses, cita con certa cautela que os pozos excavados e santa Cristina de Vilaboa "...parecen buscar mineral de ferro"; e basa o comentario, nos restos dese mineral aparecidos na superficie, a pesar de non hdar coa máis mímina vea de ferro (34). Tampouco hai constancia da explotación de ouro, aínda que o topónimo "Praceres", situado na fronteira entre Pontevedra e Marín, corresponda a descripción de pequenas pedras de ouro arrastradas polo río Lérez. A vida sedentaria, conlevou a transformación das materias primas en productos consumibles e útiles de traballo. Nun principio a elaboración de tecidos con fibras vexetais e animais e a fabricación de cerámica, foron eixos basicos na industria primitiva. Despois complementouse coa metalurxia, a cal os romanos aportaron técnicas revolucionarias. Non resulta difícil, verificar como en cada "cividade" ou castro, tiñá seu forno de cocción de cerámica ou vidro, cara a elaborabar recipientes de enorme utilidade naquela civilización. Os anacos de cerámica son os primeiros vestixios que aparecen nos xacimentos castrexos. Pola contra, son escasos os fornos aparecidos, como o de ánforas de Bueu, ou outro refractario atopado na Seara (Moaña), pertencente ó castro da Devesa do Mouro. Recorremos de novo a Estrabón, para comentar a manufacturación do liño e obtención de tecidos para prendas e enxoval de casa castrexa. Esta hábito que perdurou ata hai pouco, é boa proba do que foron os numeroso topónimos "liñares", como o do castro de Montealegre en Domaio. En canto a metalurxia, só podemos constatar restos de fundición de chumbo do castro de Donón, escorias de ferro de Montealegre así como moldes de machado de bronce no mesmo castro e tamén, restos de fundición no castro da Devesa do Mouro (Moaña). Reincidindo na importancia das redes comerciais co exterior, en etapas anteriores á romanización, observamos a Losada Diéguez que cita o descubrimento dun vaso, tipo Ibérico (35) e a López Cuevillas falando dun cacho de cristal de "rejalgar", de procedencia andaluza ou asturiana, si ben Cuevillas declínase polo orixe sureño, basándose nas relacións coa colonias cartaxinesas da Bética (36). Ambas pezas foron atopadas no castro de Montealegre. A RELIXIÓN. Cando Estrabón referíase ós Callacois coma un pobo sen relixión, non soubo observar o carácter animistas da crenzas autóctonas. Eses deusue que manifestaba os fenómenos a través dos elementos naturais como o auga, os montes, as árbores, as rochas etc. En realidade Estrabón agardaba atopar templos e representacións iconográficas coma noutras culturas. Sábese dos primitivos que tiñan adoración a lúa, divinidade da que non se conservou nome nin o significado dos rituais. Non obstante quedou escrito de que os vacceos (vascos), cando tiveron cercado a Lépido, producíase nese intre unha eclipse luar e por culto ou superstición, non atacaron, dando tempo á chegada de auxilios en favor de Lépido. Dos multiples deuses autóctonos, apenas quedan referencias e das poucas conservadas, acabaron por entrar en simbiose coa relixión romana, perdendo definitivamente o significado ancestral en favor doutros novos, como o culto ós emperadores. Ademais da veneración ó emperador, os galaico-romanos asumiron como propias, algunhas divinidades anteriores relacionadas coas ánimas, meigas, trasnos etc. En conxunto, estes cultos domésticos, familiares e personais aglutinábanse nos deuses lares; dos cales aínda se conservan reminiscencias a modo de supersticións. Os "lares viais" tiveron maior devoción en Gallaecia, que no resto do Imperio. Logo con Teodosio e Martiño Dumiense, aqueles rituais foron prohibidas e perseguidas. Non obstante, algunhas lograron sobrevivir o longo de varias culturas, e outras, coma as encrucilladas foron cristianizados con cruceiros, especialmente na época medieval. Ó respecto, sábese de que en Galicia, houbo unha costume de apousentar enfermos nas encrucilladas, agardando a sabiduría dalgún pasaxeiro que soubese remedios para curalo. No Morrazo contamos ata agora cun dos xacimentos relixiosos máis importantes de Galicia. Estámonos a referir o santuario galaico-romano do Facho de Donón (Hío), onde apareceron aras e restos de fustes de columnas e partes de capiteis dun hipotético templo desaparecido. En realidade localizáronse trinta e tres aras en diferentes anos, considerándose o segundo santuario da península Ibérica, despois do de Alondroal (Portugal), con oitenta e catro testemuñas (37). Nun principio, o templo de Donón atribuíuse o deus romano do viño Liber (38), pero un estudo máis exhaustivo de Isido Millán (39) decántase por unha divinidade protectora dos domicilios, denominada Breo Breo (Bibero ou Vivero), deus lar, este con raizames prerromanas. No estudo, Isidoro desenvólvese sobre a hipótese dunha deidade protectora das alturas ou "fortalezas". E por outro lado tamén aporta a posibilidade de tratarse de Brigo-Brigoro, deus galaico-romano, con xénese do deus prerromano Brigo, de significado equivalente a "forza, valentía..." Nunha recente e exhaustiva revisión publicada en 1997, Rodríguez Colmenero decántase por unha divinidade da categoría "lar", de nome Bero Breo, protectora das áreas próximas, segundo desprende do número de dedicatorias das aras. Ó mesmo tempo Colmenero considera edificación do santuario, nunha etapa tardía; en todo caso anterior ó ano 392, no que Teodosio emite un edito prohibindo o culto ós lares e penales (41). Observando detalladamente a dedicatoria do altar número 1, Colmenero intúe que debe corresponder a unha divinidade relacionada coa curación dunha enfermidade, imposible de saber cal era. Por outra banda, tamén cabe a posibilidade de tratarse dunha vocación indeterminada, á cal se recorre con moita frecuencia. Ó contrario de Isidoro Millán, Rodríguez Colmenero non considera o santuario do Facho de procedencia prerromana, senón que partindo dalgunhas cornisas, e as aras preparadas para colocalas de pé, cré estar ante un contorno sagrado e aberto dun templo ou santuario, propiamente romano e construído no cumio, según se desprende da maioría das aras atopadas no lugar (42). Sen saír do concello de Cangas, hai localizadas outras interesantes aras no castro de Liboreiro (Coiro), durante unha excavación realizada en 1928 e atribuídas a Verore ou Aerno. En opinión de Felipe Arias Vilas (43), pódense considerar divinades propias do noroeste peninsular, citando varios exemplos da deusa Verore aparecida en varios xacimentos galegos, entre eles catro epígrafes en Lugo, sen atributos concretos. A ara de Verore parece un voto dunha muller, cuxas iniciais atendía por MV (44). A outra suposta dedicación ó deus Aerno está sen asegurar, e o único claro son as letras ER, que pode corresponder ó deus Verore (45). Outra das aras aparecidas en Lourizán (Pontevedra), está dedicada a deidade Vestio Alonieco, de atributos descoñecidos, a pesar de que Bouza Brey quere ver a raíz celta Vest, mentras que supón Alonieco como unha designación xeográfica (46) Moi perto onde apareceron estas aras, e entrelazadas no muro da finca de Montero Ríos, hai unha pedra, labrada en relieve e que representa unha figura cos brazos (¿ou cornos?) extendidos e as mans abertas e que tanto Bouza Brey, coma Blanco Freixeiro atopan semellanzas coas representacións romanas; ó contrario doutros, que a consideran dunha feitoría máis recente. O ano pasado, descubríuse unha nova ara pequena, no castro de As Cidades de Meira, sin epígrafes pero que pode constatar unha romanización non serodia do castro, que ata agora mostraba ausencia de romanización. Ademais das aras, contamos na cultura relixiosa das estelas ou monumentos monolíticos, colocados en posición vertical e que represetaban, por norma xeral, unha conmemoración de carácter funerario. Neste campo contamos no Morrazo coa famosa estela de Sabarigo (Cela-Bueu), chea de escrituras, nas que Isidoro Millán, nunha carta dirixida a García Alén, traduce "A los dioses manes (Antepadas) en memoria de Pusina de cincuenta años". Isto da entender a Pusina coma unha muller de gran influencia nesta zona (47). Tanto Fariña Busto, como García Alén, integran esta estela no contexto doutras estelas aparecidas no concello de Vigo (48), da época de Xulia, correspondentes á mitade do século III. Hai un dato arqueolóxico, aínda sen resolver despois de quince anos. Trátase da fosa funeraria descuberta, paradoxicamente, fronte o cemiterio de Cangas, de analoxía e parelismos coas fosas do Casal (Moaña). Isto significaría remontarnos ó Calcolítico ou a Idade do Bronce; pero resultou que apareceron restos de incineración e carbón vexetal, síntomas dun ritual funerario, cuxa posterior analise, polo método do carbono 14, deu como resultado unha datación do século segundo da nosa era (49). Evidentemente esta achádego presentou varias incognitas, entre elas, a de saber si os rituais de incineración de idades anteriores ó Bonce e ó Ferro, tiveron continuidade en plena romanización. Hoxe en día ese xacimento esta totalmente destruído polas edificacións, polo que é difícil reestudiar. Compre encadrar neste capítulo as lendas con certas connotacións coa época que estamos a tratar. Vicento Risco, apuntaba que moitas das lendas e contos recollidos teñen a súa orixe na mitoloxía e posteriormente deterioradas polas xeneracións e das que algunhas chegaron a convertirse en relatos literarios (50). De feito xa comprobamos como moitos deses signifcados están relacionadas cos cultos hacia os montes, augas, penedos, árbores, fontes, pozas, lúa, sol, fogueiras... Como lenda, quizais de oríxe romano, haina recollida na illa de Ons, a cal fala dunha cova dun touro con cornos de ouro: A lenda conta como un rapaz, chegou a introducirse na cova, na percura dun tesouro nela gardada. A cova era de corredor baixo e o rapaz, despois de moito arrastrarse, chegou onde o tesouro e cando ía collelo, salíulle un touro furioso, de cornos de ouro e foino corneando ata a entrada da cova, causándolle a morte. Segundo Blanco Freixeiro (51), trátase dunha lenda, de posible difusión romana, basada na vella figura do minotauro cretense, e ó mesmo tempo con relacion directa cos deuses bicornes de Lourizán. VILAS. As medidas forais impostas por Roma, obrigaron a trocar o ritmo económico da mentalidade castrexa, predominando o desenvolvemento da agricultura sobre a gandeiría. O proceso de formación de foros, entendendo coma foros os centros de mercado, contribue a ó nacemento de municipios coas correspondentes ordeanzas xurídicas. O reximen municipal, logo dun período extenso de consolidación, atopouse nunha crise, especialmente a partir do século III, o que provocou modificacións no sistema económico; volta a economía rural, despoboamento dos núcleos urbáns, individualismos nos organismos locais ect. Como alternativa á despoboación, vaise dar no rural o incremento das "villaes", verdadeiros núcleos de explotación agraria, composta por servos, escravos e colonos liberados, capaces de xenerar unha autonomía económica sin necesidade de comerciar co exterior. Quizáis en Galicia tiveran máis importancia as "villaes", debido ó carácter ruralista, ausente de municipios e arredor das cales, vaise a centralizar importantes poderes económicos, con dominio sobre sectores primarios como os pesqueiros, agrícolas ou mineiros. As vilas romanas do Morrazo, son practicamente unha evolución de influencias nas vivendas castrexas de mampostería cuberta con palla e barro, tal como podemos comprobar no legado das pallozas dos Ancares, ou sin ir tan lonxe, dos alprendres de San Lourenzo (Domaio). Coa romanización, a construcción enriqueceuse cun dos maiores expoñentes de diferenciación, como foi a substitución da palla polas tégulas (tellas), nas cubertas das casas; especialmente nunha zona húmeda como é Galicia. Hoxe en día, a abundancia dese material é sinónimo de identificación dun xacimento romanizado e coa posibilidade de localizar "villaes", tan abondantes no Morrazo. Moitas delas agardamos que deixen de ser inéditas, confiando na sensibilidade das corporacións (?). LUGARES DO MORRAZO CON VESTIXIOS DE HIPOTÉTICAS CASAS ROMANAS Concello de Vilaboa Lugar Parroquia ou barrio Ubeira San Adrián Curro San Adrián Acuña Figueirido Chan da Cruz Figueirido Monte das Croas Figueirido Concello de Marín Mogor Mogor Portocelo Mogor Santa Maria Pidreira Aguete Outeiro da Cividá Laxe Marín de Arriba Concello de Bueu Fábrica de Alonso Centro de Bueu Illa de Ons Beluso Meiro Cela Cela Os Adros Veiga do Con Beluso Concello de Cangas Monte de Hervello Aldán Santiás Hío Viñó Hio Facho de Donón Hío Punta Corveiro Hío Eirexiña Hío Nerga Hío Pinténs, A Means Hío Pipín Hío A Calaza Hío Rebetiño Hío A Caranquexa Hío A Curuxana Hío Barra Hío Areamilla Darbo Monte Castelo Darbo Rodeiro Coiro Pedralán Coiro Romarigo Coiro Monte Liboreiro Coiro Magdalena Coiro Coto Ourelo, As tomadi- ñas. Meda dos montes Coiro Aldea de Castro Coiro O Mato Coiro Aldea do Monte Coiro Concello de Moaña. As Cidades Meira Moureira Meira Muíño do Coto Meira Montealegre Domaio Monte do Castro San Martiño Os Ladrados San Martiño Os Remedios Tirán Niño do Corvo Tirán A Seara. Devesa do Mouro O Carmen O Rosal O Carmen O Campo Berducedo Practicamente, en toda área de dominación romana, proliferaron as vilas, como unidade económica, e as cales tiñan como principal recurso, a explotación agro-gandeira. Estes grupúsculos autónomos, nacidos durante o Baixo Imperio, cobrarían independencia total, respecto a Roma e co paso do tempo darían nacemento as cidades medievais. Nestes momentos, estase a espera da publicación da memoria sobre o importante descubrimento, dos restos da vila romana, na parcela de Alonso en Bueu, cara a comprobar si as investigación aportan datos clarificadores da función das vilas nas costas galegas. Aínda que é fácil imaxinalas coas actividades portuarias, tal como se plasmaron na de Torralla, Vigo, ou de Pipín (Hío). En canto ó achádego da vila ramana de Hío, dicir que foi de forma casual e gracias ó constructor José Súarez Mariño, gran amante da arqueoloxía, e o cal ó percatarse da aparición dun muro, púsono en coñecemento do propietario Sr. Ferreiroa, quen deu tódalas facilidades ó Museo de Pontevedra, permitindo unha excavación de urxencia. A excavación tivo lugar en 1974, a partir dos muros e, a medida que ían desaterrándose, púñase ó descuberto os vestixios dunha vila con dúas habitacións, case cadradas, a cada lado dun recinto absidado, de planta rectangular e rematada en semicírculo. Todo apunta que esta vila rústica, fora destruida polo lume, argumentándose na cantidade de carbón aparecido, asi como restos de cerámica e fragmentos de bronce atribuidos ó s. IV. A TOPONIMIA Por fortuna, estase valorando cada vez máis a importancia histórica que teñen os nomes do lugares, transmitidos de xeneración en xeneración e que na maioría dos casos conservan as raíces, terminacións e variantes, indicativos da presencia das diversas culturas pasadas. Noutros casos delatan a existencia de xacimentos próximos. Evidementemente o idioma galego parte do latín, polo que a maioría da toponimia ten orixe romano, a pesar de conservarse un bo número de lugares con expoñentes anteriores, procedentes do gaélico e indoeuropeo. Insistindo na utilidade da toponimía, a veces sinónimo de xacimento, cando atopamos lugares chamados mámoas, antas, medorras, e castro e seus derivados, "castrelo", "castriño", "castrillón", "castrizán". etc. etc. Pois ben, cando estamos ante un lugar con este nome, temos a posibilidade de estar ante un poboado castrexo. En efecto no Morrazo contamos cun bo número deles, dos que xa temos comentado en apartados anteriores. Tocando ó topónimo Morrazo, hai unha alusión feita por Sampedro (52), ó observar nunhas doazóns antigas á catedral de Santiago, onde figura o nome de Maratium ou Murratium, e que ven a significar o gran muro que forman os montes desta península. Isidoro Millán (53) intenta buscar a etimoloxía de varios topónimos próximos ó santuario de Donón e procura relacionalos co mesmo lugar sagrado. Del tal xeito que entende a voz Donón, como unha derivación de Dunum, palabra céltica para definir unha fortificación. Insistindo con este topónimo, Isidoro, ve unha posibilidade de estar ligado cun deus ou país dos mortos. Tamén cré que Nerga procede da verba céltica Nerica, de significado descoñecido; ó contrario da procedencia do nome da illa de Ons, que recorrendo a unha citación de Plinio, quere relacionala cos aunios, pobo asentado por esta lonxitude (54). Por outra banda, Casimiro Torres (55), tamén se basa en Ptolomeo para compobar o vocablo Lymen con paralelismos con Liméns (Cangas), porto de refuxio. Por razóns obvias, non imos exterdernos nos milleiros de topónimos e hidrónimos de orixen romano, que hai na península do Morrazo. Xosé C. Villaverde Román Agrupación Cultural NÓS Agosto 2000 BIBLIOGRAFÍA. Tódala teoría sobre a romanización de Galicia en xeral, e o Morrazo en particular, está extractada dos seguintes libros. LA GALICIA ROMANA. Casimiro Torres. Ed. Fundación Pedro Barrié de la Maza. 1982 LA ROMANIZACIÓN DE GALICIA. Acuña, Arias Vila, Balil, B. Freixeiro, Díaz, Mañaros, C. Torres, V. Varela. Ed. do Castro, Sada, A Coruña. 1976 PANORAMA DE LA CULTURA CASTREXA EN EL NO. DE LA PENÍNSULA IBÉRICA. Fernando Acuña Castroviejo. Braga. 1972. HISTORIA DE GALICIA. Frente Cultural da AN-PG. Pontedeume 1979. LAS VILLAS ROMANAS EN ESPAÑA.- Mª Cruz Fernández Castro. Ministerio de Cultura. Dirección General de Bellas Artes. Coslada, Madrid. 1982. ASTURES, CÁNTABROS Y GALAICOS. Subdirección General de Arqueología y Etnografía. Dirección General de Bellas Artes, Archivos y Etnografía. Ministerio de Cultura. Móstoles, Madrid. 1982. PREHISTORIA E ARQUEOLOXÍA DE GALICIA. ESTADO DA CUESTIÓN. Sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudios Galegos "Padre Sarmiento". Lugo 1979. BRIGANTIUM.- La administración romana del NO de la Península Ibérica, hasta finales del siglo I después de Cristo. PONTEVEDRA ARQUEOLÓGICA I E II. Publicación del Grupo de Arqueología "Alfredo García Alén".1984 e 1985/6. -------------------------------------------------------------- NOTAS. (O1). Grupo Arqueolóxico do Morrazo.Estudos sobor da mámoa da Chan da Arquiña, Poblado de Montealegre e Inventario dos petroglifos de Moaña. Agrupación Cultural Nós. Moaña 1982. (02). Bosch Gimpera, Pedro. Prehistoria de Europa. Pax 824-5. Colegio Universitario de Ediciones ISTMO. Madrid 1975. (03). Otero Pedrayo. Historia de Galicia. Tomo III, páx. 409. Arealonga Akal Editor. Fuenlabrada, Madrid. (04). Losada Diéguez, Antonio. Excavación de Montealegre. Junta Superior de Excavaciones y Antigüedades. Número xeral 90, nº 8 de 1925/6. (05). Acuña Castroviejo. Conferencia da II SEMANA DE ARQUEOLOXÍA en Moaña. 13/6/82. (06). Á medida que os montes do Morrazo van perdendo altitude (Faro, Paralaia ou Pastoriza), as representación megalíticas escasean. (07). Caamaño Gesto, José Manuel. Gallaecia V. Marcas de alfarero en cerámica romana encontrada en Galicia. Edicións do Castro. 1979. (08). Inscripciones romanas de Galicia. Museo de Pontevedra. Signatura FEC-GAL-J Páx. 15-30. (09). Bouza Brey, Fermín. Hallazgos de monedas romanas en Marín y Comarca. CEG. V. Páx 153-156. 1950. (10). Díaz, Pedro. Actas del II Coloquio Galaico-Minhoto. II volumen. Instituto Cultural Galaico-Minhoto. Xunta de Galicia. 1984. (11). Gran Enciclopedia Gallega. Tomo XI. Páx. 10. Silverio Cañada Editor. 1974. (12). Alonso Romero, Fernando. Relaciones atlánticas prehistóricas entre Galicia y las islas Británicas y medios de navegación. Gráficas Europa. Salamanca 1974. (13). Inscripciones romanas de Galicia... (14). Idem. (15). Idem. (16). Álvarez Limeses. Pontevedra. Páx. 307. Editorial Alberto Martín. Barcelona 1936. (17). Torres Rodríguez, Casimiro. La Galicia Romana. Fundación Pedro Barrié de la Maza. (18). Aparicio Casado, Buenaventura. Ficheiro do Museo de Pontevedra. Bueu 6/9/79. (19). Díaz, Pedro. Importantes descubrimientos en el Facho de Donón. Faro de Vigo 23/7/63. (20). Otero Pedrayo. Historia de Galicia... Páx 370. (21). Astures, Cántabros y Galaicos. Bimilenario de la conquista del Norte de España. Ministerio de Cultura. Dirección General de Bellas Artes, Archivos y Etnografía. Subdirección General de Arqueología y Etnografía. 1982. (22). Vázquez Varela, José Manuel. Bases paleontolóxicas para o estudo da gandeiría na cultura castrexa. Compostellam. Sección de estudios Jacobeos. Volumen XVIII 1-4. Páx. 312. Santiago 1973. (23). Idem. (24). Idem. (25). Vázquez Varela, José Manuel. Estudio de la fauna marina de los concheros de los castros de A Peneda y Montealegre. Gallaeia I. 1975. (26). Losada Diéguez, Antonio. Excavación de Montealegre... (27). Vázquez Varela, José Manuel. Estudio de la fauna ... (28). Vázquez Varela, José Manuel. Bases paleontológicas... (29). De La Peña Santos, Antonio. Primeras prospecciones arqueológicas subacuáticas en el litoral de la provincia de Pontevedra. Pontevedra Arqueológica I. Grupo Arqueológico García Alén. 1984. (30). "Descubierto el único horno de ánforas de romanas de Galicia". Faro de Vigo 7/11/88. (31). Vázquez Varela, José Manuel. Bases paleontológicas para el estudio de la pesca en la cultura castrexa. Una investigación preeliminar. Boletín Auriense VI. Páx 83-86. Ourense 1976. (32). Monteagudo, Luis. Metalurxia hispana na Edade do Bronce. Caesaraugusta IV. Páx. 89. 1954. (33). Larruga, Eugenio. Memoria políticas y económicas sobre los frutos, comercio, fábricas y minas de España. Tomo XLII. Páx. 90-91. Madrid 1798. (34). Álvarez Limeses. Pontevedra...Páx. 35. (35). López Cuevillas, Florentino. La oestrímnida y sus relaciones marítimas. CEG. Tomo VIII. Páx. 29. (36). Idem. Páx. 35. (37). Rodríguez Colmenero, Antonio. Mougás y Donón: Dos santuarios rurales galaico-romanos del litoral Atlántico. El Museo de Pontevedra LI. Deputación Provincial 1997. (38). Donón. Gran Enciclopedia Gallega. Tomo IX. Páx 178. (39). Millán González-Pardo, Isidoro. Sobre las aras del santuario de Donón (Hío-Pontevedra), supuestamente dedicada a Liber. Publicación do Museo Municipal Quiñones de León. Vigo 1978. (40). Rodríguez Colmenero, Antonio. Mougás y Donón... (41). Idem. (42). López Cuevilla e Serpa Pinto. Estudio sobre a Edade de Ferro en Galicia. Archvos VI. Páx 300 e seguintes. (43). Arias Vilas, Felipe. La religión en la Galicia Romana. Liceo Franciscano. Santiago nº 78-81. Enero-Diciembre 1974. (44). Inscripciones romanas de Galicia... Páx 51 (45). Idem. (46). Idem. Páx 48. (47). Ficheiro do Museo de Pontevedra. Sabarigo. Bueu. (48). Fariña Busto, Francisco e García Alén, Alfredo. La estela funeraria de Sabarigo. Santa María de Cela. Gallaecia 3/4. Páx. 317-326. Santiago 1979. (49). Fichas de Cangas do Museo de Pontevedra. (50). Gran Enciclopedia Gallega. Tomo XXI. Páx. 101. (51). Blanco Freijeiro, Antonio. Petroglifos de Pontevedra. Páx 3-7. Bellas Artes 75. Nº 42. Abril 1975. (52). Sampedro. Documentos, inscripciones y monumentos para la historia de Pontevedra. Tomo II. Arquivo do Museo de Pontevedra. (53). Millán González-Pardo, Isidoro. Sobre las aras... (54). Idem. Páx. 38. (55). Torres, Rodríguez, Casimiro. La Galicia... Páx. 238